Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 11.5 Clase Interactiva: 4.5 Total: 16
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Traballo Fin de Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Economía Aplicada
Áreas: Economía Aplicada
Centro Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Convocatoria: Traballos Fin de Grao e Máster
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Ao finalizar esta materia, o alumnado deberá adquirir as competencias de elaboración e defensa dun traballo orixinal no que demostre os coñecementos e destrezas adquiridas na titulación e aplíqueos á temática abordada.
Así, debe demostrar a capacidade de analizar, interpretar e integrar información, así como a capacidade de comunicar argumentos e conclusións, tanto verbalmente como por escrito utilizando as formalidades da redacción académica.
O Traballo Fin de Máster (TFM) consiste na elaboración dun traballo orixinal de carácter individual no que se demostren os coñecementos e destrezas adquiridos nas materias que conforman o plan de estudos, baixo a supervisión dun/a titor/a académico/a.
O traballo debe integrar e desenvolver os contidos formativos recibidos, e as capacidades, competencias e habilidades adquiridas durante os estudos de Máster. No caso de TFM de orientación investigadora deberá demostrar a súa capacidade investigadora a través dos contidos do traballo.
Os traballos deben estar orientados á aplicación das competencias específicas da titulación, a capacitar para a procura, xestión, organización e interpretación de datos relevantes da súa área de estudo, para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica, tecnolóxica ou ética, e que facilite o desenvolvemento dun pensamento e xuízo crítico, lóxico e creativo. Deberán contar con unha metodoloxía e unha carga teórica propia dun traballo de investigación.
Os temas propostos e instrucións sobre estrutura, formato e presentación pública detallaranse cada curso académico.
O documento presentado mostrará o traballo desenvolvido polo/la alumno/a.
Os temas propostos e instrucións sobre estrutura, formato e presentación pública detallaranse cada curso académico pola Comisión Académica do Máster. A lista de temas propostos non ten carácter restritivo, podendo propoñer o alumnado temas do seu interese relacionados cos contidos da titulación, sempre que conten co visto e prace dun profesor/a da titulación.
Como a bibliografía depende do tema específico do traballo, o/a titor/a recomendaralle as lecturas oportunas.
Coñecer e comprender críticamente as diferentes teorías económicas da innovación e do desenvolvemento sustentable, o carácter multidimensional e global dos procesos de cambio económico e as súas crises, así como dos motores dos devanditos procesos.
Localizar, seleccionar e analizar información e fontes estatísticas, documentais e bibliográficas de utilidade, interese e aplicación no estudo do desenvolvemento económico, da innovación e a sustentabilidade.
Coñecer e aplicar as técnicas de investigación cuantitativa e cualitativa en economía e das ferramentas de diagnóstico para poder elaborar estudos e informes de carácter científico, técnico e de consultoría no ámbito da sustentabilidade, a economía ecolóxica, a economía circular e a innovación.
Coñecer os diferentes instrumentos para deseñar, analizar, avaliar e xestionar plans estratéxicos e programas para promover a I+D, a innovación, a sustentabilidade e a economía circular nos diferentes niveis de goberno (europeo, estatal, rexional e local).
Formular, integrar e sintetizar ideas novas e complexas en procesos colaborativos e participativos para a elaboración de plans estratéxicos.
Concibir, deseñar, pór en práctica e xestionar programas e accións de I+D, economía circular, innovación ou desenvolvemento sectorial nos ámbitos propios de especialización (rexional, local, sectorial, empresarial).
Comunicar cos colegas, coa comunidade académica, coa profesional, coa Administración Pública e coa sociedade en xeral acerca das diversas áreas de coñecemento no campo da sustentabilidade, a economía circular e a innovación.
Avaliar, planificar, orzar e xestionar proxectos de I+D e de innovación tanto en organismos públicos como nas empresas.
Concibir, deseñar e implementar Modelos de Negocio Circulares, Plans de Empresa Circulares e iniciativas sociais circulares para unha transición ecolóxica xusta.
Esta materia supón un traballo autónomo por parte do/a alumno/a, que debe orientar e planificar o seu traballo tutelado por un/a titor/a, que será o/a profesor/a co perfil máis axeitado para poder asesorar e facer o seguimento axeitado do traballo.
Dado o carácter aplicado desta materia e a necesaria tarefa de titorización do/a profesor/a, as sesións presenciais serán en titorías individuais. Se un/ha mesmo/a titor/a dirixe varios traballos pode organizarse algunha sesión de traballo en grupo reducido.
O traballo realizado debe defenderse ante un tribunal, nas datas establecidas anualmente ao efecto.
A asignación de temas e titores do TFM realizarase seguindo o procedemento descrito no Regulamento de Traballos Fin de Máster en Desenvolvemento Económico e Innovación, nos prazos establecidos en cada curso académico. En calquera caso, antes do inicio do segundo cuadrimestre, publicarase a convocatoria co listado de temas proposto polo profesorado, para que o novo alumnado indique os temas o/a titor/a seleccionados por orde de preferencia. A asignación de temas realízase tendo en conta as preferencias expresadas polo/la alumno/a, a afinidade temática e a distribución entre o profesorado da titulación. De ser necesario, teranse en conta criterios académicos.
No caso dos/as estudantes repetidores, considérase que manteñen o/a titor/a asignado, agás que o alumno/a e/ou o titor/a soliciten un cambio.
Dada a natureza da materia, as actividades presenciais e titorías son individuais ou en grupo moi reducido.
Para as titorías telemáticas utilizaranse a plataforma MS Teams, os foros do Campus Virtual e o correo electrónico.
O TFM debe defenderse publicamente na data establecida e será avaliado por un tribunal formado por tres profesores/as da titulación, segundo o establecido no Regulamento de Traballos Fin de Máster.
O traballo realizado avaliarase segundo os criterios de orixinalidade, rigor e calidade, utilización de fontes bibliográficas e estatísticas actualizadas, a achega propia, a claridade expositiva e a capacidade de resposta ás preguntas realizadas polo tribunal designado pola Comisión Académica. Os aspectos formais, así como a asistencia a titorías ou reunións para realizar un mellor seguimento do traballo e os seus avances tamén se terán en conta.
Seguindo o procedemento establecido no Regulamento de Traballos Fin de Máster en Desenvolvemento Económico e Innovación, cada membro do tribunal avaliará de 0 a 10, os seguintes aspectos:
a) Calidade do proxecto: orixinalidade, interese da temática, formulación e claridade dos obxectivos, capacidade para delimitar ben o ámbito de estudo, cumprimento dos obxectivos propostos, estrutura, adecuación da metodoloxía, manexo de bibliografía e de información empírica, desenvolvemento das tarefas formuladas, contribucións, resultados e conclusións;
b) Presentación escrita: presentación formal (expresión escrita, redacción, ortografía,...) e formalidade da redacción académica (citas, referencias bibliográficas, fontes de datos, táboas e gráficos, …);
c) Defensa pública: concisión, claridade expositiva e capacidade de resposta ás preguntas e comentarios formulados polo Tribunal.
A cualificación final outorgada por cada membro do tribunal ao TFM obterase de acordo coa seguinte ponderación:
a) Calidade do TFM (C): 65%
b) Presentación escrita do TFM (PE): 15%
c) Defensa Pública (DP): 20%
Cualificación Final: 0,65*C+0,15*PE+0,20*DP (indicada cunha cifra decimal)
A cualificación final do TFM obterase como media aritmética das cualificacións outorgadas polos membros do tribunal.
O tribunal poderá ter en conta, no momento de cualificar o traballo, o informe que debe emitir o titor/ra do TFM no modelo establecido.
A Comisión do Máster aprobará os períodos de depósito e avaliación do TFM, que se comunicarán ao alumnado con suficiente antelación.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
6 créditos ECTS, correspondente principalmente ao traballo autónomo do/a alumno/a, ademais das horas correspondentes ás titorías.
De acordo coa normativa da USC, o Traballo Fin de Máster só poderá ser defendido e avaliado unha vez que o/a alumno/a supere todos os créditos necesarios para a obtención do título de Máster, agás os correspondentes a esta materia.