Créditos ECTS Créditos ECTS: 9
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 221.7 Horas de Titorías: 2.5 Clase Interactiva: 0.8 Total: 225
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Prácticas Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Bioquímica e Bioloxía Molecular, Patoloxía Animal, Departamento externo vinculado ás titulacións, Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física, Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias, Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
Áreas: Bioquímica e Bioloxía Molecular, Sanidade Animal, Área externa M.U en Xenómica e Xenética, Xenética, Anatomía e Anatomía Patolóxica Comparadas, Produción Animal, Ciencias Clínicas Veterinarias, Produción Vexetal
Centro Facultade de Veterinaria
Convocatoria: Prácticas en Empresas de Grao e Máster
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Adquirir capacidade de integrarse nun equipo de traballo.
Promover a análise crítica mediante a inmersión no mundo laboral.
Coñecer os problemas habituais que xorden dentro do campo das empresas e laboratorios que traballan en diferentes aspectos da xenética e xenómica.
A Comisión académica do Máster propoñerá diferentes opcións para realizar as prácticas externas en centros de investigación e empresas. O alumnado poderá integrarse en departamentos da Universidade de Santiago de Compostela, Universidade de Vigo e en centros de investigación e formación da administración central e autonómica, así como en empresas onde desenvolverán actividades relacionadas coa temática do Máster.
A bibliografía necesaria para a realización de cada práctica externa suxerida polo/pola tutor/a de prácticas.
Competencias Básicas:
CB6 - Posuír e comprender coñecementos que aporten unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (o multidisciplinais) relacionados coa súa área de estudo.
CB8 - Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
CB9 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e no especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
Competencias Xerais:
CG02 - Integrar coñecementos e enfrontarse á toma de decisións a partir de información científica e técnica.
CG03 - Transmitir os resultados do estudo e a investigación a públicos especializados, académicos e xeralistas.
CG05 - Capacidade de superación ante a frustración e en situacións de estres.
Competencias Específicas:
CE05 - Adquirir coñecementos e habilidades no desenvolvemento do traballo científico nas ciencias da vida, polo menos nunha das seguintes áreas de coñecemento: Xenética, Fisioloxía, Anatomía Patolóxica, Medicina Legal e Forense, Produción Animal, Produción Vexetal.
CE06 - Saber manexar as fontes de información relacionadas coa Xenómica (e outras ómicas), a Xenética, as súas tecnoloxías e os aspectos de seguridade relativos ás mesmas, incluíndo a produción animal e vexetal.
Competencias Transversais:
CT04 - Capacidade para o aprendizaxe e a integración no traballo en equipos multidisciplinais, a cooperación e o compañerismo, incluíndo o ámbito internacional.
CT06 - Capacidade de xestión de información, resolución de problemas e toma de decisións.
Desenvolvemento das tarefas encomendadas: O alumnado participará nas actividades cotidiás que se concerten coas empresas ou entidades de investigación.
Traballo autónomo do alumnado non presencial: o alumno debe elaborar unha memoria das actividades realizadas, co visto bo da persoa responsable ou titor, nas que ademais dos traballos realizados, o alumno expoña as propostas de mellora que estime oportunas, facendo uso dos coñecementos obtidos durante o Máster.
Crearase unha comisión formada por tres docentes do Máster. La comisión valorará a memoria de prácticas y considerará o informe do/a titor/a de prácticas.
Os/as estudantes deberán defender ante a comisión a memoria presentada.
A valoración será:
• Informe do titor: 60% da nota da materia.
• Presentación da memoria: 40% da nota da materia.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Realización de tarefas encomendadas en la empresa/entidade. Elaboración de memoria: 225 horas
A comisión de título é a responsable de asegurar o correcto desenvolvemento da materia. Recoméndase ao estudante o seguimento da información que a comisión de título faga pública.