Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía
Áreas: Química Analítica
Centro Facultade de Ciencias
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Os obxectivos xerais que esta materia pretende cubrir son os seguintes:
• Proporcionar ós alumnos os fundamentos e coñecementos básicos de Química necesarios para a comprensión dos contidos de química doutras materias do grao facendo especial fincapé nas súas aplicacións.
• Coñecer os principios en que se fundamenta a Química con especial énfase no estudo dos equilibrios químicos e o uso destes no desenvolvemento de técnicas de análise volumétrica.
• Adquirir unha base científica para a resolución razoada e toma de decisións en problemas relacionados coa Nutrición Humana e Dietética que posúan unha compoñente química.
TEORÍA
· Disolucións e propiedades.
· Principios de Cinética Química.
· Equilibrio Químico.
· Ácidos e Bases.
· Equilibrios en disolución.
· Técnicas de análise volumétrico.
PRÁCTICAS
· Preparación de disolucións.
· Volumetría ácido-base.
· Volumetría oxidación-reducción.
· Volumetría de formación de complexos
· Volumetría de precipitación
Os contidos indicados desenvolveranse estruturados tal e coma se indica a continuación:
PARTE TEÓRICA
• BLOQUE I:
TEMA 1. – Disolucións e propiedades
Terminoloxía das disolucións. Unidades de concentración. Principios da solubilidade. Propiedades coligativas das disolucións.
TEMA 2. – Principios da Cinética química
Velocidade dunha reacción. Lei da velocidade. Factores que inflúen na velocidade dunha reacción. Mecanismos de reacción. Catálise.
• BLOQUE II:
TEMA 3. - Equilibrio químico:
O concepto de equilibrio e a constante de equilibrio. Escritura das expresións das constantes de equilibrio. Factores que afectan ó equilibrio químico.
TEMA 4. - Equilibrios en disolución (I): Equilibrios ácido-base.
Definición de ácidos e bases. Forza dos ácidos e bases. Cálculos cos ácidos e as bases. Disolucións reguladoras. Volumetrías ácido-base.
TEMA 5. - Equilibrios en disolución (II).
5.1. Equilibrios de Oxidación-Redución. Reaccións de oxidación-redución. Introdución ás volumetrías de oxidación-redución.
5.2. Equilibrios de formación de complexos. Aspectos cuantitativos. Introdución ás Volumetrías de complexación.
5.3. Equilibrios de precipitación. Solubilidade e Produto de solubilidade. Precipitación fraccionada. Análise gravimétrica. Introdución ás Volumetrías de precipitación.
PROGRAMA DE PRÁCTICAS:
1. -Recoñecemento de material de laboratorio. Preparación de disolucións.
2. -Volumetría Ácido-Base.
3. -Volumetría de Oxidación-Redución.
4. -Volumetría de Formación de Complexos.
5. -Volumetría de Precipitación.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA:
• ATKINS, P.; JONES, L. Principios de Química. Ed. Médica Panamericana; 2006, 2012.
• BROWN, T.; LeMAY, H.; BURSTEN, B.; BURDGE, J. Química. La Ciencia Central. Ed. Pearson, 2009, 2014.
• CHANG, R. Química. Ed. Mc Graw Hill.; 2013.
• DOMÍNGUEZ-REBOIRAS, M. A. Química: La ciencia básica. Ed. Thomson, 2006, 2008.
• HARRIS, D.C. Análisis Químico Cuantitativo. Ed. Reverté, 2001, 2007, 2016.
• HOLUM, J.R. Fundamentos de química general, orgánica y bioquímica para ciencias de la salud. Ed. Limusa-Wiley, 2000, 2013.
• MASTERTON, W.L.; HURLEY, C. N. Química: principios y reacciones. Ed. Thompson-Paraninfo Learning; 2003.
• PETRUCCI, R. H.; HERRING, F. G.; MADURA J.D.; BISSONETTE, C. Química General. Principios y aplicaciones modernas. Ed. Prentice Hall, Pearson Education; 2011, 2017.
• SKOOG, D.; WEST, D.; HOLLER, F.J.; CROUCH, S.R. Fundamentos de Química Analítica. Ed. Thomson, 2005, 2015.
(ebooks) Bibliografía Básica:
• HARRIS, D.C. Análisis Químico Cuantitativo. Ed. Reverté, 2001, 2007, 2016.
https://ebookcentral-proquest-com.ezbusc.usc.gal/lib/buscsp/detail.acti…
• HOLUM, J.R. Fundamentos de química general, orgánica y bioquímica para ciencias de la salud. Ed. Limusa-Wiley, 2000, 2013.
https://www.academia.edu/37001434/Fundamentos_de_Quimica_General_Organi…
• PETRUCCI, R. H.; HERRING, F. G.; MADURA J.D.; BISSONETTE, C. Química General. Principios y aplicaciones modernas. Ed. Prentice Hall, Pearson Education; 2011.
https://www-ingebook-com.ezbusc.usc.gal/ib/NPcd/IB_Escritorio_Visualiza…
• GALLEGO PICÓ, A. Química Básica. UNED, 2013.
https://prelo.usc.es/Record/Xebook1-1672
• RODRÍGUEZ, D.; HERRERA, J.M.; EIROA, J.A.; PÉREZ, J.L. Química. Servicio de Publicaciones y Difusión Científica de la ULPGC, 2014.
https://prelo.usc.es/Record/Xebook1-3150
• SKOOG, D.; WEST, D.; HOLLER, F.J.; CROUCH, S.R. Fundamentos de Química Analítica. Ed. Thomson, 2005, 2015.
https://www.surcosistemas.com.ar/virtual/ebooks/QUIMICA_ANALITICA_Noven…
- Problemas e exercicios:
• BERMEJO, F. ; PAZ, M. Problemas de Química General y sus fundamentos teóricos. Ed. Dossat, 1994.
• DOMÍNGUEZ-REBOIRAS, M. A. Problemas resueltos de Química Analítica. Ed. Thomson, 2005.
• DOMÍNGUEZ-REBOIRAS, M. A. Problemas resueltos de Química: La ciencia básica. Ed. Thomson, 2007, 2012.
• HERRERO, M.A.; ATIENZA, J.; NOGUERA, P.; TORTAJADA, L.A. La Química en problemas. Un enfoque práctico. Ed. UPV, 2015.
• LÓPEZ CANCIO, J.A. Problemas de Química. Ed. Prentice Hall, 2000.
• LÓPEZ CANCIO, J.A. Problemas resueltos de Química Analítica. Ed. Thomson, 2005.
• TEIJÓN, J.M.; GARCÍA, J.A.; JIMÉNEZ, Y.; GUERRERO, I. La Química en Problemas. Ed. Tébar, 2006.
• YÁÑEZ, P.; PINGARRÓN, J.M.; VILLENA, F.J.M. Problemas resueltos de Química Analítica. Ed. Síntesis, 2003, 2010.
• YÁÑEZ, P.; PINGARRÓN, J.M.; GONZÁLEZ, A. 300 problemas resueltos de Quimica Analítica. Ed. Síntesis, 2022.
- (ebooks) Problemas e exercicios:
• DAVEL, L.; MOHINA, G. Química: problemas y ejercicios de aplicación para química. Ed. Eudeba, 2020.
https://elibro-net.ezbusc.usc.gal/es/ereader/busc/184200
• GÓMEZ DEL RÍO, M.I. Fundamentos y problemas básicos de equilibrios en química analítica. Cuaderno UNED, 2006.
https://prelo.usc.es/Record/Xebook1-1179
• HERRERO, M.A.; ATIENZA, J.; NOGUERA, P.; TORTAJADA, L.A. La Química en problemas. Un enfoque práctico. Ed. UPV, 2015.
https://riunet.upv.es/bitstream/handle/10251/67702/TOC_6269_01_01.pdf?s…
• LÓPEZ CANCIO, J.A. Problemas de Química. Ed. Prentice Hall, 2000.
https://www.academia.edu/35880168/Problemas_de_Qu%C3%ADmica_Jos%C3%A9_A…
- (ebooks) Prácticas de laboratorio:
• BAILEY, CH., LORNA E. Introducción a la experimentación en química física y química analítica. UNED, 2012.
https://prelo.usc.es/Record/Xebook1-1398
• TORRES, S.; MESEGUER, S.; CATALÁ, M.; GÓMEZ, M.C. Química: Prácticas de laboratorio. Universidad Politécnica de Valencia, 2016, 2022.
https://prelo.usc.es/Record/Xebook1-4793
As competencias que se traballarán na materia serán:
Competencias Básicas
CB1 - Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e se adoita encontrar a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB3 Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
Competencias Xerais
CG6 - Coñecer, valorar criticamente e saber utilizar e aplicar as fontes de información relacionadas con nutrición, alimentación, estilos de vida e aspectos sanitarios
Competencias transversais
CT1: Capacidade de análise e síntese.
CT2: Capacidade para organizar e planificar.
CT3: Capacidade para traballar en equipo
CT7: Capacidade para a resolución de problemas
CT10: Capacidade para o razoamento crítico e a argumentación
CT11: Capacidade para a aprendizaxe autónoma (incluida en CG3)
Competencias específicas
CE1 Coñecer os fundamentos químicos, bioquímicos e biolóxicos de aplicación en nutrición humana e dietética.
CE7 Adquirir habilidades de traballo en equipo como unidade na que se estruturan de forma uni ou multidisciplinar e interdisciplinar os profesionais e demais persoal relacionados coa avaliación diagnóstica e tratamento de dietética e nutrición.
A materia Química II estruturarase en torno a cinco tipos de actividades: as clases expositivas (ME1), os seminarios (ME2), as titorías de grupo (ME4), as clases prácticas de laboratorio (ME3), e unha serie de actividades a realizar polo alumno de forma autónoma (ME5).
ME1: Nas sesións expositivas (31 horas) o profesor dará a coñecer ó alumno os contidos da materia, e nelas alternaranse as explicacións teóricas (utilizando a pizarra e proxeccións con ordenador) coa resolución de exercicios que ilustren os conceptos explicados. Para alcanzar o máximo rendemento destas clases, completaranse, por parte do alumno, coa lectura de textos e bibliografía relacionada cos temas tratados.
ME2: Impartiranse seminarios (3 horas por grupo) nos que os alumnos resolverán problemas tipo para cada un dos temas. Intercalaranse coas clases teóricas e neles farase fincapé na comprensión do mecanismo de resolución e resaltarase a relación dos problemas coas aplicacións prácticas. Para iso, requirirase o alumno a resolución previa do boletín de problemas correspondente a cada tema. Os seminarios organizaranse en grupos de alumnos.
ME4: Realizaranse sesións de titorías en grupos (2 horas por grupo). Neste tipo de actividade, o profesor orientará ó alumno resolvendo as súas dúbidas e instruíndoo nos métodos de traballo máis axeitados. A asistencia ás titorías servirá para afianzar os conceptos explicados de forma máis individualizada.
ME3: As clases prácticas de laboratorio (15 horas/grupo) terán lugar no laboratorio e ao final destas os alumnos deberán presentar un caderno de prácticas co traballo realizado. Nas clases prácticas abrangueranse conceptos adquiridos polos alumnos nas clases de teoría e seminarios e estarán orientados a que o alumno adquira destrezas no manexo do material de laboratorio e desenvolva as súas capacidades dedutivas, comunicativas, de traballo en equipo e de análise. Así mesmo, incidirase na importancia das normas de seguridade nos laboratorios. Os alumnos traballarán en grupos de 2 alumnos.
ME5: O profesor entregará ós alumnos, de forma periódica, unha relación de problemas ou cuestións para que, unha vez traballados os contidos teórico-prácticos, os resolvan de forma individual facendo uso dos apuntes e da bibliografía recomendada. A realización destas actividades servirá para asentar e afianzar os conceptos explicados e a súa aplicación práctica.
A interacción entre profesor e alumnos completarase a través das ferramentas proporcionadas por un curso virtual na plataforma que para este tipo de ensino ten a USC (USC virtual, http://www.usc.es/campusvirtual/).
A avaliación desta materia consta dunha avaliación continua (SE3, 25%), que incluirá a realización de actividades e o traballo desenvolvido no laboratorio, e un exame presencial ao final do cuadrimestre (SE1, 75%) .
• A avaliación continua realizarase a través de varios mecanismos; en primeiro lugar, avaliarase positivamente aqueles alumnos que participen de forma activa nas tutorías ou nos seminarios, resolvendo na pizarra os problemas propostos nos boletíns (5%).
Competencias avaliadas: CB1, CT2, CT7, CT10, CE1.
O segundo estará baseado na entrega aos alumnos de determinados exercicios e actividades, os cales deberán contestar e entregar para a súa corrección. (15%)
Competencias avaliadas: CB1, CB3, CB5, CG6, CT1, CT7, CT10, CT11, CE1.
O traballo desenvolvido no laboratorio (10% da cualificación final) controlarase mediante a avaliación continua no laboratorio e a través dos informes elaborados polos alumnos que entregarán ao profesor para a súa corrección (5%). Ademáis o alumnado terá que entregar de forma individual una actividade resolta, relacionada coas prácticas de laboratorio, que será considerada parte da evaluación final (5%).
Para aprobar a materia o alumno deberá obter a cualificación de APTO nas prácticas de laboratorio.
Competencias avaliadas: CT3, CE7.
• Finalmente, realizarase un exame (70%) ao rematar o cuadrimestre que consistirá en preguntas de razoamento, tanto teóricas coma prácticas (será necesario acadar una nota mínima en ambas partes), nas cales se poida avaliar a capacidade de dedución e razoamento do alumno.
Competencias avaliadas: CB1, CB5, CT7, CT2, CT10, CT11, CE1
A cualificación final lograrase sempre que a nota do exame (70%) sexa como mínimo dun 3,5 (35%). Nese caso a valoración positiva do traballo realizado a través do resto das actividades aumentará a cualificación do exame ata o total da súa puntuación. A asistencia as titorías de grupo e seminarios será OBLIGATORIA, e terase en conta a hora de sumar esta calificación a nota final da materia.
- A ASISTENCIA/REALIZACIÓN DA TOTALIDADE DAS PRÁCTICAS DE LABORATORIO SERÁ OBRIGATORIA PARA APROBAR A MATERIA.
- A NOTA DE PRÁCTICAS GARDARASE DURANTE UN PERÍODO MÁXIMO DE DOUS CURSOS ACADÉMICOS (o da realización e un máis).
- A NOTA OBTIDA NA AVALIACIÓN CONTINUA DA MATERIA SÓ SE CONSERVARÁ DURANTE ESE CURSO.
"No caso de realización fraudulenta de exercicios ou probas aplicarase o disposto no "Regulamento de avaliación do rendemento académico dos estudantes e revisión das cualificacións ”.
A materia consta de 6 créditos ECTs. O número total de horas de traballo do alumno é de 150 horas, das que o 37% son presenciais e o 63% son horas de traballo persoal do alumno. A distribución detallada do tempo de traballo do alumno é a seguinte:
Traballo presencial na aula
Clases expositivas en grupo grande (31 horas)
Clases interactivas en grupo reducido (Seminarios) (3 horas)
Prácticas de laboratorio (15 horas)
Titorías en grupo moi reducido (2 horas)
Realización de exame e revisión (4 horas)
• Total horas traballo presencial na aula ou no laboratorio (55 horas)
Traballo persoal do alumno
Estudo autónomo, individual ou en grupo (62 horas)
Resolución boletíns de problemas (Seminarios) (12 horas)
Preparación do traballo de laboratorio e informes a entregar (10 horas)
Resolución de traballos ou outros exercicios (8 horas)
Preparación titorías de grupo (3 horas)
• Total horas traballo persoal do alumno (95 horas)
- Asistencia e aproveitamento das clases expositivas que se han de completar, por parte do alumno, coa lectura de textos e bibliografía relacionada cos temas tratados.
- Realización dos exercicios propostos nos boletíns previa á súa explicación nos seminarios.
- Realización das actividades individuais ou de grupo propostas nos diferentes temas para asentar e afianzar os conceptos explicados e a súa aplicación práctica.
A realización das prácticas de laboratorio e a asistencia ás actividades presenciais (seminarios e titorías de grupo) é OBRIGATORIA para poder aprobar a materia.
Idiomas de impartición: Castelán e Galego
Rosa Maria Peña Crecente
- Departamento
- Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía
- Área
- Química Analítica
- Teléfono
- 982824117
- Correo electrónico
- rosa.penha [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | 0P AULA 6 PLANTA BAIXA |
Mércores | |||
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | 0P AULA 6 PLANTA BAIXA |
Xoves | |||
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | 0P AULA 6 PLANTA BAIXA |
21.05.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | 0P AULA 5 PLANTA BAIXA |
21.05.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | 0P AULA 6 PLANTA BAIXA |
30.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | 0P AULA 5 PLANTA BAIXA |
30.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | 0P AULA 6 PLANTA BAIXA |