Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Clase Expositiva: 30 Total: 30
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia ordinaria de Cuarto Ciclo
Departamentos: Departamento externo de 4º Ciclo
Áreas: Área externa de 4º Ciclo
Centro IV Ciclo
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
· Describir os conceptos de nutrición e as funcións dos nutrientes no organismo humano, así como os distintos grupos de alimentos.
· Describir os diferentes modelos dietéticos.
· Analizar as recomendacións dietéticas para algúns dos estados patolóxicos máis coñecidos (obesidade, diabetes, hipertensión, osteoporose, alzheimer, alerxias alimentarias, transtornos dá conduta alimentaria…).
· Avaliar o etiquetado nutricional segundo a lexislación vixente.
· Describir o concepto de Seguridade Alimentaria e as toxiinfeccións alimentarias.
Tema 1. Conceptos básicos sobre nutrición.
Tema 2. A auga e os nutrientes: hidratos de carbono, graxas, proteínas, vitaminas e minerais.
Tema 3. Os alimentos, grupos de alimentos, composición nutricional, ración de consumo
recomendada e interese nutricional. Etiquetado de alimentos.
Tema 4. Sustancias non nutritivas dos alimentos e contaminación abiótica.
Tema 5. Seguridade Alimentaria. Principais toxiinfeccións de orixe alimentario.
Tema 6. Alerxias e intolerancias alimentarias.
Tema 7. A alimentación e as enfermedades crónicas: obesidade, diabetes, hipertensión,
osteoporose e alzheimer.
Tema 8. Transtornos da conduta alimentaria: anorexia e bulimia.
Tema 9. Formas alternativas de alimentación. Dietas vexetarianas. Dietas veganas. Tema 10. Dietas máxicas: Falsedades e mitos.
1. García-Orea Haro, B. Dime qué comes y te diré que bacterias tienes, 7ª ed. Grijalbo, 2020.
2. Gil Hernández, A. Tratado de nutrición. Tomo IV. Nutrición clínica. Editorial Panamericana,
2010.
3. Iglesias Diz, J.L. Un pozo moi fondo. Transtornos da conducta da alimentación. Anorexia
nerviosa, 1ª ed. Editorial Galaxia, S.A., 2017.
4. Mahan, L.K.; Escott-Stump, S.; Raymond, J.L. Krause Dietoterapia, 13ª ed. Elsevier España,
S.L., 2013.
5. Mataix Verdú, J. Nutrición y alimentación humana, 2ª ed. Editorial Eraon, 2009.
6. Mataix Verdú, J. Tabla de composición de alimentos, 4ª ed. Instituto de nutrición y
tecnología de los alimentos de Granada, 2003.
7. Forsythe J. y Hayes Y P.R. Higiene de los alimentos, microbiología y HACCP- 2ª Edición.
Editorial Acribia. 2002.
· Destreza para promover e reforzar pautas de conducta alimentaria saudable.
· Capacidade de aplicación dos coñecementos teóricos á resolución da práctica diaria.
O desenvolvemento do programa realizarase mediante clases expositivas, buscando relacionar a información coa experiencia persoal dos alumnos a través de actividades dinámicas fomentando en todo momento a participación do alumnado e a discusión en grupo. Propoñerase ao alumnado diferentes tarefas e traballos para fomentar o tamén o traballo individual e independente. Para impartir as clases teóricas servirémonos de material escrito e audiovisual de apoio facilitado ao alumnado a través do Campus Virtual.
A avaliación realizarase tendo en conta:
-Asistencia ás clases: 80%
-Realización de traballos e tarefas propostas: 20%
30 horas de asistencia as clases expositivas.
4 horas para a realización de traballos propostos polos docentes da materia
Recomendase asistir as clases expositivas así como expoñer todas as dúbidas que xurdan durante a exposición da materia.
ASISTENCIA A CLASE
O Consello de Goberno de 25 de marzo de 2010 aprobou a Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao EEES (http://www.usc.es/export/sites/default/gl/normativa/descargas/normaasis…).
Na mesma expóñense os beneficios da asistencia á clase, entre eles facilita unha “mellor comprensión da materia, a adquisición de competencias en grupos e individuais, a aprendizaxe continua, a interacción directa con outros alumnos e alumnas ou a posibilidade dunha metodoloxía docente-discente máis participativa”. Cabe lembrar que a USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, os/as alumnos/as poderán solicitar exención oficial de docencia.
ENTREGA DE TRABALLOS. Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual.
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia cómpre ter en conta as seguintes indicacións: - Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios. - Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encanutillados. - Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”. - Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes. - Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
PERSPECTIVA DE XÉNERO: En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados.
CONTA RAI: É obrigatorio que o alumnado faga uso da conta de correo rai.
FERRAMENTAS TECNOLÓXICAS INSTITUCIONAIS: É obrigatorio o uso das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola USC.
USO DO TELÉFONO MÓBIL: Non se poderá empregar o teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo equipo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
PROCESO DE ENSINO-APRENDIZAXE: Ter en conta que o proceso de ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é de carácter privado. Neste senso, enténdese que se trata dun acto de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
PROTECCIÓN DE DATOS: No referido á protección de datos a normativa de referencia pode ser consultada no seguinte enlace: https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos.
NOTA: “Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Salvador Fernández Rico
- Departamento
- Departamento externo de 4º Ciclo
- Área
- Área externa de 4º Ciclo
- Correo electrónico
- salvador.fernandez.rico [at] usc.es
- Categoría
- Profesional área externa_máx. 30 h
Patricia Regal López
- Departamento
- Departamento externo de 4º Ciclo
- Área
- Área externa de 4º Ciclo
- Teléfono
- 982822484
- Correo electrónico
- patricia.regal [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a área externa
Alexandre Lamas Freire
Coordinador/a- Departamento
- Departamento externo de 4º Ciclo
- Área
- Área externa de 4º Ciclo
- Correo electrónico
- alexandre.lamas [at] usc.es
- Categoría
- Profesional área externa_máx. 30 h
Laura Sas Barbeito
- Departamento
- Departamento externo de 4º Ciclo
- Área
- Área externa de 4º Ciclo
- Correo electrónico
- laura.sas.barbeito [at] usc.es
- Categoría
- Profesional área externa_máx. 30 h
Luns | |||
---|---|---|---|
17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | 5512 Aula 11 Facultade de Humanidades |