Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 32 Clase Interactiva: 16 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
Áreas: Proxectos de Enxeñaría
Centro Facultade de Ciencias
Convocatoria:
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
Coñecer os aspectos básicos e a metodoloxía de elaboración, organización e xestión dun proxecto de Enxeñaría industrial.
- Capacidade de comunicar de forma efectiva, dende unha perspectiva profesional.
- Capacidade do traballo en equipo.
- Capacidade para o diagnóstico de problemas, para a asignación de recursos e a programación de actividades.
- Capacidade para tomar decisións e levalas a cabo.
A memoria do título considera para esta materia os seguintes contidos:
A) CLASES MAXISTRAIS
MÓDULO I. Introdución
Tema 1. A Actividade Profesional
Tema 2. Proxectos de Enxeñaría
MÓDULO 2. Morfoloxía Do Proxecto
Tema 3. Documentos do Proxecto.
Tema 4. Memoria e Anexos.
Tema 5. Planos.
Tema 6. Prego de Condicións.
Tema 7. Presupostos I
Tema 8. Presuposto II.
MÓDULO 3. Avaliación Y Planificación De Proyectos Y Obras
Tema 9. Avaliación de Proxectos.
Tema 10. Planificación de Obras.
MÓDULO 4. Contratación Y Dirección De Obras
Tema 11. Contratación.
Tema 12. Dirección de Obras.
B) DOCENCIA INTERACTIVA
Práctica 1. Informes e ditames.
Práctica 2. Memorias e Anexos.
Práctica 3. Planos e/ou Pregos de condicións.
Práctica 4. Presupostos e avaliación económica.
Non obstante, e como consecuencia da modificación da repartición de horas de docencia maxistral e interactiva, co obxecto de mellorar a adquisición das competencias polo alumno, se adoptou a seguinte distribución de contidos:
A) CLASES MAXISTRAIS
MÓDULO I.- Introdución
Tema 1. - A actividade profesional (2 horas)
Tema 2. - Os informes (2 horas)
Tema 3. - O proxecto de enxeñaría. Concepto e formulación (2 horas)
Tema 4. - O ciclo do proxecto (1 hora)
MÓDULO 2. - Morfoloxía do proxecto
Tema 5. - O Proxecto. A Memoria e Anexos (3 horas)
Tema 6. - O anexo de xustificación de prezos (2 horas)
Tema 7. - O anexo de distribución en planta (2 horas)
Tema 8. - O anexo de avaliación financeira (2 horas)
Tema 9. - O anexo ambiental (2 horas)
Tema 10. - Planos (3 horas)
Tema 11. - Prego de condicións (2 horas)
Tema 12. - Presuposto (3 horas)
Tema 13. - Estudo de Seguridade e Saúde (2 horas)
MÓDULO 3. - Execución de obras
Tema 14. - A dirección de obra (4 horas)
B) SEMINARIOS
Seminario 1. - Enxeñaría do proceso productivo (2 horas)
Seminario 2.- Diseño de distribución en planta
Seminario 3. - Avaliación financeira de proxectos con Excel (2 horas)
Seminario 4. - Planos (2 horas)
Seminario 5. - Software para elaboración de presupostos (2 horas)
Seminario 6. - Estudo de seguridade e saúde (2 horas)
C) PRÁCTICAS
Práctica 1. - Planificación de proxectos con Microsoft Project (2 horas)
Práctica 2. - Seguimento de proxectos con Microsoft Project (2 horas)
D) TITORÍAS EN GRUPO
Nas sesións de titorías en grupo abordaranse as dúbidas formuladas polos alumnos sobre os problemas formulados nas sesións teóricas e nas prácticas.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Amiama, C. 2012. Planificación, seguimiento y control de proyectos con Openproj. Colegio Oficial de Ingenieros Agrónomos de Galicia, A Coruña.
Amiama, C., Barrasa, M. 2012. Gestión de la Dirección de Obra. Colegio Oficial de Ingenieros Agrónomos de Galicia, A Coruña.
Morilla Abad, I. 2001. Guía metodológica y práctica para la realización de proyectos. Colegio de Ingenieros de Caminos, Canales y Puertos, Madrid.
Trueba Jainaga, J.I., Levenfeld González, G., Marco Gutiérrez, J.L. 1991. Teoría de proyectos: morfología del proyecto. E.T.S.I.A., Madrid.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Arenas Reina, J.M. 2004. Dirección y gestión de proyectos. Fundación General de la Universidad Politécnica, Madrid.
Bendicho Joven, J.P. 1983. Manual de planificación y programación para obras públicas y
Castro Fresno, D., Aja Setián, J. 2005. Organización y control de obras. Servicio de Publicaciones de la Universidad de Cantabria, Santander.
De Fuentes Bescos, G. 2005. El proyecto de obras en la ingeniería civil. Fundación General de la Universidad Politécnica, Madrid.
Domingo Ajenjo, A. 2005. Dirección y gestión de proyectos. Un enfoque práctico. RA-MA, Madrid.
Horine, G.M. 2005. Gestión de proyectos. Anaya multimedia, Madrid.
Mateos Perera, J. 2003. La programación en la construcción. Bellisco Ediciones, Madrid.
Moneo Martín, M. 2005. La dirección de obra. Fundación COAM, Madrid.
Palacios Estremera, J. 1998. Proyectos de ingeniería agroforestal. Unicopia, Lugo.
Pellicer Armiñana, E., Sanz Benlloch, A., Catalá, J. 1991. El proceso proyecto-construcción. Aplicación a la ingeniería civil. Editorial de la UPV, Valencia.
Pereña Brand, J. 2006. Dirección y gestión de proyectos. Ed. Díaz de Santos, Madrid.
Piquer Chanzó, J.S. 1986. El Proyecto en ingeniería y arquitectura: estudio, planificación y desarrollo. CEAC, Barcelona
Trueba Jainaga, I., Marco Gutiérrez, J.L. 1985-1986. Proyectos agrarios y desarrollo rural. E.T.S.I.A., Madrid.
Competencias básicas, xerais e transversais:
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CG1: Capacidade para a redacción, firma e desenvolvemento de proxectos no ámbito da enxeñaría industrial que teñan por obxecto, de acordo cos coñecementos adquiridos, a construción, reforma, reparación, conservación, demolición, fabricación, instalación, montaxe ou explotación de: estruturas, equipos mecánicos, instalacións enerxéticas, instalacións eléctricas e electrónicas, instalacións e plantas industriais e procesos de fabricación e automatización.
CG2: Capacidade para a dirección das actividades obxecto dos proxectos de enxeñaría descritos no epígrafe anterior.
CG4: Capacidade de resolver problemas con iniciativa, toma de decisións, creatividade, razoamento crítico e de comunicar e transmitir coñecementos, habilidades e destrezas no campo da Enxeñaría Industrial na súa especialidade de Química Industrial.
CG5: Coñecementos para a realización de medicións, cálculos, valoracións, taxacións, peritacións, estudos, informes, plans de labores e outros traballos análogos.
CG7: Capacidade de analizar e valorar o impacto social e ambiental das solucións técnicas.
CT1: Capacidade de análise e síntese
CT4: Capacidade para traballar en equipo
CT9: Capacidade para organizar e planificar
Competencias específicas:
CE18: Coñecementos e capacidades para organizar e xestionar proxectos. Coñecer a estrutura organizativa e as funcións dunha oficina de proxectos.
Materia cuatrimestral, con 32 horas de clases maxistrais. Realizaranse ademais 6 seminarios sobre temas específicos de ampla aplicación práctica. As prácticas de laboratorio realízanse en grupos de 20 alumnos, con aplicación de metodoloxías e técnicas a casos concretos. Realízanse 2 sesións de prácticas de laboratorio (de 2 horas cada unha). As clases prácticas consisten en clases na aula de informática nas que se simularán traballos profesionais e problemáticas de orde técnica, coas que o alumno se encontrará non desenvolvemento da súa vida profesional. Os alumnos deben de presentar o informe final de cada práctica en grupos de catro acorde ao establecido polo profesor.
A utilización da plataforma da USC virtual permitirá axilizar o fluxo de información bidireccionalmente entre alumno e profesor, imprimindo axilidade á docencia da materia, e facilitando o acceso á documentación por parte do alumno
Para levar a cabo titorías, así como para manter unha comunicación directa tanto entre os propios alumnos como entre eles e o profesor, pódense facer a través do foro do Campus Virtual, a través da MS Teams ou por correo electrónico.
Proba escrita, exame (60%): Competencias avaliadas: CB2, CG4, CG5, CG7 e CE18.
Traballos entregados e/ou expostos (40%): Competencias avaliadas: CT1, CT4, CT9. CG1, CG2, CG4, CG5, CG7 e CE18
Para superar a materia será necesario alcanzar unha cualificación de 4,0 na proba escrita (exame).
Aos alumnos que asistiran polo menos a un 60% das prácticas e seminarios, despois de alcanzar máis dun 5 na cualificación global dos traballos en grupo, e non superasen a materia, conservaránselles os resultados obtidos nestes items, non sendo necesario que asistan novamente ás prácticas e seminarios nin que presenten os traballos en grupo en sucesivas convocatorias.
Os alumnos que non poidan asistir polo menos a un 60% das prácticas e seminarios deberán realizar un exame específico dos aspectos tratados nos devanditos seminarios. Non se admitirán traballos dos seminarios aos que o alumno non asista.
Estes criterios son válidos para a convocatoria de 1ª e 2ª oportunidade. Aos alumnos con dispensa faraselle un prorrateo do % da asistencia e participación entre o resto dos elementos a avaliar.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o establecido na “Normativa de evaluación del rendimiento académico de los estudiantes y de revisión de las calificaciones”.
O alumno recibirá 32 horas de docencia expositiva e participará en 16 horas de docencia interactiva. Ademais contemplaranse tres horas presenciais de titorías en grupos reducidos. Adicionalmente o alumno deberá desenvolver traballo adicional non presencial, preparando documentación para as clases presenciais, realizando traballos d ela materia, preparando as probas escritas obxecto de avaliación.. A estas tarefas dedicaranse 99 horas de traballo persoal.
• Asistencia a todas as actividades docentes.
• Consulta da bibliografía recomendada.
• Facer uso frecuente das titorías para calquera tipo de cuestión relacionada coa materia
O idioma de impartición da docencia será galego ou castelán en función da procedencia do alumnado.
Carlos Amiama Ares
Coordinador/a- Departamento
- Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
- Área
- Proxectos de Enxeñaría
- Correo electrónico
- carlos.amiama [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | 1P AULA 4 PRIMEIRA PLANTA |
Mércores | |||
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | 1P AULA 4 PRIMEIRA PLANTA |
Xoves | |||
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | 1P AULA 4 PRIMEIRA PLANTA |
20.12.2024 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | 1P AULA 2 PRIMEIRA PLANTA |
19.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | 1P AULA 2 PRIMEIRA PLANTA |