Créditos ECTS Créditos ECTS: 9
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 148.5 Horas de Titorías: 4.5 Clase Expositiva: 36 Clase Interactiva: 36 Total: 225
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Química Inorgánica, Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía
Áreas: Química Inorgánica, Química Analítica
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Anual
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
1. Adquirir os coñecementos de química necesarios que permitan a interpretación dos procesos que ocorren na Natureza.
2. Dispor de coñecementos e habilidades experimentais suficientes para utilizar correcta e seguramente os produtos e o material máis habitual nun laboratorio químico sendo consciente das súas características máis importantes, incluíndo perigo e posibles riscos.
3.Habilidade para utilizar, baixo condicións de seguridade, técnicas experimentais nun laboratorio químico.
A memoria de título contempla para esta materia os seguintes contidos:
• Equilibrio químico. Ácidos y bases. Solubilidade y precipitación. Oxidación y redución. Fertilizantes inorgánicos. Introdución a la Química Ambiental. Introdución a la Química Orgánica
De seguido detállanse os contidos da materia, tanto das clases teóricas como das prácticas de laboratorio (24 horas) que van ligadas a esta materia
PROGRAMA DE CLASES TEÓRICAS:
EQUILIBRIO QUIMICO: Revisión conceptos básicos. A natureza do equilibrio químico. Constantes de equilibrio. Equilibrios heteroxéneos. Efectos externos sobre o equilibrio: principio de Le Châtelier.
• 10 teóricas + 3 seminario+24 horas non presenciais estimadas
ÁCIDOS E BASES: Teorías ácido base. Autoprotólise da auga: concepto de pH. Forza relativa de ácidos e bases. Disolucións de sales: hidrólises. Disolucións reguladoras. Volumetrías ácido base e indicadores.
• 8 teóricas + 2 seminario+ 24 horas non presenciais estimadas
SOLUBILIDADE E PRECIPITACIÓN: Concepto precipitación, produto de solubilidade, efecto do ión común, separación de ións por precipitación fraccionada
• 4 teóricas + 2 seminario+ 14 horas non presenciais estimadas
OXIDACIÓN E REDUCCIÓN: concepto redución, oxidación, número de oxidación, axuste de reaccións Redox, electroquímica, espontaneidade reacciones Redox
• 4 teóricas + 2 seminario+14 horas non presenciais estimadas
INTRODUCCIÓN A LA QUÍMICA AMBIENTAL: química da atmosfera, química do auga, química do solo.
• 3 teóricas +1 seminario+ 11 horas non presenciais estimadas
INTRODUCCION Á QUÍMICA ORGÁNICA: O carácter químico especial do carbono. Fórmulas químico-orgánicas e representacións. Clasificación dos compostos orgánicos. Grupo funcional. Formulación e nomenclatura dos compostos orgánicos. Concepto e clases de isomería. Isomería estrutural. Isomería xeométrica. Isomería óptica: estrutura e actividade óptica. Principais tipos de reacción orgánicas.
• 7 teóricas + 2 seminario + 24 horas non presenciais estimadas
PROGRAMA DE CLASES PRÁCTICAS:
1. Práctica 1 (1 sesión, 4 horas)
• Recoñecemento de material e normas de seguridade no laboratorio
• Preparación de disolucións a partir de disolucións concentradas
2. Práctica 2 (1 sesión, 4 horas)
• Preparación dun funxicida
• Determinación do grao alcohólico dun viño
3. Práctica 3 (1 sesión, 4 horas)
• Determinación do grao de acidez dun vinagre
• Obtención de Biodiesel
4. Práctica 4 (1 sesión, 4 horas)
• Reacciones redox con larpeiradas: oxidación do permanganato en medio acuoso
• Precipitación e separación de carbonato cálcico
5. Práctica 5 (1 sesión, 4 horas)
• Determinación de carbonato cálcico en pensos
6. Práctica 6 (1 sesión, 4 horas)
• Cromatografía en capa fina e en columna
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
*.-R. A. BURNS. "Fundamentos de Química". 4ª Ed., Pearson-Prentice Hall, México (2003).
*.-R.H. PETRUCCI, W.S. HARWOOD. “Química general: principios y aplicaciones modernas”. 8ª ed., Prentice Hall (2002
*.-P. ATKINS, L. JONES. “Principios de Química. Los caminos del descubrimiento". 3ª Ed. Panamericana (2006)
*.-R. CHANG. "Química". 9ª ed., Ed. McGraw-Hill Interamericana de España, Madrid (2007).
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
*.- T.L. BROWN, H.E. LEMAY, B.E. BURSTEN. “Química. La Ciencia Central”. 9ª Ed. Pearson-Prentice-Hall, México (2004).
*.- M. D. REBOIRAS. "Química. La ciencia básica". Ed. Thomson, Madrid (2006).
*.- J. KOTZ, P. M. TREICHEL. "Química y reactividad química". 5ª ed., Thomson, México (2003).
*.- W.L. MASTERTON, C. N. HURLEY. "Química. Principios y Reacciones". 4ª ed., Thomson/Paraninfo, Madrid (2003).
*.- “Química. Un proyecto de la American Chemical Society”, 1ª ed., Reverté (2005).
Nota: aparte desta bibliografía xeral, cando se considere oportuno recomendarase outra bibliografía máis especializada sobre temas ou aspectos concretos da materia
Nesta materia o alumno adquirirá ou practicará unha serie de competencias xenéricas, desexables en calquera titulación universitaria, e específicas, propias da enxeñaría en xeral ou da enxeñaría topográfica en particular. Dentro do cadro de competencias que se deseñou para a titulación, traballaranse as seguintes:
• COMPETENCIAS BASICAS E XERAIS
CB1 - Que os estudantes teñan demostrado posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeneral, e adoita atoparse a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos na resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo).
CB5 - Que os estudantes teñan desenrolado aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
CG1 - Capacidade para comprender os fundamentos biolóxicos, químicos, físicos, matemáticos e dos sistemas de representación.
CG3 - Coñecemento dos procesos de degradación que afecten aos sistemas e recursos forestais (contaminación, pragas e enfermidades, incendios, etc.) e capacidade para o uso das técnicas de protección do medio forestal, de restauración hidrolóxico forestal e de conservación da biodiversidade.
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS
CT1 - Capacidade de análise e síntese
CT2 - Capacidade para o razoamento e a argumentación
CT3 - Capacidade de traballo individual, con actitud autocrítica
CT12 - Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos
• COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
CEFB4 -Coñecementos básicos da química xeral, química orgánica e inorgánica e as súas aplicacións na enxeñaría.
1. CLASES EXPOSITIVAS. Duración de aproximadamente 50 minutos.
Exposición dirixida o gran grupo. Xunto a exposición de coñecementos, relacionando conceptos, principios y teorías relacionadas con las áreas de la Química. Nas clases formúlanse cuestións (indagando sobre os seus coñecementos previos para a integración dos novos coñecementos) e acláranse as dubidas.
Capacidade para demostrar o coñecemento e comprensión dos feitos esenciais,
Competencias traballadas (CEFB4; CB1, CB2, CB3,CB5, CG1, CG3,CT1, CT2, CT3, CT12) )
2. SEMINARIOS. Duración de aproximadamente 50 minutos. Subministraranse boletíns de problemas ao alumnado ao comezo de cada tema, nas clases de seminario resolveranse as dubidas que se iran presentando así como o desenrolo de estratexias na súa solución.
Competencias traballadas (CEFB4, CT1, CT2, CT3, CT12)
3. CLASES PRACTICAS DE LABORATORIO. Asistencia obrigatoria. Realizaranse na Facultade de Ciencias segundo o calendario aprobado pola Xunta de Escola e a da citada Facultade. Son actividades dos alumnos no laboratorio realizadas en grupos reducidos. Se relaciona a teoría coa practica, conectando os contidos teóricos coa súa realidade profesional, de forma co estudante aprenda a facer facendo.
Competencias traballadas (CEFB4,CT1, CT2, CT3, CT12)
4. TITORIAS EN GRUPO. Serán reunións do alumnado co profesorado con fin de resolver en grupo as dúbidas xurdidas durante a aprendizaxe da materia. Duración de aproximadamente 50 minutos.
Competencias traballadas (CEFB4, CB1, CB2, CB3,CB5, CG1, CG3, CT1, CT2, CT3, CT12), )
4. TITORIAS INDIVIDUAIS. Serán reunións do alumnado co profesorado co fin de orientalo no seguimento e aproveitamento da materia, e resolver as dúbidas xurdidas durante a aprendizaxe da materia. Estas sesións son de carácter voluntario, pero o profesorado fará fincapé na súa utilidade e importancia.
Competencias traballadas (CEFB4, CB1, CB2, CB3,CB5, CG1, CG3)
5. APOIO A TRAVES DA USC-VIRTUAL. de carácter voluntario, co resumen de cada un dos temas da materia incidindo nos aspectos máis importantes, tamén disporán de lecturas recomendadas polo profesorado, e cuestionarios para que poidan realizar autoavaliacións.
Competencias traballadas (CEFB4; CB1, CB2, CB3,CB5, CG1, CG3)
A avaliación do aprendizaxe realizarase mediante a avaliación continua con probas. O seguimento do aprendizaxe levarase a cabo mediante a realización de actividades a resolver individualmente ou en grupo mediante a suma da avaliación continua (grado de cumprimento das actividades programadas en seminarios, titorías e prácticas, así como pola participación nas clases expositivas) que computará un máximo del 30% da nota total e a nota alcanzada no exame da materia, que se realizará segundo o calendario oficial, que supoñerá un máximo del 70%. Polo que a realización dunha proba final é complementaria a avaliación continua. Así, o sistema de avaliación constará dos seguintes apartados:
1. ASPECTO: AVALIACION DAS CLASES TEÓRICAS
o CRITERIO: Dominio dos coñecementos teóricos e prácticos da materia
o INSTRUMENTO; Realizaranse 3 probas de avaliación ao longo do curso (fixadas na programación).
o COMPETENCIAS: CB1, CB2, CB5,CG1, CG3,CEFB4,CT1, CT2, CT3, CT12
o PESO NA NOTA FINAL: 70 %
2. ASPECTO:.TRABALLO CONTINUO
o CRITERIO: A participación activa en clase: cuestións formuladas polo profesorado, dúbidas formuladas polo alumnado, realización dos exercicios dos boletíns, etc.
o INSTRUMENTO: Observación e notas do profesorado, así coma entrega de exercicios ou traballos propostos; polo que será necesaria unha asistencia regular durante todo o curso
o COMPETENCIAS: CB1, CB2, CB5, CG1, CEFB4,CT1, CT2, CT3, CT12
o PESO NA NOTA FINAL: 15 %
3. ASPECTO: AVALIACIÓN DAS CLASES PRÁCTICAS
o CRITERIO: Dominio das técnicas e coñecemento do material usado nas práctica. Asistencia e comportamento en clases prácticas
o INSTRUMENTO: Observación do traballo realizado no laboratorio, e a realización dunha proba de avaliación
o COMPETENCIAS: CB3, CG1, CEFB4, CT1, CT2, CT3, CT12)
o PESO NA NOTA FINAL:.15%
ACLARACIÓNS:
(1) A nota obtida en cada proba de avaliación non debe ser inferior a 4.
(2) Aparte da asistencia obrigatoria ás sesións de prácticas de laboratorio é imprescindible ter unha avaliación positiva da memoria de prácticas. As prácticas gárdanse durante un período 2 cursos académicos.
(3) os alumnos repetidores se lle gardará a nota de prácticas pero non a nota da avaliación continua, polo que deberán realizar os traballos que se propoñan.
(4) as actividades docentes son de ASISTENCIA OBRIGATORIA e inescusábel excepto para alumnos que teñan concedida a dispensa de asistencia segundo a Instrución 1/2017 da Secretaría Xeral
(5) RECUPERACIÓN:
* Toda proba de avaliación na que a nota obtida sexa inferior a 4, considerárase suspensa, e poderá ser recuperada no exame final de Xuño. En caso de non superar a/as probas de avaliación suspensas en Xuño, na convocatoria de Xullo o alumno/a deberá examinarse de toda a materia.
* O criterio de avaliación é O MESMO NAS DUAS OPORTUNIDADES.
(6) Para os casos de REALIZACIÓN FRAUDULENTA DE EXERCICIOS OU PROBAS será de aplicación o establecido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións”.
EEsta materia consta de 9 créditos ECTS, o que significa unha carga de traballo para o alumno/a de 225 horas
(9 créditos x 25 h/crédito –RD 1125/2003–).
• Clases expositivas
36 h presenciais + 59 h non presenciais = 95 h totais
• Clases interactivas de seminario:
12 h presenciais + 52 h non presenciais = 64 h totais
• Clases interactivas de prácticas:
24 h presenciais =24h totais
• Titorías en grupos reducidos:
4 h presenciais + 3 h non presenciais = 7 h totais
• Exame:
3 h presenciais + 32 h non presenciais=35h totais
A asistencia ás clases, un estudo continuado da materia, e a resolución e comprensión dos problemas e cuestións formuladas nos seminarios son a mellor garantía para superar a materia.
Recoméndase facer uso das titorías para solventar as dúbidas xeradas no estudo da materia
as clases serán en galego e en castelán
Julia Barciela Garcia
- Departamento
- Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía
- Área
- Química Analítica
- Correo electrónico
- julia.barciela [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Laura Rodriguez Silva
- Departamento
- Química Inorgánica
- Área
- Química Inorgánica
- Correo electrónico
- laura.rodriguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Cristina Nuñez Gonzalez
Coordinador/a- Departamento
- Química Inorgánica
- Área
- Química Inorgánica
- Teléfono
- 982824079
- Correo electrónico
- cristina.nunez.gonzalez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Xoves | |||
---|---|---|---|
14:00-15:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 6 (Aulario 2) |
27.05.2024 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 11 (Aulario 3) |
27.05.2024 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 12 (Aulario 3) |
08.07.2024 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 11 (Aulario 3) |
08.07.2024 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 12 (Aulario 3) |