Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Dereito Común
Áreas: Dereito Romano
Centro Facultade de Dereito
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Na actualidade é comunmente aceptada a idea de que o Dereito Romano foi un dos elementos que conformaron a civilización europea. Polo que atangue ó máis concreto eido xurídico, o Dereito Romano foi a “fonte” da que xurdiron, directa ou indirectamente, tódolos ordenamentos xurídicos occidentais, de xeito que aínda se pode afirmar que, vinteún séculos despois, cada un deses ordenamentos seguen a vivir da terminoloxía e da orde conceptual e sistemática que se estableceran polo Dereito Romano.
Deste xeito, para un xurista dos nosos días, o estudio do Dereito Romano supón un elemento básico fundamental para ser quén de afrontar o do seu propio ordenamento xurídico. Así, pois, o obxectivo que tenta conseguir o estudio do Dereito Romano é o de valer como unha introducción para o mellor estudio do dereito privado. Neste senso, trátase, principalmente, de proporcionar unha linguaxe técnica e conceptual que terá que ser o fundamento da expresión habitual de calquera xurista digno deste nome.
BLOQUE I. FAMILIA E SUCESIÓN HEREDITARIA
A modo de introducción á sucesión hereditaria, dedícanse as primeiras leccións ao estudo da estrutura familiar romana, pois a posición dun individuo dentro da súa propia familia determina o relativo á súa capacidade, tanto xurídica coma de obrar. Por outra banda, a ubicación destas leccións como introducción á sucesión hereditaria obedece á razón de que o ámbito familiar é a canle máis natural da sucesión.
Seguen xa as leccións dedicadas propiamente á herdanza, nas que, despois da explicación dalgúns principios xerais, trátase por separado das distintas formas de sucesión (testada e intestada), e da posible impugnación do testamento, tanto na orde civil coma na pretoria. Cérrase este bloque coa exposición das “liberalidades”, actos de disposición que, podéndose levar a cabo mortis causa, teñen unha evidente conexión coa sucesión hereditaria.
1. A FAMILIA ROMANA. Formas de potestad do pater familias. – Dominica potestas.- Patria potestas; parentesco agnaticio e cognaticio; adopción e arrogación; emancipación.- Manus e matrimonio; a dote.
2. CAPACIDADE XURÍDICA E CAPACIDADE DE OBRAR. Sui iuris, alieni iuris. A tutela dos incapaces. As curatelas; cura minorum.- Os peculios.- Actividade patrimonial dos sometidos. Responsabilidade noxal e adiecticia do pater familias.
3. SUCESIÓN HEREDITARIA. Delación e adición; herdeiros voluntarios e necesarios. Carácter universal da sucesión. A responsabilidade polas débedas hereditarias. O dereito de acrecer.- Hereditas civil e bonorum possessio pretoria; a sua defensa procesual.
4. SUCESIÓN INTESTADA e SUCESIÓN FORZOSA. A sucesión lexítima ou ab intestato. A bonorum possessio sine tabulis; a colación de bens.- A sucesión forzosa, formal e material. Herdeiros forzosos e lexitimarios. Sucesión forzosa civil: preterición; querella inofficiosi testamenti. A bonorum possessio contra tabulas.- Reformas xustinianeas da sucesión intestada e forzosa.
5. SUCESIÓN TESTAMENTARIA. Testamento civil e pretorio (bonorum possessio secundum tabulas). Os codicilos. Testamentifactio. Ineficacia do testamento. Interpretación da vontade testamentaria.- A institución de herdeiro; dies e condicio. As sustitucións hereditarias, vulgar e pupilar.
6. LIBERALIDADES. Os legados. O legado vindicatorio e damnatorio. Outros tipos de legados de efecto real e persoal. Adquisición dos legados.- Os fideicomisos; características xerais; tipos especiais: fideicomiso de herdanza.- As doazóns: a causa lucrativa; actos lucrativos, onerosos e gratuitos; a carga modal.- As fundacións.
BLOQUE II. AS OBRIGAS
As primeiras nocións sobre esta materia, por razóns obvias, teñen que referirse ao concepto mesmo de “obriga”, ao seu posible contido e ás formas en que poden orixinarse, é dicir, as “fontes” das obrigas.
Despois desta introducción, segue a exposición dos distintos tipos de obrigas, atendendo ao criterio da acción persoal pola que pode esixirse o seu cumprimento, o que é conforme coa consideración do Dereito Romano como un “sistema de accións”. Así, veranse, en primeiro lugar, os delictos; a continuación, os préstamos; seguen as estipulacións e, finalmente, os contratos de boa fe.
7. AS OBRIGAS. Concepto de obligatio; as obrigas naturais.- Contido das obrigas: dare e facere; divisibilidade e solidariedade.- Clasificacións das fontes das obrigas.- Graos de responsabilidade dos debedores.
8. DELITOS. Características xenerais.- Delitos civís. Furtum; cumulatividade no furto. Damnum; extensións pretorias e xurisprudenciais da lex Aquilia. Iniuriae.- Delitos pretorios. Metus. Dolus. Delitos de responsabilidade obxetiva.
9. PRÉSTAMOS. Préstamos civís. A condictio. Cumprimento da obriga crediticia; a mora.- O mutuo; carácter gratuito; o fenus.- Dationes ob rem e contratos innominados.- Dationes ob causam.- Dationes ex eventu.
10. Préstamos pretorios. O constitutum; o receptum dos banqueiros.- O commodatum; responsabilidade por custodia.- O pignus e a hipoteca.
11. ESTIPULACIÓNS. Requisitos para a sua validez. Extinción da obriga estipulatoria; a acceptilatio. Carácter abstracto; a querella non numeratae pecuniae. Estipulacións nulas e ineficaces. Estipulacións superpostas (a novación).
12. Pluralidade de persoas na estipulación. Solidariedade pasiva e garantía persoal. Adpromissio e fideiussio; réxime xustinianeo da fianza. Outras formas de garantía persoal.- A intercessio.- A adstipulatio.
13. CONTRATOS. Características xerais das accións de boa fe. Clasificacións dos contratos; especial referencia a os contratos consensuais.- A fiducia.- O depósito; réxime xurídico; tipos especiais.
14. O mandato. A representación negocial, directa e indirecta; obligas contractuais. A cesión de créditos. A xestión de negocios.- A sociedade. Sociedades públicas e sociedade privada: o contrato de sociedade. Réxime xurídico. Extinción.
15. A compraventa. Obligas contractuais do comprador e do vendedor. A responsabilidade por evicción. A responsabilidade por vicios ocultos. Pactos engadidos e tipos especiais.
16. O arrendamento. A locatio conductio rei. Obrigas do arrendador e do arrendatario. Tipos especiais (l. c. operarum).- A locatio conductio operis. Obrigas do arrendador e do arrendatario. Tipos especiais.
Manual básico recomendado:
D’ORS, Elementos de Derecho Privado Romano, EUNSA, Pamplona 2010
Bibliografía complementaria:
A que se vaia indicando en cada unha das partes do Programa.
Como libro de apoio á docencia práctica:
VV.AA., El Digesto de Justiniano, Pamplona 1968-75, 3 volúmenes
R. DOMINGO (coord.), Textos de derecho romano, Navarra 2002
- coñecemento da terminoloxía técnico-xurídica
- comprensión axeitada dos conceptos xurídicos
- orde sistemática das institucións xurídicas
- capacidade de aplicación práctica dos coñecementos
- iniciación á técnica do razoamento xurídico
- obtención da “mentalidade xurídica”
A metodoloxía para a ensinanza e o aprendizaxe da asignatura combinará duas modalidades: a docencia expositiva e aa docencia interactiva.
A docencia expositiva da asignatura consistirá na explicación polo Profesor das diferentes cuestións do Programa, centrándose naquelas que, pola sua importancia ou dificultade a requiran.
A docencia interactiva, pola sua parte, se levará a cabo coa utilización de distintos instrumentos nos que o alumno terá que participar activamente: elaboración e discusión de casos prácticos, ben de forma individual ou en grupo; presentacións orais dalguna parte do Programa, etc.
A avaliación farase mediante un único exame final escrito dunha duración aproximada de unha hora e media. Comporase de cinco preguntas, de diferente amplitude, referidas ós distintos bloques do Programa: dous de Familia e Suceción hereditaria; e tres de Obrigas.
A cualificación final resultará da valoración ponderada das preguntas de cada un dos bloques, de tal xeito que será necesario, para supera-lo exame, que non exista unha manifesta insuficiencia en ningún deses bloques.
Para esa cualificación terase en conta:
- os coñecementos substanciais das cuestións preguntadas
- o emprego preciso da terminoloxía xurídica
- a axeitada comprensión conceptual
- a integración sistemática dos coñecementos
- a correcta expresión das ideas (tanto na súa consideración de fondo como de forma).
Unha vez que o alumno teña superado o examen final escrito, a súa cualifición poderá incrementarse (cun máximo do 10%) en función do rendemento acadado nas clases interactivas, nos grupos nos que se impartan.
Consideraranse avaliables, polo tanto, a máis do exame final, a presentación por escrito das tarefas encomendadas na clases interactivas.
Recórdase ós alumnos que segundo a "Normativa sobre permanencia nas titulacións de Grao e Máster" aprobada polo Consello de Goberno da Universidade de Santiago de Compostela (5 de xuño de 2012): Art. 5.2 "A cualificación dunha convocatoria na que o alumno non se presenta, ou non supera os obxectivos establecidos será de "suspenso", salvo que o estudante non realice ningunha actividade académica avaliable conforme ao establecido na programación ou guía docente, en cuxo caso constará como "non presentado".”
No caso de exención de docencia, a cualificación corresponderase ca nota obtida no examen final escrito.
Conforme o actual Plan de Estudos, a carga en créditos ECTS da asignatura supón un total de 112’5h., que se distribúen en horas de traballo presencial na Aula (45h.) e horas de traballo autónomo do alumno (67’5h.), ca distribución oficialmente prevista no dito Plan.
Co fin de orientar o traballo autónomo do alumno, e para conquerir o mellor rendimento, compre ter presentes certas recomendacións a seguir:
-Asistencia ordinaria ás clases
-Estudio diario da materia
-Emprego dos libros de texto como base para o estudio; os “apuntamentos” das explicacións de clase nunca poden ser base dabondo para o estudio, nin sustituir ós libros
-Aplicar á aprendizaxe un método de estudio no que se mesturen axeitadamente a comprensión razoada e a memorización
-Integración progresiva dos novos coñecementos nunha orde sistemática xeral
-Participación nas actividades docentes que a requiran
-Aproveitamento das “titorías” como canle para, no seu caso, solventar as dúbidas e superar os atrancos que xurdiran no estudo autónomo
Maria Esperanza Sixto Da Silva
Coordinador/a- Departamento
- Dereito Común
- Área
- Dereito Romano
- Teléfono
- 881814639
- Correo electrónico
- m.sixto [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Ana Maria Gonzalez Bustelo
- Departamento
- Dereito Común
- Área
- Dereito Romano
- Teléfono
- 881814636
- Correo electrónico
- a.bustelo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
10:30-12:00 | Grupo A - horario de mañá (A-F) | Castelán | Aula 1 |
16:30-18:00 | Grupo B - horario de tarde (G-O) | Castelán | Aula 1 |
18:00-19:30 | Grupo C - horario de tarde (P-Z) | Castelán | Salón de Actos |
19.05.2025 10:00-12:00 | Grupo A - horario de mañá (A-F) | Salón de Actos |
19.05.2025 13:00-15:00 | Grupo B - horario de tarde (G-O) | Salón de Actos |
19.05.2025 16:00-18:00 | Grupo C - horario de tarde (P-Z) | Salón de Actos |
25.06.2025 10:00-12:00 | Grupo A - horario de mañá (A-F) | Salón de Actos |
25.06.2025 13:00-15:00 | Grupo B - horario de tarde (G-O) | Salón de Actos |
25.06.2025 16:00-18:00 | Grupo C - horario de tarde (P-Z) | Salón de Actos |