Créditos ECTS Créditos ECTS: 30
Horas ECTS Criterios/Memorias Clase Interactiva: 8.5 Total: 8.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Traballo Fin de Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Dereito Público e Teoría do Estado, Dereito Público Especial e da Empresa
Áreas: Dereito Administrativo, Dereito Constitucional, Dereito do Traballo e da Seguridade Social, Dereito Financeiro e Tributario, Dereito Mercantil
Centro Facultade de Dereito
Convocatoria: Traballos Fin de Grao e Máster
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
O obxectivo do Traballo Fin de Máster (TFM) é acreditar que o estudante adquiriu os coñecementos e competencias asociados ao título, introducindo ao alumnado nun tema de investigación con obxectivos concretos e alcanzables. O Traballo Fin de Máster consistirá na elaboración dun traballo de investigación individual no que se apliquen os coñecementos e competencias adquiridos e asociados ao título.
Ao finalizar o traballo, o estudantado será capaz de:
- No plano cognitivo:
Integrar os coñecementos adquiridos para aplicalos a un traballo de investigación e/o desenvolvemento concreto.
- No plano subxectivo:
Realizar e presentar un traballo de investigación e defender os resultados do traballo ante un público especializado.
O Traballo de Fin de Máster supón a elaboración por parte de cada estudante e de forma individual dun traballo académico orixinal no que debe demostrar as competencias adquiridas ao longo da titulación e que inclúe, como mínimo, tarefas de busca e revisión bibliográfica, lectura e integración de información, elaboración de información relevante, redacción e presentación e defensa.
A bibliografía para a elaboración do Traballo de Fin de Máster será indicada polo titor en función do tema de cada traballo.
A) Competencias básicas e xerais.
CG1 - Adquirir a capacidade de adaptarse e dar resposta ás novas demandas da sociedade e economía dixitais.
CG2 - Adquirir a capacidade de desenvolver, comprender, analizar, sintetizar, expoñer e argumentar información ou documentos xurídicos complexos.
CG3 - Adquirir a capacidade de manexar coñecementos, ferramentas e recursos de alto nivel para resolver problemas relacionados co Dereito transnacional da empresa (España e Portugal) e o Dereito das tecnoloxías dixitais que afecte as empresas, desde a perspectiva do Dereito Portugués, Español, Europeo e Internacional.
CG4 - Adquirir a capacidade de dirixir ou traballar eficaz e eficientemente en equipos interdisciplinares, con enfoques complexos e inclusive multidisciplinares, como experto no Dereito transnacional da empresa (España e Portugal) e do Dereito das tecnoloxías dixitais.
CG5 - Adquirir a capacidade de asistir, asesorar ou dirixir estratexias orientadas a resolver problemas xurídicos no exercicio profesional autónomo, en despachos, empresas ou administracións.
B) Competencias transversais
CT1 - Expresarse correctamente, tanto de forma oral como escrita, nas linguas oficiais tanto de Portugal como da comunidade autónoma de Galicia.
CT2 - Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
CT3 - Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía respectuosa coa cultura democrática, os dereitos humanos e a perspectiva de xénero.
CT4 - Desenvolver a capacidade de traballar en equipos interdisciplinares ou transdisciplinares, para ofrecer propostas que contribúan a un desenvolvemento sostible ambiental, económico, político e social.
CT5 - Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade e da economía.
CT6 - Ter a capacidade de xestionar tempos e recursos: desenvolver plans, priorizar actividades, identificar as críticas, establecer prazos e cumprilos.
C) Competencias específicas
CE.19 - Ser capaz de elaborar, expoñer e defender de forma autónoma un traballo de investigación teórico sobre o Dereito Transnacional da Empresa e das Tecnoloxías Dixitais, que integre os coñecementos impartidos no Máster.
- Titorías consistentes en entrevistas específicas para a elaboración do Traballo de Fin de Máster. Entrevistas de carácter formativo para abordar o deseño do Traballo de Fin de Máster: obxectivos, hipóteses de traballo, marco teórico e aspectos metodolóxicos e bibliográficos; orientación no seu labor de investigación; coñecemento preciso dos avances na elaboración do traballo; discusión e corrección do resultado final e orientación sobre a súa presentación e defensa oral ante o tribunal correspondente.
- Traballo de Fin de Máster: Traballo autónomo tutelado para a elaboración dun documento de investigación e resolución de problemas de forma autónoma.
- Defensa do Traballo de Fin de Máster ante tribunal: 40% da cualificación.
- Estrutura do Traballo de Fin de Máster (estrutura, metodoloxía empregada e bibliografía): 30% da cualificación.
- Valoración da orixinalidade, presentación de obxectivos, marco teórico, análise, avaliación dos problemas e a súa resolución: 30% da cualificación.
ACTIVIDADE FORMATIVA HORAS PRESENCIALIDAD
Titorías para orientar sobre o contido dos temas teórico-metodolóxicos. 20 100
Sesión inicial de presentación do Traballo Fin de Máster 2 100
Lectura de material na aula virtual 10 0
Sesións síncronas grupais de Traballo Fin de Máster 6 100
Traballo persoal de elaboración do Traballo Fin de Máster 710 0
Exposición do Traballo de Fin de Máster 2 100