-
Créditos ECTS
Créditos ECTS: 3Horas ECTS Criterios/Memorias
Clase Expositiva: 30
Total: 30Linguas de uso
Castelán, GalegoTipo:
Materia ordinaria de Cuarto CicloDepartamentos:
Departamento externo de 4º CicloÁreas:
Área externa de 4º CicloCentro
IV CicloConvocatoria:
Primeiro semestreDocencia:
Con docenciaMatrícula:
Matriculable -
Esta materia ofrece unha visión xeral da Psicoloxía en varios aspectos como son a súa historia e principais paradigmas, os procesos psicolóxicos básicos e os seus fundamentos psicobiológicos, o desenvolvemento psicolóxico, os procesos psicosociais e a psicopatoloxía.
• Coñecer a historia da Psicoloxía e dos seus principais paradigmas
• Coñecer os procesos psicolóxicos básicos e os seus fundamentos biolóxicos
• Coñecer a Psicoloxía do ciclo vital humano
• Coñecer os aspectos básicos da Psicoloxía social
• Coñecer os aspectos básicos da Psicopatoloxía1. Introducción xeral
2. Historia da Psicoloxía
3. Psicoloxía Evolutiva: O ciclo vital humano
4. Psicobioloxía: Relacións entre o sistema nervioso e o comportamento
5. Funciones psicolóxicas básicas: Atención, percepción, emoción, memoria, aprendizaxe, intelixencia
6. Psicoloxía social
7. PsicopatoloxíaLeahey, T. H. (2013). Historia de la Psicología. Madrid: Pearson
Morris, Ch.G. & Maisto, A.A. (2011). Introducción a la Psicología. México: Pearson.*Ter un coñecemento xeral dos paradigmas, metodoloxía e aplicacións da Psicoloxía
*Poder aplicar os coñecementos adquiridos aos problemas da vida diariaA exposición dos contidos teóricos acompañarase coa discusión en clase, favorecendo a participación activa do alumnado. Entregaranse diversos materiais para ser utilizados en clases ou para aclarar e completar os temas tratados.
- Avaliación continua da participación activa e sobre os traballos realizados (50%)
- Proba escrita final consistente en desenvolver dous preguntas a elegir entre catro propostas (50%).
Para superar a materia, o estudantado debe asistir a un mínimo do 80% das horas docentes. Se a non asistencia fose por un motivo xustificado segundo o regulamento de asistencia á clase nas ensinanzas oficiais da Universidade de Santiago de Compostela, o estudantado debe xustificar o motivo de non asistencia ante o docente coordinador da materia en tempo e forma. O estudantado que non cumpra co mínimo de asistencia ó 80% das horas docentes deberá de realizar un traballo complementario, para o que deberá poñerse en contacto co docente coordinador da materia coa suficiente antelación.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.O tempo mínimo de traballo persoal debe ser o mesmo que o adicado as clases, é decir 30 horas.
ASISTENCIA A CLASE. O programa da materia axustarse ao especificado no Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela, aprobado en Consello de Goberno con data do 25 de novembro de 2024.
ENTREGA DE TRABALLOS. Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual.
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia cómpre ter en conta as seguintes indicacións: - Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios. - Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encanutillados. - Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”. - Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes. - Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
PERSPECTIVA DE XÉNERO: En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados.
CONTA RAI: É obrigatorio que o alumnado faga uso da conta de correo rai.
FERRAMENTAS TECNOLÓXICAS INSTITUCIONAIS: É obrigatorio o uso das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola USC.
USO DO TELÉFONO MÓBIL: Non se poderá empregar o teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo equipo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
PROCESO DE ENSINO-APRENDIZAXE: Ter en conta que o proceso de ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é de carácter privado. Neste senso, enténdese que se trata dun acto de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
PROTECCIÓN DE DATOS: No referido á protección de datos a normativa de referencia pode ser consultada no seguinte enlace: https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos.
-
Dolores Ponte Fernandez
- Departamento
- Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía
- Área
- Psicoloxía Básica
- Teléfono
- 881813710
- Correo electrónico
- dolores.ponte@usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Mauro Lucio Rodriguez Casal
- Departamento
- Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía
- Área
- Psicoloxía Social
- Teléfono
- 881813765
- Correo electrónico
- mauro.rodriguez@usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
María Teresa Carrillo De La Peña
- Departamento
- Departamento externo de 4º Ciclo
- Área
- Área externa de 4º Ciclo
- Teléfono
- 881813798
- Correo electrónico
- mteresa.carrillo@usc.es
- Categoría
- Profesional área externa_máx. 30 h
Carmen Senra Rivera
- Departamento
- Departamento externo de 4º Ciclo
- Área
- Área externa de 4º Ciclo
- Teléfono
- 881813767
- Correo electrónico
- carmen.senra@usc.es
- Categoría
- Profesor/a área externa
Luz Isabel Leirós Lobeiras
- Departamento
- Departamento externo de 4º Ciclo
- Área
- Área externa de 4º Ciclo
- Teléfono
- 881813894
- Correo electrónico
- luzisabel.leiros@usc.es
- Categoría
- Profesional área externa_máx. 30 h
David Facal Mayo
Coordinador/a- Departamento
- Departamento externo de 4º Ciclo
- Área
- Área externa de 4º Ciclo
- Teléfono
- 881813695
- Correo electrónico
- david.facal@usc.es
- Categoría
- Profesional área externa_máx. 30 h
-
1º semestre - Do 29 de setembro ao 05 de outubro Xoves 17:00-19:00 Grupo /CLE_01 Galego 5512 Aula 4 mod B Facultade Psicoloxía