Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 1.5 Clase Expositiva: 20 Clase Interactiva: 17 Total: 38.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Dereito Público Especial e da Empresa, Filosofía e Antropoloxía
Áreas: Dereito Mercantil, Filosofía Moral
Centro Facultade de Bioloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
-Aplicar coñecementos sobre as bases legais e éticas implicadas no desenvolvemento e aplicación da biotecnoloxía.
- Enumerar os tipos e normativas de patentes biotecnolóxicas.
- Enumerar a normativa sobre bioseguridade.
-Saber como obter información das principais bases de datos legais e de patentes.
Lección 1. Consideracións xerais
Lección 2. As patentes biotecnolóxicas
Lección 3. As obtencións vexetais
Lección 4. Patentes biotecnolóxicas, obtencións vexetais e transferencia de tecnoloxía
Lección 5. Seguridade e biotecnoloxía: os OMXs
Lección 6. Moral, ética e bioética
Lección 7. Aproximación bioética á biotecnoloxía
Lección 8. Risco, seguridade e as túas respostas
Lección 9. Unha cuestión: o eugenesismo
SEMINARIO DE DEREITO 1: Obradoiro de procura de títulos de propiedade industrial (1)
SEMINARIO DE DEREITO 2: Obradoiro de busca de títulos de propiedade industrial (2). Contratos de transferencia de tecnoloxía
SEMINARIO DE DEREITO 3: Presentacións dos alumnos por grupos sobre patentes biotecnolóxicas
SEMINARIO DE DEREITO 4: Exposicións dos alumnos por grupos sobre materias previamente asignadas (1)
SEMINARIO DE DEREITO 5: Exposicións dos alumnos por grupos sobre materias previamente asignadas (2)
SEMINARIO DE ÉTICA 1: Identificando a ética: frases e imaxes para identificar os lindes.
SEMINARIO DE ÉTICA 2: Dilemas éticos, bioéticos e biotecnolóxicos.
SEMINARIO DE ÉTICA 3: Presentación de informes bioéticos: debates e concepcións.
SEMINARIO DE ÉTICA 4: Exposicións alumnado por grupos sobre casos
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Boladeras, M.: ¿Puede la bioética poner límites a la ciencia?, Tecnos, Barcelona, 2022
Guillem Carrau, J.: Manual de bioderecho para no juristas, Tirant lo Blanch, 2013.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Aristóteles: Ética a Nicómaco. Madrid, ed. Centro de Estudios Constitucionales, 1985.
Camps, V.: “La ética aplicada” en Breve Historia de la Ética, RBA, Barcelona, 2013, págs. 392-407.
García Vidal, Á. (Dir.): Derecho de las obtenciones vegetales, Tirant lo Blanch, Valencia, 2017.
Gómez Segade, J. A.: El Tribunal de Justicia precisa el ámbito de protección de las patentes biotecnológicas: apunte para el caso "Monsanto c. Cefetra", Actas de derecho industrial y derecho de autor, Tomo 30, 2009-2010, págs. 507-522.
Hottois, G. & Missa, J.N. (dirs.): Nova enciclopedia de bioética. Universidade de Santiago de Compostela, Santiago de Compostela, 2005
Kant, I.: Fundamentación de la metafísica de las costumbres. Barcelona, Ariel, 1996.
Mill, J.S.; El utilitarismo. Madrid, Alianza, 2012.
Nussbaum, M.: “Genética y justicia: tratar la enfermedad, respetar la diferencia”, in Isegoría, 27 (2002), 5-17. https://doi.org/10.3989/isegoria.2002.i27.551
Rifkin, J: El siglo de la biotecnología: el comercio genético y el nacimiento de un mundo feliz, Marcombo, Barcelona, 1999.
Soto, L. G.: “Una idea de moral”, in Ágora. Papeles de filosofía 20/1 (2001). Universidade de Santiago de Compostela, Santiago de Compostela, págs. 221-229.
Con07
H/D01
H/D02
H/D03
H/D05
H/D06
Comp08
Clases expositivas: os profesores desenvolverán a explicación teórica das distintas leccións do programa
Clases interactivas-Seminarios: Traballaranse diferentes aspectos dos contidos do programa. Para iso, os profesores plantearán, antes da clase, casos prácticos ou problemas específicos que deben ser analizados polo alumnado e debatidos na clase, onde o/a docente resolverá as distintas preguntas formuladas e desenvolverá a materia.
A asistencia a clases interactivas non é obrigatoria para aprobar o curso, tal como se deriva do sistema de avaliación
SISTEMA DE AVALIACIÓN PARA AS DÚAS OPORTUNIDADES
1.- A asistencia e participación activa en clases e seminarios interactivos permitirá obter o 40% da nota final. O 60% restante da nota final virá determinado pola nota obtida nun único exame final escrito. Como complemento á nota final, tamén se pode ter en conta a asistencia e participación asiduas nas clases expositivas.
2. Coa asistencia as clases interactivas e seminarios pódese obter un máximo de 1 punto, se se asiste a todas as clases interactivas. Os 3 puntos restantes pódense obter presentando os traballos que se propoñan, realizando as presentacións e participando nos debates que terán lugar nas clases e seminarios interactivos. Avalíanse Con07: H/D01: H/D02: H/D03: H/D05: H/D06: Comp08
3.- O exame final escrito consistirá nunha única proba de opción múltiple. A proba terá 30 preguntas (con catro alternativas, resposta única) e disporase dun tempo de 60 minutos para a súa realización. Cada pregunta ben respondida terá unha puntuación de 0,20 puntos. Cada pregunta contestada incorrectamente restará 0,08 puntos. As preguntas en branco non suman nin restan puntuacións. A puntuación máxima con todas as respostas correctas será de 6 puntos. No exame final escrito avaliarase a comprensión e coñecemento das materias do programa explicadas polos profesores. Avalíanse Con07: H/D01: H/D02: H/D03: H/D05: H/D06: Comp08
4.- Para superar a materia é imprescindible obter, como mínimo, unha puntuación de 2,5 puntos no test. Aqueles alumnos que acaden unha nota inferior a 2.5 recibirán esa cualificación como nota final, e xa non se sumará a puntuación das clases interactivas.
5.- Para facer o test non se poderá empregar o programa nen a guía docente ou calquera outro material.
6.- A asistencia e participación nas clases interactivas terá unha avaliación do 40% sobre a nota final, polo que a nota máxima que se obterá con elas será de 4 sobre 10. Só se terá en conta a avaliación das clases interactivas cando no exame se acade polo menos unha puntuación de 2,5 puntos.
De acordo coa normativa da USC, a nota dunha convocatoria na que o alumno non se presente ou non supere os obxectivos establecidos será "suspenso", a non ser que o alumno non realice ningunha actividade académica avaliable de acordo co o disposto na programación ou Guía docente, caso no que figurará como "non presentado" (art. 5.2 da normativa de permanencia aprobada polo Consello Social da Universidade). Dado que a asistencia e participación nas clases interactivas desta materia é avaliable, isto implica que o alumno que asista ás clases interactivas non poderá aparecer como non presentado (aínda que só asista a unha soa clase)
7.- Para aprobar a materia será necesario acadar polo menos unha nota de 5 puntos (entre o exame e, no seu caso, a avaliación das clases interactivas)
8.-Nos casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas aplicarase o disposto no “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións".
SISTEMA DE AVALIACIÓN PARA ESTUDIANTES REPETIDORES
A avaliación dos estudantes que repiten a asignatura someterase ás mesmas normas que para o caso do alumnado en réxime xeral.
RÉXIME ESPECIAL PARA ALUMNOS CON EXENCIÓN DA DOCENCIA
Os estudantes que teñan recoñecida oficialmente pola USC a exención da docencia nesta materia deberán presentarse ao exame de opción múltiple nas mesmas condicións que o resto de estudantes.
Os 4 puntos que poden acadar outros estudantes coa asistencia e participación en clases interactivas, estes estudantes poderán acadalos respondendo a dúas preguntas de desenvolvemento sobre cuestións do programa.
1) A realización desta segunda parte é voluntaria. En caso de non presentación, a nota máxima que pode obter é de 6 puntos (que son os que se poden obter na proba final tipo test).
2) As preguntas de desenvolvemento só se corrixirán se se alcanza unha puntuación mínima de 2,5 puntos no test. En caso contrario, a nota final será a nota do test.
4) Non se poderá utilizar ningunha lexislación, nin xurisprudencia, nin ningún outro material para resolver esta parte do exame.
5) Haberá 45 minutos para a súa realización.
6) Esta parte do exame celebrarase o mesmo día e despois do exame da materia, fixado pola Xunta de Facultade.
7) Dado o carácter excepcional da exención de docencia e que non é obrigatorio realizar este exame práctico, os estudantes deberán avisar aos profesores por correo electrónico se teñen a intención de facer estas preguntas de desenvolvemento, con cinco días naturais de antelación á data oficial do exame.
En caso de realización fraudulenta de exercicios ou probas, aplicarase o establecido no “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións".
O tempo de estudo e o traballo persoal que un estudante debe dedicar para aprobar a materia depende, loxicamente, das capacidades intelectuais peculiares de cada estudante. Non obstante, calcúlase como media que será necesario adicar 112,5 horas entre presenciais (40,5) e non presenciais
É esencial para un seguimento correcto e rendible da materia, asistir a todas as clases.
Usarase a aula virtual da USC
Angel Garcia Vidal
Coordinador/a- Departamento
- Dereito Público Especial e da Empresa
- Área
- Dereito Mercantil
- Teléfono
- 881814711
- Correo electrónico
- angel.garcia.vidal [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Yolanda Martinez Suarez
- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Filosofía Moral
- Teléfono
- Ext 12527
- Correo electrónico
- yolanda.martinez.suarez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Mércores | |||
---|---|---|---|
09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán, Galego | Aula 09. Barbara McClintock |
02.06.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 04: James Watson e Francis Crick |
11.07.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 07. Konrad Lorenz |