Créditos ECTS Créditos ECTS: 16.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 407.5 Horas de Titorías: 3.5 Clase Interactiva: 1.5 Total: 412.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Prácticum Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Dereito Público e Teoría do Estado, Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía, Psicoloxía Evolutiva e da Educación, Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía, Economía Cuantitativa, Filoloxía Inglesa e Alemá, Ciencia Política e Socioloxía, Dereito Público Especial e da Empresa, Ciencias Forenses, Anatomía Patolóxica, Xinecoloxía e Obstetricia e Pediatría, Historia, Economía Aplicada, Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
Áreas: Dereito Administrativo, Dereito Constitucional, Dereito Internacional Público e Relacións Internacionais, Personalidade, Avaliación e Tratamentos Psicolóxicos, Psicoloxía Evolutiva e da Educación, Metodoloxía das Ciencias do Comportamento, Psicoloxía Básica, Economía Cuantitativa (propia da USC), Filoloxía Inglesa, Ciencia Política e da Administración, Socioloxía, Dereito Penal, Dereito Procesual, Medicina Legal e Forense, Historia Moderna, Economía Aplicada, Psiquiatría
Centro Facultade de Dereito
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
-Aplicación dos coñecementos adquiridos no Grao ao desempeño dunha actividade profesional.
-Destrezas organizativas, de planificación e de traballo en equipo.
-Desenvolvemento de habilidades prácticas.
-Capacidade de integración e de contribución á dinámica de traballo dun organismo o unha institución.
Trala modificación promovida pola Facultade de Dereito en 2021, a materia queda organizada consonte á seguinte estrutura:
-Seminarios / conferencias / obradoiros de formación previa ás prácticas: 8.5 créditos
-Prácticas externas: 6 créditos
-Memoria de prácticas: 2 créditos
A Facultade, a proposta do coordinador do programa, fará cada curso académico unha oferta das prácticas, talleres, seminarios e actividades académicas que integran o practicum, tendo en conta os contidos formativos incluídos no plan de estudos.
- Os seminarios, talleres e actividades académicas orientaranse á adquisición dos coñecementos e técnicas básicas dalgúns dos ámbitos propios da investigación, así como á aproximación do alumnado ás actividades profesionais propias dos criminólogos (en particular á realización de informes criminolóxicos nos ámbitos público e privado e á actuación dos peritos ante os tribunais). Terán lugar nos meses de febreiro/abril.
- As prácticas externas (6 créditos) só poden realizarse en institucións colaboradoras coa Universidade de Santiago de Compostela, no marco do correspondente convenio asinado expresamente para ese fin. A cada alumno asignaráselle un titor na entidade colaboradora para a realización das prácticas. No listado de recursos, entidades e institucións cos que no curso 2024-25 existe convenio de prácticas figuran:
Guardia Civil (Comandancias de A Coruña, Pontevedra, Ourense e Lugo)
Instituto de Ciencias Forenses Luis Concheiro (Incifor)
Asociación ciudadana de loita contra a droga – Aclad
Laboratorio de Informática Forense Europeo – LIFE
Pintos y Salgado Abogados, S. C. P.
Fiscalía de Vigo e Pontevedra
Unidade de Psicoloxía Forense da Universidade de Santiago de Compostela
Centro Educativo Avelino Montero
Centros Penitenciarios de Teixeiro, Bonxe e Pereiro de Aguiar
Asociación Ecos do Sur
Asociación Galega de Familias de acollida - Acougo
Oficina de Igualdade de Xénero da Universidade de Santiago de Compostela
Policía Local de Teo
Policía Local de Pontevedra
A duración das prácticas externas é de 120 horas e realizaranse durante un máximo de catro semanas, a razón de 30 horas cada semana, 6 horas cada día. Malia o anterior, por acordo expreso entre o alumno e o responsable da entidade colaboradora pode acordarse unha distribución diferente da carga horaria, garantíndose, en todo caso, a duración total de 120 horas. Realizaranse no mes de abril/maio.
A elección da institución levarase a cabo nun acto público que se celebrará na data do mes de marzo fixada pola Coordinación do Grao. Nese acto, os alumnos matriculados na materia practicum serán chamados por orde da nota media simple do seu expediente, obtida directamente do Servizo de Xestión Académica. Cada alumno chamado escollerá a institución que desexe dentro dos que se atopen vacantes no momento do seu chamamento.
Aqueles alumnos que non poidan asistir á reunión na data e hora sinaladas poden autorizar por escrito a outra persoa para que faga a elección no seu nome. Os alumnos que non se atopen presentes ou representados poden solicitar con posterioridade que lles sexa adxudicada unha das prazas que resulten vacantes. Nestes casos atenderase unicamente á data da solicitude, que deberá producirse cunha antelación razoable con respecto á data de inicio das práctica
- Os alumnos deberán presentar, nun prazo de 30 días dende o remate da práctica, a través do correo electrónico da secretaría do ICUS (icsec [at] usc.gal (icsec[at]usc[dot]gal)), unha memoria de pácticas externas (2 créditos) axustada ó seguinte modelo:
A)
• Datos persoais.
• Datos da Institución de destino.
• Nome do titor e cargo que ocupa na Institución de destino.
• Período de realización das prácticas externas.
* Tipo de letra: Times New Roman 12 pt.
* Espacio interlineal: 1,5.
B) Contido das prácticas: Funcións da entidade colaboradora, tarefas presenciais e non presenciais desenvoltas no programa de prácticas, material preparado e elaborado polo alumno no transcurso das prácticas, coñecementos e destrezas adquiridas no Grao e aplicados na realización das prácticas.
C) Valoración do alumnado sobre as prácticas: Contribución das tarefas asignadas á súa formación, grao de atención e titorización por parte do responsable na institución de destino, grao de implicación efectiva do estudante no desempeño das tarefas asignadas, valoración global.
A avaliación final da materia terá en conta os seguintes aspectos:
1. Asistencia e participación activa do alumno nos seminarios / Conferencias / Obradoiros de formación previa ás prácticas externas. Cualificación máxima que se pode obter: 2 puntos.
2. Informe do titor externo nas prácticas, referido ás habilidades e destrezas adquiridas polo alumno, o grado de realización das tarefas encargadas e das obrigas asumidas por el e á capacidade para o exercicio da actividade profesional de que se trate. Cualificación máxima que se pode obter: 4 puntos
3. Memoria de prácticas externas. Cualificación máxima que se pode obter: 4 puntos
Para aprobar a materia, o alumnado deberá superar cada unha das partes nas que se estrutura a materia.
IMPORTANTE: So poderán formalizar a súa matrícula na materia “Practicum” do Grao en Criminoloxía os alumnos que teñan aprobadas as seguintes materias:
a) Tódalas correspondentes aos cursos primeiro e segundo do Grao
b) As seguintes correspondentes ao terceiro curso do Grao: -Delincuencia e xustiza xuvenil -Penoloxía e ciencia penitenciaria -Psicoloxía Criminal II -Avaliación e tratamento do delincuente -Proceso Penal -Psiquiatría forense -Vitimoloxía
c) As seguintes correspondentes ao cuarto curso do Grao: -Medicina Legal e Forense
A comisión do Grao valorará as circunstancias académicas que poidan alegar os alumnos (en particular as derivadas da realización de programas de intercambio) para xustificar o non cumprimento dunha parte dos ditos requisitos
O/a coordinador/a do Grao en Criminoloxía da Facultade de Dereito actuará como coordinador/a académico/a do Prácticum.
Venres | |||
---|---|---|---|
16:00-19:00 | Grao en Criminoloxia | - | Aula 16 |
20.05.2025 16:00-18:00 | Grao en Criminoloxia | Aula 4 |
20.05.2025 16:00-18:00 | Grao en Criminoloxia | Aula 5 |
24.06.2025 18:00-20:00 | Grao en Criminoloxia | Aula 4 |