-
Créditos ECTS
Créditos ECTS: 4.5Horas ECTS Criterios/Memorias
Traballo do Alumno/a ECTS: 74.2
Horas de Titorías: 2.25
Clase Expositiva: 18
Clase Interactiva: 18
Total: 112.45Linguas de uso
Castelán, GalegoTipo:
Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021Departamentos:
Economía Financeira e ContabilidadeÁreas:
Economía Financeira e ContabilidadeCentro
Facultade de Ciencias Económicas e EmpresariaisConvocatoria:
Segundo semestreDocencia:
Con docenciaMatrícula:
Matriculable -
* Ser capaz de ler, comprender e avaliar criticamente a información contida nos estados financeiros
* Capacidade de detectar os efectos da discreción contable e das estratexias de divulgación da información na imaxe amosada polos estados financeiros
* Desenvolver destrezas no emprego das diferentes técnicas de análise a fin de extraer indicadores que permitan avaliar a situación económico-financeira da empresaConcepto e obxectivos da análise de estados financeiros. Instrumentos de Análise.
A análise da empresa e a súa contorna. Posición da empresa no sector. Fontes de información.
Análise contable. Estudo do impacto dos PCXA. A calidade dos datos contables. Manipulación da información.
Análise do ciclo de explotación. Necesidades financeiras. Fondo de Rotación e Equilibrio financeiro.
Estudo da situación financeira a través de razóns. Liquidez. Solvencia. Endebedamento.
Estudo da xeración de recursos e liquidez. Análise dos estados de fluxos financeiros.
Análise dos resultados e a rendibilidade. Rendibilidade económica e financeira. Compoñentes da rendibilidade. Rendibilidade e endebedamento. Rendibilidade bolsista. Apancamento operativo e financeiro.Básica:
ARCHEL DOMENCH, P. ET AL. (2022): Estados contables: Elaboración, Análisis e Interpretación. Ed. Pirámide.
PALOMARES, J., PESET, M.J. (2015): Estados financieros. Interpretación y análisis. Ed. Pirámide.
RIVERO TORRE, P. (2021): Análisis de Balances y Estados complementarios. Ed. Pirámide.
Facilitaranse as referencias na aula e a través do campus virtual para aqueles temas nos que se considere necesario.BÁSICAS E XERAIS
CB1 - Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e se adoita atopar a un nivel que, malia que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado coma non especializado
CB5 - Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
CG3 - Saber identificar, reunir e interpretar datos relevantes sobre cuestións relacionadas co ámbito empresarial, incorporando na elaboración de xuízos e propostas as consideracións pertinentes sobre a súa dimensión social, científica ou ética
TRANSVERSAIS
CT1 - Análise e síntese
CT3 - Comunicación oral e escrita
CT7 - Toma de decisións
CT8 - Razoamento crítico
ESPECÍFICAS
A4 - Os fundamentos teóricos da tóma de decisións
D3 - Valorar a partir dos rexistros relevantes de información a situación e previsible evolución dunha empresa
D11 - Comunicarse con fluidez na súa contorna e traballar en equipoAs sesións de aula dedicadas ás clases expositivas teñen como obxectivo a introdución e explicación dos aspectos básicos de cada tema recollido no programa.
As sesións interactivas dedícanse á resolución de diferentes casos e exercicios, á discusión de solucións doutros exercicios propostos para resolver polo alumnado e ao debate ou discusión técnica sobre cuestións diversas. A maioría dos exercicios formulados resolveranse empregando Excel.
A asistencia e participación activa en ambos tipos de sesións (expositivas e interactivas), ademais de ser obrigatoria, tal e como recolle o artigo 130, punto 2, dos Estatutos da Universidade de Santiago de Compostela, é moi importante para a superación da materia.
Esta materia conta con Aula Virtual que será empregada para, entre outras cuestións:
* Expor unha guía docente na que se tratarán con detalle aspectos relativos á organización das clases, ao estudo e á avaliación da materia. Esta guía docente coméntase na aula durante a primeira sesión de clase.
* Facilitar ao alumnado o material que serve de guía para as sesións expositivas e de base para o traballo nas clases interactivas.
* Establecer as indicacións sobre tarefas a realizar relacionadas coa avaliación continua do alumnado e, de ser o caso, a entrega ou realización desas tarefas a través deste medio.
* Comunicar e comentar aspectos importantes, resolver dúbidas e manter unha comunicación entre todos os participantes na aula.A avaliación da materia lévase a cabo a través de dúas actuacións: avaliación continua e proba teórica-práctica final.
A avaliación continua terá un peso do 30% na cualificación e consistirá na realización de actividades diversas, individuais ou en grupo, tales como probas na aula, entrega de exercicios, procura e análise de información, debates... A asistencia á clase non será valorada por si mesma.
A relación das diferentes actividades avaliables ao longo do curso, así como a súa ponderación e seguimento indicaranse na guía docente da materia que estará publicada na aula virtual ao comezo do cuadrimestre.
A proba teórico-práctica final na que se avaliará o dominio dos conceptos teóricos adquiridos así como a súa aplicación a casos prácticos, será obrigatoria e terá un peso de ata 7 puntos na nota final. O/a alumno/a deberá conseguir nesta proba un mínimo de 2,8 puntos sobre 7.
A cualificación final determinarase sumando a nota obtida no exame e a correspondente á avaliación continua, sempre que a primeira supere a nota mínima esixida. En caso contrario, a cualificación que se recollerá en actas será a obtida no exame. Para aprobar a materia a suma deber ser igual a 5 ou superior.
Esta forma de avaliación será de aplicación nas dúas oportunidades. Para tal efecto, a cualificación correspondente á avaliación continua ao longo do curso académico considerarase nas dúas convocatorias.
O sistema de avaliación é único para o alumnado de primeira e posteriores matrículas. Con todo, aquel alumnado con 3 ou menos materias pendentes, a súa cualificación será a maior de:
* o resultado de sumar a nota da avaliación continua obtida no curso actual ou no anterior (30%) á obtida no exame (70%)
* a valoración do exame (100% da cualificación final).
Aquel alumnado que acredite de forma oficial que lle foi concedida dispensa de asistencia a clase realizará un exame teórico-práctico cuxa valoración representará o 100% da cualificación final. Para superar a materia o alumnado con dispensa deberá obter unha nota mínima de 5 sobre 10 nese exame teórico-práctico.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Avaliación de competencias
Avaliación continua: CB1, CB2, CB3, CB4, CB5, CG3, CT1, CT3, CT7, CT8, A4, D3, D11
Exame final: CB1, CB2, CB3, CB4, CB5, CG3, CT1, CT3, CT7, CT8, A4, D3, D11
Traballo presencial na clase:
-Clases de pizarra en grupo grande: 18
-Clases de pizarra en grupo reducido: 18
-Titorias en pequenos grupos ou individualizadas: 4
-Outras sesións con profesor/a: Exames e revisións: 5
Total de horas de traballo presencial na aula: 45
Traballo non presencial:
-Estudo autónomo individual e en grupo: 35
-Preparación de traballos en grupo, elaboración de conclusións, redacción final...: 10
-Lecturas recomendadas, biblioteca ou actividades similares: 8
-Preparación de exercicios, discusións ou semellantes: 12
-Participación nas conferencias, exposicións e outras actividades recomendadas: 2,5
Total de horas de traballo persoal do alumnado 67,5Considérase necesario
-A revisión dos coñecementos adquiridos nas materias contables previas, en particular de Contabilidade Financeira e Estados Contables
-A preparación das sesións na aula, a través da lectura do material teórico e a resolución previa dos exercicios propostos.
-A participación activa na clase e a discusión de dúbidas na aula e nas horas de titoría.
-
Maria Del Rosario Vidal Lopo
Coordinador/a- Departamento
- Economía Financeira e Contabilidade
- Área
- Economía Financeira e Contabilidade
- Teléfono
- 881811613
- Correo electrónico
- mdelrosario.vidal@usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Noelia Maria Romero Castro
- Departamento
- Economía Financeira e Contabilidade
- Área
- Economía Financeira e Contabilidade
- Teléfono
- 982824478
- Correo electrónico
- noe.romero@usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Lucia Rey Ares
- Departamento
- Economía Financeira e Contabilidade
- Área
- Economía Financeira e Contabilidade
- Teléfono
- 881811650
- Correo electrónico
- lucia.rey.ares@usc.es
- Categoría
- PROFESOR/A PERMANENTE LABORAL
Maria Luz Garrido Gonzalez
- Departamento
- Economía Financeira e Contabilidade
- Área
- Economía Financeira e Contabilidade
- Correo electrónico
- luz.garrido@usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución redución docencia
-
2º semestre - Do 27 de xaneiro ao 02 de febreiro Martes 12:30-13:30 Grupo /CLE_01 Castelán Aula 28 Mércores 18:00-19:00 Grupo /CLE_02 Galego Aula 28 Xoves 09:30-11:30 Grupo /CLE_01 Castelán Aula 28 16:30-18:30 Grupo /CLE_02 Galego Aula 29 Exames 23.01.2025 09:00-12:00 Grupo /CLE_01 Aula A 23.01.2025 09:00-12:00 CLIS_5 Aula A 23.01.2025 09:00-12:00 Grupo /CLIS_4a Aula A 23.01.2025 09:00-12:00 Grupo /CLE_02 Aula A 23.01.2025 09:00-12:00 Grupo /CLIS_1a Aula A 23.01.2025 09:00-12:00 Grupo /CLIS_1b Aula A 23.01.2025 09:00-12:00 Grupo /CLIS_4b Aula A 23.01.2025 09:00-12:00 CLIS_6 Aula A 23.01.2025 09:00-12:00 Grupo /CLIS_3 Aula A 23.01.2025 09:00-12:00 Grupo /CLIS_2 Aula A 02.06.2025 12:00-15:00 Grupo /CLIS_1a Aula A 02.06.2025 12:00-15:00 Grupo /CLIS_1b Aula A 02.06.2025 12:00-15:00 Grupo /CLIS_4b Aula A 02.06.2025 12:00-15:00 CLIS_6 Aula A 02.06.2025 12:00-15:00 Grupo /CLIS_3 Aula A 02.06.2025 12:00-15:00 Grupo /CLIS_2 Aula A 02.06.2025 12:00-15:00 CLIS_5 Aula A 02.06.2025 12:00-15:00 Grupo /CLE_01 Aula A 02.06.2025 12:00-15:00 Grupo /CLIS_4a Aula A 02.06.2025 12:00-15:00 Grupo /CLE_02 Aula A 02.06.2025 12:00-15:00 Grupo /CLE_01 Aula C 02.06.2025 12:00-15:00 Grupo /CLIS_3 Aula C 02.06.2025 12:00-15:00 Grupo /CLIS_2 Aula C 02.06.2025 12:00-15:00 CLIS_5 Aula C 02.06.2025 12:00-15:00 Grupo /CLIS_4a Aula C 02.06.2025 12:00-15:00 Grupo /CLE_02 Aula C 02.06.2025 12:00-15:00 Grupo /CLIS_1a Aula C 02.06.2025 12:00-15:00 Grupo /CLIS_1b Aula C 02.06.2025 12:00-15:00 Grupo /CLIS_4b Aula C 02.06.2025 12:00-15:00 CLIS_6 Aula C 11.07.2025 12:00-15:00 Grupo /CLIS_1a Aula 09 11.07.2025 12:00-15:00 Grupo /CLIS_1b Aula 09 11.07.2025 12:00-15:00 Grupo /CLIS_4b Aula 09 11.07.2025 12:00-15:00 CLIS_6 Aula 09 11.07.2025 12:00-15:00 Grupo /CLIS_3 Aula 09 11.07.2025 12:00-15:00 Grupo /CLIS_2 Aula 09 11.07.2025 12:00-15:00 Grupo /CLE_01 Aula 09 11.07.2025 12:00-15:00 CLIS_5 Aula 09 11.07.2025 12:00-15:00 Grupo /CLIS_4a Aula 09 11.07.2025 12:00-15:00 Grupo /CLE_02 Aula 09 11.07.2025 12:00-15:00 CLIS_5 Aula A 11.07.2025 12:00-15:00 Grupo /CLIS_4a Aula A 11.07.2025 12:00-15:00 Grupo /CLE_02 Aula A 11.07.2025 12:00-15:00 Grupo /CLIS_1a Aula A 11.07.2025 12:00-15:00 Grupo /CLE_01 Aula A 11.07.2025 12:00-15:00 Grupo /CLIS_1b Aula A 11.07.2025 12:00-15:00 Grupo /CLIS_4b Aula A 11.07.2025 12:00-15:00 CLIS_6 Aula A 11.07.2025 12:00-15:00 Grupo /CLIS_3 Aula A 11.07.2025 12:00-15:00 Grupo /CLIS_2 Aula A