Créditos ECTS Créditos ECTS: 15
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 16.5 Clase Interactiva: 6 Total: 22.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Traballo Fin de Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Economía Financeira e Contabilidade, Bioquímica e Bioloxía Molecular, Microbioloxía e Parasitoloxía, Fisioloxía, Edafoloxía e Química Agrícola, Ciencias Morfolóxicas, Física Aplicada, Química Física, Química Orgánica, Enxeñaría Química, Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía, Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica, Bioloxía Funcional, Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física, Dereito Público Especial e da Empresa, Física de Partículas, Matemáticas, Filosofía e Antropoloxía, Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría, Estatística, Análise Matemática e Optimización, Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
Áreas: Economía Financeira e Contabilidade, Bioquímica e Bioloxía Molecular, Microbioloxía, Parasitoloxía, Fisioloxía, Edafoloxía e Química Agrícola, Anatomía e Embrioloxía Humana, Física Aplicada, Óptica, Química Física, Química Orgánica, Enxeñaría Química, Química Analítica, Tecnoloxía de Alimentos, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica, Farmacoloxía, Bioloxía Celular, Fisioloxía Vexetal, Xenética, Dereito Mercantil, Física da Materia Condensada, Álxebra, Xeometría e Topoloxía, Antropoloxía Social, Filosofía Moral, Produción Vexetal, Proxectos de Enxeñaría, Estatística e Investigación Operativa, Medicina, Medicina Preventiva e Saúde Pública
Centro Facultade de Bioloxía
Convocatoria: Traballos Fin de Grao e Máster
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
O obxectivo da materia é que o alumnado saiba aplicar e integrar os coñecementos, capacidades, competencias e destrezas desenvoltos durante os estudos de Grao en Biotecnoloxía.
Traballo experimental (investigación básica ou aplicada), industrial ou bibliográfico
Conocimientos/contenidos: Con01, Con02, Con03, Con04, Con05, Con06, Con07
Habilidades/Destrezas: H/D01, H/D02, H/D03, H/D04, H/D05, H/D06, H/D07, H/D09, H/D10, H/D11, H/D12, H/D13, H/D14
Competencias: Comp01, Comp02, Comp03, Comp04, Comp05, Comp06, Comp07, Comp08
Os TFG serán realizados baixo a supervisión de polo menos un titor/a cuxa función será a de orientar ao estudante durante o desenvolvemento do mesmo, así como realizar o seguimento e emitir un informe preceptivo e confidencial sobre este seguimento antes da defensa do traballo para os efectos de que se teña en conta na avaliación do TFG.
O/o titor/a programará sesións de traballo cos estudantes, nas que establecerá a programación das tarefas a realizar. Será responsable de expor a cada estudante as características do traballo, de orientalo no seu desenvolvemento e de velar polo cumprimento dos obxectivos fixados.
Os TFG serán defendidos polo alumnado diante dun Tribunal nomeado polo decano a proposta da Comisión de Traballos Fin de Grao. O Tribunal estará composto por tres membros que serán profesores da titulación e polo menos un deles pertencerá a unha área afín ao tema do TFG.
A exposición oral e defensa de cada TFG terá unha duración máxima de 15 minutos, e será pública. O Tribunal poderá formular cantas preguntas e cuestións considere convenientes durante un tempo máximo de 30 minutos.
O tribunal avaliará o TFG da seguinte maneira:
Contido do traballo: 30%.
Presentación escrita: 30%.
Exposición oral: 30%.
Informe do titor: 10%.
Unha vez celebrada a última convocatoria para a presentación dos TFG do curso académico, e tendo en conta os traballos presentados, poderá outorgarse “matrícula de honra” a aqueles TFG que obtiveran unha cualificación superior a 9, sen que o número de matrículas de honra poida exceder do límite establecido pola Universidade. Será a Comisión de Traballos Fin de Grao, unha vez celebrada a última convocatoria, a que decida e outorgue as cualificacións de matrícula de honra que correspondan
- Titorías individualizadas: 8 horas
- Exame e revisión: 2 horas
- Realización do traballo y preparación da defensa: 365 horas
TOTAL HORAS DE TRABALLO: 375 HORAS
Para poder formalizar a matrícula o alumnado non poderá ter pendentes máis de 75 ECTS para completar os estudos (excluídos os do propio TFG).
A normativa para os traballos de fin de grao pódese atopar na páxina web da facultade