Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 136 Horas de Titorías: 14 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Traballo Fin de Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Fundamentos da Análise Económica, Economía Financeira e Contabilidade, Organización de Empresas e Comercialización, Economía Cuantitativa, Ciencia Política e Socioloxía, Dereito Público Especial e da Empresa, Economía Aplicada
Áreas: Fundamentos de Análise Económica, Economía Financeira e Contabilidade, Comercialización e Investigación de Mercados, Organización de Empresas, Economía Cuantitativa (propia da USC), Socioloxía, Dereito Financeiro e Tributario, Dereito Mercantil, Economía Aplicada, Historia e Institucións Económicas
Centro Facultade de Administración e Dirección de Empresas
Convocatoria: Traballos Fin de Grao e Máster
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
O/a estudante deberá realizar e presentar un traballo no que demostre as competencias adquiridas ao longo dos seus estudos.
O contido específico definirase para cada traballo individual, de acordo coa oferta de traballos/directores que cada curso realizará a Facultade.
COMPETENCIAS BÁSICAS E XERAIS
CB1 - Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
CB5 - Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
CG1 - Posuír e comprender os coñecementos que definen á Administración e Dirección de Empresas como disciplina científica, incluíndo as súas teorías, historia, métodos, técnicas e áreas de aplicación, a un nivel que se apoia nas publicacións máis avanzadas e inclúe algúns dos aspectos máis relevantes que están na vangarda do coñecemento neste campo
CG2 - Saber elaborar e defender argumentos sobre cuestións económicas a un nivel xeral, así como resolver problemas sobre estas cuestións, facendo uso dos seus coñecementos sobre a realidade empresarial, as teorías, os modelos e os métodos científicos propios
CG3 - Saber identificar, reunir e interpretar datos relevantes sobre cuestións relacionadas co ámbito empresarial, incorporando na elaboración de xuízos e propostas as consideracións pertinentes sobre a súa dimensión social, científica ou ética.
CG4 - Saber comunicar información, ideas, problemas e propostas de solución a cuestións de índole empresarial tanto a un público especializado como non especializado, facendo uso tanto da linguaxe verbal e escrita como dos medios e técnicas de representación de relacións e presentación de datos que se empregan na disciplina
CG5 - Posuír os coñecementos xerais e as habilidades de aprendizaxe necesarias para continuar estudando e para emprender estudos especializados nos diversos ámbitos da empresa e noutras áreas relacionadas, cun alto grao de autonomía.
CG6 - Abordar a súa actividade profesional desde o respecto e promoción dos dereitos fundamentais das persoas, a igualdade entre as persoas, os principios de accesibilidade universal e deseño para todos e os valores democráticos e dunha cultura de paz
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS
CT1 - -Análises e sínteses
CT2 - -Organización e planificación
CT3 - -Comunicación oral e escrita
CT4 - -Xestión da información.
CT5 - -Coñecementos de tecnoloxía da información relativos ao ámbito de estudo.
CT6 - -Resolución de problemas.
CT7 - -Toma de decisións.
CT8 - -Razoamento crítico
CT9 - -Autonomía na aprendizaxe
CT10 - -Traballo en equipo
CT11 - -Traballo en equipo de carácter interdisciplinar
CT12 - -Habilidades nas relacións interpersoais
CT13 - -Sentido ético
CT14 - -Adaptación á contorna e ao cambio
CT15 - -Coñecemento doutras culturas e costumes, e traballo nun contexto internacional
CT16 - -Sensibilidade cara a problemas sociais e medioambientais
CT17 - -Negociación e tratamento de conflitos
CT18 - -Iniciativa e espírito emprendedor
CT19 - -Creatividade e capacidade innovadora
CT20 - -Xestión por obxectivos
CT21 - -Xestión de proxectos
CT22 - -Desenvolvemento da calidade
CT23 - -Estimulación intelectual
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS:
A1 - A escaseza e a asignación de recursos, o sistema de prezos, teoría do consumo e da produción, equilibrio competitivo, mercados non competitivos, eficiencia económica e teoría do benestar
A2 - O modelo de determinación da renda nunha economía aberta, diñeiro, inflación, paro, crecemento e instrumentos de política económica
A3 - A realidade económica nacional e internacional, sectores produtivos, sector público, institucións económicas e a súa evolución
A4 - Os fundamentos teóricos da toma de decisións
A5 - Teoría básica da empresa. Organización e áreas funcionais
A6 - Elementos básicos de Contabilidade
A7 - A contorna histórica, social e institucional da empresa
A8 - O ordenamento xurídico que xira ao redor da realidade da empresa e do mercado
B1 - Teoría da organización. Dirección estratéxica
B2 - Diagnóstico da situación e os resultados da empresa, dos fluxos de fondos habidos nun período e da determinación dos custos
B3 - Decisións de política e estratexia comercial: mercadotecnia mix, políticas de prezos, distribución, promoción e política de produto
B4 - Selección de proxectos de investimento, modelos de carteira, estrutura de financiamento en canto a medios e políticas, custo do capital e combinación risco-rendibilidade
B5 - Decisións tácticas e estratéxicas relacionadas coa área de produción
B6 - Capacidade para xestionar recursos humanos
B7 - Sistemas de apoio á dirección e as funcións dos mesmos: planificación, análise, deseño e implantación dos sistemas de información
C1 - Elementos básicos de álxebra lineal, cálculo diferencial e integral, optimización matemática e matemáticas das operacións financeiras
C2 - Elementos básicos de estatística descritiva, probabilidade e inferencia estatística
C3 - Elementos básicos de matemáticas das operacións financeiras
C4 - Elementos básicos de modelos econométricos e predición
D1 - Xestionar e administrar unha empresa ou organización, entendendo a súa localización competitiva e institucional e identificando as súas
fortalezas e debilidades
D2 - Integrarse en calquera área funcional dunha empresa ou organización e desempeñar con soltura calquera labor de xestión nela encomendada
D3 - Valorar a partir dos rexistros relevantes de información a situación e previsible evolución dunha empresa
D4 - Emitir informes de asesoramento sobre situacións concretas de empresas e mercados
D5 - Redactar proxectos de xestión global ou de áreas funcionais da empresa
D6 - Identificar as fontes de información económica relevante e o seu contido
D7 - Entender as institucións económicas como resultado e aplicación de representacións teóricas ou formais acerca de como funciona a economía
D8 - Derivar dos datos información relevante imposible de recoñecer por non profesionais
D9 - Usar habitualmente a tecnoloxía da información e as comunicacións en todo o seu desempeño profesional
D10 - Aplicar á análise dos problemas criterios profesionais baseados no manexo de instrumentos técnicos
D11 - Comunicarse con fluidez na súa contorna e traballar en equipo
O/a estudante deberá realizar e presentar un traballo no que demostre as competencias adquiridas ao longo dos seus estudos. Incluirá, como mínimo, tarefas de procura e revisión bibliográfica, lectura e integración de información, elaboración de esquemas, redacción e presentación. Dependendo da temática que se aborde poderá incluír, ademais, unha parte empírica sinxela ou unha análise de casos.
Durante o seu desenvolvemento programaranse sesións de traballo co director, que establecerá a programación das tarefas a realizar e orientará o traballo. Finalmente, o estudante deberá presentar un resumo oral do traballo.
A avaliación basearase no traballo, que ademais de entregarse por escrito deberá presentarse oralmente. Valoraranse os contidos (corrección e pertinencia da información), nivel de integración de coñecementos adquiridos en diferentes materias e actividades formativas do Grao, achegas persoais, capacidade de análise crítica da información, estrutura, normas de estilo, corrección lingüística e expresiva (oral e escrita) e claridade da presentación.
Así mesmo, terase en conta para a avaliación a realización sistemática do traballo e o compromiso durante a realización do mesmo: seguimento das orientacións do director, cumprimento da programación de tarefas no desenvolvemento do traballo e a súa iniciativa.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”
O tempo estimado para a realización do traballo é de 150 horas.
No seguinte enlace pode consultar toda a información relativa ao TFG:
https://nubeusc.sharepoint.com/sites/centro-administracion-direccion-em…