Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 2 Clase Expositiva: 10 Clase Interactiva: 12 Total: 24
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía
Áreas: Química Analítica
Centro Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
O obxectivo da materia é introducir ao alumno ás diferentes ferramentas necesarias para realizar unha correcta monitorización ambiental, entre elas ás principais técnicas instrumentais de análise.
Nesta materia o alumno adquirirá ou practicará unha serie de competencias cognitivas, desexables en calquera titulación universitaria, e ademais adquirirá tamén outras competencias procedementais/instrumentais, aptitudinais e actitudinais propias da Enxeñaría Ambiental.
Estes obxectivos se concretan en:
1. Ser capaz de planificar unha mostraxe e definir un protocolo para a resolución dun problema ambiental concreto.
2. Ser capaz de deseñar unha rede de monitorización ambiental.
3. Coñecer o fundamento das principais técnicas instrumentais utilizadas na monitorización de contaminantes (plantas de tratamento, etc.)
4. Ser capaz de seleccionar os métodos de análise más adecuados de acordo cos criterios que definen a calidade dos mesmos e outros parámetros de interese, como criterios económicos ou de dispoñibilidade.
5. Ser capaz de interpretar os resultados segundo o tipo de mostra e procedencia (EDAR, vertidos industriais, etc.).
6. Ser capaz de xestionar a información obtida a través de diferentes fontes bibliográficas e normativas de lexislación ambiental.
7. Ser capaz de xustificar e comunicar en público as conclusións relativas a resolución dun problema ambiental.
Os contidos que se desenvolven no curso son os contemplados nos descritores da materia no plan de estudios: Mostraxe ambiental (auga, aire, vertidos, solos, residuos). Redes ambientais. Instrumentación para a monitorización de contaminantes. Sensores e sensores remotos. Control de calidade na monitorización.
Programa:
Tema 1.- Introdución a monitorización ambiental.
Mostraxe ambiental: tipos de mostras e tipos de mostraxe. Planes e protocolos de mostraxe ambiental. Redes de mostraxe. Bioindicadores ambientais. Control de calidade en monitorización ambiental: Mostraxe e análise.
Tema 2. Toma de mostra de auga, vertidos, solos e residuos. Mostraxe atmosférica (gases, partículas) e en chemineas. Redes de vixilancia ambiental.
Tema 3. Técnicas espectrométricas utilizadas en monitorización ambiental. Espectroscopia de absorción molecular: UV-VIS, IR. Espectroscopia de emisión molecular. Fluorescencia, fosforescencia e quimioluminiscencia. Espectroscopia atómica: absorción, emisión e fluorescencia. Espectrometría de masas atómica. Aplicaciones ao análise de mostras ambientais.
Tema 4.- Técnicas cromatográficas utilizadas en monitorización ambiental. Fundamento e clasificación das técnicas cromatográficas. Parámetros cromatográficos. Cromatografía de líquidos. Cromatografía de gases. Espectrometría de masas molecular como sistema de detección. Aplicacións ambientais.
Tema 5.- Sensores en monitorización ambiental.
Introdución. Condiciones que debe cumprir un sensor. Clasificación dos sensores. Sensores ópticos e electroquímicos. Biosensores. Aplicacións na monitorización ambiental.
Tema 6.- Sensores remotos.
Fundamento. Clasificación e configuracións dos sensores remotos. Sensores remotos de camiños integrados. Sensores remotos de resolución de recorridos. Teledetección ambiental: Aplicacións.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Se lles facilitarán aos estudantes as diapositivas preparadas polas profesoras, vídeos e outros materiais complementarios.
• Skoog, D.A., Holler, F.J. and S.R. Crouch Principios de Análisis Instrumental (7ª Ed.) Cengage Learning, México (2018). ISBN: 978-6075266558. En inglés, Principles of Instrumental Analysis, (2017, recurso accesible online a través do catálogo Iacobus).
• Zhang, C. Fundamentals of Environmental Sampling and Analysis. New Jersey: John Wiley & Sons, 2007. ISBN: 978-0-471-71097-4 (recurso accesible online a través do buscador Pórtico).
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
• Harris, D. C. Análisis Químico Cuantitativo (3ª Ed.) Barcelona: Reverté, 2016. ISBN: 978-84-291-7225-6 (accesible online a través de Iacobus).
• C. Munstasar, R. Kecili, Modern Environmental Analysis Techniques for Pollutants, Elsevier, Amsterdam, 2020. ISBN: 978-0-12-816934-6.
• A. Nigan, R. Gupta, Environmental analysis Laboratory Handbook, Hoboken (EEUU), John Wiley and Sons, 2020. ISBN 978-1-119-72480-3.
• Inamuddin, R. Boddula, A. M. Asiri, Green sustainable process for chemical and environmental engineering and science (Analytical Techniques for Environmental and Industrial Analysis), Elsevier, Amsterdam, 2021. ISBN: 978-0-12-821883-9.
• Banica, F.G. Chemical Sensors and Biosensors. Chichester: John Wiley, 2012. ISBN: 9780470710678.
• Alegret, S., del Vallem, M, Merkoci., A. Sensores electroquímicos. Barcelona: Universitat Autónoma de Barcelona, 2004. ISBN: 84-490-2361-0.
• J. Martínez Vega, M. Pilar Martín Isabel, Guía didáctica de teledetección ambiental, CSIC, 2010
• Townshed, A. Encyclopedia of Analytical Science. London: Academic Press, 2005. ISBN: 0-12-226700-1.
• C. Cámara, P. Fernández, A. Martín-Esteban, C. Pérez-Conde, M. Vidal. Toma y tratamiento de muestras. Madrid: Síntesis, 2004. ISBN: 84-7738-962-4.
• Conklin, A.R. Field Sampling: principles and practices in environmental analysis. New York: Marcel Dekker, 2004.
• Popek, E.P. Sampling and analysis of environmental pollutants. Amsterdam: Academic Press, 2003. ISBN: 0-12-561540-X.
• Downard, K. Mass Spectrometry. A foundation course, Cambridge: Royal Society of Chemistry, 2004. ISBN: 0-85404-609-7.
• J.N. Miller, J.C. Miller, R.D. Miller, Statistics and chemometrics for analytical chemistry, 7a ed. Pearson (2018). ISBN: 0273730428. Dispoñible como recurso electrónico a través de Iacobus.
WEBGRAFÍA
• IUPAC Color Books, Chemical terminology, http://iupac.org/what-we-do/books/color-books/, Última visita: 24/05/2024
• LIBRETEXTS, Analytical chemistry,
https://chem.libretexts.org/Core/Analytical_Chemistry, Última visita: 24/05/2024
• EPA, National Environmental Methods Index, https://www.nemi.gov/home/, Última visita: 24/05/2024
• Normas UNE, http://www.bugalicia.org.ezbusc.usc.gal/recursos/aenor/, Última visita: 24/05/2024
Dentro do cadro de competencias que se deseñou para a titulación, instruirase aos alumnos nas seguintes competencias:
COMPETENCIAS BÁSICAS E XERAIS
CB 6. Posuír e comprender coñecementos que aporten unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
CB 7. Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudio.
CB 8. Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
CB 9. Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
CB 10. Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
CG 1. Identificar e enunciar problemas ambientais.
CG 3. Ser capaces de asumir a responsabilidade do seu propio desenvolvemento profesional e da súa especialización nun ou mais campos de estudio.
CG 4. Aplicar coñecementos de matemáticas, física, química, bioloxía e outras ciencias naturais, obtidos mediante estudio, experiencia, e práctica, con razoamento crítico para establecer soluciones viables economicamente a problemas técnicos.
CG 5. Realizar a investigación apropiada, emprender o deseño e dirixir o desenvolvemento de solucións de enxeñaría, en novas contornas ou pouco coñecidas, relacionando creatividade, orixinalidade, innovación e transferencia de tecnoloxía.
CG 7. Dirixir e xestionar a organización do traballo e os recursos humanos aplicando criterios de seguridade industrial, xestión da calidade, prevención de riscos laborais, sustentabilidade, e xestión medioambiental (boas prácticas).
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS
CT 1. Desenvolver capacidades asociadas ao traballo en equipo: cooperación, liderado, saber escoitar.
CT 4. Demostrar razoamento crítico e autocrítico, capacidade analítica e de síntese.
CT 5. Elaborar, escribir e defender publicamente informes e proxectos de carácter científico e técnico.
CT 6. Apreciar o valor da calidade e a mellora continua, actuando con rigor, responsabilidade e ética profesional no marco de compromiso co desenvolvemento sostible.
CT 8. Habilidade para as relacións interpersoais.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
CE 1. Saber avaliar e seleccionar a teoría científica adecuada e a metodoloxía precisa do campo de estudio da Enxeñaría Ambiental para formular xuízos a partir de información incompleta ou limitada incluíndo, cando sexa preciso e pertinente, unha reflexión sobre a responsabilidade social ou ética ligada á solución que se propoña en cada caso.
CE 2. Coñecer en profundidade as tecnoloxías, ferramentas e técnicas no campo da Enxeñaría Ambiental para poder comparar e seleccionar alternativas técnicas e tecnoloxías emerxentes.
CE 8. Abordar un problema real de Enxeñaría Ambiental baixo unha perspectiva científico-técnica, recoñecendo a importancia da busca e xestión da información existente e da lexislación aplicable.
CE 9. Posuír as habilidades de aprendizaxe autónomo para manter e mellorar as competencias propias da Enxeñaría Ambiental que permitan o desenvolvemento continuo da profesión.
A materia ten unha carga de traballo de 3 créditos ECTS, corresponde 1 crédito ECTS a 25 horas de traballo total, que se reparten da seguinte forma:
Actividade: Horas presenciais/Traballo persoal/ECTS
Clases expositivas: 10/ 20/ 1,2
Interactivas: 12/ 20/1,2
Titorías grupais: 2/ 9/ 0,44
Exame: 2/ /0.08
Total: 26/ 49/ 3
ACTIVIDADES FORMATIVAS:
• Clases expositivas: Nas clases combinaranse a exposición maxistral dos contidos teóricos da materia con exemplos de aplicacións das distintas técnicas de instrumentación e monitorización ambiental. As clases impartiranse de forma presencial podendo combinarse con clases impartidas de forma telemática e con participación de poñentes externos de empresa.
Durante estas clases utilizaranse diversos materiais audiovisuais (presentacións, vídeos, etc.), e os estudantes poderán acceder a eles a través do Campus Virtual.
• Clases interactivas:
o Seminarios e clases prácticas: a aprendizaxe nas clases de seminario estará baseada na resolución de problemas, estudio e discusión de casos prácticos. Nunha destas clases interactivas realizaranse exercicios e cuestionarios de avaliación (uso de Moodle, Kahoot, ou similar).
Seguimento das actividades: entrega de exercicios e cuestionarios, listados de participación.
o Visitas a empresas e institucións: Como complemento ás actividades realizadas na clase, nesta materia está programada a realización dunha ou varias visitas (Centro de Control da Calidade do Aire dependente da Xunta de Galicia; Laboratorios do Departamento de Química Analítica da USC), ademais da posibilidade de invitar a un poñente para unha charla en horario lectivo. O obxectivo da realización das visitas é observar in situ algúns dos instrumentos que se utilizan para a monitorización ambiental, e obter máis información sobre o control da calidade do aire que se realiza en Galicia. As visitas avaliaranse a través das cuestións realizadas na exame final.
Seguimento das actividades: Listados de participación
• Clases de Titoría:
o Titorías programadas grupais: Estarán baseadas na aprendizaxe cooperativa. Os estudantes realizarán traballos grupais relacionados coa monitorización e a análise ambiental (Aprendizaxe baseado en proxectos, ABP). A realización de dito traballo requirirá a utilización de bases de datos especializadas e recursos web. Os estudantes exporán as conclusións do seu proxecto a os seus compañeiros, cun debate posterior entre estudantes e profesores.
Seguimento de las actividades: programación de entregas.
o Titorías individuais: Realizaranse presencialmente ou mediante a plataforma MS Teams. Ademais, os alumnos poderán recibir soporte docente online a través das ferramentas do campus virtual.
O sistema de avaliación consistirá en:
• Un exame final (complementario a avaliación continua) cun 50% da nota final, incluíndo cuestións sobre a visita técnica.
• Valoración dos traballos realizados ao longo do curso sobre diferentes temas relacionados co programa da materia, cun 25% da nota final.
• Valoración do resultado de cuestionarios de avaliación e outros exercicios: 20%
• Valoración da participación activa dos estudantes nas actividades da docencia presencial e no presencial, cun 5% da nota final.
Estes porcentaxes manteranse nas dúas oportunidades de exame. Polo tanto, a valoración dos traballos realizados e a participación activa na clase gardaranse para a segunda oportunidade. Os estudantes repetidores deberán someterse de novo a todo o proceso de avaliación.
No exame e nos traballos realizados ao longo do curso avaliaranse as seguintes competencias:
• Exame: CB6, CB8, CB10, CG4, CT4, CE1, CE2, CE8, CE9
• Traballos en aula: CB7, CB8, CB9, CB10, CG1, CG3, CG4, CG5, CG7, CT1, CT4, CT5, CT6, CT8, CE1, CE2, CE8, CE9
• Cuestionarios e/ou outros exercicios: CB6, CB8, CB10, CG4, CT1, CT4, CT6, CE1, CE2, CE8, CE9
• Participación activa na clase: CB8, CB9, CG1, CG3, CG4, CT1, CT4, CT6, CT8, CE1, CE2, CE8, CE9
Na seguinte táboa amósase a distribución da cualificación en función das diferentes actividades, así como a modalidade de avaliación:
1.Avaliación Continua: 50%
1.1. Realización e exposición de traballos grupais: 25% . Presencial
1.2. Cuestionarios e/ou outros exercicios: 20% Presencial. Utilización de Moodle ou Kahoot
1.3. Participación activa: 5%. Presencial
2. Exame final: 50%. Presencial
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas (p.ex. plaxio o uso indebido de tecnoloxías na realización de probas e tarefas) será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Entendese que o tempo necesario que debe dedicar o estudante para superar a materia, é como mínimo, a asistencia ás clases teóricas e por cada clase teórica ou de seminario, aproximadamente dúas de traballo persoal
• Asistencia e aproveitamento das clases.
• Consulta da bibliografía recomendada.
• Aproveitamento das horas de titoría.
Presuponse que os alumnos teñen coñecementos básicos de química. Por outra parte, resulta recomendable que o alumno teña coñecementos adicionais como dominio do inglés a nivel de lectura da bibliografía da materia e coñecemento de aplicacións informáticas a nivel de usuario de Word, uso de correo electrónico e consulta de páxinas web, así como de busca bibliográfica de información científica.
Idioma: Un grupo en castelán-galego
Ma Carmen Barciela Alonso
- Departamento
- Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía
- Área
- Química Analítica
- Teléfono
- 881814374
- Correo electrónico
- mcarmen.barciela [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Elena Maria Peña Vazquez
Coordinador/a- Departamento
- Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía
- Área
- Química Analítica
- Teléfono
- 881814264
- Correo electrónico
- elenamaria.pena [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Xoves | |||
---|---|---|---|
10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula A7 |
Venres | |||
10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula A7 |
21.03.2025 10:00-12:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula A7 |
21.03.2025 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A7 |
25.06.2025 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A7 |
25.06.2025 09:00-11:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula A7 |