Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Dereito Público Especial e da Empresa
Áreas: Dereito Mercantil
Centro Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Proporcionar aos alumnos as ferramentas e os conceptos básicos para a comprensión do marco xurídico do mercados e da actividade empresarial. Asimesmo, os alumnos deben familiarizarse co manexo e a interpretación de textos xurídicos e das principais normas mercantís.
DEREITO MERCANTIL II
6 créditos
CONTRATACIÓN MERCANTIL
Lección 1. A contratación mercantil.
1.-Conceptos básicos de contratación . 2. Especialidades das obrigas mercantís.-2.-Os contratos mercantís.3.-A defensa do consumidor: a LGDC y U 4.-A contratación mercantil internacional.
Lección 2. Os contratos mercantís I
1.A compravenda mercantil e contratos afíns.2.-Transporte. 3.-Depósito. 4.-Seguro.
Lección 3. Os contratos mercantís II.
1.- Contratos de colaboración (comisión, axencia, concesión, franquicia...) 2.Contratos do mercado de crédito (leasing, factoring, confirming, contratos bancarios...). 3.-O mercado de valores.
Lección 4. Contratación electrónica.
1.- A Lei de Servizos da Sociedade da Información. 2.-Concepto e tipos de contratación electrónica. 3.-Réxime xurídico da contratación electrónica. 4.- Contratos informáticos. 5.-A firma electrónica.
RÉXIME XURÍDICO DA ACTIVIDADE EMPRESARIAL
Lección 5. Sociedade da Información e empresa.
1.-Páxinas web e empresa.-2.-Nomes de dominio e empresa. 3.-Tecnoloxías dixitais emerxentes e Dereito da empresa. 4.-A Lei Orgánica de Protección de Datos.
Lección 6. Dereito da competencia e Competencia desleal.
1.-Lei de defensa da Competencia (prácticas prohibidas, control de concentracións económicas, órganos). 2.-Lei de Competencia desleal (a cláusula xeral prohibitiva, actos concretos de deslealdade, accións derivadas da competencia desleal). 3 A Lei Xeral de Publicidade.
Lección 7. Dereito da Propiedade Industrial
1.-Patentes de invención. 2.-Os modelos de utilidade. 4.- O deseño industrial. 4.-A marca.
Lección 8. Medios de pago
1.-Títulos-valores. 2.-Os medios de pago no moderno tráfico mercantil.-2.-As tarxetas e os seus tipos.
CONCURSO DE ACREDORES
Lección 9
1. Declaración de concurso. 2. Órganos no procedemento concursal. 3.- Efectos da declaración sobre o concursado. 4.- Efectos da declaración de concurso sobre o patrimonio do concursado.
Lección 10
1. Efectos da declaración de concurso sobre los acredores e os créditos. 2. Terminación do concurso: o convenio cos acredores. 3.- Terminación do concurso: liquidación. 4.- Cualificación do concurso.
Básica
Cuesta Rute,JM (Dir),Derecho Mercantil para Grados no jurídicos, Huygens,2014.
Jiménez Sánchez, G. (Coordinador), Lecciones de Derecho Mercantil, Tecnos, última edición.
Vidal Portabales, JI., Sociedad de la Información y Empresa, Ed. Comares, 2010
Complementaria
Sánchez Calero, F., Instituciones de Derecho Mercantil, Vol 1, y 2 Mc Graw Hill, última edición.
Sánchez Calero, Principios de Derecho Mercantil, Mc Graw Hill. última edición.
Uría, R., Derecho Mercantil, Marcial Pons, última edición
Vicent Chuliá, F., Introducción al Derecho Mercantil, Tirant lo Blanch, última edición.
COMPETENCIAS DA TITULACIÓN AS QUE CONTRIBUE A MATERIA
1.- Coñecemento do ordenamento xurídico básico e institucións de Dereito Mercantil.
2.- Saber identificar, reunir e interpretar datos relevantes sobre cuestións económicas,
incorporando na elaboración de xuízos e propostas as consideracións pertinentes sobre a súa
dimensión social, científica ou ética.
3.- Saber comunicar información, ideas, problemas e propostas de solución a cuestións de índole
económica tanto a un público especializado como non especializado, facendo uso tanto da
linguaxe verbal e escrita como dos medios e técnicas de representación de relacións e
presentación de datos que se empregan en economía.
4.-Achegar racionalidade á análise e á descrición de calquera aspecto da realidade económica.
5.-Avaliar consecuencias de distintas alternativas de acción e seleccionar as mellores, dados os
obxectivos.
6.- Capacidade de análise e síntese, razoamento crítico, comunicación oral e escrita.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS DA MATERIA
1.- Proporcionar ao alumno os coñecementos xurídicos básicos que lle axuden a comprender a
relevancia da regulación no comportamento dos operadores económicos, e no funcionamento
do mercado e da economía.
2.- Iniciar o alumno no coñecemento das principais normas mercantís que rexen a actividade da
empresa, tanto no que respecta á súa organización interna como á súa actuación como
operador económico no mercado, a nivel autonómico, estatal e comunitario.
4.- Familiarizar o alumno coas principais institucións xurídico-mercantís coas que se pode atopar
no desenvolvemento da súa actividade.
5.- Proporcionar os coñecementos e a terminoloxía fundamentais que faciliten aos alumnos a
comprensión básica de textos legais e xurídicos.
6.- Iniciar o alumno na estrutura elemental da argumentación xurídica, de modo que adquira a
capacidade de comprendela e elaborala, polo menos a un nivel técnico básico.
7.- Familiarizar o alumno coa procura e o uso de fontes do Dereito, especialmente textos legais e
documentos xurisprudenciais.
A metodoloxía aplicable ao ensino da materia descansa en dous bloques:
A) Bloque teórico (sesións expositivas). Orientado a proporcionar os fundamentos teóricos imprescindibles para o desenvolvemento da actividade profesional na empresa.
B) Bloque práctico (sesións interactivas). Orientado a conxuntar a teoría e a práctica, aplicando os coñecementos adquiridos nas explicacións teóricas.
As actividades realizadas polo alumnado ao longo do cuadrimestre contarán ata un 30% na nota final. As actividades serán determinadas por cada profesor (por exemplo, presentación de traballos, preparación e participación nas sesións de traballo, nas que se prestará especial atención á capacidade expositiva-, capacidade de razoamento e emprego da terminoloxía xurídico-mercantil); poderá realizarse unha proba para a avaliación destas actividades. A avaliación completarase cun exame final presencial (70% da nota). No exame de segunda oportunidade poderá gardarse a nota da parte práctica (só para o curso actual).
Os alumnos repetidores avaliaranse por un exame final, que poderá incluir un caso práctico. O alumnado con exención de docencia realizará actividades complementarias, sinaladas ao comezo das clases, en substitución da docencia ordinaria.
Avaliación de competencias: CB1,CB2,CB3,CB4,CB5,CG2,CG5,CT3,CT6,CT8,CT9,A8.
O tempo de traballo persoal que cada alumno deberá realizar de forma individual ou en grupo ao longo do curso estímase en noventa horas
Recoméndase a consulta do Código de Comercio e das Leis Complementarias.
Na estruturación da materia, tanto no que se refire á configuración de obxectivos coma á programación, prestouse especial atención ao feito de que os futuros Graduados en Ciencias Económicas contan unicamente con 12 créditos para procurar unha axeitada formación xurídica. Así mesmo, tomouse en consideración o amplo espectro de saídas profesionais, dato que obriga a concibir a materia como un espazo de formación que deberá completarse a través de créditos optativos.
Jose Antonio Montero Vilar
- Departamento
- Dereito Público Especial e da Empresa
- Área
- Dereito Mercantil
- Correo electrónico
- jose.montero [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOSU
Maria Carmen Gonzalez Ferro
- Departamento
- Dereito Público Especial e da Empresa
- Área
- Dereito Mercantil
- Correo electrónico
- mdelcarmen.gonzalez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOSU
Cristina Pedrosa Leis
Coordinador/a- Departamento
- Dereito Público Especial e da Empresa
- Área
- Dereito Mercantil
- Teléfono
- 981595957
- Correo electrónico
- cristinapedrosa.leis [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOSU
Jose Luis Martinez-Olivares Gomez
- Departamento
- Dereito Público Especial e da Empresa
- Área
- Dereito Mercantil
- Correo electrónico
- joseluis.martinez-olivares [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOSU
Luns | |||
---|---|---|---|
18:30-20:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 20 |
Martes | |||
09:30-11:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 20 |
15:00-17:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 20 |
Xoves | |||
09:30-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 20 |
13.01.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLE_02 | Aula A |
13.01.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula A |
13.01.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_04 | Aula A |
13.01.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula A |
13.01.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula A |
13.01.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A |
13.01.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLE_02 | Aula B |
13.01.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula B |
13.01.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_04 | Aula B |
13.01.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula B |
13.01.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula B |
13.01.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aula B |
26.06.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula A |
26.06.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A |
26.06.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLE_02 | Aula A |
26.06.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula A |
26.06.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_04 | Aula A |
26.06.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula A |