-
Créditos ECTS
Créditos ECTS: 18Horas ECTS Criterios/Memorias
Horas de Titorías: 18.5
Clase Interactiva: 6.5
Total: 25Linguas de uso
Castelán, GalegoTipo:
Traballo Fin de Máster RD 1393/2007 - 822/2021Departamentos:
Fundamentos da Análise Económica, Bioquímica e Bioloxía Molecular, Microbioloxía e Parasitoloxía, Ciencias Morfolóxicas, Química Inorgánica, Química Física, Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía, Electrónica e Computación, Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica, Departamento externo vinculado ás titulacións, Bioloxía Funcional, Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física, Estatística, Análise Matemática e OptimizaciónÁreas:
Fundamentos de Análise Económica, Bioquímica e Bioloxía Molecular, Microbioloxía, Anatomía e Embrioloxía Humana, Química Inorgánica, Química Física, Nutrición e Bromatoloxía, Química Analítica, Tecnoloxía de Alimentos, Ciencia da Computación e Intelixencia Artificial, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica, Área externa M.U en Biociencias Moleculares [L], Bioloxía Celular, Fisioloxía Vexetal, Xenética, Estatística e Investigación OperativaCentro
Facultade de BioloxíaConvocatoria:
Traballos Fin de Grao e MásterDocencia:
Con docenciaMatrícula:
Matriculable -
- Capacidade para integrar creativamente os coñecementos para resolver un problema de ámbito profesional.
- Destreza na elaboración de informes.
- Destreza na presentación oral dun traballo, empregando os medios audiovisuais máis habituais.
- Capacidade para estruturar unha defensa sólida dos puntos de vista persoais apoiándose en fundamentos científico- técnicos e en razoamentos críticos.Exercicio integrador ou de síntese que permite aplicar as competencias adquiridas nas materias da titulación. Nel efectuarase a realización, presentación e defensa individual ante un tribunal universitario, dun proxecto en calquera dos ámbitos relacionados coas Biociencias Moleculares, no que se sinteticen e integren as competencias adquiridas nos ensinos do Máster.
O traballo fin de máster poderase realizar nalgunha das liñas de investigación ofertadas polos profesores do Máster. O tema de traballo específico será asignado pola comisión académica do máster a cada estudante, tendo en conta as liñas de traballo ofertadas, as preferencias manifestadas polo estudantado e as dispoñibilidades de profesorado.
Para determinar a procedencia ou viabilidade dunha temática para desenvolver como TFM, o/a estudante deberá presentar unha proposta seguindo un formulario normalizado ante a Comisión do Título de Máster en Biociencias Moleculares. Unha vez obtida a aprobación da proposta, o TFM poderá ser elaborado e presentado para a súa defensa pública.
A normativa do TFM da Facultade de Ciencias para esta titulación define os aspectos relativos ao TFM.Dependerán do tipo de proxecto que realice o/a estudante e o seu contido.
Comp02 - Desenvolver unha capacidade de liderado que permita ofrecer solucións oportunas e creativas en situacións profesionais complexas.
Comp07 - Que o estudantado teña a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
Comp08 - Ser capaz de comunicar conclusións e coñecementos de forma argumentada a públicos especializados e non especializados con claridade e precisión, tamén en linguas estranxeiras, principalmente en lingua inglesa.
Con03 - Coñecer os fundamentos e aplicacións dos principais métodos experimentais avanzados e técnicas analíticas e moleculares de vangarda utilizadas no ámbito de estudo das Biociencias Moleculares.
H/D06 - Interpretar resultados experimentais e identificar elementos consistentes e inconsistentes.
H/D08 - Aplicar os coñecementos adquiridos na planificación e implementación de proxectos de investigación.
H/D09 - Aplicar axeitadamente os coñecementos e técnicas adquiridos para analizar unha situación ou concepto complexos e atopar unha maneira de solucionalos.O TFM consiste na realización dun exercicio integrador ou de síntese que permita aplicar as competencias adquiridas nas materias da titulación. Fundamentalmente trátase dun módulo de traballo persoal do/da estudante, no que se contemplan ademais as horas de titoría personalizada co profesor-titor do TFM
Para a realización e exposición do TFM a metodoloxía docente de apoio ao estudantado que vai utilizarse será a de titorías individuais, co fin de atender as necesidades específicas de cada traballo fin de máster que deberá ser un exercicio orixinal e individual.
A utilización da plataforma da USC virtual permitirá axilizar o fluxo de información bidireccionalmente entre estudante e profesor, imprimindo axilidade á docencia da materia, e facilitando o acceso á documentación por parte do/da estudante.A avaliación do traballo fin de máster será levada a cabo por parte dun tribunal universitario segundo os criterios que figurarán na Normativa de TFM.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o establecido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos/das estudantes e de revisión das cualificacións”.O/A estudante, xunto coa proposta entregará un cronograma no que se detallen as actuacións para acometer, así como a súa distribución temporal, de forma que se xustifiquen as horas totais de traballo necesarias para superar o TFM, 450 horas. A actividade formativa comprende 18 créditos ECTS, distribuídos da seguinte forma:
Seminarios: 6,5 horas.
Titorías individuais: 18,5 horas.
Traballo fin de máster: 425 horas de traballo do/da estudante.Facer uso frecuente das titorías para calquera tipo de cuestión relacionada coa materia.
Natureza do traballo fin de máster: o traballo fin de máster consiste na realización dun proxecto individual que deberá ser un traballo orixinal no que se acrediten os coñecementos e destrezas adquiridas durante os estudos realizados no Máster. Segundo o Regulamento de matrícula, elaboración e defensa dos traballos fin de máster e fin de máster da Universidade de Santiago de Compostela, aprobado polo Consello de Goberno o 10 de marzo de 2016, incluirá, como mínimo, tarefas de procura e revisión bibliográfica, lectura e integración de información, elaboración de información relevante, redacción e presentación e defensa pública.
Os traballos fin de máster deberán ter un titor que será o que asista na dirección ao/á estudante. Tamén poderán nomearse cotutores coas funcións previamente determinadas. A metodoloxía dos traballos será fixada polo titor e cotutores do Traballo, en función do tipo de TFM que o/a estudante vai realizar.
Unha vez finalizado o traballo, o/a estudante deberá realizar unha memoria, que deberá presentar ao tribunal correspondente.
A avaliación do TFM será levada a cabo por parte dun tribunal universitario segundo os criterios da Normativa de TFM e en base á Rúbrica de Avaliación de TFM.
Tanto a normativa como a Rúbrica serán elaboradas pola Comisión Académica do título de acordo co Regulamento de matrícula, elaboración e defensa dos traballos fin de máster e fin de máster da Universidade de Santiago de Compostela e a guía docente da materia.
Normativa sobre protección de datos e uso de imaxes en traballos académicos e prácticas externas
Segundo o disposto na Resolución Reitoral relativa ao procedemento de avaliación previa dos traballos académicos que impliquen a intervención con persoas, a obtención de mostras ou o tratamento de datos persoais, os Traballos de Fin de Grao (TFG), Traballos de Fin de Máster (TFM), así como as prácticas externas e o Practicum, deberán axustarse estritamente á normativa vixente en materia de protección de datos persoais.
Isto implica que o estudantado deberá:
• Identificar claramente que datos persoais se recollen e con que finalidade.
• Obter os consentimentos pertinentes das persoas implicadas.
• Garantir a confidencialidade e seguridade da información tratada.
• Respectar en todo momento os dereitos das persoas participantes.
En calquera caso, se o traballo ou as prácticas implican o tratamento de datos de carácter persoal, será obrigatorio contar cun informe favorable do Comité de Bioética da USC. Para iso, deberase solicitar previamente a avaliación á Comisión de Avaliación Previa dos Traballos Académicos da Facultade de Ciencias.
Protección da propia imaxe e uso de contido audiovisual
• Está prohibido fotografar ou gravar en vídeo persoas ou instalacións sen contar coa autorización explícita do centro de destino.
• No caso de dispoñer desa autorización, as imaxes ou vídeos non poderán mostrar elementos que permitan identificar menores ou profesionais (por exemplo, deberán tomarse de costas, enfocando mans, etc.).
• Queda terminantemente prohibido difundir en redes sociais ou en calquera outro medio material audiovisual ou información relativa a menores ou centros educativos, fóra do contexto académico e dos traballos ou memorias.
Para máis información sobre as obrigas legais en materia de protección de datos persoais, pode consultarse a política de privacidade da USC en:
https://www.usc.gal/gl/politica-privacidade-proteccion-datos
https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/secretaria-xeral/prot…
-