Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego, Inglés
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Química Física
Áreas: Química Física
Centro Facultade de Ciencias
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Ao finalizar a materia o/ a estudante estará capacitado para:
• Conseguir que coñeza e comprenda a orixe das propiedades, transformacións e aplicacións da materia que lle rodea, expresándose nunha linguaxe formal química.
• Desenvolver a capacidade de aprender novas técnicas e resolver en por si novos problemas.
• Comprender o sentido cuantitativo da Química coa realización de exercicios numéricos.
• Conseguir unha formación experimental suficiente, de modo que o alumno desenvolva habilidades e destrezas experimentais.
En cada unidade temática especificaranse os obxectivos de aprendizaxe específicos, estes non teñen outro fin que o conseguir que os/as estudantes deban ser capaces de:
• Concreción nos conceptos básicos.
• Claridade nas súas exposicións, tanto escritas, como faladas.
• Expresarse nunha linguaxe formal químico.
• Capacidade de razoamento e síntese.
• Sentido químico dos cálculos e resultados numéricos, con especial atención ás unidades.
• Evitar erros conceptuais.
• Detectar e rexeitar resultados disparatados.
Contidos
Tema 1. Química e enerxía.
Sistemas termodinámicos. Principios da Termodinámica. Funcións termodinámicas. Entalpías de reacción, formación e enlace. Potencia calórica dos alimentos. Enerxía libre de Gibbs, potencial químico e equilibrio químico. O ATP como fonte de enerxía.
Tema 2. Enlace químico.
Estrutura atómica e táboa periódica. O enlace covalente. Orbitais moleculares. Estrutura molecular e xeometría. Polaridade da ligazón. Forzas intermoleculares. Estados de agregación.
Tema 3. Estrutura e reactividade
Grupos funcionais. Isomería. Mecanismos das principais reaccións orgánicas. Moléculas orgánicas de interese biolóxico.
PRACTICAS DE LABORATORIO
1.- Características xerais do material de vidro de laboratorio. Aforado do material volumétrico. Cálculo de erros
• Coñecer as propiedades físicas do material de vidro de uso común nos laboratorios.
• Aprender a aforar o material de vidro volumétrico
• Calcular erros das medidas físicas
• Coñecer as normas básicas de seguridade e traballo no laboratorio.
2.- Calor de reacción. Calor de formación da auga a partir dos seus ións.
• Uso de equipos básicos de laboratorio.
• Realización de cálculos estequiométricos nunha reacción.
• Preparación de disolucións.
• Obtención dunha entalpía de reacción medindo o cambio de temperatura nun calorímetro
• Obtención dunha entalpía molar de formación.
3.- Reacción de combustión. Combustibles
• Distinguir combustibles e comburentes.
• Extinción de lumes.
4. 2. Síntese da aspirina (ácido acetilsalicílico)
Objetivos:
• Coñecer os procedementos básicos para síntese de compostos no laboratorio.
• Realización de cálculos estequiométricos nunha reacción.
• Realizar a transformación duns grupos funcionais (alcohol, anhídrido) noutros (éster, ácido)
• R. Chang, J. Overby. Química. McGraw-Hill, 13ª ed. 2019
• R. H. Petrucci, F. G. Herring, J. D. Madura, C. Bissonnette. Química general. Principios y aplicaciones modernas. 11ª Ed. Pearson Education. 2017
• M. D. Reboiras. Química. La Ciencia Básica. Ed. Thomson, 2006
• John C. Kotz, Paul M. Treichel. Química y reactividad química. Paraninfo, 2004.
• I. N. Levine. Fisicoquímica. McGraw-Hill. 2004
• P. Y. Bruice. Fundamentos de Química Orgánica. Pearson Education. 2016.
As competencias que se traballarán na materia son as seguintes:
Competencias básicas:
CB1: Que os estudantes teñan demostrado posuír e comprender os coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeneral, e se sóese encontrar a un nivel que, si ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda de seu campo de estudo.
CB2: Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos a seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que soen demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro de súa área de estudo.
CB3: Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro de súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4: Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5: Que os estudantes teñan desenvolto aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grado de autonomía.
Competencias xenerais:
CG1 - Recoñecer os elementos esenciais da profesión dietista-nutricionista, incluíndo principios éticos, responsabilidades legais e o exercicio da profesión, aplicando o principio de xustiza social á práctica profesional e desenvolvendoo con respecto ás persoas, aos seus hábitos, crenzas e culturas.
CG2: Desenrolar a profesión con respecto a outros profesionais da saúde, adquirindo habilidades para traballar en equipo.
CG3 - Recoñecer a necesidade de manter e actualizar a competencia profesional, dando especial importancia á aprendizaxe autónoma e continua de novos coñecementos, produtos e técnicas en nutrición e nutrición, así como motivación para a calidade.
CG4 - Coñecer os límites da profesión e as súas competencias, identificar cando é necesario un tratamento interdisciplinario ou derivación a outro profesional.
CG5: Realizala comunicación de maneira efectiva, tanto de forma oral como escrita, coas persoas, os profesionais da saúde ou a industria e os medios de comunicación, sabendo utilizar as tecnoloxías da información e a comunicación especialmente as relacionadas coa nutrición e estilos de vida.
CG6 - Coñecer, valorar criticamente e saber utilizar e aplicar fontes de información relacionadas cos aspectos nutricionais, alimentarios, de vida e saúde.
CG7 - Ter a capacidade de preparar informes e completar rexistros relacionados coa intervención profesional do dietista nutricionista
CG29: Adquirir a formación básica para a actividade investigadora, sendo capaces de formular hipóteses, recoller e interpretar a información para a resolución de problemas seguindo o método científico, e comprendendo a importancia e as limitacións do pensamento científico en materia sanitaria e nutricional.
Competencias específicas:
CE1: Coñecer os fundamentos químicos, bioquímicos e biolóxicos de aplicación en nutrición humana e dietética.
CE7: Adquirir habilidades de traballo en equipo como unidade na que se estruturan de forma uni o multidisciplinar e interdisciplinar os profesionais e demais persoas relacionados coa avaliación diagnóstica e tratamento de dietética e nutrición.
Clases presenciais (teoría, clases de problemas e seminarios). A materia consta de 6 créditos-ECTS. En devandita carga de traballo inclúense 33 horas presenciais (de asistencia a clase) que se dedican tanto a teoría como a seminarios, sen que exista unha división práctica entre ambas. Durante os seminarios o profesor e o alumnado resolverá os problemas propostos, o que permite ao profesor avaliar as capacidades e dificultades de cada un e mellorar a aprendizaxe.
Boletíns. Ao longo do curso proporanse boletíns de problemas, que o alumno debe resolver como traballo persoal. A realización deste traballo na súa casa permitiralle adquirir a destreza necesaria para o exame final. O alumno/a poderá consultar ao profesor calquera dúbida.
Prácticas de laboratorio: As prácticas de laboratorio (15 horas en 5 sesións) son de asistencia obrigatoria. Nelas, o alumno/a adquirirá as habilidades experimentais e manuais necesarias no estudo da química e comprobase a aplicación real dos conceptos estudados nas clases teóricas. Faranse en grupos de 2 ou 3 alumnos.
Titorías en grupo: Ao longo do curso estarán planificadas dúas tutorías en grupos (10 persoas) que se utilizarán para comentar e resolver todas as dúbidas en grupo procurando a maior participación do alumno/a.
Titorías personalizadas: Nestas que se pretende levar a cabo un seguimento próximo do traballo desenvolvido por cada alumno. Para iso os boletíns son unha ferramenta importante para o profesor e o propio alumno, xa que tras a súa corrección permitirannos unha visión próxima das debilidades e fortalezas na aprendizaxe de cada alumno. Ao final o profesor tratará de aclarar dúbidas e orientar o traballo persoal do alumno.
WebCT (Aula Virtual): A Universidade de Santiago de Compostela utiliza unha plataforma dixital na que o profesor fornecerá a información necesaria para o alumnado (arquivos PowerPoint, resumos dos temas, boletíns, guións de practica, etc) via Internet. Nesta plataforma, tamén se habilitarán foros de discusión e un correo interno que facilita ao profesor e alumno a comunicación.
A calificación de cada alumno farase por avaliación continua (35%) e a realización dun exame final (65%). Será necesario unha nota mínima dun 4 sobre 10 no exame final para que se sume á parte da avaliación continua.
A avaliación continua inclúe seguimento de traballo persoal que pode incluír probas escritas, traballos entregados, participación do alumno en clase, titoría ou outros medios.
A asistencia as "clases de pizarra" en grupo reducido (seminarios) e prácticas de laboratorio consideraranse obrigatorias.
Xa que as prácticas de laboratorio están integradas na asignatura, a avaliación das mesmas incluiranse na porcentaxe de avaliación continua. Ademais, para aprobar a asignatura, o alumno debe obter unha avaliación de "apto" nas prácticas de laboratorio.
Avaliación continua (35%), competencias a avaliar: CB1, CB2, CB3, CB4, CB5, CG2, CG3, CG4, CG5, CG29, CE1 y CE7.
Exame final (65%), competencias a avaliar: CB1, CB5, CG29, CE1 e CE7.
Segunda oportunidade: Se seguirán os mesmos criterios que para a primeira oportunidade.
O alumno medio deberá dedicar unha hora de estudo persoal por cada hora de clase presencial.
Para realización de problemas necesitásense aproximadamente 30 horas.
Para as prácticas de laboratorio serán necesarias entre 1 e 2 horas.
O principal é estudar ao día.
- Clases maxistrais: 33,3% de h presenciais / 96 h traballo autónomo.
- Seminarios: 28,6% de h presenciais / 14 h traballo autónomo.
- Prácticas: 71,4% de h presenciais / 21 h traballo autónomo.
- Traballos individuais: 0% de h presenciais / 12 h traballo autónomo.
- Caderno prácticas: 0% de h presenciais / 3 h traballo autónomo.
- Exame e revisión: 25% de h presenciais / 4 h traballo autónomo.
Recoméndase encarecidamente a asistencia a clase e que consulte a profesor cando considere oportuno na hora de tutoria.
NON ESPERAR AO FINAL DO CUADRIMESTRE PARA CONSULTAR DÚBIDAS.
FICHA DA MATERIA
Materia: Química I
Titulación: Nutrición e Dietética
Centro: Facultade de Ciencias
Plataforma ensino virtual: webCT
Tipo: Básicas
Curso: 1º curso
Período lectivo: Primeiro cuadrimestre
Idioma en que se imparte: castelán / galego
ECTS: 6
Volume de traballo do alumno: 98 horas
Jose Vazquez Tato
Coordinador/a- Departamento
- Química Física
- Área
- Química Física
- Correo electrónico
- jose.vazquez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Aida Jover Ramos
- Departamento
- Química Física
- Área
- Química Física
- Correo electrónico
- aida.jover [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Jorge Antonio Carrazana Garcia
- Departamento
- Química Física
- Área
- Química Física
- Teléfono
- 982824132
- Correo electrónico
- jorge.carrazana [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Martes | |||
---|---|---|---|
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | 0P AULA 6 PLANTA BAIXA |
Mércores | |||
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | 0P AULA 6 PLANTA BAIXA |
Xoves | |||
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | 0P AULA 6 PLANTA BAIXA |
13.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | 0P AULA 5 PLANTA BAIXA |
13.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | 0P AULA 6 PLANTA BAIXA |
19.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | 0P AULA 5 PLANTA BAIXA |
19.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | 0P AULA 6 PLANTA BAIXA |