Créditos ECTS Créditos ECTS: 15
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 373 Horas de Titorías: 1.5 Clase Interactiva: 0.5 Total: 375
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Prácticum Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencia Política e Socioloxía
Áreas: Socioloxía
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
A materia "Prácticas Laborais e Profesionais " do Máster en Igualdade, Xénero e Educación constitúe unha parte fundamental da formación académica das e os futuros especialistas en educación, xénero e igualdade e ten como fin fundamental establecer un nexo entre institucións, organizacións ou empresas e os estudos universitarios de xénero.
Esta materia é obrigatoria, desenvólvese ao longo de 15 créditos ECTS e ten como principais obxectivos os seguintes:
-pór en práctica os coñecementos teóricos e prácticos adquiridos nas diversas materias do módulo básico do máster;
-confrontar estes coñecementos coa praxe, sendo consciente por unha banda das dificultades da súa posta en marcha en situacións reais de traballo e, por outro, enriquecéndose nun constante proceso de retroalimentación entre reflexión e práctica;
-adquirir hábitos de traballo en equipo e de aprendizaxe a través da experiencia de persoas expertas nos diversos ámbitos laborais;
-visibilizar as capacidades adquiridas durante o curso, facendo operativas as estratexias e ferramentas para implementar a perspectiva de xénero nas empresas, organizacións e institucións nas que realicen as prácticas;
-dar a coñecer a institucións, organizacións e empresas o perfil profesional da experta ou experto en estudos interdisciplinares de xénero, e
-crear e facilitar oportunidades laborais para as e os estudantes deste posgrao incrementando ou provendo dunha experiencia laboral no traballo pola igualdade entre mulleres e homes.
O alumnado realizará, baixo a supervisión e tutela do profesorado e especialistas do mundo laboral, tarefas vinculadas co/cos ámbitos profesionais da titulación.
Os convenios existentes permiten optar entre diferentes ámbitos nos que aplicar os coñecementos adquiridos de face a impulsar accións a favor da igualdade, a implantación da perspectiva de xénero “mainstreaming” e a institucionalización de contidos e medidas referidas á igualdade de xénero (discapacidade, prostitución, minorías étnicas, acción humanitaria, solidariedade, benestar social, menores, familias problemáticas, educación, mocidade, agricultura, etc.)
As diferentes actividades levadas a cabo durante o practicum polo alumnado poden agruparse en oito eixos principais: familiarización co funcionamento da institución; recompilación/actualización de datos; formación; deseño, desenvolvemento e avaliación de proxectos; intervención; información/asesoramento/acompañamento; elaboración de materiais e actividades de divulgación.
Bibliografía básica
Martín, A. y Miranda C. (2011). El diario en el proceso de evaluación del practicum en M. Raposo; M.E. Martínez; P.C. Muñoz; A. Pérez y J.C. Otero, Evaluación y supervisióndel practicum: el compromiso con la calidad de las prácticas (pp. 1127-1136). Andavira.
Radl, R.; Gómez Mª B.; Mosteiro, Mª J.; Porto, A. (2011). El practicum en el máster en Educación, Género e Igualdad de la Universidad de Santiago de Compostela en M. Raposo; M.E. Martínez; P.C. Muñoz; A. Pérez y J.C. Otero, Evaluación y supervisión del practicum: el compromiso con la calidad de las prácticas (pp. 243-251). Andavira.
Bibliografía complementaria
Castillo, S. y Cabrerizo, J. (2006). Evaluación de programas de intervención socioeducativa: agentes y ámbitos. Pearson Educación.
Gavari, E. (Coord.) (2007). Estrategias para la intervención educativa: Practicum. Centro de Estudios Ramón Areces.
Marcelo, C. (2010). Autoformación para el siglo XXI en J. Gairín (Coord.). Nuevas estrategias formativas para las organizaciones (pp. 141-170). Wolters Kluwer.
Schön, D.A.( 2002 3a ed). La formación de profesionales reflexivos. Hacia un nuevo diseño de la enseñanza y el aprendizaje en las profesiones. Paidós.
Sepúlveda, Mª. P. (2005). Las prácticas de enseñanza en el proceso de construcción del conocimiento profesional, Educar, 36, 71-93.
Preténdese formar a profesionais capaces de impulsar accións a favor da igualdade, a implantación da perspectiva de xénero “mainstreaming” e a institucionalización de contidos e medidas referidas á igualdade de xénero tanto no contexto educativo propiamente dito como no da administración, as empresas e as institucións e organizacións sociais, culturais, económicas e políticas.
Cabe dicir, xa que logo, que a materia "Prácticas Laborais e Profesionais" vai dirixida fundamentalmente a capacitar para o desenvolvemento das seguintes competencias específicas:
- Aplicar os coñecementos teóricos e metodolóxicos necesarios para a elaborar, programar e planificar proxectos e programas desde a perspectiva de xénero no ámbito laboral, económico e universitario;
- Programar, planificar e coordinar áreas relacionadas con políticas de igualdade nos distintos ámbitos referidos á formación, educación e socialización humana;
- Demostrar profesionalidade integrando teoría e práctica para contribuír á construción dun coñecemento novo acerca das relacións de xénero desde unha perspectiva feminista e multidisciplinar;
- Desenvolver perspectivas socio críticas, de análise en función do xénero que poidan impulsar accións a favor da igualdade e a implantación da perspectiva de xénero.
O desenvolvemento das prácticas externas é responsabilidade do/a profesor/a do máster que figura como coordinador/a que atenderá ao alumnado en prácticas, guiando o seu traballo e proporcionándolles as orientacións necesarias; manterá unha comunicación adecuada coas titoras e titores profesionais para favorecer o mellor aproveitamento durante a estancia no centro de prácticas; asesorará na formulación, desenvolvemento e avaliación das prácticas ás titoras e titores profesionais e realizará a avaliación final.
Na institución de acollida as prácticas son tuteladas por a titora ou titor profesional, responsable de establecer conxuntamente co/a coordinador/a de prácticas as actividades, calendario e plan de traballo das/os estudantes, de informar das incidencias que poidan acontecer no desenvolvemento do practicum e de realizar o seguimento e avaliación do desenvolvemento da fase de prácticas así como de valorar mediante un informe, as actividades desenvolvidas pola/o estudante, o seu grao de aproveitamento e o seu nivel de participación.
As fases son as seguintes:
-Reunións de planificación da coordinadora co alumnado.
-Definición do Plan de Practicum entre a coordinadora ou coordinador e a/o titora ou titor profesional.
-Desenvolvemento da fase de prácticas do alumnado nas institucións.
-Elaboración do Diario de Prácticas.
A avaliación lévase a cabo atendendo aos seguintes aspectos:
-Informe avaliativo do titor/a profesional. Este informe consiste nunha indicación breve conforme cumpríronse as accións acordadas conxuntamente entre o/a titor/a e a/o estudante con respecto ao desenvolvemento do seu Plan de Traballo (asistencia, tarefas realizadas, implicación persoal, xuízo global do rabajo realizado). A recepción deste informe evaluativo é unha condición imprescindible para a cualificación final. Para ese efecto, facilítase unha ficha a modo de “Informe” tipo para que sexa cumprimentada ao final do período de prácticas do alumnado polo/a titor/a .
-Diario de Prácticas. Constitúe o informe final realizado pola alumna ou alumno tras finalizar o período de prácticas. Consistirá nun documento no que se rexistrará información de caracter descritivo, interpretativo e valorativo sobre o traballo realizado durante a estancia na institución. Finalmente, a avaliación da materia será realizada pola profesora ou profesor encargada/o da coordinación do prácticum, quen terá a responsabilidade de cualificar ao alumnado en función dos criterios de avaliación establecidos para cada un dos aspectos obxecto de avaliación.
-Informe evaluativo do titor/a profesional (50%)
-Diario de Prácticas (50%)
PLAXIO (TANTO PARA ENSINO PRESENCIAL COMO NON PRESENCIAL)
“Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Actividades de traballo autónomo (Elaboración do Diario de Prácticas)
Actividades en Centros
Total:15 ECTS
É obrigatorio realizar a estancia de prácticas no período establecido e cumprir o prazo de entrega do Diario de Prácticas.
Responsabilidade ambiental
En relación aos traballos persoais para a materia ter en conta as seguintes indicacións:
-Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
-Sempre que sexa posible empregar grapas en lugar de encanutillados.
-Imprimir as dúas caras en calidade aforro de tinta.
-Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
-Evitar anexos que no teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
-Obrigatoriedade de uso da conta de correo rai.
-Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais sempre que non sexa posible traballar nun escenario presencial : Por exemplo o Campus Virtual
-Non se poderá empregar o de teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
-Ter en conta que o ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é un proceso privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
-Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos