Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Dereito Público Especial e da Empresa
Áreas: Dereito Mercantil
Centro Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
OBXECTIVOS DA MATERIA
Adquirir coñecementos xurídicos básicos con carácter introductorio e os coñecementos esenciais sobre as principais institucións do Dereito Mercantil (que serán completados na materia Dereito Mercantil II) necesarios para comprender o funcionamento do mercado e dos axentes económicos que operan no tráfico económico, así como as competencias que se detallan no apartado correspondente.
INTRODUCIÓN AO DEREITO
TEMA 1
1.- Dereito. 2.- Norma xurídica. 3.- Ordenamento xurídico español: nocións básicas. 4.- Vixencia e aplicación das normas xurídicas.
TEMA 2
1.- Vías de resolución de conflitos no Dereito español. 2. Nocións básicas de Dereito procesual. 3.- A organización xudicial. 4.- Recursos contra actos administrativos.
O EMPRESARIO
TEMA 3
1.- Concepto e estatuto xurídico do empresario mercantil. 2.- Capacidade legal para o exercicio do comercio. 3.- Exercicio habitual dunha actividade económica no mercado. 4.- Exercicio do comercio en nome propio.
TEMA 4
1.- Concepto de sociedade. Sociedade civil e mercantil. 2.- Personalidade xurídica da sociedade mercantil. 3.- Constitución de sociedades mercantís. A sociedade irregular. 4.- Clases de sociedades mercantís.
TEMA 5
1.- A publicidade legal do empresario. O Rexistro Mercantil. 2.- A inscrición no Rexistro Mercantil. 3.- Efectos da inscrición no Rexistro Mercantil. 4.- A obrigación de contabilidade do empresario.
TEMA 6
1.- Responsabilidade patrimonial do empresario. 2.- Responsabilidade contractual. 3. Responsabilidade extracontractual. 4.- Vías de limitación da responsabilidade derivada dunha actividade empresarial.
TEMA 7
1. Nocións básicas sobre representación. 2.- A representación do empresario: representación voluntaria, legal e orgánica. 3.- Auxiliares do empresario e representación. 4.- O apoderado xeral ou factor.
A SOCIEDADE DE RESPONSABILIDADE LIMITADA
TEMA 8
1.- Concepto e características da Sociedade de Responsabilidade Limitada. 2.- Constitución de a SL. 3.- Achegas sociais. 4.- Prestacións accesorias.
TEMA 9
1.- O capital social. 2.- Participacións na SL. Documentación. 3.- Trasmisión de participacións. 4.- Estatuto xurídico do socio.
TEMA 10
1. - Estrutura orgánica da SL. 2.- A Xunta xeral. 2.- O órgano de administración e representación da SL. Responsabilidades dos administradores sociais. 4.- Disolución, liquidación e extinción da SL.
I. BÁSICA
1. A lexislación vixente na extensión necesaria para o estudo do programa da materia.
- Constitución española.
- Código civil.
- Código de comercio.
- Lei de sociedades de capital.
- Lei de sociedades profesionais.
2. BELO MARTÍN-CRESPO, Mª P., "Derecho Mercantil. Parte I", Santiago de Compostela, 7ª ed., 2024.
II. COMPLEMENTARIA
1. A.A.V.V. (JIMÉNEZ SÁNCHEZ, G., coord.), Nocións de Dereito Mercantil, Marcial Pons, últ. ed.
2. A.A.V.V. (MENÉNDEZ, A./VERMELLO, A., dirs.), Leccións de Dereito Mercantil, Thomson-Civitas, últ. ed.
COMPETENCIAS DA TITULACIÓN AS QUE CONTRIBUE A MATERIA
1.- Coñecemento do ordenamento xurídico básico e institucións de Dereito Mercantil.
2.- Saber identificar, reunir e interpretar datos relevantes sobre cuestións económicas,
incorporando na elaboración de xuízos e propostas as consideracións pertinentes sobre a súa
dimensión social, científica ou ética.
3.-Saber comunicar información, ideas, problemas e propostas de solución a cuestións de índole
económica tanto a un público especializado como non especializado, facendo uso tanto da
linguaxe verbal e escrita como dos medios e técnicas de representación de relacións e
presentación de datos que se empregan en economía.
4.- Achegar racionalidade á análise e á descrición de calquera aspecto da realidade económica.
5.- Avaliar consecuencias de distintas alternativas de acción e seleccionar as mellores dados os
obxectivos.
6.- Capacidade de análise e síntese, razoamento crítico, comunicación oral e escrita.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS DA MATERIA::
1.-Proporcionar ao alumno os coñecementos xurídicos básicos que lle axuden a comprender a
relevancia da regulación no comportamento dos operadores económicos, e no funcionamento
do mercado e da economía.
2.- Iniciar o alumno no coñecemento das principais normas mercantís que rexen a actividade da
empresa, tanto no que respecta á súa organización interna como á súa actuación como
operador económico no mercado, a nivel autonómico, estatal e comunitario.
3.- Familiarizar o alumno coas principais institucións xurídico-mercantís coas que se pode atopar
no desenvolvemento da súa actividade.
4.- Proporcionar os coñecementos e a terminoloxía fundamentais que faciliten aos alumnos a
comprensión básica de textos legais e xurídicos.
5.- Iniciar o alumno na estrutura elemental da argumentación xurídica, de modo que adquira a
capacidade de comprendela e elaborala, polo menos a un nivel técnico básico.
6.- Familiarizar o alumno coa procura e o uso de fontes do Dereito, especialmente textos legais e
documentos xurisprudenciais.
METODOLOXIA DA ENSINANZA
A metodoloxía basearáse na complementariedade entre labor docente e traballo e participación do alumno.
As clases expositivas consistirán na exposición da información básica necesaria para o estudo de cada lección, así como de aquelas cuestions que piodan presentar especial dificultade os estudantes. Presumese que, previamente o desenvolvemento de cada clase, o alumno ha adicado un tempo de estudo os aspectos do tema que se teñan sinalado na anterior.
As clases interactivas adicaránse a familiarizar os alumnos coa documentación esencial sobre cada un dos temas, así como a resolución dos casos prácticos que serán presentados, discutidos e corrixidos.
As tutorías individuais o en grupos pequenos adicaránse a resolver cuestions relacioadas coas clases de docencia teórica e práctica, así como a profundizar nos aspectos non abordados na docencia ordinaria.
1. CUALIFICACIÓN
A cualificación numérica máxima (10) será a suma da obtida nas dúas partes da avaliación:
◦ Parte teórica: máximo de 7 puntos.
◦ Parte práctica: máximo de 3 puntos.
2. SISTEMA DE AVALIACIÓN EN 1ª OPORTUNIDADE
2.1. Dous sistemas alternativos
A avaliación realizarase ben mediante o sistema de avaliación continua (EC) ou ben
mediante o sistema de exame final (EF).
2.2. Sistema de EC
a) O sistema de EC é alternativo ao sistema de EF. Os alumnos que optando por EC non
alcancen a cualificación de aprobado, esgotarían a primeira oportunidade de avaliación.
b) A EC constará de varias probas das partes teórica e práctica.
c) Seguirán este sistema todos os alumnos que opten polo mesmo ao presentarse á primeira proba, manteñan un rendemento suficiente ao longo do semestre (50% da puntuación total de cada proba) e non incorran en conduta fraudulenta.
2.3. Sistema de EF
a) O sistema de EF constará dunha soa proba no período oficial de exames fixado pola
Facultade que incluirá unha parte teórica (7 puntos) e un caso práctico (3 puntos).
b) Seguirán este sistema os alumnos que opten polo mesmo ou aqueles que non poidan
permanecer no sistema de EC.
3. SISTEMA DE AVALIACIÓN EN 2ª OPORTUNIDADE
a) A avaliación en 2ª oportunidade constará dun exame final sobre a materia teórica (7
puntos).
b) A cualificación obtida na parte práctica en 1ª oportunidade mantense para a nota en 2ª
oportunidade.
4. ALUMNOS REPETIDORES
a) Os alumnos repetidores serán avaliados segundo o sistema de EF nas condicións
expostas en primeira e segunda oportunidade.
b) A cualificación da parte práctica alcanzada o curso anterior manterase aos alumnos que
non realicen a parte práctica no EF.
5. AVALIACIÓN DE ALUMNOS CON EXENCIÓN DE DOCENCIA APROBADA POLA XUNTA DE
FACULTADE
(Ambas as oportunidades)
Exame final de 10 preguntas. A cualificación máxima será de Sobresaliente (10).
TEMPO DE ESTUDO E DE TRABALLO PERSOAL
Os alumnos deben adicar 90 horas o traballo autónomo e o estudo desta asignatura: en torno a 20 horas de traballo (2 horas por clase) para a preparación das clases interactivas, así como 70 horas de estudo que incluirán arrededor de 2 horas por semana no periodo lectivo (1 hora previa a cada clase expositiva e outra hora, con posterioridade: 30/35 horas en total), dedicando as horas restantes a tutorías e preparación próxima de exames.
OBSERVACIONS
I. NÚMERO DE CRÉDITOS: 6
- Expositivos: 31 h.
- Interactivos: 17 h.
- Tutorías: 39 h.
II. DESCRIPTOR da ASIGNATURA
Estudo, dende unha perspectiva xeral, das institucions de Dereito Mercantil indispensables para o coñecemento do funcionamento do mercado e dos axentes económicos que operan no tráfico económico. Nesta asignatura abordase, tras unha indispensable introducción, o estudo do estatuto xurídico dos operadores no mercado, tanto empresarios individuais, como sociedades e outras formas de organización da empresa, e de sus obligacions como axentes presentes no tráfico mercantil.
Maria Pilar Bello Martin-Crespo
Coordinador/a- Departamento
- Dereito Público Especial e da Empresa
- Área
- Dereito Mercantil
- Teléfono
- 881811592
- Correo electrónico
- mp.bello [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
11:00-12:30 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 30 |
12:30-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 29 |
17:00-19:00 | Grupo /CLE_03 | Castelán | Aula 29 |
Martes | |||
09:30-11:30 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 30 |
Mércores | |||
10:30-12:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 29 |
18:00-19:30 | Grupo /CLE_03 | Castelán | Aula 29 |
24.01.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLE_03 | Aula A |
24.01.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_3 | Aula A |
24.01.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLE_02 | Aula A |
24.01.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_6 | Aula A |
24.01.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_2 | Aula A |
24.01.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A |
24.01.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_5 | Aula A |
24.01.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_1 | Aula A |
24.01.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_4 | Aula A |
24.01.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_5 | Aula B |
24.01.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_1 | Aula B |
24.01.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_4 | Aula B |
24.01.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLE_03 | Aula B |
24.01.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_3 | Aula B |
24.01.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLE_02 | Aula B |
24.01.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_6 | Aula B |
24.01.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_2 | Aula B |
24.01.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aula B |
24.01.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLE_02 | Aula C |
24.01.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_6 | Aula C |
24.01.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_2 | Aula C |
24.01.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aula C |
24.01.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_5 | Aula C |
24.01.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_1 | Aula C |
24.01.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_4 | Aula C |
24.01.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLE_03 | Aula C |
24.01.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_3 | Aula C |
19.06.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula B |
19.06.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLE_03 | Aula B |
19.06.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_3 | Aula B |
19.06.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLE_02 | Aula B |
19.06.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_6 | Aula B |
19.06.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_2 | Aula B |
19.06.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_5 | Aula B |
19.06.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_1 | Aula B |
19.06.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_4 | Aula B |
19.06.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_5 | Aula C |
19.06.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_6 | Aula C |
19.06.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_1 | Aula C |
19.06.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_4 | Aula C |
19.06.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLE_03 | Aula C |
19.06.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_3 | Aula C |
19.06.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula C |
19.06.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLE_02 | Aula C |
19.06.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_2 | Aula C |