Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 67.5 Horas de Titorías: 2 Clase Expositiva: 25 Clase Interactiva: 3 Clínicos EEES: 15 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Patoloxía Animal
Áreas: Sanidade Animal
Centro Facultade de Veterinaria
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
A formación que os alumnos adquiren nesta disciplina achega ao profesional veterinario un amplo coñecemento sobre as causas, natureza, mecanismos de transmisión, acción patóxena, diagnóstico, tratamento e medidas de prevención e control dos principais procesos parasitarios que afectan aos animais, tanto de forma individual como colectiva, e especialmente, neste último caso, posto que as enfermidades parasitarias están entre os procesos patolóxicos máis comúns das colectividades animais. Así mesmo, os coñecementos adquiridos no estudo desta materia son básicos para controla-las afeccións que se transmiten dos animais ao ser humano (zoonoses) e de certas enfermidades de declaración obrigatoria. Do mesmo xeito, o estudo desta disciplina é básico para establece-los correspondentes Programas de Sanidade Animal e Saúde Pública Veterinaria que a administración debe elaborar e implantar para manter e mellorar no posible o estado da gandería española e da saúde humana.
Obxectivos xerais da materia
• Obxectivo 1. Coñece-los conceptos básicos e a terminoloxía científica que se emprega no eido das enfermidades parasitarias.
• Obxectivo 2. Identifica-los signos clínicos e as lesións das principais enfermidades parasitarias producidas por helmintos (trematodos, cestodos e nematodos) dos animais; establece-los diagnósticos diferenciais baseándose nos datos recollidos na anamnese, na exploración física regrada do animal e nos factores epidemiolóxicos que inflúen na enfermidade e nos resultados das probas do laboratorio.
• Obxectivo 3. Identifica-los factores de risco asociados coa aparición de enfermidades parasitarias no animal ou no colectivo, incluíndo os medioambientais e de bioseguridade.
• Obxectivo 4. Decidir en función do cadro clínico qué tipo de mostras teñen que tomarse e cómo debe facerse. Remitir de forma axeitada as mostras ó laboratorio e os seus correspondentes informes.
• Obxectivo 5. Aplica-las normas de bioseguridade básicas na toma de mostras sospeitosas e a súa manipulación, tanto en condicións de campo como na sala de necropsias, matadoiros e no laboratorio.
• Obxectivo 6. Coñecer, seleccionar e prescribir tratamentos e, no seu caso, vacinas necesarias para a loita antiparasitaria, tendo en conta as interaccións, contraindicacións e efectos secundarios dos diferentes protocolos terapéuticos, así como o problema das resistencias aos fármacos.
O programa desta disciplina divídese nunha parte xeral na que se tratan aspectos básicos da enfermidade parasitaria e unha parte adicada ó estudo dos aspectos epidemiolóxicos, patoxénicos, clínicos, diagnósticos e terapéuticos e medidas de prevención das distintas enfermidades producidas por helmintos (trematodos, cestodos e nematodos) de interese veterinario, facendo especial fincapé nos máis frecuentes no noso entorno.
PROGRAMA XERAL DA MATERIA
BLOQUE TEMATICO I. XENERALIDADES (3 horas)
A enfermidade parasitaria: nomenclatura, importancia económica e sanitaria.
Manifestacións clínicas e diagnóstico
Control e prevención
BLOQUE TEMÁTICO II. HELMINTOSES (22 horas)
TREMATODOSES (4 horas)
Fasciolose
Paranfistomose
Dicroceliose
CESTODOSES (3 horas)
Cestodoses intestinais
Cisticercose
Cenurose
Hidatidose
NEMATODOSES (15 horas)
Estronxilidoses gastrointestinais de ruminantes e porcos
Estronxiloses equinas
Broncopneumonías verminosas de ruminantes e carnívoros
Ancilostomatidose dos carnívoros
Ascaridioses de mamíferos e aves
Dirofilariose canina e felina e outras filarioses
Oxiurose, habronemose e thelaziose
Tricurose, capilariose e triquinelose
PROGRAMA PRÁCTICO
O programa práctico compleméntase co da materia Enfermidades parasitarias II e constará de 5 sesións distribuídas do seguinte xeito:
1.- EPAR I C1. Exame coprolóxico I: Exame directo de feces frescas. Técnicas de concentración de formacións parasitarias: sedimentación e migración larvaria. Emprego doutros novos procedementos de exame tipo FLOTAC. (3 horas). Lugar: Laboratorio pavillón 1, Planta primeira.
2.- EPAR I C2. Exame coprolóxico II: Flotación en solución saturada de ClNa. (Exame cuantitativo: método de McMaster). Flotación en solución de sacarosa. (Exame cualitativo). Coprocultivos e identificación de larvas 3 de Strongylidae (3 horas). Lugar: Laboratorio pavillón 1, Planta primeira.
3.- EPAR I C3. Deseño de Programas de control parasitario en carnívoros domésticos. (3 horas). Lugar: Laboratorio pavillón 1, Planta primeira.
4.- EPAR I C4. Exame de tecido muscular: Dixestión artificial para o diagnóstico de Trichinella. Método compresorio para o diagnóstico de parasitos musculares (Sarcocystis). (3 horas). Lugar: Laboratorio pavillón 1, Planta primeira.
5.- EPAR I C5. Monitorización e control das infeccións por parasitos dixestivos en gando vacún. Procedementos de recollida e conservación de mostras. (4 horas). Lugar: Granxa Campus Terra.
Cada sesión práctica consta de 3 horas presenciais nas que os estudantes aprenderán e realizarán os procedementos e técnicas de diagnóstico parasitolóxico e valorarán e analizarán a súa aplicación a distintos casos clínicos. Na práctica (EPAR I C5) o alumnado disporá de 60 minutos adicionais para desprazarse á granxa e cambiarse de roupa e calzado. A toma de mostras levarase a cabo, sempre que sexa posible, sobre animais vivos ou os seus cadáveres en granxas ou establecementos nos que o estudante desenvolverá un traballo activo.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
1.- BOWMAN, D. D (2011). Georgis Parasitología para veterinarios. (9ª edición). Editorial Elsevier España. Madrid.
2.- CORDERO, M. ROJO, F.A. y col. (1999). Parasitología Veterinaria. Ed. McGraw-Hill Interamericana.
3.- DEPLAZES, P., ECKERT, J., MATHIS, A., VON SAMSON-HIMMELSTJERNA, G., HORST ZAHNER, H. (2016). Parasitology in Veterinary Medicine. Wageningen Academic Publishers.
4.- GARIJO, M.; ORTEGA, J.; CARDELLS, J.; GÓMEZ, M.T. (2012). Atlas de patología parasitaria en rumiantes. Ed Merial Laboratorios SA, Barcelona. 400pp.
5.- KAUFFMAN, J. (1996). Parasitic Infections of Domestic Animals. Virkhäuser Verlag. Basel, Boston, Berlín.
6.- MEHLHORN, H., D. DÜWELL, W. RAETHER (1992). Altas de Parasitología Veterinaria. Grass Ed. Barcelona.
7.- SÁNCHEZ ACEDO, C. et al. (2003). Enfermedades parasitarias del ganado ovino y caprino. Ediciones GEA (Barcelona).
8.- TAYLOR, MA; COOP, RL; WALL, RL (2007). Veterinary Parasitology.(3ª edición). Blackwell Publishing, Oxford.
9.- URQUHART, G.M., ARMOUR, J.L. DUNCAN, A.M. DUNN &F.W. JENNINIGS (2001). Parasitología Veterinaria. Ed. Acribia, Zaragoza.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
1.- ARIAS, S (2010). Trematodoses. Unidade didáctica . Vicerreitoría de Estudantes, cultura e formación continua.
https://www.usc.gal/export9/sites/webinstitucional/gl/servizos/snl/dina…
2.- DIAZ, P; PANADERO, R (2011). Cestodoses. Unidade didáctica 3. Vicerreitoría de Estudantes, cultura e formación continua.
https://www.usc.gal/export9/sites/webinstitucional/gl/servizos/snl/dina…
3.- MEANA, A.; ROJO, F. (2010). 87 Q6A sobre parasitología equina. Editorial Servet, Zaragoza. 248pp.
4.- MEANA, A.; ROJO, F. (2013). 60 Q6A sobre parasitología bovina. Editorial Servet, Zaragoza. 220pp.
5.- PANADERO, R; DÍAZ, P (2016). Estronxilidoses gastrointestinais de ruminantes e porcos. Unidade didáctica 4. Servizo de Normalización lingüística.USC.
6.- PANADERO, R; DÍAZ, P (2017). Estronxilidoses equinas. Unidade didáctica 5. Servizo de Normalización lingüística. USC.
7.- PANADERO, R; DÍAZ, P (2018). Dirofilariose canina e felina e outras filarioses. Unidade didáctica 8. Servizo de Normalización lingüística. USC.
8.- PANADERO, R.; REMESAR, S. (2022). Broncopneumonías parasitarias. Unidade didáctica 6. Servizo de Normalización lingüística. USC
Paxinas web recomendadas:
-Hidatidose e cenurose
http://www.ceresnet.com/ceresnet/esp/servicios/teleformacion/tecnologia…
-Dirofilariose: guía para veterinarios e información, glosario e videos para propietarios e estudantes
http://www.heartwormsociety.org/
-The Trichinella page: información, imaxes e vídeos sobre o nematodo
http://www.trichinella.org/index.htm
-Guías ESCCAP para o control de vermes en cans, gatos e cabalos
https://www.esccap.es/guias-esccap
Competencias xenéricas
GVUSC01. Capacidade de aprendizaxe e adaptación.
GVUSC02. Capacidade de análisis e síntese.
GVUSC03. Coñecementos xerais sobre o área de traballo.
GVUSC05. Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica.
GVUSC06. Capacidade de traballar de forma autónoma e en equipo.
GVUSC09. Capacidade de comunicarse en distintos ámbitos.
GVUSC10. Compromiso ético e asunción de responsabilidades.
Competencias Específicas disciplinares
CEDVUSC 05. Principios básicos e aplicados da resposta inmune.
CEDVUSC 07. Coñecemento da alteración da estructura e función do organismo animal.
CEDVUSC 08. Coñecemento e diagnóstico das distintas enfermidades animais, individuais e colectivas, e as súas medidas de prevención, con especial énfase nas zoonoses e nas enfermidades de declaración obrigatoria.
CEDVUSC 09. Bases xerais dos tratamentos médico-quirúrxicos.
CEDVUSC 15. Coñecer os dereitos e obrigas do/da/ veterinario/a, con especial incidencia nos principios éticos.
Competencias Específicas profesionais
D1VUSC 01. Levar a cabo a historia e a exploración clínica dos animais.
D1VUSC 02. Recoller e remitir especimes co seu correspondente informe.
D1VUSC 03. Levar a cabo técnicas analíticas básicas e interpretar resultados clínicos, biolóxicos e químicos.
D1VUSC 04. Diagnosticar as enfermidades máis comúns, mediante o emprego dos protocolos e técnicas complementarias de diagnóstico.
D1VUSC 07. Levar a cabo os tratamentos médico-quirúrxicos básicos nos animais.
D1VUSC 08. Prescribir, manexar e administrar correctamente os medicamentos de uso veterinario.
D1VUSC 17. Realizar informes técnicos propios das competencias veterinarias.
Competencias Específicas Académicas
CEAVUSC 01. Analizar, sintetizar, resolver problemas e tomar decisións nos ámbitos profesionais do/da veterinario/a.
CEAVUSC 02. Manter un comportamento ético no exercicio das súas responsabilidades ante a profesión veterinaria e a sociedade.
CEAVUSC 03. Divulgar a información obtida durante o exercicio profesional do/da veterinario/a de forma fluida, oral e escrita, con outros colegas, autoridades e a sociedade en xeral
CEAVUSC 04. Buscar e xestionar a información relacionada coa actividade do/da veterinario/a.
CEAVUSC 05. Conocer y aplicar el método científico en la práctica profesional incluyendo la medicina basada en la evidencia.
CEAVUSC 06. Saber buscar asesoramento e axuda profesional.
CEAVUSC 08. Ser consciente da necesidade de manter actualizados os coñecementos, habilidades e actitudes das competencias profesionais mediante un proceso de formación permanente.
Competencias transversais
CTVUSC 01 Capacidade para o razonamento e a argumentación.
CTVUSC 02 Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada por diversos medios, como información bibliográfica e Internet, e analizala dunha forma crítica.
CTVUSC 03 Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible.
CTVUSC 04 Capacidade para realizar unha exposición en público de forma clara, coherente e escueta.
CTVUSC 05 Habilidade no manexo das TICs.
CTVUSC 07 Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos.
Os contidos do programa impartiranse mediante:
• Sesións expositivas:
Clases teóricas:
Son leccións maxistrais de tipo expositivo-interrogativo que se desenvolverán na aula a un grupo completo e terán unha duración de 50 minutos. As clases desenvolveranse en base a presentacións multimedia e abordarán os contidos do programa: proxectaranse contidos orixinais escritos e material gráfico. O alumnado terá acceso a un resumen de ditos temas a través do campus virtual.
Seminarios (EPAR I S1-S3):
Son actividades complementarias baseadas na resolución de casos clínicos ou exposición de temas sobre distintos aspectos de interese ou actualidade relacionados coas helmintoses que afectan ós animais domésticos e silvestres. Estarán impartidos por persoal académico, profesionais veterinarios ou por alumnado que de forma voluntaria elabore un traballo. Os seminarios desenvolveranse no aulario da facultade.
Titorías (EPAR I T):
Existe unha titoría en grupo programada no calendario oficial e que se desenvolverá de xeito presencial ao comezo do semestre no aulario da facultade. A finalizade desta sesión é a de presentar a materia, expoñer os contidos, metodoloxía e avaliación, así como resolver as dúbidas que se plantexen. Tamén se poderán realizar titorías individuais non programadas, realizadas a demanda do alumnado nos horarios establecidos, nas que este terá a oportunidade de consultar e resolver todas as dúbidas xurdidas durante las sesións teóricas ou prácticas; tamén se dedicarán á supervisión de traballos e/ou tarefas propostas. Ademais, o alumnado disporá dun servicio de titorías virtuais para realizar consultas e formular preguntas ou realizar comentarios acerca da docencia impartida.
Sesións interactivas:
Prácticas clínicas:
Os contidos prácticos desta materia desenvolveranse en 5 sesións que se desenvolverán no laboratorio de diagnóstico parasitolóxico (módulo 10 alumnos/grupo) e nunha explotación de gando vacún (Granxa Campus Terra; módulo 7 alumnos/grupo). Nelas o alumnado aprenderá a realizar unha correcta toma de mostras de feces, sobre as que realizarán os protocolos e técnicas que se deben empregar, en cada caso, para poder facer o diagnóstico das principais enfermidades parasitarias incluídas no programa da materia, dentro das que previsiblemente poidan presentarse nos animais afectados. A continuación, unha vez avaliada a anamnese do caso, os estudantes interpretarán os resultados obtidos e elaborarán os informes oportunos. Tamén aprenderán a analizar e interpretar os resultados proporcionados polo laboratorio. Finalmente, estableceranse as pautas de tratamento, e no seu caso de control e prevención, adecuadas para cada tipo de granxa e/ou pacientes individuais. Nos casos de enfermidades parasitarias que entrañen algún risco de transmisión ós seres humanos, proporanse asemade cantas medidas sexan necesarias para impedir a súa presentación.
A asistencia a todas as sesións prácticas é obrigatoria.
Recoméndase que o alumnado elabore unha memoria de prácticas que recolla os aspectos máis importantes de cada práctica e que lle servirá de material de estudo para preparar o exame práctico.
Os estudantes que, tendo realizado todas as prácticas, non superaran ou non se presentaran ó exame práctico non terán a obriga de repetir as prácticas en convocatorias sucesivas.
En base á Instrución Nº 1/2017 da Secretaría Xeral, nesta materia non se concede dispensa, por ser necesaria a asistencia a tódalas actividades de xeito presencial.
Exame teórico: os contidos teóricos da materia avaliaranse mediante un exame final que será presencial e estará composto por 5-8 preguntas de desenvolvemento; cada pregunta poderá conter varios sub-apartados. Cada pregunta puntuarase sobre un máximo de 10 puntos. Para superar o exame a nota mínima media deberá ser de 5 sobre 10, sempre e cando o número de preguntas con puntuación menor ou igual a 3 sobre 10 non supoñan un 40% (ou máis) das preguntas propostas.
A nota do exame teórico conservarase durante os seguintes cursos académicos sempre e cando a cualificación acadada sexa igual ou superior a 6/10.
Exame práctico: a avaliación das prácticas farase tendo en conta a asistencia que é obrigatoria, así como a participación do alumnado nas sesións prácticas e entrega das tarefas propostas polos profesores e mediante unha proba escrita con 20 preguntas tipo test de resposta simple (5 opcións/1 correcta; tres preguntas mal contestadas restarán unha ben). En todos os casos, para superar o exame práctico a nota deberá ser igual ou superior ao 50% de seu valor (5/10 puntos).
A nota do exame práctico conservarase durante os seguintes cursos académicos sempre e cando a cualificación acadada sexa igual ou superior a 6/10.
Avaliación continua: Na avaliación continua terase en conta a nota media das probas e tarefas propostas polos profesores, así como a participación do estudante nas actividades programadas ao longo do semestre. Ao final de cada actividade (clases teóricas, prácticas, seminarios) poderán facerse preguntas ou probas para avaliar a progresión da aprendizaxe realizada polos estudantes sobre os contidos impartidos durante as mesmas e que contribuirá a nota final da avaliación continua. Número de probas de avaliación continua previstas para o curso 2024-25: xeneralidades (1 proba), Trematodoses (1 proba), cestodoses (1 proba), nematodoses (3-4 probas), seminarios (1 proba). As probas de avaliación continua faranse de maneira presencial na aula ou no laboratorio de prácticas coincidindo co horario de clases ou exames da materia.
Adicionalmente, o alumnado pode realizar e presentar un traballo voluntario que se entregará a finais do mes de abril e se exporá en horario de seminarios. Os contidos expostos nos seminarios avaliaranse nunha proba de avaliación continua que se realizará xunto cos exames teórico e práctico. O estudantado que realice este traballo poderá sumar un máximo de 0,5 puntos a nota final da avaliación continua que nunca poderá superar os 2 puntos. A nota do traballo conservarase en cursos sucesivos.
É importante destacar que non se precisa unha nota mínima na avaliación continua para superar a materia. A nota da avaliación continua conservarase durante os seguintes cursos académicos
Cualificación final do alumnado
Superadas as probas teórica e práctica, a cualificación final do alumnado incluirá, ademais dos resultados dos exames teórico (70%) e práctico (10%), a avaliación continua (20%).
Aqueles alumnos que non teñan asistido a tódalas prácticas ou que non teñan superado o exame práctico terán como máximo un 4 na nota final da materia.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollida na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”
En base á Instrución Nº 1/2017 da Secretaría Xeral, nesta materia non se concede dispensa, por ser necesaria a asistencia a tódalas actividades de xeito presencial.
TRABALLO PRESENCIAL NA AULA:
-Clases maxistrais: 25 horas
-Prácticas clínicas: 16 horas
-Seminarios: 3 horas
-Titorías: 1 hora
TOTAL HORAS DE TRABALLO PRESENCIAL: 45 horas
TRABALLO PERSOAL DO/DA ESTUDIANTE:
Estudo individual: 40 horas
Elaboración de memorias de prácticas: 5 horas
Elaboración de traballos: 2,5 horas
Revisión bibliográfica, biblioteca: 5 horas
Asistencia a charlas ou outras actividades recomendadas: 2 horas
Resolución de casos/problemas: 10 horas
Presentacións orais: 1
Realización de exames: 2 horas
TOTAL HORAS DE TRABALLO PERSOAL DO/DA ESTUDIANTE: 67,5 horas
TOTAL HORAS DO/DA ESTUDIANTE: 112,5 horas
A experiencia acumulada na docencia desta disciplina lévanos a recomendar o estudo continuado da materia, así como realizar esquemas e resumos que axuden a comparar os distintos procesos parasitarios. Desta maneira conseguirase afianzar coñecementos e evitaranse as confusións que xorden cando se intenta memorizar os contidos de forma rápida e co único fin de superar o exame teórico. O coñecemento do ciclo biolóxico dos parasitos resulta imprescindible para poder comprender a súa epidemioloxía, patoxenia e as pautas de control máis axeitadas.
É imprescindible o seguimento e participación activa nas sesións prácticas e a elaboración dunha memoria. Recoméndase a consulta das obras citadas na bibliografía, co obxecto de completar os contidos.
Recoméndase, así mesmo, que o alumno expoña as dúbidas que lle xurdan e utilice con frecuencia as horas de titoría dos profesores encargados para que esta actividade resulte positiva e complemente a súa formación.
Rosario Panadero Fontán
Coordinador/a- Departamento
- Patoloxía Animal
- Área
- Sanidade Animal
- Correo electrónico
- rosario.panadero [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Ceferino Manuel Lopez Sandez
- Departamento
- Patoloxía Animal
- Área
- Sanidade Animal
- Teléfono
- 982822109
- Correo electrónico
- c.lopez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Pablo Díaz Fernández
- Departamento
- Patoloxía Animal
- Área
- Sanidade Animal
- Correo electrónico
- pablo.diaz [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria Sol Arias Vazquez
- Departamento
- Patoloxía Animal
- Área
- Sanidade Animal
- Teléfono
- 982822126
- Correo electrónico
- mariasol.arias [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Susana Remesar Alonso
- Departamento
- Patoloxía Animal
- Área
- Sanidade Animal
- Correo electrónico
- susana.remesar [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Cristiana Filipa Cazapal Monteiro
- Departamento
- Patoloxía Animal
- Área
- Sanidade Animal
- Correo electrónico
- cristiana.cazapal [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Nestor Martinez Calabuig
- Departamento
- Patoloxía Animal
- Área
- Sanidade Animal
- Correo electrónico
- nestor.martinez.calabuig [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Ana Saldaña Ruiz
- Departamento
- Patoloxía Animal
- Área
- Sanidade Animal
- Correo electrónico
- anasaldana.ruiz [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral USC_Campus Terra
Martes | |||
---|---|---|---|
12:00-13:00 | Grupo /TI-ECTS12 | Castelán | Aula 4 |
12:00-13:00 | Grupo /TI-ECTS09 | Castelán | Aula 4 |
12:00-13:00 | Grupo /TI-ECTS03 | Castelán | Aula 4 |
12:00-13:00 | Grupo /TI-ECTS11 | Castelán | Aula 4 |
12:00-13:00 | Grupo /TI-ECTS01 | Galego | Aula 4 |
12:00-13:00 | Grupo /TI-ECTS04 | Castelán | Aula 4 |
12:00-13:00 | Grupo /TI-ECTS05 | Castelán | Aula 4 |
12:00-13:00 | Grupo /TI-ECTS06 | Castelán | Aula 4 |
12:00-13:00 | Grupo /TI-ECTS02 | Galego | Aula 4 |
12:00-13:00 | Grupo /TI-ECTS08 | Castelán | Aula 4 |
12:00-13:00 | Grupo /TI-ECTS10 | Castelán | Aula 4 |
12:00-13:00 | Grupo /TI-ECTS07 | Castelán | Aula 4 |
16:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 3 |
Mércores | |||
16:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 3 |
27.05.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |
27.05.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |
27.05.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
07.07.2025 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
07.07.2025 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 4 |