Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 95 Horas de Titorías: 5 Clase Expositiva: 35 Clase Interactiva: 15 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Dereito Público Especial e da Empresa
Áreas: Dereito Penal
Centro Facultade de Dereito
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Fronte á formulación xeral de conceptos e principios que debe caracterizar a ensinanza do Dereito Penal, parte xeral, a docencia que se impartirá na materia Dereito Penal, parte especial, dedícase á análise sistemática e singularizada dos concretos tipos delituosos. Pode afirmarse que teñen carácter concreto e fragmentario e que representa a materia e o complemento daquela. Trátase, pois, de ofrecerlle ao alumnado unha visión clara e sistemática dos diversos delitos contidos no Libro II do Código penal español. Naturalmente, isto non significa que se deba sufocar o alumno cunha análise exhaustiva de todos e cada un dos delitos que compoñen a materia. Para previr un perigoso afastamento da realidade social do coñecemento do Dereito Penal, haberá de aludirse tamén á tarefa aplicativa levada a cabo polos órganos xurisdicionais. Coñecer e entender o sistema penal significa coñecer e entender a forma na que a xurisprudencia aplica os concretos preceptos legais. Os pronunciamentos xurisprudenciais non son –obvio é decilo– “lei” en sentido formal, pero si representan un importante complemento da produción lexislativa; de feito, cando os termos legais veñen redactados con excesiva vaguidade, a sentenza (que debe mirar as circunstancias sociais do momento no que se dita) pode chegar a asumir, incluso, o papel de fonte substantiva. A comprensión dos problemas prácticos e político-criminais que suscitan as principais figuras delituosas, así como dos concretos mecanismos dos que dispoñen o lexislador, o xuíz e o intérprete á hora de resolvelos constitúen, pois, así mesmo, obxectivos primordiais da materia.
DELITOS CONTRA AS PERSOAS
PRIMEIRA PARTE
1.- Delitos contra a vida. Homicidio. Asasinato. Indución e auxilio ao suicidio. Eutanasia
2.- Aborto
3.- Delitos contra a saúde individual. Lesións. Lesións ao feto
4.- Delitos relativos á manipulación xenética
5.- Delitos contra a liberdade. Detencións ilegais. Secuestros. Ameazas. Coaccións
6.- Torturas e outros delitos contra a integridade moral
7.- Delitos contra a liberdade a sexual. Agresións sexuais. Agresións sexuais a menores de dezeséis anos. Acoso sexual. Exhibicionismo e provocación sexual. Delitos relativos á prostitución e á explotación sexual e corrpción de menores.
8.- Omisión do deber de socorro
9.- Delitos contra a intimidade, o dereito á propia imaxe e a inviolabilidade do domicilio. Descubrimento e revelación de segredos. Violación de morada, domicilio de persoas xurídicas e establecementos abertos ao público
10.- Delitos contra a honra. Calumnia. Inxuria
11.- Delitos contra as relacións familiares. Celebración de matrimonios ilegais. Suposición de parto e alteración da paternidade, estado ou condición do menor. Quebrantamento dos deberes de custodia. Indución de menores ao abandono de domicilio. Subtracción de menores. Abandono de familia, menores ou persoas con discapacidade necesitadas de especial protección.
DELITOS CONTRA O PATRIMONIO
12.- Consideracións xerais sobre os delitos contra o patrimonio e contra a orde socioeconómica. Furtos. Roubos: roubo con forza nas cousas e roubo con violencia ou intimidación nas persoas
13.- Extorsión. Roubo e furto de uso de vehículos. Usurpación
14.- Defraudacións: a) estafas; b) administración desleal; c) apropiación indebida; d) defraudacións de fluído eléctrico e análogas
15.- Frustración da execución. Insolvencias punibles. Danos
SEGUNDA PARTE
DELITOS CONTRA A ORDE SOCIOECONÓMICA
1.- Delitos relativos á propiedade intelectual. Delitos relativos á propiedade industrial. Delitos relativos ao mercado e aos consumidores. Delito de subtracción de cousa propia á súa utilidade social ou cultural. Delitos societarios. Receptación e condutas afíns. Delitos contra a Facenda Pública e contra a Seguridade Social. Delitos contra os dereitos dos traballadores. Delitos contra os dereitos dos cidadáns estraxeiros.
2.- Delitos relativos á ordenación do territorio. Delitos sobre o patrimonio histórico. Delitos contra os recursos naturais e o medio ambiente. Delitos relativos á protección da flora e a fauna. Delitos de risco catastrófico. Incendios. Delitos contra a saúde pública. Delitos contra a seguridade vial.
DELITOS CONTRA A COMUNIDADE
3.- Falsidades. Falsificación de moeda e efectos timbrados. Falsificación de documentos públicos, oficiais e mercantís e de despachos transmitidos por servizos de telecomunicación. Falsificación de documentos privados. Falsificación de certificados. Usurpación de estado civil. Usurpación de funcións públicas e intrusismo
4.- Delitos contra a Administración Pública. Prevaricación e outros comportamentos inxustos. Abandono de destino e omisión do deber de perseguir delitos. Desobediencia e denegación de auxilio. Infidelidade na custodia de documentos e violación de segredos. Suborno. Tráfico de influencias. Fraudes e exaccións ilegais. Negociacións e actividades prohibidas aos funcionarios públicos e abusos no exercicio da súa función. Delitos de corrupción nas transaccións comerciais internacionais
5.- Delitos contra a Administración de Xustiza. Prevaricación. Omisión do deber de impedir delitos ou de promover a súa persecución. Encubrimento. Realización arbitraria do propio dereito. Acusación e denuncia falsas e simulación de delitos. Falso testemuño. Obstrución á xustiza. Deslealdade profesional. Quebrantamento de condena
6.- Delitos contra a Constitución. Rebelión. Delitos contra a coroa. Delitos contra as institucións do Estado. Usurpación de atribucións. Delitos cometidos con ocasión do exercicio dos dereitos fundamentais e das liberdades públicas garantidas pola Constitución. Delitos contra a liberdade de conciencia, os sentimentos relixiosos e o respecto aos defuntos. Delitos cometidos polos funcionarios públicos contra as garantías constitucionais
7.- Delitos contra a orde pública. Sedición. Atentados contra a autoridade, os seus axentes e os funcionarios públicos, resistencia e desobediencia. Desordes públicas. Tenza, tráfico e depósito de armas, municións ou explosivos. Terrorismo
8.- Delitos de traizón, contra a paz ou a independencia do Estado, e relativos á defensa nacional. Traizón. Delitos que comprometen a paz ou a independencia do Estado. Delitos relativos á defensa nacional. Descubrimento e revelación de segredos e informacións relativas á defensa nacional
9.- Delitos contra a comunidade internacional. Delitos contra o dereito de xentes. Xenocidio. Delitos contra as persoas e bens protexidos no caso de conflito armado
* Álvarez García, F.J.: Derecho penal español. Parte Especial, 2ª edición, Tirant lo Blanch, Valencia, 2011.
* González Cussac, J. L. e outros: Comentarios a la Reforma del Código Penal de 2015, 2ª edición, Tirant lo Blanch, Valencia, 2015.
* Muñoz Conde, F.: Derecho Penal. Parte Especial, 25ª edición, Tirant lo Blanch, Valencia, 2023.
* Queralt Jiménez, J. J.: Derecho Penal español. Parte Especial, 7ª edición, Atelier, Barcelona, 2015.
* Quintero Olivares, G. e outros: Comentarios al Código Penal Español, 10ª edición, Aranzadi Thomson Reuters, Cizur Menor, 2016.
* Quintero Olivares, G. e outros: Comentario a la Reforma Penal de 2015, Aranzadi Thomson Reuters, Cizur Menor, 2015.
* Quintero Olivares, G. e outros: Las reformas penales de 2019, Aranzadi Thomson Reuters, Cizur Menor, 2019.
* Vázquez-Portomeñe Seijas, F. e outros: Violencia contra la mujer. Manual de apoyo para el Grado de Criminología, Tirant lo Blanch, Valencia, 2024.
* Vives Antón, T. S. e outros: Derecho Penal. Parte especial, 6ª edición, Tirant lo blanch, Valencia, 2019.
- Distinguir os diferentes elementos dos tipos penais da parte especial, así como ponderar as críticas tanto doutrinais como xurisprudenciais vertidas sobre eles.
- Resolución de casos reais previamente xulgados polos nosos tribunais penais, co obxecto de adecuar os coñecementos teóricos adquiridos nas aulas sobre as diferentes figuras delituosas á práctica xurisprudencial.
- Empregar monografías, revistas científicas e internet como ferramentas de información que faciliten o esclarecemento das dúbidas relacionadas coa parte especial do Dereito penal.
- Clases teóricas, clases prácticas, seminarios, traballos tutelados e lecturas recomendadas.
- Emprego da páxina web de Dereito Penal, Parte Xeral , que a área posúe no Campus virtual da USC, para facilitar o acceso do alumno ás últimas modificacións penais e a outros contidos da disciplina, así como fomentar o uso dos foros de debate sobre cuestións actuais relacionadas coa parte xeral do Dereito Penal.
A docencia expositiva e a docencia interactiva terá carácter presencial. Non obstante, ata un 10% desta docencia poderá desenrolarse de xeito virtual a través de sistemas síncronos ou asíncronos.
As titorías poderá realizarse, parcialmente, de xeito virtual a través de Microsoft Teams. En todo caso requerirase a concertación dunha cita previa.
Consistirá nunha proba final, ben oral ben escrita, sobre as materias impartidas durante o Curso, na que se ponderarán os coñecementos do alumno sobre o contido das dúas partes das que consta o programa da disciplina. Esta proba final será puntuada cunha calificación máxima de 9 puntos. O punto restante obterase cos casos prácticos realizados nas aulas interactivas, cuxa participación nos mesmos será obxeto de avaliación, polo que a nota final do estudante que os cumpra en ningún caso será a de NON PRESENTADO, de acordo coa normativa de permanencia vixente na USC para os estudos de Grao e Máster (art.º 5.2).
O alumnado que obteña a exención de docencia para esta asignatura en virtude de acordo tomado en Xunta de Facultade, terá que realizar unha proba práctica que substituirá a súa presenza física nas aulas expositivas e a súa participación nas aulas interactivas.
As datas e horas da revisión dos exames fixaranse e desenvolveranse de acordo coa normativa interna da USC.
- Docencia expositiva: 35 horas (presencialidad 100%)
- Docencia interactiva: 15 horas (presencialidad 100%)
- Tutorías en grupo reducido: 5 horas (presencialidad 100%)
-Actividades individuais e/ou grupales de estudo e traballo (guiadas e non guiadas): 85 horas (presencialidad 50%)
- Asistencia a conferencias: 10 horas (presencialidad 100%)
Recórdase ao alumnado que no estudo da materia é necesario, dende o primeiro día, tanto o uso da bibliografía recomendada como do Código Penal. É obriga do alumnado contar cos bibliográficos indispensables para a correcta preparación da materia.
Santiago Bernardo Brage Cendan
Coordinador/a- Departamento
- Dereito Público Especial e da Empresa
- Área
- Dereito Penal
- Teléfono
- 881814754
- Correo electrónico
- santiago.brage [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Martes | |||
---|---|---|---|
11:00-13:00 | Grupo clases expositivas | Castelán | Aula 10 |
20.05.2025 10:00-12:00 | Grupo clases expositivas | Aula 4 |
20.05.2025 10:00-12:00 | Grupo clases expositivas | Aula 5 |
20.06.2025 12:00-14:00 | Grupo clases expositivas | Aula 5 |