Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 143.5 Horas de Titorías: 5 Clase Interactiva: 1.5 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego, Inglés
Tipo: Traballo Fin de Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Bioquímica e Bioloxía Molecular, Microbioloxía e Parasitoloxía, Fisioloxía, Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía, Patoloxía Animal, Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica, Departamento externo vinculado ás titulacións, Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física, Ciencias Forenses, Anatomía Patolóxica, Xinecoloxía e Obstetricia e Pediatría, Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias, Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría, Estatística, Análise Matemática e Optimización
Áreas: Bioquímica e Bioloxía Molecular, Microbioloxía, Fisioloxía, Nutrición e Bromatoloxía, Medicina e Cirurxía Animal, Sanidade Animal, Farmacoloxía, Área externa Grao en Veterinaria, Xenética, Zooloxía, Toxicoloxía, Anatomía e Anatomía Patolóxica Comparadas, Produción Animal, Ciencias Clínicas Veterinarias, Produción Vexetal, Estatística e Investigación Operativa
Centro Facultade de Veterinaria
Convocatoria: Traballos Fin de Grao e Máster
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
O Traballo Fin de Grao (TFG) consistirá na realización, presentación e defensa pública, ante un tribunal constituído a tal efecto de un traballo orixinal e autónomo do estudante, que se deberá elaborar de forma individual e estará relacionado cos contidos do Grao en Veterinaria.
Contémplanse 4 modalidades de TFG:
TRABALLO DE CASOS CLÍNICOS INÉDITOS. Consistirá no estudo e avaliación de novos casos referidos a calquera especie estudada no Grao en Veterinaria.
TRABALLO DE DIVULGACIÓN. Tratará dun tema científico de interese social dirixido ao público xeral.
TRABALLO EXPERIMENTAL, que poderá ser, á súa vez, un traballo de investigación ou un traballo de carácter profesional. Poderá desenvolverse en departamentos, laboratorios ou centros universitarios, así como en centros ou empresas colaboradoras.
TRABALLO DE REVISIÓN BIBLIOGRÁFICA. Consistirá na elaboración dun traballo argumentado sobre a actualidade dun tema.
O contido específico de cada TFG definirase para cada traballo individual, de acordo coa oferta de traballos/titores que para cada curso realizará a facultade.
A que cada titor/cotitor considere oportuno indicar ao estudante en relación coas características do tema elixido e ademais calquera outra que o alumno/a poda considerar interesante.
En principio, e dada a natureza deste traballo, calquera das incluídas na memoria do Grao en Veterinaria, sen que se poda ou deba limitar un número determinado delas.
De forma xeral resultan de aplicación, independentemente da natureza do tema de traballo, todas as competencias transversais da memoria do título.
O TFG é unha materia transversal que esencialmente consiste na realización dun proxecto individual por parte do alumno/a, cunha carga de traballo persoal de 127 horas, completada con outras 23 horas de titoría personalizada co titor/cotitores do proxecto, para deseñar, dirixir e supervisar o método de traballo que en cada caso se decida adoptar.
De acordo coa “Normativa de matrícula, elaboración e defensa dos Traballos Fin de Grao e Traballos Fin de Máster na Universidade de Santiago de Compostela”, aprobada polo Consello de Goberno de 2 de maio de 2013 e actualizada polo Consello de Goberno do 16 de marzo de 2016, esta materia incluirá como mínimo tarefas de procura e revisión bibliográfica, lectura e integración de información, elaboración de resultados relevantes, redacción e presentación e defensa do traballo.
A avaliación realizarase de acordo coa “Normativa de matrícula, elaboración e defensa dos Traballos Fin de Grao e Traballos Fin de Máster na Universidade de Santiago de Compostela”, aprobada polo Consello de Goberno de 2 de maio de 2013 e actualizada polo Consello de Goberno do 16 de marzo de 2016, e coas especificacións desenvolvidas na “Normativa pola que se regula a elaboración do Traballo Fin de Grao na Facultade de Veterinaria da USC" aprobada pola Xunta de Facultade do 8 de xullo de 2016 e polo Consello de Goberno do 3 de marzo de 2017. Os apartados a valorar polo tribunal que xulgará as memorias do TFG aparecen a continuación:
CALIDADE DA DOCUMENTACIÓN PRESENTADA (máximo 5 puntos):
TFG EXPERIMENTAL ou de CASOS CLÍNICOS INÉDITOS
1) Introdución e obxectivos (máximo 1 punto)
2) Metodoloxía (máximo 1 punto)
3) Resultados (máximo 1 punto)
4) Discusión e Conclusións (máximo 1 punto)
5) Bibliografía (máximo 0,5 puntos)
6) Presentación e expresión escrita (máximo 0,5 puntos)
TFG de REVISIÓN BIBLIOGRÁFICA ou de DIVULGACIÓN
1) Introdución e obxectivos (máximo 1 punto)
2) Desenvolvemento (máximo 1 punto)
3) Conclusións (máximo 1 punto)
4) Bibliografía (máximo 1 punto)
5) Presentación e expresión escrita (máximo 1 punto)
CALIDADE DA EXPOSICIÓN E DEFENSA DO TRABALLO REALIZADO (máximo 4 puntos):
1) Fluidez e seguridade na exposición (máximo 1 punto)
2) Capacidade de síntese na exposición oral/presentación dos contidos (máximo 1 punto)
3) Creatividade (máximo 0.75 puntos)
4) Capacidade de resposta ás cuestións formuladas (máximo 1.25 puntos)
NOTA DO TITOR (máximo 1 punto)
Sobre esta base, a Comisión do TFG do Grao deseñou dúas rúbricas para a valoración dos traballos, unha para traballos de revisión/divulgación e outra para traballos experimentais/casos clínicos. Están dispoñibles na web da Facultade: https://www.usc.gal/gl/centro/facultade-veterinaria, pestana “Información académica”/TFG.
No caso de que a cualificación sexa inferior a 5, o estudante deberá presentar unha versión mellorada para a súa defensa na seguinte convocatoria.
Como se indica na Normativa, a mención de “Matrícula de Honra” só se poderá outorgar unha vez finalizadas as defensas de tódolos traballos correspondentes ao curso académico. Como en xeral os estudantes son avaliados por dous ou máis tribunais, será a Comisión de Traballo Fin de Grado quen outorgue estas mencións, sempre en función da cualificación obtida polos traballos propostos polos tribunais, e só en caso de empate considerarase o expediente académico dos estudantes.
“Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Os 6 créditos ECTS asignados ao TFG, implican que o/a estudante ten que dedicar ao mesmo un total de 150 horas, entre as que se inclúen as seguintes tarefas:
- Asistencia ás reunións co/a titor/a.
- Desenvolvemento das diferentes tarefas do TFG, segundo a modalidade que se elixa para o mesmo.
- Planificación, elaboración e redacción da memoria final do TFG.
- Presentación e defensa pública diante dun tribunal.
- Coa excepción do material propio, no documento só se poderán incluír as fotografías, gráficos, debuxos, imaxes, etc., que teñan licenza para compartir e que estean etiquetados para reutilización, citando sempre a fonte/autor dos mesmos.
- É imprescindible a lectura das “Normas de formato do traballo”. https://www.usc.gal/gl/centro/facultade-veterinaria
- Tamén é necesaria a lectura da “Normativa do Traballo Fin de Grao na Facultade de Veterinaria da USC". https://www.usc.gal/gl/centro/facultade-veterinaria
Para poder formalizar a matrícula do TFG rexerán as normas establecidas na Convocatoria de Matrícula vixente para o curso académico.