Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Dereito Público Especial e da Empresa
Áreas: Dereito Mercantil
Centro Facultade de Administración e Dirección de Empresas
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Con esta materia preténdese proporcionarlle ao alumno de Administración e Dirección de Empresas un conxunto de coñecementos xurídicos que lle sirvan de apoio para a comprensión da realidade complexa que constitúe a Empresa. Tamén se persegue familiarizalos coas variadas figuras xurídicas que habitualmente atoparán no desenvolvemento da súa actividade profesional, en atención a que a dimensión económica da Empresa non pode concibirse de forma separada da súa dimensión xurídica.
Estudo, desde unha perspectiva xeral, das institucións do Dereito Mercantil necesarias para o coñecemento do funcionamento do mercado e da empresa. Nesta materia abórdase, tras unha necesaria introdución, o estudo dos operadores no mercado, tanto empresarios individuais coma sociedades e outras formas de empresa, as súas abrigas como axentes presentes no tráfico mercantil, os seus mecanismos de actuación no mercado e os procedementos aplicables ás crises empresariais.
INTRODUCIÓN
Lección 1.
1.-Concepto, carácteres e finalidades do Dereito 2.-O Dereito e a súa clasificación. 3.- Norma xurídica e outros conceptos básicos. 4.- Personalidade e capacidade 5.-Persoa física e persoa xurídica.6.-Feito, acto e negocio xurídico. 7.- O contrato.
EMPRESARIO INDIVIDUAL E EMPRESARIO SOCIAL
Lección 2. O empresario individual
1.-O Dereito Mercantil: concepto, carácteres e fontes.2.-O estatuto do empresario.3.-O Rexistro Mercantil.4.-A contabilidade do empresario.
Lección 3. A sociedade mercantil.
1.-Determinación do concepto de sociedade mercantil. 2.-A personalidade xurídica da sociedade mercantil. A sociedade irregular.3.-Tipos de sociedades mercantís. 4.-As sociedades colectivas e comanditarias.
Lección 4. As sociedades de capital: A sociedade anónima I
1.-Concepto e características.-2.-Réxime xurídico das accións.-3.- Órganos sociais.-4.-Modificación de estatutos: aumento e redución do capital.
Lección 5. As sociedades de capital: A sociedade anónima II.
1.-Disolución e liquidación.2.-Emisión de obrigas-3.-A sociedade anónima cotizada.-4.-A Sociedade Anónima Europea
Lección 6. As sociedades de capital: A sociedade de responsabilidade limitada I
1.-Concepto e características.-2.-Constitución.-3.-As participacións. 4.- Órganos sociais.
Lección 7. As sociedades de capital: A sociedade de responsabilidade limitada II.
1.-Modificación de estatutos. 2.-Disolución e liquidación.3.-A Sociedade unipersoal. 4.-A Sociedade Nova Empresa.
Lección 8. Modificacións estruturais das sociedades e outras formas sociais
1.-Modificacións estruturais das sociedades. 2.-A sociedade cooperativa galega. 3.-Outras formas sociais.
RÉXIME XURÍDICO DA ACTIVIDADE EMPRESARIAL
Lección 9. Dereito da competencia e Competencia desleal.
1.-Lei de defensa da Competencia (prácticas prohibidas, control de concentracións económicas, órganos). 2.-Lei de Competencia desleal (a cláusula xeral prohibitiva, actos concretos de deslealdade, accións derivadas da competencia desleal). 3 A Lei Xeral de Publicidade.
Lección 10. Dereito da Propiedade Industrial
1.-Patentes de invención. 2.-Os modelos de utilidade. 4.- O deseño industrial. 4.-A marca.
Lección 11. Sociedade da Información e empresa.
1.-A Lei de Servizos da Sociedade da Información.-2.-Páxinas web e empresa.-3.-Nomes de dominio e empresa. 4.-A Lei Orgánica de Protección de Datos.
A CONTRATACIÓN MERCANTIL
Lección 12. A contratación mercantil.
1.-Especialidades das obrigas mercantís.-2.-Os contratos mercantís.3.-A defensa do consumidor: a LGDC y U 4.-A contratación mercantil internacional.
Lección 13. Os contratos mercantís I
1.A compravenda mercantil e contratos afíns.2.-Transporte. 3.-Depósito. 4.-Seguro.
Lección 14. Os contratos mercantís II.
1.- Contratos de colaboración (comisión, axencia, concesión, franquicia...) 2.Contratos do mercado de crédito (leasing, factoring, contratos bancarios...). 3. O mercado de valores.
Lección 15. Contratación electrónica.
1.-Concepto e tipos de contratación electrónica. 2.-Réxime xurídico da contratación electrónica. 3.- Contratos informáticos. 4.-A firma electrónica.
MEDIOS DE PAGO
Lección 16. Medios de pago
1.-Títulos-valores: letra de cambio, cheque e obriga de pagamento. 2.-Os medios de pago no moderno tráfico mercantil.-3.-As tarxetas e os seus tipos. 4. O diñeiro electrónico.
Lección 17. Concurso de acredores
1.-A declaración do concurso. 2.-Efectos da declaración do concurso. 3.-Cualificación do concurso. 4.-Terminación do concurso.
Básica
Bote Garcia M T , DERECHO MERCANTIL .CEF Ediciones (12ª edición )
Valpuesta Gastaminza y otros (Cuesta Rute,JM, Dir),Derecho Mercantil para Grados no jurídicos, Huygens,2014.
Jiménez Sánchez, G. (Coordinador), Lecciones de Derecho Mercantil, Tecnos, última edición.
Vidal Portabales, JI., Sociedad de la Información y Empresa, Ed. Comares, 2010.
Código de Comercio e Lexislación Mercantil.
Complementaria
Sánchez Calero, F., Instituciones de Derecho Mercantil, Vol 1, y 2 Mc Graw Hill, última edición.
Sánchez Calero, Principios de Derecho Mercantil, Mc Graw Hill. última edición.
Uría, R., Derecho Mercantil, Marcial Pons, última edición
COMPETENCIAS BÁSICAS E XERAIS
CB1. Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nun área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e que se adoita atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algún aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu eido de estudo.
CB2. Que os estudantes saiban aplicar coñecementos ao seu labor ou vocación dun xeito profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3. Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes dentro do campo do Dereito mercantil para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4. Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado coma non especializado.
CB5. Que os estudantes desenvolvan aquelas habelencias de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
CG2, Saber elaborar e defender argumentos sobre cuestións económico-xurídicas a un nivel xeral, así como resolver problemas sobre estas cuestións, usando os coñecementos sobre a realidade empresaria, as teorías, os modelos e os métodos científicos propios.
CG5. Posuír os coñecementos xerais e as habelencias de aprendizaxe necesarias para continuar estudando e para emprender estudos especializados nos diversos eidos da empresa e noutros relacionados, cun alto grao de autonomía
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS
CT3 - -Comunicación oral e escrita
CT6 - -Resolución de problemas.
CT8 - -Razoamento crítico
CT9 - -Autonomía na aprendizaxe
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS DA MATERIA
A- 8- -O ordenamento xurídico que xira en torno á realidade da empresa e do mercado.
A metodoloxía aplicable ao ensino da materia descansa en dous bloques:
A) Bloque teórico. Orientado a proporcionar os fundamentos teóricos imprescindibles para o desenvolvemento da actividade profesional na empresa.
B) Bloque práctico. Orientado a conxuntar a teoría e a práctica, aplicando os coñecementos adquiridos nas explicacións teóricas.
A avaliación realizarase sobre as actividades realizadas nas clases interactivas xuntamente co resultado dun exame final presencial, tipo test.
As clases interactivas computarán ata un 30% da nota final. Nelas realizaranse actividades diversas determinadas polo profesor, valorándose a capacidade de razoamento na exposición, así como o emprego da terminoloxía xurídico-mercantil.
As clases expositivas desenvolveranse a través de presentacións power point, co obxecto de facilitar ao alumno a comprensión e alcance dos contidos da materia.
A avaliación completarase cun exame final tipo test que computará ata un 70% da nota final.
Ambas as partes, práctica e teórica, deben aprobarse de forma independente, debendo alcanzarse unha puntuación mínima de 1,5 sobre 3 e 3,5 sobre 7, respectivamente.
Os alumnos repetidores avaliaranse polo exame final.
Os alumnos con exención de docencia, realizarán a actividade complementaria que sinale o profesor en substitución da docencia ordinaria, debendo realizar ademais o exame final.
No exame de segunda oprtunidade , computaráse a nota da evaluación contínua.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas aplicarase o recolleito na normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revision de cualificacións.
Considérase necesario dedicar 90 horas de traballo persoal á preparación da materia.
Recoméndase a consulta do Código de Comercio e das Leis Complementarias (Lei de Sociedades de Capital , Lei de Cooperativas, Lei de Ordenación do Comercio Polo Miúdo, Lei Cambiaria e do Cheque, LSSI y CE, etc.).
Na estruturación da materia, tanto no que se refire á configuración de obxectivos coma á programación, prestouse especial atención ao feito de que os futuros Graduados en Administración e Dirección de Empresas contan unicamente con 6 créditos para procurar unha axeitada formación xurídica. Así mesmo, tomouse en consideración o amplo espectro de saídas profesionais, dato que obriga a concibir a materia como un espazo de formación que deberá completarse a través de créditos optativos.
Santiago Zoilo Silva Lopez
Coordinador/a- Departamento
- Dereito Público Especial e da Empresa
- Área
- Dereito Mercantil
- Correo electrónico
- santiagozoilosilva.lopez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOSU
Luns | |||
---|---|---|---|
11:00-12:45 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 1 |
Xoves | |||
09:00-10:45 | Grupo /CLIS_02 | Castelán | Aula 1 |
13:00-14:45 | Grupo /CLIS_03 | Castelán | Aula 1 |
Venres | |||
09:00-10:45 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Aula 2 |
29.05.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Magna |
03.07.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Magna |