Créditos ECTS Créditos ECTS: 9
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 148.5 Horas de Titorías: 4.5 Clase Expositiva: 36 Clase Interactiva: 36 Total: 225
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Dereito Público Especial e da Empresa
Áreas: Dereito Penal
Centro Facultade de Dereito
Convocatoria: Anual
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
- Coñecer os conceptos básicos relativos ao Dereito penal, ás súas fontes, á lei penal no tempo e no espazo, á teoría do delito e ás súas consecuencias.
- Dominar a técnica de resolución de casos prácticos, especialmente os relativos á determinación da pena.
- Fomentar a utilización polo alumno de materiais bibliográficos complementarios.
- Transmitirlle ao alumno a función crítica da dogmática como instrumento que permita a mellora das leis e das resolucións xudiciais para aproximarse ao ideal de xustiza.
GRUPO A
INTRODUCIÓN
1. CONCEPTO DE DEREITO PENAL: I. Concepto e caracteres do Dereito penal. II. Natureza. III. Relacións do Dereito penal: A) Coas ciencias xurídicas, B) Coas ciencias criminolóxicas, C) As chamadas ciencias auxiliares do Dereito penal.
2. AS FONTES DO DEREITO PENAL: I. A lei. II. O principio de legalidade. III. Posibilidade de admitir outras fontes. IV. A interpretación da lei penal: A) Clases e regras de interpretación. B) A analoxía. C) Concurso aparente de normas penais.
3. A LEI PENAL NO TEMPO: I. Eficacia temporal das leis penais. II O principio xeral: irretroactividade da lei penal. III. A excepción: retroactividade da lei penal máis favorable.
4. A LEI PENAL NO ESPAZO: I. Principios reguladores. II. Lugar de comisión do delito. III. A extradición. A orde europea de detención e entrega.
TEORÍA XURÍDICA DO DELITO
5. O DELITO: I. Concepto do delito. II. Suxeitos e obxectos do delito: A) Suxeito activo e pasivo. B) Obxecto material e xurídico. III. Clasificacións do delito.
6. A ACCIÓN: I. Formas da acción: acción en sentido estrito e omisión. II. As diversas concepcións da teoría da acción. III. A acción e os seus elementos. IV. A omisión: concepto e natureza. V. As clases de omisión: A) A omisión simple. B) A comisión por omisión. VI. Ausencia de acción: A) Movementos reflexos. B) Estados de plena inconsciencia. C) Forza irresistible.
7. A TIPICIDADE-ANTIXURIDICIDADE: I. A tipicidade: A) Concepto. B) Elementos. C) Funcións do tipo. II. Ausencia de tipicidade. III. A antixuridicidade: Concepto. Os elementos subxectivos do inxusto. IV. Ausencia de antixuridicidade: A) Lexítima defensa. B) Estado de necesidade. C) Cumprimento dun deber e exercicio lexítimo dun dereito, oficio ou cargo. D) O consentimento do ofendido.
8. A CULPABILIDADE: I. Concepto e estrutura. II. Natureza: as distintas teorías. III. A imputabilidade: Concepto. Momento da imputabilidade: "actiones liberae in causa". IV. Ausencia de imputabilidade: A) Anomalía ou alteración psíquica. Trastorno mental transitorio. B) Intoxicación plena por bebidas alcohólicas ou drogas. Síndrome de abstinencia. C) Alteración grave da conciencia da realidade. V. A responsabilidade penal do menor.
9. A culpabilidade (continuación). VI. As formas de culpabilidade: A) O dolo: Concepto. Elementos. Clases. B) A culpa: Concepto e clases. VII. Ausencia de formas de culpabilidade: o erro. VIII. A esixibilidade de conduta adecuada á norma: a súa significación xurídico-penal. IX. Ausencia de esixibilidade. Causas de inculpabilidade baseadas no principio de non esixibilidade: A) Estado de necesidade subxectivo. B) Medo insuperable.
10. A PUNIBILIDADE: I. Significación dogmática da punibilidade. II. As condicións obxectivas de punibilidade. III. Ausencia de punibilidade: As escusas absolutorias.
11. O "ITER CRIMINIS": I. Actos internos. II. Actos preparatorios: A) Tipos construídos especificamente sobre actos preparatorios. B) Conspiración, proposición e provocación para delinquir. III. Actos de execución: a tentativa. IV. A consumación.
12. A PARTICIPACIÓN NO DELITO: I. Autoría: autoría directa, coautoría e autoría mediata. II. As formas de participación: indución, cooperación necesaria e complicidade. III. Supostos especiais.
13. UNIDADE E PLURALIDADE DE DELITOS: I. Pluralidade de accións e unidade de delito: A) Delito continuado. B) Delito permanente. C) Delito habitual. II. Pluralidade de accións e de delitos (concurso real). III. Unidade de acción e pluralidade de delitos (concurso ideal).
14. AS CIRCUNSTANCIAS QUE MODIFICAN A RESPONSABILIDADE CRIMINAL: I. Cuestións comúns ás circunstancias atenuantes e agravantes. II. Atenuantes: A) Eximentes incompletas. B) Atenuantes xenéricas. C) Atenuantes por analoxía. III. Agravantes. IV. A circunstancia mixta.
AS CONSECUENCIAS XURÍDICAS DO DELITO
15. A PENA: I. Concepto. II. Fundamento e fins: as diversas teorías. III. A clasificación das penas no Código penal.
16. AS PENAS PRIVATIVAS DE LIBERDADE: I. Clases e cumprimento: prisión permanente revisable, prisión, localización permanente e responsabilidade persoal subsidiaria. II. Formas substitutivas da execución das penas privativas de liberdade: A) Suspensión da súa execución. B) Suspensión-substitución. C) Suspensión da execución do resto da pena (liberdade condicional). D) Substitución.
17. AS PENAS PRIVATIVAS DE DEREITOS: Concepto e clases. A PENA DE MULTA: multa proporcional e sistema de días-multa. CONSECUENCIAS ACCESORIAS: especial referencia ao decomiso.
18. A DETERMINACIÓN DA PENA: I. Individualización legal, xudicial e administrativa. II. A determinación da pena no Código penal: A) A metade superior e inferior. A pena superior e inferior en grao. B) Regras para a determinación da pena: a) O grao de execución. b) A forma de participación. c) A concorrencia de circunstancias modificativas. d) O concurso de delitos. e) Supostos especiais.
19. A EXTINCIÓN DA RESPONSABILIDADE CRIMINAL: I. Causas. II. Cancelación de antecedentes penais.
20. A RESPONSABILIDADE CIVIL E CUSTAS PROCESUAIS: I. A responsabilidade civil nacida de delito: A) Contido. B) Persoas civilmente responsables. II. As custas procesuais. III. Cumprimento da responsabilidade civil.
21. AS MEDIDAS DE SEGURIDADE: I. Concepto. Fundamento. Clases. II. Penas e medidas de seguridade. III. As medidas de seguridade na lexislación española.
GRUPOS B e C
Tema 1º. Definición, Función e natureza do Dereito penal.
1. Concepto e función do Dereito penal
2. Natureza do Dereito penal
3. Relacións do Dereito penal con outras ramas do Dereito e con outras ciencias
Tema 2º. O ius puniendi e os principios constitucionais do Dereito
penal.
1. Principio de legalidade: concepto e funcións
2. Outros principios limitadores do Dereito penal
Tema 3º. A norma penal
1. Estrutura, función e clases de normas penais
2. A interpretación da lei penal
3. Leis penais en branco
4. O concurso aparente de normas penais
Tema 4º. Ámbito temporal, espacial e persoal da lei penal
1. O principio da irretroactividade e a retroactividade favorable da lei penal
2. Límites espaciais á aplicación da lei penal: principios aplicables
3. A extradición. Concepto, clases e regulación legal
4. Límites persoais da lei penal: inviolabilidades e inmunidades
Tema 5º. O concepto de delito
1. Elementos e estrutura do concepto de delito
2. Clasificación dos delitos
Tema 6º. A tipicidade
1. Concepto de tipo
2. As funcións do tipo e do tipo de acción. Especial referencia á pretensión de relevancia
3. Clases de tipos penais
Tema 7º. A conduta xurídico-penal. Acción e omisión
1. Introdución
2. As diferentes concepcións da acción en Dereito Penal.
3. Acción e resultado. Causación, causalidade e imputación obxectiva
4. Omisión propia e omisión impropia
5. Os supostos de ausencia de acción.
Tema 8º. Estrutura e composición do tipo: términos e elementos do tipo
1. As clases de términos típicos e o principio de taxatividade
2. O suxeito activo do delito
3. A capacidade criminal das persoas xurídicas e as actuacións en nome doutro
4. Suxeito pasivo, vítima e ofendido
5. Obxecto material do delito
Tema 9º. A antixuridicidade material
1. Antixuridicidade material e antixuridicidade formal
2. A doutrina do ben xurídico
3. Os conceptos de lesión e de perigo. Tipos de lesión e tipos de perigo
Tema 10º. Dolo e imprudencia
1. O dolo: concepto e clases
2. A imprudencia: concepto e clases
3. Os elementos subxetivos do inxusto
4. Exclusión: o erro de tipo e o caso fortuito.
Tema 11º. A xustificación
1. Concepto e natureza da xustificación
2. Causas de xustifica ción:
a. Lexítima defensa
b. Estado de necesidade xustificante
c. Cumprimento dun deber e exercicio lexítimo dun dereito, oficio ou cargo
d. O consentimento do suxeito pasivo
Tema 12º. A culpabilidade
1. Concepto de culpabilidade e pretensión de reproche. O fundamento da culpabilidade
2. Estrutura da culpabilidade: imputabilidade, esixibilidade e coñecemento da ilicitude do feito
3. Causas de inimputabilidade
a. Alteracións psíquicas
b. Estados de intoxicación
c. Alteracións da percepción
4. As actio libera in causa
5. Causas de inesixibilidade
a. Estado de necesidade excusante
b. Medo insuperable
6. O erro sobre a prohibición
Tema 13º. A punibilidade
1. Concepto
2. Condicións obxectivas de punibilidade e condicións obxectivas de perseguibilidade
3. Causas de levantamento ou anulación da pena
Tema 14º. Formas de aparición do delito (I). Introdución. O iter
criminis
1. As fases do desenvolvemento do delito
2. Actos preparatorios punibles. A apoloxía do delito
3. Delimitación entre preparación e execución
4. A tentativa.
a. A denominada tentativa inidónea
b. Desistimento na tentativa
5. A consumación.
Tema 15º. Formas de aparición do delito (II). Autoría e participación
1. Autoría en sentido material e en sentido formal
2. A distinción entre autor e partícipe
3. A autoría. Concepto e clases
4. A participación. Concepto e clases.
Tema 16º. Formas de aparición do delito (III). Concurso de infraccións
1. Concepto e diferenzas fundamentais co concurso de normas
2. Clases de concurso de delitos
a. Concurso real
b. Concurso ideal
c. Concurso medial
3. Delito continuado e delito masa
Tema 17º. Formas de aparición do delito (IV). As circunstancias modificativas da responsabilidade criminal
1. Teoría xeral das circunstancias
2. Circunstancias agravantes
3. Circunstancias atenuantes
4. Circunstancia mixta
Tema 18º. A pena: concepto, función e fins
1. Concepto de pena
2. Función e fins da pena
Tema 19º. Clases de penas
1. Clases e criterios de clasificación
2. Penas privativas de liberdade
3. Penas privativas ou restrictivas doutros dereitos
4. Penas pecuniarias
5. As penas previstas para as persoas xurídicas
Tema 20º. A determinación da pena
1. Introdución. Fases da individualización da pena
2. Regras legais de determinación da pena
3. A determinación do marco penal abstracto e do marco penal concreto
4. A individualización xudicial.
Tema 21º. Suspensión, substitución e execución da pena
1. A suspensión da execución da pena
2. A substitución da pena
3. A execución da pena privativa de liberdade. Referencia ao sistema de individualización científica da LOXP
4. Especial consideración da liberdade condicional
Tema 22º. Exclusión e extinción da pena. Rehabilitación e antecedentes penais
1. Causas xenéricas de exclusión e extinción da pena
2. A cancelación de antecedentes penais: concepto, natureza xurídica e regulación legal
Tema 23º. Perigosidade criminal e medidas de seguridade
1. A perigosidade criminal
2. Concepto, réxime xurídico e ámbito de aplicación das medidas de seguridade
3. Clases de medidas de seguridade
a. Medidas privativas de liberdade
b. Medidas non privativas de liberdade
Tema 24º. Outras consecuencias xurídicas do delito
1. As consecuencias accesorias
2. O comiso
3. A responsabilidade civil ex delicto
4. As costas procesuais
-Berdugo Gómez de la Torre, I. (coord.), Lecciones y materiales para el estudio Derecho penal. Tomo I, Introducción al Derecho penal, Iustel, Madrid, 2015.
-Berdugo Gómez de la Torre, I.; Arroyo Zapatero, L.; Ferré Olivé, J. C. e outros, Curso de Derecho penal. Parte general, Ed. Experiencia, Barcelona, 2016.
-Cerezo Mir, J., Curso de Derecho penal español. Parte general, I. Introducción, Tecnos, Madrid, 2004.
-Cerezo Mir, J., Curso de Derecho penal español 2. Teoría jurídica del delito, Tecnos, Madrid, 2005.
-Cobo del Rosal, M. e Vives Antón, T. S., Derecho penal. Parte general, Tirant lo Blanch, Valencia, 1999.
-Corcoy Bidasolo, M. e Mir Puig, S. (dirs.), Comentarios al Código penal. Reforma LO 1/2015 y LO 2/2015, Tirant lo Blanch, Valencia, 2015.
-Córdoba Roda, J. e García Arán, M. (dirs.), Comentarios al Código penal. Parte general, Marcial Pons, Madrid/Barcelona/Buenos Aires, 2011.
-Cuello Contreras, J. e Mapelli Caffarena, B., Curso de Derecho penal. Parte general, Tecnos, Madrid, 2022.
-Demetrio Crespo, E. (coord.), Lecciones y materiales para el estudio Derecho penal. Tomo II, Teoría del delito, Iustel, Madrid, 2015.
-Díez Ripollés, J.L., Derecho penal español. Parte general, Tirant lo Blanch, Valencia, 2020.
-García-Pablos de Molina, A., Introducción al Derecho penal. Ed. Areces, Madrid, 2012.
-Gómez Rivero, M. C. (coord.), Nociones fundamentales de Derecho penal. Parte general, Tecnos, Madrid, 2023.
-Gómez Tomillo, M. (dir.), Comentarios prácticos al Código penal. Tomo I, Parte general, artículos 1-137, Aranzadi, Cizur Menor, 2015.
-González Cussac, J. L. (dir.), Comentarios a la reforma del Código penal de 2015. Tirant lo Blanch, Valencia, 2015.
-Gracia Martín, L.; Boldova Pasamar, M. A. e Alastuey Dobón, M. C., Lecciones de las consecuencias jurídicas del delito, Tirant lo Blanch, Valencia, 2015.
-Landecho Velasco, C. M. e Molina Blázquez, C., Derecho penal español. Parte general, Tecnos, Madrid, 2020.
-Landrove Díaz, G., Introducción al Derecho penal español, Tecnos, Madrid, 2004.
-Landrove Díaz, G., Las consecuencias jurídicas del delito, Tecnos, Madrid, 2005.
-Luzón Peña, D.-M., Lecciones de Derecho penal. Parte general, Tirant lo Blanch, Valencia, 2016.
-Manzanares Samaniego, J. L., La reforma del Código penal de 2015, La Ley, Madrid, 2015.
-Mir Puig, S., Derecho penal. Parte general, Reppertor, Barcelona, 2015.
-Morillas Cueva, L., Sistema de Derecho penal. Parte general, Dykinson, Madrid, 2022.
-Morillas Cueva, L., Derecho penal. Parte general. Tomo II, vol. I. Teoría jurídica del delito, Dykinson, Madrid, 2008.
-Muñoz Conde, F. e García Arán, M., Derecho penal. Parte general, Tirant lo Blanch, Valencia, 2022.
-Orts Berenguer, E. e González Cussac, J. L., Compendio de Derecho penal. Parte general, Tirant lo Blanch, Valencia, 2023.
-Quintero Olivares, G. (coa colaboración de Morales Prats, F.), Parte general del Derecho penal, Aranzadi, Cizur Menor, 2015.
-Quintero Olivares, G. (dir.), Comentario a la reforma penal de 2015, Aranzadi, Cizur Menor, 2015.
-Rodríguez Ramos, L., Compendio de Derecho penal. Parte general, Dykinson, Madrid, 2010.
-Romeo Casabona, C.M., Sola Reche, E. e Boldova Pasamar, M.A. (coords.), Derecho penal. Parte general. Introducción. Teoría jurídica del delito, Comares, Granada, 2016.
-Suárez Mira, C. e outros: Manual de Derecho Penal. Tomo I. Parte General, Civitas-Thomson Reuters, 2023.
-Zugaldía Espinar, J. M. e outros, Lecciones de Derecho penal. Parte general, Tirant lo Blanch, Valencia, 2022.
- Distinguir, á hora de enfrontarse a un caso real, os elementos do delito que entran en xogo e os problemas específicos que suscita a participación delituosa, o “iter criminis”, o concurso de delitos e a concorrencia de circunstancias modificadoras da responsabilidade criminal, así como os referidos á teoría das fontes, á interpretación das normas e á eficacia espacial e temporal das leis penais.
- Aplicar correctamente as regras de determinación da pena.
- Empregar monografías, revistas científicas e internet como ferramentas de información que faciliten o esclarecemento das dúbidas relacionadas coa parte xeral do Dereito penal.
GRUPO A
- Clases teóricas, clases prácticas, seminarios, traballos tutelados e lecturas recomendadas.
- Emprego da páxina web de Dereito Penal, Parte Xeral , que a área posúe no Campus virtual da USC, para facilitar o acceso do alumno ás últimas modificacións penais e a outros contidos da disciplina, así como fomentar o uso dos foros de debate sobre cuestións actuais relacionadas coa parte xeral do Dereito Penal.
GRUPOS B e C
- Clases teóricas, clases prácticas, seminarios, traballos tutelados e lecturas recomendadas.
- Emprego da páxina web de Dereito Penal, Parte Xeral , que a área posúe no Campus virtual da USC, para facilitar o acceso do alumno ás últimas modificacións penais e a outros contidos da disciplina, así como fomentar o uso dos foros de debate sobre cuestións actuais relacionadas coa parte xeral do Dereito Penal.
A docencia expositiva e a docencia interactiva terá carácter presencial.
As titorías poderá realizarse, parcialmente, de xeito virtual a través de Microsoft Teams. En todo caso requerirase a concertación dunha cita previa.
GRUPO A
Consistirá nunha proba final escrita, con presencia física, tipo test. Dita proba final escrita versará sobre as materias impartidas durante o curso, na que se ponderarán os coñecementos do alumno sobre o contido das diversas partes das que consta o Programa da disciplina, e representará un 70% da nota final. O restante 30% obterase pola participación nas actividades e a realización de tarefas académicas que se vaian fixando polo profesor.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
A efectos da normativa de permanencia na USC enténdese que a única actividade avaliable é o exame.
O réxime para o alumnado con exención de docencia consistirá na realización dun traballo académico, sobre un tema que será encargado polo profesor, que substituirá as actividades que esixen a presencia física na aula e representará un 30% da nota final.
GRUPOS B e C
A calificación final dos/as estudantes conformarase do seguinte modo:
- Un 90% da calificación corresponderase co resultado dunha proba final (examen oral, tipo tema o tipo test). Nela ponderaranse os coñecementos do alumnado sobre o contido da asignatura, debendo obterse un mínimo de 5 puntos para poderlle sumar a calificación obtida noutras actividade realizadas durante o curso académico.
- O 10% restante obterase mediante a realización das actividades programadas durante as semanas de clases interactivas.
A efectos da normativa de permanencia na USC enténdese que a única actividade evaluable é o exame.
Os/as estudantes con exención de docencia realizarán, en número, exigencia e ritmo, as mesmas actividades prácticas que se levan a cabo nas clases interactivas, coas adaptacións que no seu caso procedan. Estas mesmas actividades serán exigidas respecto das actividades interactivas que non poidan desenrolarse por causas demostradas.
- Horas de docencia expositiva: 60.
- Horas de docencia interactiva: 24.
- Total de horas presenciais: 84.
- Horas non presenciais de estudo individual ou en grupo: 63.
- Horas non presenciais para a resolución de casos prácticos ou outros traballos, lecturas recomendadas, preparación de presentacións orais, debates e similares, así como outras tarefas propostas polo profesor: 45.
- Total de horas non presenciais: 108.
Volume de traballo global mínimo: 192 horas.
GRUPOS A
Recoméndase, para a asimilación da materia, un estudo diario da disciplina, o uso de titorías e o emprego de materiais didácticos complementarios cos que a materia de Dereito penal, parte xeral, conta no Campus virtual da USC.
GRUPOS B e C
Recórdase ao alumnado que no estudo da materia é necesario, dende o primeiro día, tanto o uso da bibliografía recomendada como do Código Penal. É obriga do alumnado contar cos bibliográficos indispensables para a correcta preparación da materia.
Miguel Abel Souto
Coordinador/a- Departamento
- Dereito Público Especial e da Empresa
- Área
- Dereito Penal
- Teléfono
- 881814687
- Correo electrónico
- miguel.abel [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Fernando Antonio Vazquez-Portomeñe Seijas
- Departamento
- Dereito Público Especial e da Empresa
- Área
- Dereito Penal
- Teléfono
- 881814684
- Correo electrónico
- fernando.portomene [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Natalia Perez Rivas
- Departamento
- Dereito Público Especial e da Empresa
- Área
- Dereito Penal
- Teléfono
- 881814694
- Correo electrónico
- natalia.perez.rivas [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Luns | |||
---|---|---|---|
10:30-12:00 | Grupo B - horario de mañá (G-O) | Castelán | Aula 4 |
18:00-19:30 | Grupo A - horario de tarde (A-F) | Castelán | Aula 4 |
Martes | |||
10:30-12:00 | Grupo B - horario de mañá (G-O) | Castelán | Aula 4 |
18:00-19:30 | Grupo A - horario de tarde (A-F) | Castelán | Aula 4 |
Xoves | |||
09:00-10:30 | Grupo C - horario de mañá (P-Z) | Castelán | Salón de Actos |
Venres | |||
09:00-10:30 | Grupo C - horario de mañá (P-Z) | Castelán | Salón de Actos |
03.06.2025 10:00-12:00 | Grupo C - horario de mañá (P-Z) | Aula 5 |
03.06.2025 13:00-15:00 | Grupo B - horario de mañá (G-O) | Aula 5 |
03.06.2025 16:00-18:00 | Grupo A - horario de tarde (A-F) | Aula 5 |
26.06.2025 10:00-12:00 | Grupo C - horario de mañá (P-Z) | Aula 1 |
26.06.2025 13:00-15:00 | Grupo B - horario de mañá (G-O) | Aula 1 |
26.06.2025 16:00-18:00 | Grupo A - horario de tarde (A-F) | Aula 1 |