Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Dereito Público Especial e da Empresa
Áreas: Dereito Penal
Centro Facultade de Dereito
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Fronte á formulación xeral de conceptos e principios que debe caracterizar a ensinanza do Dereito Penal, parte xeral, a docencia que se impartirá na materia Dereito Penal, parte especial, dedícase á análise sistemática e singularizada dos concretos tipos delituosos. Pode afirmarse que teñen carácter concreto e fragmentario e que representa a materia e o complemento daquela. Trátase, pois, de ofrecerlle ao alumnado unha visión clara e sistemática dos diversos delitos contidos no Libro II do Código penal español. Naturalmente, isto non significa que se deba sufocar o alumno cunha análise exhaustiva de todos e cada un dos delitos que compoñen a materia. Para previr un perigoso afastamento da realidade social do coñecemento do Dereito penal, haberá de aludirse tamén á tarefa aplicativa levada a cabo polos órganos xurisdicionais. Coñecer e entender o sistema penal significa coñecer e entender a forma na que a xurisprudencia aplica os concretos preceptos legais. Os pronunciamentos xurisprudenciais non son –obvio é decilo– “lei” en sentido formal, pero si representan un importante complemento da produción lexislativa; de feito, cando os termos legais veñen redactados con excesiva vaguidade, a sentenza (que debe mirar as circunstancias sociais do momento no que se dita) pode chegar a asumir, incluso, o papel de fonte substantiva. A comprensión dos problemas prácticos e político-criminais que suscitan as principais figuras delituosas, así como dos concretos mecanismos dos que dispoñen o lexislador, o xuíz e o intérprete á hora de resolvelos constitúen, pois, así mesmo, obxectivos primordiais da materia.
DELITOS CONTRA AS PERSOAS
1.- Delitos contra a vida. Homicidio. Asasinato. Indución e auxilio ao suicidio. Eutanasia
2.- Aborto
3.- Delitos contra a saúde individual. Lesións. Lesións ao feto
4.- Delitos relativos á manipulación xenética
5.- Delitos contra a liberdade. Detencións ilegais. Secuestros. Ameazas. Coaccións
6.- Torturas e outros delitos contra a integridade moral
7.- Delitos contra a liberdade sexual. Agresións sexuais. Agresións sexuais a menores de dezeséis anos. Acoso sexual. Exhibicionismo e provocación sexual. Delitos relativos á prostitución e a explotación sexual e corrupción de menores.
8.- Omisión do deber de socorro
9.- Delitos contra a intimidade, o dereito á propia imaxe e a inviolabilidade do domicilio. Descubrimento e revelación de segredos. Violación de morada, domicilio de persoas xurídicas e establecementos abertos ao público
10.- Delitos contra a honra. Calumnia. Inxuria
11.- Delitos contra as relacións familiares. Celebración de matrimonios ilegais. Suposición de parto e alteración da paternidade, estado ou condición do menor. Quebrantamento dos deberes de custodia. Indución de menores ao abandono de domicilio. Substracción de menores. Abandono de familia, menores ou persoas con discapacidade necesitadas de especial protección.
DELITOS CONTRA O PATRIMONIO
12.- Consideracións xerais sobre os delitos contra o patrimonio e contra a orde socioeconómica. Furtos. Roubos: roubo con forza nas cousas e roubo con violencia ou intimidación nas persoas
13.- Extorsión. Roubo e furto de uso de vehículos. Usurpación
14.- Defraudacións: a) estafas; b) administración desleal; c) apropiación indebida; d) defraudacións de fluído eléctrico e análogas
15.- Frustración da execución. Insolvencias punibles. Danos
* Álvarez García, F.J.: Derecho penal español. Parte Especial, 2ª edición, Tirant lo Blanch, Valencia, 2011.
* González Cussac, J. L.: Comentarios a la Reforma del Código Penal de 2015, 2ª edición, Tirant lo Blanch, Valencia, 2015.
* Muñoz Conde, F.: Derecho Penal. Parte Especial, 25ª edición, Tirant lo Blanch, Valencia, 2023.
* Queralt Jiménez, J. J.: Derecho Penal español. Parte Especial, 7ª edición, Atelier, Barcelona, 2015.
* Quintero Olivares, G. e outros: Comentarios al Código Penal Español, 10ª edición, Aranzadi Thomson Reuters, Cizur Menor, 2016.
* Quintero Olivares, G. e outros: Comentario a la Reforma Penal de 2015, Aranzadi Thomson Reuters, Cizur Menor, 2015.
* Quintero Olivares, G. e outros: Las reformas penales de 2019, Aranzadi Thomson Reuters, Cizur Menor, 2019.
* Vives Antón, T. S.: Derecho Penal. Parte especial, 6ª edición, Tirant lo blanch, Valencia, 2019.
- Distinguir os diferentes elementos dos tipos penais da parte especial, así como ponderar as críticas tanto doutrinais como xurisprudenciais vertidas sobre eles.
- Resolución de casos reais previamente xulgados polos nosos tribunais penais, co obxecto de adecuar os coñecementos teóricos adquiridos nas aulas sobre as diferentes figuras delituosas á práctica xurisprudencial.
- Empregar monografías, revistas científicas e internet como ferramentas de información que faciliten o esclarecemento das dúbidas relacionadas coa parte especial do Dereito penal.
O carácter cuadrimestral da materia “Dereito Penal, parte especial- Delitos contra a persoa e contra o patrimonio" no plan de estudos vixente na Universidade de Santiago de Compostela obriga a sintetizar nas leccións teóricas o contido básico desta disciplina, substituíndo a exposición detallada dos manuais e monografías por unha explicación máis áxil e participativa. A ensinanza de cada un dos temas do programa discorrerá por unha serie de elementos comúns: antecedentes históricos da figura delituosa en cuestión, ben ou bens xurídicos que se aspira a protexer con ela, aspectos obxectivos e subxectivos que presenta a súa redacción típica, relacións con outras figuras delituosas, así como as concretas sancións penais previstas para elas. As aulas prácticas revisten unha especial importancia nunha disciplina que, como o Dereito Penal, parte especial, posúe un considerable grao de abstracción teórica. Para o efecto, recorrerase, na explicación da materia, a expedientes como a achega do maior número posible de exemplos e a posta á disposición dos alumnos da xurisprudencia máis representativa na materia. O “caso” como método de explicación, ademais de servir de elo entre o problema práctico e a explicación teórica, persegue como obxectivo fundamental desenvolver a capacidade argumentativa e de crítica dos alumnos, ao propio tempo que lles ofrece a posibilidade de avaliar, por si mesmos, o grao de comprensión do contido de cada materia que van alcanzando. Ademais, a clase práctica representa o instrumento idóneo para evitar que a ensinanza do Dereito Penal caia nun puro exercicio especulativo, sobre todo se os supostos cos que se traballa se afastan dos “casos de laboratorio” e se toman da praxe xurisprudencial, que proporciona non poucas mostras de ata que punto os sucesos reais, cando menos na nosa materia, poden superar en complexidade aos ficticios.
Empregarase o Campus Virtual.
Consistirá nunha proba final, ben oral ben escrita, sobre as materias impartidas durante o Curso, na que se ponderarán os coñecementos do alumno sobre o contido das dúas partes das que consta o programa da disciplina. Esta proba final será puntuada cunha calificación máxima de 9 puntos. O punto restante obterase cos casos prácticos realizados nas aulas interactivas, cuxa participación nos mesmos será obxeto de avaliación, polo que a nota final do estudante que os cumpra en ningún caso será a de NON PRESENTADO, de acordo coa normativa de permanencia vixente na USC para os estudos de Grao e Máster (art.º 5.2). Para que a nota do exame teórico se sume a nota das interactivas debe obterse no exame un mínimo de 5 puntos.
O alumnado que obteña a exención de docencia para esta asignatura en virtude de acordo tomado en Xunta de Facultade, terá que realizar unha proba práctica que substituirá a súa presenza física nas aulas expositivas e a súa participación nas aulas interactivas.
As datas e horas da revisión dos exames fixaranse e desenvolveranse de acordo coa normativa interna da USC.
- Docencia expositiva: 30 horas.
- Docencia interactiva: 12 horas.
- Titorías en grupo reducido: 5 horas.
- Total de horas presenciais: 54 horas.
- Estudo individual ou en grupo: 60 horas.
- Resolución de casos prácticos ou traballos: 7,5 horas.
- Total de horas non presenciais: 67,5 horas.
- Volume de traballo global mínimo: 112,5 horas.
Recoméndase, para a asimilación da materia, un estudo diario da disciplina, o uso das titorías e o emprego de materiais didácticos complementarios cos que a disciplina conta no Campus virtual da USC e na plataforma Teams.
Santiago Bernardo Brage Cendan
- Departamento
- Dereito Público Especial e da Empresa
- Área
- Dereito Penal
- Teléfono
- 881814754
- Correo electrónico
- santiago.brage [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Gumersindo Guinarte Cabada
Coordinador/a- Departamento
- Dereito Público Especial e da Empresa
- Área
- Dereito Penal
- Teléfono
- 881814684
- Correo electrónico
- gumersindo.guinarte [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria Castro Corredoira
- Departamento
- Dereito Público Especial e da Empresa
- Área
- Dereito Penal
- Correo electrónico
- maria.castro.corredoira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Axudante Doutor LOSU
Luns | |||
---|---|---|---|
16:30-18:00 | Grupo C - horario de tarde (P-Z) | Castelán | Aula 5 |
Martes | |||
16:30-18:00 | Grupo C - horario de tarde (P-Z) | Castelán | Aula 5 |
Xoves | |||
10:30-12:00 | Grupo A - horario de mañá (A-F) | Castelán | Aula 5 |
16:30-18:00 | Grupo B - horario de tarde (G-O) | Castelán | Aula 3 |
Venres | |||
10:30-12:00 | Grupo A - horario de mañá (A-F) | Castelán | Aula 5 |
15:00-16:30 | Grupo B - horario de tarde (G-O) | Castelán | Aula 3 |
09.01.2025 10:00-12:00 | Grupo B - horario de tarde (G-O) | Aula 1 |
09.01.2025 13:00-15:00 | Grupo A - horario de mañá (A-F) | Aula 1 |
09.01.2025 16:00-18:00 | Grupo C - horario de tarde (P-Z) | Aula 1 |
24.06.2025 10:00-12:00 | Grupo B - horario de tarde (G-O) | Salón de Actos |
24.06.2025 13:00-15:00 | Grupo A - horario de mañá (A-F) | Salón de Actos |
24.06.2025 16:00-18:00 | Grupo C - horario de tarde (P-Z) | Salón de Actos |