Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 2 Clase Interactiva: 0.6 Total: 2.6
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Prácticas Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Bioquímica e Bioloxía Molecular, Microbioloxía e Parasitoloxía, Fisioloxía, Química Física, Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía, Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica, Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física, Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
Áreas: Bioquímica e Bioloxía Molecular, Microbioloxía, Fisioloxía, Química Física, Nutrición e Bromatoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica, Farmacoloxía, Xenética, Anatomía e Anatomía Patolóxica Comparadas
Centro Facultade de Ciencias
Convocatoria: Prácticas en Empresas de Grao e Máster
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Completar a formación académica do estudante mediante a interrelación co mundo laboral e empresarial, mellorando así tanto a capacitación científica e técnica adquirida nas materias obrigatorias do título como as súas competencias transversais e habilidades persoais.
O estudante realizará prácticas nunha entidade/empresa coa que a USC teña asinado previamente un convenio, de acordo co Regulamento de Prácticas Académicas Externas da USC: http://hdl.handle.net/10347/13514.
As actividades realizadas polo estudante na empresa estarán debidamente coordinadas e deberán realizarse en calquera dos ámbitos relacionados coa Bioquímica e Bioloxía Molecular.
En xeral, utilizaranse como bibliografía fontes bibliográficas nacionais e internacionais pertencentes ao campo de traballo que se vaia a desenvolver.
Empregaranse tamén para iso as bases de datos correspondentes.
Con10: Adquirir coñecementos e distinguir as distintas aplicacións dos principais métodos experimentais e de instrumentación.
Con 11: Interpretar adecuadamente o marco institucional e xurídico no ámbito empresarial, protección da propiedade intelectual e industrial etc.
H/D13: Aplicar adecuadamente os coñecementos e técnicas adquiridos nas diferentes materias do título para analizar unha situación ou concepto complexos e atopar unha maneira de liquidalos.
Comp01: Desenvolver a capacidade de organizar e planificar adecuadamente o traballo, partindo dunha síntese e análise que permitan tomar decisións.
Comp02: Desenvolver capacidade de liderado que permita ofrecer solucións oportunas e creativas en situacións profesionais complexas.
Nas prácticas externas, baixo a supervisión do titor externo, o estudante deberá desenvolver o proxecto formativo establecido no convenio de prácticas.
As funcións, dereitos e deberes dos estudantes e titores están recollidos no Regulamento de Prácticas Académicas Externas da USC: http://hdl.handle.net/10347/13514
O sistema de avaliación será exactamente o mesmo independentemente da modalidade de docencia empregada (presencial ou virtual), coa única diferenza de que as actividades de avaliación realizaranse, segundo establezan as autoridades competentes, ou ben presencialmente na empresa ou ben en remoto mediante os medios telemáticos dispoñibles na USC e na empresa.
“Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o establecido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións”.
A avaliación das competencias adquiridas durante a realización das Prácticas Externas farase de acordo co establecido na normativa xeral de prácticas externas da Universidade de Santiago de Compostela e na Convocatoria de prácticas académicas externas curriculares para o alumnado do grao en Bioquímica.
A actividade formativa comprende 6 créditos ECTS (150 horas totais), distribuídos da seguinte forma segundo o plan de estudos vixente:
Prácticas: 120 horas presenciais.
Memoria de prácticas : 20 horas de traballo do alumno.
Titorías individuais: 5 horas presenciais e 5 de traballo do alumno.
Os estudantes recibirán información completa a través da convocatoria correspondente de prácticas externas, que se axustará ao Regulamento de Prácticas Académicas Externas da USC: http://hdl.handle.net/10347/13514.
Durante a realización das prácticas, os estudantes terán un titor académico da Universidade, que deberá ser profesorado da titulación e un titor externo da entidade colaboradora con experiencia profesional e coñecementos necesarios para unha tutela efectiva.
A avaliación realizarase segundo o disposto no artigo 25 do citado Regulamento: ao finalizar o período de prácticas, o titor externo remitirá ao titor académico un informe final e o estudante elaborará unha memoria de prácticas.
O titor académico, á vista do informe do titor externo e da memoria, avaliará as prácticas desenvolvidas emitindo un informe de valoración.
O idioma de impartición será o correspondente ás linguas oficiais da Comunidade Autónoma.