Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 143.5 Horas de Titorías: 5 Clase Interactiva: 1.5 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Traballo Fin de Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Bioquímica e Bioloxía Molecular, Microbioloxía e Parasitoloxía, Fisioloxía, Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía, Departamento externo vinculado ás titulacións, Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
Áreas: Bioquímica e Bioloxía Molecular, Microbioloxía, Fisioloxía, Nutrición e Bromatoloxía, Química Analítica, Tecnoloxía de Alimentos, Área externa Grao en Nutrición Humana e Dietética, Medicina Preventiva e Saúde Pública
Centro Facultade de Ciencias
Convocatoria: Traballos Fin de Grao e Máster
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Realización, presentación e defensa individual ante un tribunal universitario, dun proxecto no ámbito da Nutrición Humana no que se sinteticen e integren as competencias adquiridas nas ensinanzas de Grao.
Capacidade para integrar creativamente os coñecementos para resolver un problema de ámbito profesional.
Destreza na elaboración de informes, ben estruturados e ben redactados.
Destreza na presentación oral dun traballo, empregando os medios audiovisuais máis habituais.
Capacidade para estruturar unha defensa sólida dos puntos de vista persoais apoiándose en fundamentos científico-técnicos e en razoamentos críticos.
Todos os aspectos relativos ao desenvolvemento desta materia recóllense na correspondente normativa que se atopa publicada na seguinte ligazón:
https://nubeusc.sharepoint.com/:b:/r/sites/centro-ciencias/TFG/Grao%20e…
Exercicio integrador ou de síntese que permite aplicar as competencias adquiridas nas materias da titulación.
Dependerán do tipo de proxecto que realice o alumno e o seu contido.
*BÁSICAS:
CB1- Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e soe atoparse a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2- Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que soen demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3- Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4- Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5- Que os estudantes desenvolveran aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
*XENERAIS:
Traballaranse en todos os casos:
CG3- Recoñecer a necesidade de manter e actualizar a competencia profesional, prestando especial importancia á aprendizaxe, de maneira autónoma e continuada, de novos coñecementos, produtos e técnicas en nutrición e alimentación, así como á motivación pola calidade.
CG5- Realizar a comunicación de maneira efectiva, tanto de forma oral como escrita, coas persoas, os profesionais da saúde ou a industria e os medios de comunicación, sabendo utilizar as tecnoloxías da información e da comunicación especialmente as relacionadas con nutrición e hábitos de vida.
CG6- Coñecer, valorar críticamente e saber utilizar e aplicar as fontes de información relacionadas con nutrición, alimentación, estilos de vida e aspectos sanitarios.
CG7- Ter a capacidade de elaborar informes e cumprimentar rexistros relativos á intervención profesional do Dietista-Nutricionista.
CG29- Adquirir a formación básica para a actividade investigadora, sendo capaces de formular hipóteses, recoller e interpretar a información para a resolución de problemas seguindo o método científico, e comprendendo a importancia e as limitacións do pensamento científico en materia sanitaria e nutricional.
Traballaranse unhas ou outras en función da temática concreta do Traballo Fin de Grao:
CG8- Identificar e clasificar os alimentos e produtos alimenticios. Saber analizar e determinar a súa composición, as súas propiedades, o seu valor nutritivo, a biodispoñibilidade dos seus nutrientes, características organolépticas e as modificacións que sofren como consecuencia dos procesos tecnolóxicos e culinarios.
CG9- Coñecer os procesos básicos na elaboración, transformación e conservación dos alimentos de orixe animal e vexetal.
CG10- Elaborar, interpretar e manexar as táboas e bases de datos de composición de alimentos.
CG11- Coñecer a microbioloxía, parasitoloxía e toxicoloxía dos alimentos.
CG12- Coñecer os nutrientes, a súa función no organismo, a súa biodispoñibilidade, as necesidades e recomendacións, e as bases do equilibrio enerxético e nutricional.
CG13- Integrar e avaliar a relación entre a alimentación e a nutrición en estado de saúde e en situacións patolóxicas.
CG14- Aplicar os coñecementos científicos da fisioloxía, fisiopatoloxía, a nutrición e alimentación á planificación e consello dietético en individuos e colectividades, ao longo do ciclo vital, tanto sans como enfermos.
CG15- Deseñar e levar a cabo protocolos de avaliación do estado nutricional, identificando os factores de risco nutricional.
CG16- Interpretar o diagnóstico nutricional, avaliar os aspectos nutricionais dunha historia clínica e realizar o plan de actuación dietética.
CG17- Coñecer a estrutura dos servizos de alimentación e unidades de alimentación e nutrición hospitalaria, identificando e desenvolvendo as funcións do Dietista-Nutricionista dentro do equipo multidisciplinar.
CG18- Intervir na organización, xestión e implementación das distintas modalidades de alimentación e soporte nutricional hospitalario e do tratamento dietético-nutricional ambulatorio.
CG19- Coñecer as organizacións de saúde, nacionais e internacionais, así como os diferentes sistemas de saúde, recoñecendo o papel do Dietista-Nutricionista.
CG20- Coñecer e intervir no deseño, realización e validación de estudos epidemiolóxicos nutricionais, así como participar na planificación, análise e avaliación de programas de intervención en alimentación e nutrición en distintos ámbitos.
CG21- Ser capaz de participar en actividades de promoción da saúde e prevención de trastornos e enfermidades relacionadas coa nutrición e os estilos de vida, levando a cabo a educación alimentaria- nutricional da poboación.
CG22- Colaborar na planificación e desenvolvemento de políticas en materia de alimentación, nutrición e seguridade alimentaria baseadas nas necesidades da poboación e a protección da saúde.
CG23- Asesorar no desenvolvemento, comercialización, etiquetaxe, comunicación e marketing dos produtos alimenticios de acordo ás necesidades sociais, os coñecementos científicos e lexislación vixente.
CG24- Interpretar os informes e expedientes administrativos en relación a un produto alimentario e ingredientes.
CG25- Participar na xestión, organización e desenvolvemento dos servizos de alimentación.
CG26- Elaborar, controlar e cooperar na planificación de menús e dietas adaptados ás características do colectivo ao que van destinados.
CG27- Intervir en calidade e seguridade alimentaria dos produtos, instalacións e procesos.
CG28- Proporcionar a formación hixiénico-sanitaria e dietético-nutricional adecuada ao persoal implicado no servizo de restauración.
*TRANSVERSAIS:
CT1: Capacidade de análise e síntese.
CT2: Capacidade para organizar e planificar.
CT4: Demostrar compromiso ético (incluída en CG1)
CT10: Capacidade para o razoamento crítico e a argumentación
CT12: Capacidade para utilizar información en lingua estranxeira
CT13: Demostrar iniciativa e espírito emprendedor
*ESPECÍFICAS:
CE55- Traballo fin de grao: Materia transversal cuxo traballo se realizará asociado a distintas materias.
CE58- Saber realizar, presentar e defender individualmente ante un tribunal universitario un exercicio integrador ou de síntese que permita aplicar as competencias adquiridas nas materias da titulación.
O traballo fin de Grao consiste na realización dun proxecto individual.
Fundamentalmente trátase dun módulo de traballo persoal do alumno (140 horas), no que se contemplan ademais as horas de titoría personalizada (10 horas) co titor/cotitores do traballo fin de grao.
De acordo coa normativa da Universidade de Santiago de Compostela, incluirá como mínimo tarefas de busca e revisión bibliográfica, lectura e integración de información, elaboración de información relevante, redacción e presentación e defensa do traballo.
Na Normativa de Traballos Fin de Grao e os seus Anexos figuran descritos tanto o procedemento como os criterios de avaliación vinculados á consecución das competencias.
A avaliación do traballo fin de grao será realizada por un tribunal de acordo coa Normativa de TFG e en base a unha rúbrica.
Todo isto pode consultarse na ligazón:
https://nubeusc.sharepoint.com/sites/centro-ciencias/SitePages/TFG-Grao…
“Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o establecido na “Normativa de avaliación do rendimento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións”
A actividade formativa comprende 6 créditos ECTS, distribuídos da seguinte forma:
Traballos individuais: 40 horas de traballo do alumno (1,6 créditos ECTS)
Titorías individuais: 10 horas presenciais e 100 horas de traballo do alumno (4,4 créditos ECTS).
Total: 10 horas presenciais e 140 horas de traballo do alumno (6 créditos ECTS).
Facer uso frecuente das titorías para calquera tipo de cuestión relacionada coa materia.
O idioma de impartición será o correspondente as linguas oficiais da Comunidade Autónoma