Créditos ECTS Créditos ECTS: 8
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 2.5 Clase Interactiva: 1 Total: 3.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Prácticas Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Microbioloxía e Parasitoloxía, Química Física, Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía, Patoloxía Animal, Botánica, Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica, Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física, Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias, Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
Áreas: Microbioloxía, Química Física, Nutrición e Bromatoloxía, Tecnoloxía de Alimentos, Sanidade Animal, Botánica, Farmacoloxía, Xenética, Anatomía e Anatomía Patolóxica Comparadas, Produción Animal, Produción Vexetal
Centro Facultade de Veterinaria
Convocatoria: Prácticas en Empresas de Grao e Máster
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Poner a dispoñibilidade do estudante a realización de prácticas curriculares, que poderán realizarse en entidades externas e nos centros, estruturas e servizos da Universidade, segundo a modalidade prevista e garantindo que sirvan a finalidade formativa das mesmas.
Os específicos de cada destino de estancias, dentro da modalidade non clínica.
Non procede
Competencias xerais
• GVUSC01. Capacidade de aprendizaxe e adaptación.
• GVUSC02. Capacidade de análise e síntese.
• GVUSC03. Coñecementos xerais sobre o área de traballo.
• GVUSC04. Planificación e xestión do traballo.
• GVUSC05. Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica.
• GVUSC06. Capacidade de traballar de forma autónoma e en equipo.
• GVUSC07. Habilidade para traballar en un contexto internacional.
• GVUSC08. Liderado, iniciativa e espírito emprendedor.
• GVUSC09. Capacidade de comunicarse en distintos ámbitos.
• GVUSC10. Compromiso ético e asunción de responsabilidades.
Competencias disciplinares
• CEDVUSC 01. Coñecemento xenérico dos animais, do seu comportamento e as bases da súa identificación.
• CEDVUSC 02. Estrutura e función dos animais sans.
• CEDVUSC 03. Cría, mellora, manexo e benestar dos animais
• CEDVUSC 05. Principios básicos e aplicados da resposta inmune.
• CEDVUSC 06. Coñecer os aspectos básicos dos distintos axentes biolóxicos de interese veterinario.
• CEDVUSC 08. Coñecemento e diagnóstico das distintas enfermidades animais, individuais e colectivas, e as súas medidas de prevención, con
especial énfase nas zoonoses e nas enfermidades de declaración obrigatoria.
• CEDVUSC 10. Coñecer as técnicas aplicables ós animais domésticos, incluíndo aquelas con influencia directa sobre a saúde animal e humana.
• CEDVUSC 11. Coñecemento das bases do funcionamento e optimización dos sistemas de produción animal e vexetal e as súas repercusións sobre o medio ambiente.
• CEDVUSC 12. Principios da Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos. Control de Calidade dos alimentos elaborados e Seguridade Alimentaria.
• CEDVUSC 13. Coñecer os aspectos organizativos, económicos e de xestión en todos aqueles campos da profesión veterinaria.
• CEDVUSC 14. Coñecer as Normas e Leis do ámbito veterinario e os regulamentos sobre os animais e o seu comercio.
• CEDVUSC 15. Coñecer os dereitos e deberes do veterinario, facendo especial incidencia nos principios éticos.
• CEDVUSC 16. Coñecer as técnicas analíticas básicas e a súa interpretación
• CEDVUSC 18. Coñecer os procedementos básicos para garantir o correcto funcionamento da actividade reprodutiva así como os procesos tecnolóxicos e os métodos para a resolución de problemas obstétricos.
Competencias profesionais
• D1VUSC 02. Recoller e remitir espécimes co seu correspondente informe.
• D1VUSC 03. Realizar técnicas analíticas básicas e interpretar resultados clínicos, biolóxicos e químicos.
• D1VUSC 04. Diagnosticar as enfermidades máis comúns, mediante a utilización dos protocolos e técnicas complementarias de diagnóstico.
• D1VUSC 05. Realizar estudos epidemiolóxicos e desenvolver programas de prevención, control e erradicación das enfermidades animais, con especial atención ás enfermidades de declaración obrigatoria e zoonoses.
• D1VUSC 09. Aplicar os procedementos básicos que garantan o correcto funcionamento da actividade reprodutiva, os procesos tecnolóxicos e a resolución de problemas obstétricos.
• D1VUSC 10. Identificar as materias primas destinadas á alimentación animal e manexo da dieta adecuada á especie e estado do animal.
• D1VUSC 11. Valorar e interpretar os parámetros produtivos e sanitarios dun colectivo animal, considerando os aspectos económicos, medioambientais e de benestar, buscando a súa optimización.
• D1VUSC 12. Realizar a inspección dos animais
• D1VUSC 13. Realizar o control sanitario dos distintos tipos de empresas e establecementos de restauración e alimentación.
• D1VUSC 14. Realizar análise de riscos, incluíndo os medioambientais e de bioseguridade, así como a súa valoración, xestión e supervisión de sistemas de xestión da calidade.
• D1VUSC 15. Asesoramento e xestión, técnica e económica, de empresas de ámbito veterinario nun contexto de sustentabilidade.
• D1VUSC 16. Aplicar os métodos de identificación individual dos animais.
• D1VUSC 17. Realizar informes técnicos propios das competencias veterinarias.
Competencias académicas
• CEAVUSC 01. Analizar, sintetizar, resolver problemas e tomar decisións nos ámbitos profesionais do veterinario.
• CEAVUSC 02. Manter un comportamento ético no exercicio das súas responsabilidades ante a profesión veterinaria e a sociedade.
• CEAVUSC 03. Divulgar a información obtida durante o exercicio profesional do veterinario de forma fluída, oral e escrita, con outros colegas,
autoridades e a sociedade en xeral
• CEAVUSC 04. Buscar e xestionar a información relacionada coa actividade do veterinario.
• CEAVUSC 05. Coñecer e aplicar o método científico na práctica profesional incluíndo a medicina baseada na evidencia.
• CEAVUSC 06. Saber buscar asesoramento e axuda profesionais.
• CEAVUSC 07. Ter coñecementos básicos dunha lingua estranxeira, especialmente en aspectos técnicos relacionados coas Ciencias Veterinarias.
• CEAVUSC 08. Ser consciente da necesidade de manter actualizados os coñecementos, habilidades e actitudes das competencias profesionais mediante un proceso de formación permanente.
Competencias transversais
• CTVUSC 01. Capacidade para o razoamento e a argumentación.
• CTVUSC 02. Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada por diversos medios, como información bibliográfica e Internet, e analizala dunha forma crítica.
• CTVUSC 03. Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible.
• CTVUSC 05. Habilidade no manexo das TICs.
• CTVUSC 06. Utilización de información en lingua estranxeira.
• CTVUSC 07. Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos.
A realización das prácticas en empresas ou en entidades públicas ou privadas regularase, ademais de polas normas dos estudos oficiais, polo Real decreto 592/2014, do 11 de xullo, que regula as prácticas académica externas dos estudantes universitarios, polo regulamento de estancias e polos convenios que se asinen conforme a normativa para a xestión de convenios da USC, así como polas propias convocatorias e demais disposicións xerais de aplicación.
O estudante realizará estadías de catro semanas de duración, onde se acoplará á sistemática de traballo da empresa/centro de destino, realizando as práticas de forma tutelada, contando cun titor académico de referencia.
TITOR PROFESIONAL
O titor profesional valorará o traballo e a actividade realizada polo estudante, así como o reflexo dese traballo na memoria realizada. A valoración farase en base a unha rúbrica que está dispoñible para o estudante na Aula virtual da materia e que terá un peso sobre a cualificación final do 40%. Ademais, para poder superar a avaliación do titor profesional non poderá ter unha avaliación en “desacordo” ou “totalmente en desacordo” en máis do 20% dos ítems avaliados.
É responsabilidade do estudante facilitar ao Titor profesional o arquivo coa folla de avaliación. A avaliación do titor profesional realizarase unha vez o estudante lle entregue unha copia da Memoria, dado que neste documento se recolle o visto bo á súa presentación. O titor profesional deberá enviar a avaliación do estudante por correo electrónico ao titor académico, á maior brevidade posible tras o remate da estancia.
TITOR ACADÉMICO
Cada estudante deberá presentarlle ao titor académico unha memoria de prácticas. A memoria realizada polo estudante deberá conter unha descrición das actividades desenvolvidas e incluír obrigatoriamente os seguintes apartados:
Introdución na que se describa detalladamente o centro no cal se realiza a práctica e as actividades que alí se desenvolven; (2) Descrición das actividades desenvolvidas polo estudante; (3) Desenvolvemento e discusión de dous procedementos cunha estrutura e discusión axeitada; e (4) Valoración persoal e conclusión final da experiencia desta práctica para a formación.
Os procedementos a desenvolver serán de natureza non clínica, debendo consensuar co titor académico se son clasificados como tales, para considerar cumprimentados todos os apartados obrigatorios.
Se non contén os catro apartados descritos, a memoria considerarase suspensa, cunha cualificación de catro.
A memoria debe ter un máximo de 25 páxinas (excluíndo anexos), DIN A4, escrita con tipografía Times New Roman, de tamaño 11 e interliñado de 1,5. Terase en conta a redacción da mesma. Calquera falta neste condicionado, suporá un descontó de 2 puntos sobre a nota final.
O titor académico deberá basear a súa avaliación na calidade de presentación da memoria e no grao de aproveitamento da práctica e non no número de actividades realizadas, pois o número de actividades depende do volume de traballo do centro asignado e non do estudante. A cualificación terá un peso sobre a cualificación final do 60%.
A memoria deberá ser presentada na Aula virtual da materia dentro dos vinte días naturais posteriores á finalización da estancia. De incumprir este prazo, considerarase como non presentada e pasará á segunda oportunidade.
CUALIFICACIÓN FINAL
Cada unha das partes da avaliación deberá superarse por separado, debendo obter un mínimo do 50% sobre a nota máxima, tanto na avaliación do titor académico como na avaliación do titor profesional.
Se a parte suspensa é a memoria valorada polo titor académico, o estudante poderá presentar unha nova memoria na seguinte oportunidade.
Se a parte suspensa é o traballo de prácticas valorado polo titor profesional, o estudante deberá volver a matricularse de novo da materia, e volver a facer a preinscrición na Facultade. A nota que figurará na Acta será a que motive o suspenso ou a mínima no caso de ter suspensas ambas avaliacións (a do titor profesional e a do titor académico).
No caso de plaxio, fraude ou uso indebido das tecnoloxías na realización da memoria, será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Traballo presencial (191 horas):
• Prácticas non clínicas pre-profesionais: 191 horas
Traballo persoal do/a estudante (34 horas):
• Elaboración da memoria de prácticas: 34 h
- Empregar as titorías para aclarar dúbidas sobre as prácticas desenvolvidas e cales se axustan á redación da memoria
- Dedicar o tempo preciso durante a realización das estancias para ir elaborando a memoria, non deixando a súa redacción para o remate das mesmas.
- Consultar a bibliografía a medida que se van desenvolvendo as prácticas, tanto para ampliar coñecementos como para establecer a discusión dos procedementos.
- Participar activamente no desenvolvemento das actividades desenvolvidas, plantexando dúbidas e facendo comentarios construtivos sobre as técnicas impartidas.
-Revisar os contidos teóricos sobre os que se basean as prácticas antes da súa realización, a fin de que o seu seguimento sexa máis eficiente.
Para cursar esta materia o estudante debe realizar unha parte administrativa de obrigado cumprimento, entre as que se atopa a presentación do convenio coa empresa/entidade donde realizará a estancia ou a presentación previa do Anexo.
No que respecta ao Anexo, este deberá entregalo, debidamente cumprimentado, coas datas de realización e os datos dos titores, asinado polo estudante, o seu titor profesional e o seu titor académico. A entrega do Anexo realizarase a través dun repositorio habilitado na Aula virtual da materia cunha antelación de alomenos sete días antes do inicio da estancia. O incumprimento deste requisito suporá a non realización da estancia nas datas previstas inicialmente.