-
Créditos ECTS
Créditos ECTS: 6Horas ECTS Criterios/Memorias
Traballo do Alumno/a ECTS: 138.5
Horas de Titorías: 8
Clase Interactiva: 3.5
Total: 150Linguas de uso
Castelán, GalegoTipo:
Traballo Fin de Máster RD 1393/2007 - 822/2021Departamentos:
Economía Financeira e Contabilidade, Economía AplicadaÁreas:
Economía Financeira e Contabilidade, Economía AplicadaCentro
Facultade de Ciencias Económicas e EmpresariaisConvocatoria:
Traballos Fin de Grao e MásterDocencia:
Con docenciaMatrícula:
Matriculable | 1ro curso (Si) -
· Aprender a metodoloxía a seguir para desenvolver un traballo orixinal: búsqueda bibliográfica, planificación e desenvolvemento de tarefas, análises de datos, propostas de mellora e conclusións do traballo.
· Aplicar a lexislación e as técnicas ou ferramentas de análise e decisión que sexan necesarias en relación co ámbito concreto de estudio.
· Desenvolver a capacidade de facer crítica dos éxitos, os erros e resultados propios, e de responsabilizarse en adquirir e transmitir coñecementos.
· Desenvolver a capacidade de expresarse correctamente na terminoloxía propia da dirección e xestión contable e financeira.
· Aplicar os coñecementos adquiridos e a capacidade de resolución de problemas desenvolvida ao longo do máster en entornos novos ou pouco coñecidos ou dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados co ámbito do TFM.O traballo Fin de Máster consistirá na elaboración, por parte do alumnado, de un traballo orixinal no que se acrediten os coñecementos e destrezas adquiridas durante o transcurso do máster. Incluirá, como mínimo, tarefas de búsqueda e revisión bibliográfica, lectura e integración de información, elaboración de información relevante, redacción e presentación e defensa. Os contidos do TFM estarán dentro do ámbito profesional do director ou xestor contable e financeiro.
Establecerase en función do tipo de traballo a realizar.
BÁSICAS E XERAIS
G1 - capacidade para a toma de decisións de xestión no ámbito financeiro e contable da empresa, en situacións de incerteza que emulen a realidade, así como para xestionar a información.
G2 - capacidade para elaborar e defender argumentos sobre cuestións especializadas e resolver problemas sobre estas cuestións, facendo uso do coñecemento adquirido sobre a realidade financeira e contable da empresa, as teorías, os modelos e os métodos axeitados.
G3 - capacidade para comunicar información, ideas, problemas de xestión financeira e contable e propostas de solución, facendo uso tanto da linguaxe verbal e escrita como de técnicas de presentación, a públicos especializados e non especializados.
G4 - capacidade de traballo en equipo e desenvolvemento de habilidades directivas. A toma de decisións contén determinados riscos que é fundamental tomar de forma consciente. Esta toma de decisións require a integración da información aportada por persoas con distintos puntos de vista e información que pode resultar dispar ou responder a obxectivos diferentes. O alumnado deberá ser capaz de integrar estes puntos de vista distintos, desenvolvendo as habilidades sociais para interactuar como membro de un equipo de traballo.
G5 - capacidade crítica e autocrítica. O alumnado ten que ser capaz de formarse un criterio propio, integrando os coñecementos adquiridos, para determinar as bases sobre as que asentar os seus posicionamentos.
G6 - capacidade de aprendizaxe autónoma para que o alumno poida seguir actualizándose constantemente no ámbito financeiro e contable, no que xorden continuamente novas teorías e prácticas.
CB6 - Posuír e comprender coñecementos que aporten unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación
CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en entornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudio
CB8 - Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partires de unha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos
CB9 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados de un modo claro e sen ambigüidades
CB10 - Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando de un modo que haberá de ser en gran medida autodirixido o autónomo.
TRANSVERSALES
T1 - Organización e planificación
T2 - coñecementos de tecnoloxía da información relativos ao ámbito de estudio.
T4 - Sentido ético
T5 - Iniciativa e espírito emprendedor
T6 - Creatividade e capacidade innovadoraNo primeiro semestre solicitarase ao alumnado que indiquen as súas preferencias sobre a área de estudio no seu TFM, de cara a asignar a cada un un/unha titor/ra. A Comisión Académica do Máster será a encargada de asignar a cada estudante un titor/ra, que será quen oriente e asesore ao estudante na realización d TFM. Para avaliar a pertinencia de unha determinada temática a desenvolver como TFM, o estudante deberá presentar unha proposta seguindo un formulario normalizado diante da Comisión Académica do Máster. Unha vez obtida a aprobación da proposta, o TFM poderá ser elaborado, e presentado para a súa defensa cando o alumnado teña superado as restantes materias do máster, tal e como establece a Normativa de Matrícula, Elaboración e Defensa dos traballos de fin de grao e fin de máster na USC, aprobada polo Consello de Goberno de 2 de maio de 2013.
O titor ou titora programará sesións de traballo cos estudantes, nas que establecerá a programación das tarefas a realizar e orientará o traballo. Será responsable de expoñer a cada estudante as características do traballo, de orientalo no seu desenvolvemento e de velar polo cumprimento dos obxectivos fixados, así como de realizar o seguimento e emitir o preceptivo informe confidencial sobre este seguimento antes da defensa do traballo e para os efectos de que se teña en conta polo tribunal avaliador. As actividades de traballo persoal do alumnado inclúen, ademais do tempo dedicado á redacción do TFM, a búsqueda, lectura e síntese de material bibliográfico relacionado co tema obxecto de estudio e a preparación da defensa do TFM ante un tribunal universitario.
Esta materia conta cunha Guía docente na aula virtualInforme do tribunal (TFM) 60% da nota
Informe do titor/a (TFM) 40% da nota
A Defensa do TFM será de forma presencialTitorías individuais: horas presenciais: 14
Búsqueda e consulta de información (TFM) 20h
Elaboración do traballo Fin de Máster 100h
Preparación da defensa pública do traballo Fin de Máster 15h
Avaliación (defensa do TFM) 1hRecomendacións e requisitos previos: o alumnado deberá ter superado todas as materias, obrigatorias e optativas, que configuran o programa do Máster (a excepción do propio TFM), para poder presentar e defender o seu traballo Fin de Máster. Existe a posibilidade de que, no caso do alumnado que realice prácticas, a temática do TFM poida vincularse ao desenvolvemento das mesmas, de xeito tal que o estudante aproveite o seu período de prácticas para deseñar, aplicar e documentar algún tipo de mellora na xestión financiero-contable da entidade na que se encontre.
Utilización do campus virtual
-
Jaime Gaya Moreno
- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Economía Aplicada
- Correo electrónico
- jaime.gaya@usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOSU
-