Créditos ECTS Créditos ECTS: 5
Horas ECTS Criterios/Memorias Clase Expositiva: 25 Total: 25
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Dereito Público e Teoría do Estado
Áreas: Dereito Administrativo
Centro Facultade de Dereito
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
- Coñecer os contratos máis importantes que poden empregarse na actividade dunha empresa, pero tendo en conta a dobre vertente curso, por unha banda a vertente transnacional (dereito portugués e español) e doutra banda a relacionada coa dixitalización das empresas e a economía dixital.
- O alumnado adquirirá, sobre a base da súa formación de grao/licenciatura, unha formación especializada en contratos que mellorará as súas competencias para poder prestar os seus servizos nas relacións entre particulares e entre empresas no ámbito transnacional luso-español e internacional, xa sexa en despachos, empresas ou institucións internacionais.
- E ademais entre as competencias adquiridas inclúense os contratos e tecnoloxías vinculadas ao emerxente Legal tech ou Law tech, algo imprescindible para os avogados en tanto non só as empresas senón tamén os cidadáns e as administracións públicas emprenderon un proceso de dixitalización e automatización que nos sitúa ante grandes retos económicos e sociais, entre os que se prevén competencias e habilidades que aínda non se imparten nos graos tradicionais. O rápido crecemento de ferramentas dixitais para o exercicio da avogacía (como ROSS Intelligence, E-discovery, KIRA Systems, eBrevia, LawGeex, etc.) e a dixitalización das empresas e as administracións fan imprescindible que se ofreza unha sólida formación complementaria.
- Contratos mercantís no Dereito español. Contratación electrónica e comercio electrónico. A problemática da contratación e da prestación de servizos baseados en sistemas automatizados ou de intelixencia artificial.
- Contratos civís.
- Contratación laboral no dereito español. Contratación laboral transnacional. Convenios internacionais. Os dereitos dixitais dos traballadores. Xestión de recursos humanos baseada en sistemas intelixentes ou automatizados.
- Contratación pública no Dereito español. Contratación pública electrónica.
- Legal Tech. Intelixencia artificial e Aprendizaxe Automática, Smart contracts. Blockchain. E-discovery.
- Conceptos tecnolóxicos esenciais da Intelixencia artificial, o Big data, o Internet das Cousas, o Blockchain e os Smart Contracts.
- AA.VV.: Estudios de derecho de contratos, Antonio Manuel Morales Moreno (dir.), Emilio Blanco Martínez (coord.), Agencia Estatal Boletín Oficial del Estado, 2022.
- AA.VV.: Manual de derecho civil, Vol. 2, Obligaciones y contratos, Teoría general, y Vol 3, Obligaciones y contratos. Contratos civiles, Ignacio Gallego Domínguez (coord.), Eugenio Llamas Pombo (dir.), Wolters Kluwer, 2021.
- AA.VV.: Manual de derecho civil: Contratos, Rodrigo Bercovitz Rodríguez-Cano (coord.), 6ª edición, Bercal, 2021.
- AA.VV.: Nueva Ley de Contratos del Sector Público, Francis Lefebvre, 2018.
- Fayos Gardó, Antonio: Derecho Civil: Manual de Derecho de Obligaciones y Contratos, Dykinson, 2023.
- Gimeno Feliu, José María: La Ley de contratos de sector público 9/2017: sus principales novedades, los problemas interpretativos y las posibles soluciones, Thomson Reuters-Aranzadi, Cizur Menor, 2019.
- Lasarte Álvarez Carlos, et al.: Principios de derecho civil. T. 3, Contratos, 24ª edición, Marcial Pons, 2023.
- Lete del Río, José Manuel, Lete Achirica, Javier: Derecho de obligaciones, Volumen I: Teoría general de la relación obligatoria, teoría general del contrato, derecho de daños, 2ª edicion, Thomson Reuters-Aranzadi, 2022.
BÁSICAS E XERAIS:
CG2 - Adquirir a capacidade de desenvolver, comprender, analizar, sintetizar, expoñer e argumentar información ou documentos xurídicos complexos.
CG3 - Adquirir a capacidade de manexar coñecementos, ferramentas e recursos de alto nivel para resolver problemas relacionados co Dereito transnacional da empresa (España e Portugal) e o Dereito das tecnoloxías dixitais que afecte as empresas, desde a perspectiva do Dereito Portugués, Español, Europeo e Internacional.
CG4 - Adquirir a capacidade de dirixir ou traballar eficaz e eficientemente en equipos interdisciplinares, con enfoques complexos e inclusive multidisciplinares, como experto no Dereito transnacional da empresa (España e Portugal) e do Dereito das tecnoloxías dixitais.
CG5 - Adquirir a capacidade de asistir, asesorar ou dirixir estratexias orientadas a resolver problemas xurídicos no exercicio profesional autónomo, en despachos, empresas ou administracións.
TRANSVERSAIS:
CT3 - Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía respectuosa coa cultura democrática, os dereitos humanos e a perspectiva de xénero.
ESPECÍFICAS:
CE.4 - Capacidade de comprender e identificar as relacións contractuais en e coa empresa no Dereito nacional español e no Dereito comunitario, e o impacto que teñen a intelixencia artificial e demais tecnoloxías dixitais sobre as devanditas relacións contractuais.
- Clases teóricas e teórico-prácticas dedicadas á apreciación/discusión dun tema. Desenvólvese unha exposición directa por parte do profesor ou dos conferenciantes externos que impartan un seminario.
- Desenvolveranse estudos de casos, resolución de problemas e debates sobre temas ou problemas relacionados coas materias.
- Exposicións de traballos de investigación de cuestións relacionadas cos contidos teóricos e prácticos da materia. Pódense desenvolver individualmente ou en grupo.
- Titorías consistentes en entrevistas de carácter formativo coa finalidade de guiar, orientar e asesorar ao alumno no desenvolvemento da súa actividade formativa, coa finalidade de asegurar a aprendizaxe e a adquisición de competencias.
- Probas de evaluacion de coñecementos competencias: ata o 80% da cualificación final.
- Traballo escrito individual: 60% da cualificación final.
- Valoración de participación en clase e aproveitamento das clases prácticas: 20% da cualificación final.
- Valoración da presentación oral do traballo escrito individual: 20% da cualificación final.
A proba de avaliación de coñecementos e competencias só se desenvolverá no caso de que o alumno non aprobase a materia en base ao Traballo escrito individual, á Valoración de participación en clase e aproveitamento das clases prácticas e á Valoración da presentación oral do traballo escrito individual.
Para os efectos do previsto no artigo 5.2 da Normativa sobre permanencia nas titulacións de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela, nesta materia só se considera actividade académica avaliable o exame final, polo que ós alumnos que non concorran a ningunha das dúas oportunidades oficiais do mesmo se lles fará constar na acta a mención de "Non presentado".
Os alumnos que teñan concedida exención de docencia poderán suplir a falta de asistencia e participación nas clases interactivas coa elaboración e presentación dunha memoria de prácticas de acordo coas instruccións que lles imparta o profesor nas correspondentes titorías.
Actividade en liña asíncrona:
- Análise dos materiais docentes facilitados polo profesor.
- Discusión asíncrona co grupo de compañeiros (chat a través da plataforma) ou asíncrona (a través do foro) sobre lecturas, materiais, vídeos, software e aplicacións utilizadas.
- Talleres e seminarios: Organizados ad hoc, entrevistas a expertos ou asíncronos (Visualización e audición das sesións gravadas ou de vídeos seleccionados polo profesor que incentiven as competencias da materia).
Total: 20 horas.
Traballo persoal do alumno e outras actividades: 85 horas.
- Asistir a clase regularmente.
- Participar activamente nas clases de natureza práctica.
- Recorrer ás titorías para calquera dúbida sobre a materia.
- Estudar con tempo e regularmente.
- Estudar tendo presentes as bases normativas sobre as as cales se desenvolven os contidos teóricos.
- Seguir as orientacións bibliográficas facilitadas polo profesor.
- Completar o ensino cos recursos da biblioteca.
Luis Miguez Macho
Coordinador/a- Departamento
- Dereito Público e Teoría do Estado
- Área
- Dereito Administrativo
- Teléfono
- 881814755
- Correo electrónico
- luis.miguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade