Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 2 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 22 Total: 48
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía, Estatística, Análise Matemática e Optimización
Áreas: Química Analítica, Estatística e Investigación Operativa
Centro Facultade de Ciencias
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Xerais
OG1. Proporcionar ao alumnado unha formación avanzada, especializada e multidisciplinar en áreas relacionadas coa Bioquímica e a Biotecnoloxía en sectores tan diversos como: alimentario, biosanitario, cosmético, farmacéutico, ambiental e químico.
OG2. Capacitar ao alumnado na realización de traballos e estudos en áreas vinculadas a actividades científicas e de investigación ou dirixidas a outras actividades profesionais como a incorporación a empresas tecnolóxicas, o traballo en laboratorios de I+D+i, na industria farmacéutica, agroalimentaria, etc.
OG 3. Formar futuros profesionais formados para crear empresas de carácter tecnolóxico, innovador ou de alto valor engadido.
OG 4. Constituír unha oferta de máster complementaria ás titulacións e mestrados xa existentes no Campus Terra e no Campus Vida, en particular o grao en Bioquímica e o grao en Biotecnoloxía.
GO 5. Aproveitar os recursos materiais e as infraestruturas existentes en ambos os campus da USC. En particular, a recente dotación de infraestruturas e equipamentos docentes nos últimos 2 anos, procedente do “Acordo Autonómico de Actuacións de I+D. 2022 (Acción Novos
Graos)”.
GO 6. Posibilitar a retención do talento para que o capital humano captado poida ser utilizado no desenvolvemento e dinamización dos grupos de investigación do SUG e no establecemento de liñas sólidas de investigación.
Específicos
OE1. Nesta materia introdúcese no coñecemento das técnicas fundamentais de deseño experimental e quimiometría e, especialmente, as de maior significación e aplicación nos traballos de laboratorio e bioquímicos.
OE2. O obxectivo é que o alumno sexa capaz de planificar experimentos de forma eficiente, así como manexar datos bioquímicos e extraer deles información útil mediante o uso de diferentes paquetes de software estatístico.
Teoría
Bloque I. Deseño experimental.
• Introdución ao deseño experimental: principios e modelos básicos.
• Deseños factoriais completos a 2 niveis.
• Deseños factoriais fraccionarios a 2 niveis.
• Outros deseños.
Bloque II. Análise multivariante de datos bioquímicos.
• Quimiometría e análise multivariante. Introdución e desenvolvemento histórico.
• Técnicas de visualización multivariante. Análise de compoñentes principais (PCA) e análise de clusters (HCA).
• Técnicas de recoñecemento de modelos supervisadas. Análise discriminante (LDA e QDA), K veciños máis próximos (KNN), Soft independent modelling of class analogy (SIMCA) e redes neuronais artificiais (ANN).
• Calibración multivariante. Regresión de mínimos cadrados parciais (PLSR) e redes neuronais artificiais (ANN).
Prácticas
Práctica 1.- Deseño e aleatorización. Análise de modelos básicos de deseño experimental.
Práctica 2.- Xeración de deseños completos e fraccionados a 2 niveis. Análise dos resultados.
Práctica 3.- Outras técnicas de deseño experimental.
Práctica 4.- Métodos de visualización: exploración espacial de variables.
Práctica 5.- Análise multivariable. Técnicas de recoñecemento de modelos supervisados: clasificación.
Práctica 6.- Calibración multivariante. Aplicacións.
Bibliografía Básica
Gutiérrez Pulido, H.; De la Vara Salazar (2012). Análisis y diseño de experimentos, 3ª edición. McGraw-Hill Interamericana.
Lawson, J. (2015). Design and Analysis of Experiments with R. CRC Press.
Massart, D.L.; Vandeginste, B.G.M.; Buydens, L.M.C.; De Jong, S.; Lewi, P.J.; Smeyers-Verbeke, J. (1998). Handbook of Chemometrics and Qualimetrics, Parts A and B. Elsevier.
Montgomery, D. (2019). Design and Analysis of Experiments, 10th edition. Wiley.
Outra bibliografía de interese
Branco, M.; Cerdá, V. -editores- (2007). Temas avanzados de quimiometría. Colección Materiales Didácticos, nº 125. Universitat de les Illes Balears.
Kuehl, R.O. (2001). Diseño de experimentos: principios estadísticos de diseño y análisis de investigación. Thomson Learning.
Lazic, Z. R. (2004). Design of Experiments in Chemical Engineering: A Practical Guide. Wiley-VCH.
Ramis Ramos, G.; García Álvarez-Coque, M.C (2001). Quimiometría. Ed. Síntesis.
Habilidades
H/D06: Interpretar resultados experimentais e identificar elementos consistentes e inconsistentes.
H/D07: Aplicar os principios de enxeñaría ao deseño e construción de novos compoñentes biolóxicos ou vías metabólicas ou de sinalización.
H/D08: Aplicar os coñecementos adquiridos na planificación e execución de proxectos de investigación.
Competencias
Comp01: Desenvolver a capacidade de organizar e planificar adecuadamente o traballo, a partir dunha síntese e análise que permita a toma de decisións.
Comp04: Que os estudantes saiban aplicar de forma profesional os coñecementos teórico-prácticos e sexan competentes para plantexar/ resolver problemas tanto en contextos académicos como profesionais relacionados coas Biociencias Moleculares.
Coñecementos
Con04: Determinar a técnica analítica ou molecular máis adecuada para unha determinada situación ou obxectivo de investigación, no ámbito da bioquímica e da biotecnoloxía.
Con05: Coñecer os procedementos de xestión da calidade nun laboratorio de bioquímica e técnicas quimiométricas modernas para a análise de datos multivariante.
Con07: Coñecer o mapa de relacións entre moléculas que forman parte do interactoma e aprender a caracterizalas.
Para a correcta adquisición das competencias, adoptouse o seguinte conxunto xeral de metodoloxías para as materias obrigatorias e optativas do título:
1) Docencia expositiva. Incluída clase maxistral e, se é o caso, problemas.
2) Docencia interactiva. Incluíndo prácticas nunha aula de informática; clases de resolución de problemas numéricos e/ou casos prácticos; visitas a empresas; seminarios; titorías en pequenos grupos; e uso do Campus Virtual.
3) Realización de traballos. Traballo individual ou en grupo (con ou sen exposición).
4) Titorías individuais.
O procedemento de avaliación terá en conta os seguintes aspectos cos pesos indicados (competencias avaliadas).
1/ Exame da materia: 60%, (Con04, Con05, Con07, Comp1).
2/ Prácticas
• Aproveitamento das prácticas (traballo do alumno, memoria, ...): 15%, (Comp4, H/D06, H/D07, H/D08)
• Proba práctica: 15%, (Con04, Con05, Con07, Comp1).
3/ Participación nas actividades da aula: 10%, (Comp4, H/D06, H/D07, H/D08).
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o establecido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións”.
Tempo de estudo e traballo persoal
....................................................HORAS.......PRESENCIALIDADE (%)
Docencia teórica................................24......................100
Docencia interactiva seminario..............2......................100
Docencia interactiva laboratorio/
Aula de informática............................20......................100
Titorías en grupos reducidos.................2......................100
Traballo persoal do alumnado............102.........................0
Recoméndase estudar a materia ao día, asistir a todas as clases e resolver os exercicios que se propoñan.
A docencia impartirase nos idiomas oficiais de Galicia: castelán e/ou galego.
Jose Manuel Colmenero Alvarez
- Departamento
- Estatística, Análise Matemática e Optimización
- Área
- Estatística e Investigación Operativa
- Correo electrónico
- josemanuel.colmenero [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Luis Alberto Ramil Novo
- Departamento
- Estatística, Análise Matemática e Optimización
- Área
- Estatística e Investigación Operativa
- Correo electrónico
- l.ramil [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Carlos Herrero Latorre
Coordinador/a- Departamento
- Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía
- Área
- Química Analítica
- Correo electrónico
- carlos.herrero [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
16:00-17:00 | Grupo /TI-ECTS01 | Castelán | 1P AULA 1 PRIMEIRA PLANTA |
17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | 1P AULA 1 PRIMEIRA PLANTA |
Mércores | |||
16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | 1P AULA 1 PRIMEIRA PLANTA |
17.01.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | 1P AULA 1 PRIMEIRA PLANTA |
23.06.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | 1P AULA 1 PRIMEIRA PLANTA |