-
Créditos ECTS
Créditos ECTS: 3Horas ECTS Criterios/Memorias
Traballo do Alumno/a ECTS: 51
Horas de Titorías: 3
Clase Expositiva: 9
Clase Interactiva: 12
Total: 75Linguas de uso
Castelán, GalegoTipo:
Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021Departamentos:
Filoloxía Clásica, Francesa e ItalianaÁreas:
Lingüística IndoeuropeaCentro
Facultade de FiloloxíaConvocatoria:
Segundo semestreDocencia:
Con docenciaMatrícula:
Matriculable | 1ro curso (Si) -
1. Coñecemento dos principais achegamentos teóricos ao feito relixioso e a súa relación coa expresión literaria.
2. Coñecemento das liñas xerais da evolución histórica do feito relixioso e da diversidade das literaturas relixiosas do mundo.
3. Coñecemento das principais tradicións relixiosas do mundo na súa relación coa expresión literaria.
4. Aplicación práctica dos coñecementos teóricos acadados no curso ao análise e comentario ideolóxico e literario de textos na súa dimensión relixiosa ou espiritual.A. Parte Teórica:
1. Introdución. Definicións: ‘relixión’, ‘espiritualidade’, ‘literariedade’. Diversidade de perspectivas sobre relixión, mitoloxía, literatura e as súas relacións mutuas.
2. Fenomenoloxía do feito relixioso ao longo do tempo e a súa expresión artística e literaria. A diversidade das literaturas relixiosas.
3. Literatura relixiosa das primeiras civilizacións: sumeria, acadia, exipcia.
4. Literatura relixiosa das tradicións indoeuropeas antigas: Anatolia, a India védica e clásica (hinduismo, budismo, xainismo), Irán preislámico (zoroastrismo), Grecia e Roma.
5. As tradicións literarias das “relixións do Libro”: hebrea, cristiá e islámica (Biblia, Corán).
6. Literaturas relixiosas medievais europeas (románicas, xermánicas, célticas, eslavas). Renacemento e época moderna.
7. Continuidade e universalidade da literatura relixiosa. Literatura e espiritualidade en época contemporánea.
B. Parte Práctica:
Análise e comentario de textos literarios de carácter relixioso ou mitolóxico.1. Bibliografía básica:
Frazer, J.G. 1906-1915 (3ª ed.) The Golden Bough. A Study in Comparative Religion, London, Macmillan & co.
Otto, R. 1917 Das Heilige. Über das Irrationale in der Idee des Göttlichen und sein Verhältnis zum Rationalen, Breslau, Trewendt & Granier. (Versión española: Lo santo. Lo racional y lo irracional en la idea de Dios. Madrid, Alianza, 1980)
Schmidt, W. 1930 Handbuch der vergleichende Religionsgeschichte, Münster, Aschendorff. (Versión española: Manual de historia comparada de las religiones, Madrid, Espasa-Calpe, 1932, 2ª ed. 1941).
Eliade, M. 1975-1983 Histoire des croyances et des idées religieuses. I. De l’âge de la pierre aux mystères d’Eleusis (1975), II. De Gautama Bouddha au triomphe du christianisme (1978), III. De Mahomet à l’âge des Réformes (1983), Paris, Payot. (Versión española: Historia de las creencias y las ideas religiosas, Barcelona, Paidós, 2019)
Lanczkowski, G. 1980 Einführung in die Religionswissenschaft, Darmstadt, Wissenschaftliche Buchgesellschaft.
Bueno, G. 1996 (2ª ed.) El animal divino. Ensayo de una filosofía materialista de la religión, Oviedo, Pentalfa Ediciones.
Knight, M. 2009 An Introduction to Religion and Literature, New York / London, Continuum International Publishing Group.
2.Bibliografía complementaria:
Kellens, J. 1994 Le panthéon de l’avesta ancien, Wiesbaden, Reichert.
Lowie, R.H. 1924 Primitive Religion, New York, Boni and Liveright. (Versión española: Religiones primitivas, Madrid, Alianza, 2ª ed. 1976)
Martín Velasco, J. 2017 Introducción a la fenomenología de la religión, Madrid, Trotta.
Muth, R. 1988 Einführung in die griechische und römische Religion, Darmstadt, Wissenschaftliche Buchgesellschaft.
Oberlies, Th. 2012 Der Rigveda und seine Religion, Berlin, Verlag der Weltreligionen im Inselverlag.
Puhvel, J. 1987 Comparative Mythology, Baltimore, Johns Hopkins University Press.
Schmitt, R. 1967 Dichtung und Dichtersprache in indogermanischer Zeit, Wiesbaden, Harrassowitz.
Watkins, C. 1995 How to Kill a Dragon: Aspects of Indo-European Poetics, Oxford / New York, Oxford University Press.
West, M.L. 2007 Indo-European Poetry and Myth, Oxford, Oxford University Press.1. Capacidade de valoración teórica e crítica do feito relixioso na súa expresión literaria.
2. Competencia para a utllización práctica das diversas ferramentas e recursos bibliográficos dispoñibles para o estudo da relixiosidade e a espiritualidade na súa vertente literaria.
3. Competencia para a caracterización dun texto literario de carácter relixioso ou mitolóxico no seu contexto cultural e cronolóxico.
4. Capacidade de realización de comentarios de textos literarios de carácter relixioso, mitolóxico ou espiritual.O curso concíbese, en principio, como presencial. Das tres horas semanais de clase, dedicarase entre media e unha hora á resolución de problemas de tipo práctico (comentario de textos literarios de carácter relixioso).
O profesor poderá propoñer lecturas obrigatorias e recomendadas. Os estudantes poderán propoñer o afondamento en aspectos concretos do temario que sexan do seu especial interese.
Os principais materiais de traballo e os textos estarán dispoñibles na Aula Virtual.Os criterios de avaliación serán os seguintes (válidos para ambas oportunidades):
1º) Participación activa nas aulas e realización de exercicios de comentario de textos (avaliación continua): 30% da calificación.
2º) A avaliación final (que suporá o 70% da calificación total) consistirá na realización e entrega dun traballo de comentario de texto literario de carácter relixioso, mitolóxico ou espiritual. Este traballo deberá acreditar a capacidade do alumno para aplicar os coñecementos e competencias acadadas durante o curso.
3º) Os alumnos que teñan dispensa de asistencia ás aulas deberán únicamente entregar un traballo que consistirá no comentario dun texto literario de carácter relixioso, mitolóxico ou espiritual (100% da calificación).
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións".Materia de 3 créditos ECTS (3x25 = 75 h de carga de traballo para o estudante).
Estes créditos divídense en 1'5 teóricos e 1'5 prácticos.
Traballo dirixido polo profesor: 37,5 h (50%) [: 20 h (53,3%) de actividade presencial (tres horas por semana / segundo cuadrimestre) e 17,5 h (46,6%) de actividade non presencial dirixida].
Traballo autónomo do estudante: 37,5 h (50%).Recoméndase que o alumno asista regularmente ás aulas, ou de non ser posible, manteña contacto regular mediante titorías (presenciais ou virtuais) co profesor. Asemade, é imprescindible manter un ritmo regular de traballo e seguimento dos contidos do curso.
-
2º semestre - Do 03 ao 09 de marzo Mércores 18:15-20:15 Grupo /CLE_01 - C03 Xoves 18:15-20:15 Grupo /CLIS_01 - C03 Exames 22.05.2025 16:00-18:00 Grupo /CLE_01 D03 27.06.2025 16:00-18:00 Grupo /CLE_01 D03