-
Créditos ECTS
Créditos ECTS: 6Horas ECTS Criterios/Memorias
Traballo do Alumno/a ECTS: 99
Horas de Titorías: 3
Clase Expositiva: 32
Clase Interactiva: 16
Total: 150Linguas de uso
Castelán, GalegoTipo:
Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021Departamentos:
Filoloxía Clásica, Francesa e ItalianaÁreas:
Filoloxía GregaCentro
Facultade de FiloloxíaConvocatoria:
Segundo semestreDocencia:
Con docenciaMatrícula:
Matriculable -
— Estudo e análise do sistema lingüístico do grego antigo no seu nivel sintáctico co fin de mellorar a comprensión dos textos nos seus diferentes rexistros (literarios, técnicos, dialectais), obxectivo principal da Filoloxía.
— Como obxectivo secundario procurarase desenvolver a capacidade de teorización lingüística do alumno por medio da avaliación crítica das diferentes propostas explicativas.PROGRAMA TEÓRICO
1. A sintaxe do grego antigo: concepto e métodos.
2. A oración: concepto, estrutura, constituíntes e tipos.
3. O verbo e as súas categorías: persoa, número, voz, aspecto, tempo e modo.
4. O sintagma nominal: determinantes e modificadores.
5. O sintagma nominal e pronominal: as categorías de xénero, número e caso (nominativo, vocativo, acusativo, xenitivo e dativo).
6. O sintagma adverbial e preposicional. Os prefixos verbais.
7. Infinitivo e participio. Adxectivos verbais en -tós e -téos.
8. A oración composta e complexa.
9. A orde de palabras. As partículas e a articulación do discurso.Bibliografía básica
Jiménez López, M.ª Dolores (Coord. Ed.) (2020), Sintaxis del griego antiguo I-II, Madrid: CSIC.
Boas, E. Van Emde, Rijksbaron. A, Huitink, L. & M. de Bakker (2019), The Cambridge Grammar of Classical Greek, Cambridge : C. U. P.
Bibliografía complementaria
Adrados, F. R. (1992), Nueva Sintaxis del griego antiguo, Madrid : Gredos.
Bizos, M. (2002), Syntaxe grecque, Paris : Vuibert.
Crespo, E., Conti, L. & H. Maquieira (2003), Sintaxis del Griego Clásico, Madrid : Gredos.
Delaunois, M. (1988), Essai de syntaxe grecque classique. Réflexions et recherches, Louvain / Bruxelles : Facultés Universitaires Saint-Louis.
Gildersleeve, B. L. (1980), Syntax of classical Greek : from Homer to Demosthenes, Groningen : Bouma's Boekhuis B. V.
Goodwin, W. W. (1897), Syntax of the moods and tenses of the greek verb, London : Macmillan.
Humbert, J. (1972, 3.ª ed.), Syntaxe grecque, Paris : Klincksieck.
Kühner, R. & B. Gerth (1963), Ausführliche Grammatik der griechischen Sprache II Satzlehre, Hannover-Leipzig, I 1898 (3ª ed.); II 1904 (3.ª ed.), München : Max Hueber.
Lasso de la Vega, J. S. (1968), Sintaxis griega I, Madrid : CSIC.
Rijksbaron, A. (2006), The Syntax and Semantics of the Verb in Classical Greek. An Introduction, Chicago / London : The University of Chicago Press.
Rodríguez Alfageme, I (2017), Gramática griega, Madrid : Ediciones Complutense.
Schwyzer, E. & A. Debrunner (1950, 4.ª ed.), Griechische Grammatik II. Syntax und syntaktische Stilistik, München : C. H. Beck.
Smyth, H. W. (1920, reimpr. 1984), Greek Grammar, Cambridge (Massachussetts) : Harvard, University Press.
Wackernagel, J. (1981), Vorlesungen über Syntax mit besonderer Berücksichtigung von Griechisch, Lateinisch und Deutsch, Stuttgart : Birkhäuser.
A bibliografía complementaria proporcionarase en cada tema.— Coñecemento dos principios de construción sintáctica do grego antigo.
— Mellora da fluidez gramatical e comprensión necesarias para ler os textos clásicos gregos.
— Coñecemento básico dos principais modelos explicativos lingüísticos aplicados á disciplina sintáctica: histórico, estruturalista, funcional e cognitivista.
— Adquisición dunha capacidade crítica básica para a avaliación dos distintos modelos teóricos en razón do grao de idoneidade dos mecanismos explicativos que achegan para dar conta dun mesmo fenómeno sintáctico.
— Percepción diacrónica da morfosintaxe da lingua grega, desde o seu entronque coa reconstrución indoeuropea ata a súa evolución cara ao grego moderno
— Reflexión sobre a relación entre os compoñentes sintácticos, léxico, semántico e pragmático na expresión dunha lingua dada (o grego antigo).
— Adquisición dos requisitos metodolóxicos esenciais na investigación nunha lingua de corpus.A materia consta de 6 créditos (6 x 25= 150 horas de dedicación do alumno).
A pauta de traballo será a seguinte:
— Sesións Expositivas: a explicación teórica estará sustentada con exemplos procedentes dos textos gregos.
— Sesións de Seminario: análise sintáctica de textos e recensións de lecturas.
Para apoio á docencia, realización de actividades e titoría, contarase cunha aula no Campus Virtual da USC.— Valorarase o traballo realizado polo alumno na aula ao longo do cuadrimestre: asistencia á aula, o seu esforzo e progreso na aprendizaxe a través da participación activa no labor a realizar nos seminarios, nas titorías, e nas actividades do Campus Virtual. Esta valoración constitúe o 20 % da cualificación final.
— Exame teórico-práctico da materia impartida que se realizará a finais do mes de marzo (40 % da cualificación final).
— Exame teórico-práctico da materia restante que se realizará na data oficial da 1.ª oportunidade (40 % da cualificación final).
Nestas dúas probas avaliarase o coñecemento e a comprensión por parte do alumnado dos contidos teóricos básicos e a súa aplicación á análise sintáctica dos textos gregos.
— Na segunda oportunidade, respectaranse os criterios de cualificación aplicados na primeira oportunidade. A data do exame será a oficial.
Os alumnos con dispensa de docencia recoñecida oficialmente deberán presentarse ao exame final (100 % da avaliación), que ten dúas oportunidades.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións".Tendo en conta que as horas presenciais son 51 horas quedan en mans do alumno 99 horas para realizar os traballos propostos na aula e profundar nos contidos da materia. Recoméndase que esas horas de estudo persoal o alumno as distribúa ao longo das semanas.
— É moi importante o repaso da morfoloxía nominal e verbal do grego antigo.
— Profundar no coñecemento da lingua inglesa.
-
Angel Ruiz Perez
- Departamento
- Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
- Área
- Filoloxía Grega
- Teléfono
- 881811886
- Correo electrónico
- angel.ruiz@usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria Mercedes Diaz De Cerio Diez
- Departamento
- Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
- Área
- Filoloxía Grega
- Teléfono
- 881811850
- Correo electrónico
- mmercedes.diazdecerio@usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
-
2º semestre - Do 27 de xaneiro ao 02 de febreiro Martes 11:00-12:00 Grupo /CLE_01 Castelán C09 Mércores 11:00-12:00 Grupo /CLIS_01 Castelán C08 Exames 23.05.2025 09:30-13:30 Grupo /CLIS_01 C08 23.05.2025 09:30-13:30 Grupo /CLE_01 C08 30.06.2025 09:30-13:30 Grupo /CLIS_01 C08 30.06.2025 09:30-13:30 Grupo /CLE_01 C08