Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 76.5 Horas de Titorías: 4.5 Clase Expositiva: 13.5 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Didáctica e Organización Escolar
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Situar ao alumno no núcleo do proceso de ensino-aprendizaxe desde unha perspectiva
curricular que lle capacite para: “Planificar, desenvolver e avaliar o proceso de ensino e aprendizaxe
potenciando procesos educativos que faciliten a adquisición das competencias propias das respectivas
ensinanzas, atendendo ao nivel e formación previa dos estudantes así como a orientación das
mesmas, tanto individualmente como en colaboración con outros docentes e profesionais do centro”
(Orde ECI/3858/2007, de 27 de Decembro).
Baixo esas premisas, a materia procura especificamente os seguintes obxectivos:
1. - Facilitar o coñecemento dos conceptos e a terminoloxía básica da didáctica, da literatura especializada sobre o campo e dos debates actuais no ámbito profesional docente.
2.- Favorecer a comprensión das relacións existentes entre os modelos de aprendizaxe, o contexto escolar e as opcións didácticas utilizadas na acción docente.
3. - Promover o recoñecemento, análise e atención ás características diferenciais do alumnado, según o seu desenvolvemento evolutivo, contextos familiares, sociais e culturais de referencia en tanto que factores que condicionan a aprendizaxe e deben ser tidos en conta, por tanto, polas propostas docentes.
4.- Recoñecer o funcionamento e dinámicas propias dos centros de secundaria e as condicións organizativas que fan posible a colaboración con outros profesionais do ámbito educativo e o desenvolvemento dun ensino de calidade.
5.- Coñecer os compoñentes básicos das metodoloxías didácticas e do uso didáctico das TIC no ensino secundario.
6.- Propiciar unha formación cultural, persoal, ética e social axeitada á educación integral dos adolescentes.
7.- Potenciar o uso dos procesos de investigación na aula como base do seu desenvolvemento profesional.
1.-Deseño e Desenvolvemento do currículo: concepto de curriculum. O curriculum na
Secundaria: o Decreto de curriculum. Do Proxecto Curricular de Centro á Programación de aula.
A singularidade das dúas etapas: 12/16 e 16/18.
A especificidade da ESO, a ESPO e outras ensinanzas.
2.- Modelos de ensino e métodoloxía didáctica: a comprensión da aprendizaxe
na aula. O ensino centrado no estudante: a aprendizaxe significativa e autónoma. O modelo de ensinanza baseado nas competencias. A metodoloxía por proxectos e a aprendizaxe baseada en problemas. O clima de aula e a interacción didáctica.A avaliación formativa.
A innovación educativa.
3.- Os materiais curriculares e as TIC como recurso didáctico: o deseño, selección e uso de medios
e materiais didácticos. As TIC no centro escolar.
4.- A participación e a xestión nos centros de secundaria: o clima institucional. O proxecto
educativo de centro. A inserción do centro no medio social e cultural. A toma de decisións nos
centros escolares. O traballo colaborativo e colexiado fronte á individualización. Acoordinación intra e
interdepartamental. A dimensión burocrático-administrativa da xestión académica. O liderazgo
instrutivo e as funcións directivas. A participación da Comunidade Educativa. A implicación das
familias. A resolución de conflitos.
5.- A avaliación da calidade educativa e o desenvolvemento institucional e profesional de centros e
profesores: modelos de avaliación da calidade de centros e profesores.
6.- O proceso de socialización profesional. O debate sobre as competencias. Análise crítica das funcións
docentes. A formación en servizo.
Básica:
Bolivar, A. (2010). Competencias básicas y currículo. Síntesis.
Dans, I. e Varela, C. (2022). Programación didáctica. Elementos básicos. UNIVERSITAS. ISBN 978-84-7991-585-8
Gairin, J. e Castro, D. (2021). El contexto organizativo como espacio de intervención. Síntesis.
Perrenoud, Ph. (2004). Diez nuevas competencias para enseñar: invitación al viaje. Graó.
Trillo, F. e Sanjurjo, L (2008). Didáctica para profesores de a pie. Propuestas para comprender y mejorar la práctica. HomoSapiens.
Complementaria:
Area, M. (2020). La digitalización de la enseñanza universitaria. Desafíos y tendencias. En Trillo, F. (Coord.). Repensando la educación superior. Madrid: Narcea, pp, 121-142.
Bolivar, A. (2012). Políticas actuales de mejora y liderazgo educativo. Aljibe.
Escudero Muñoz, J.M. (2011). Dilemas éticos de la profesión docente, CEE Participación Educativa, 16, 93-102.
Escudero Muñoz, J.M. (2011). Centros escolares, condiciones de trabajo y desarrollo profesional de los docentes. En Mª.T. González (Coord.) Innovaciones en la gestión y el gobierno de los centros escolares (pp. 97-131). Síntesis.
Escudero Muñoz, J.M. (2017). La formación continua del profesorado de la educación obligatoria en el contexto español. Profesorado: Revista de Currículum y formación del profesorado, 21(3), 1 -20.
Esteve, J. M. (2002). Los profesores y la calidad de la educación ante la crisis de la reforma educativa. En Fundación Hogar del Empleado. Informe educativo 2002. Santillana.
Feito Alonso, R., Perrenoud, P. e Clemente Linuesa, M. (2012). Diseño, desarrollo e innovación del currículo. Morata.
Marcelo, C. (2011). Evaluación del desarrollo profesional docente. Davinci.
Gimeno Sacristán, J. (2015). Los contenidos: una reflexión necesaria. Morata. Gimeno Sacristán, J. (2013). En busca del sentido de la educación. Morata.
Gómez Hurtado, I. e García Prieto, F. (2021). Manual de didáctica general para la diversidad. Pirámide.
González González, Mª.T. (Coord.) (2005). Escuelas para la democracia: cultura, organización y dirección de instituciones educativa. Wolters Kluwer Educacion Hargreaves, A. (2014). Capital profesional: transformar la enseñanza en cada escuela. Morata.
Imbernón, F. (Coord.) (2016). Procesos y contextos educativos: enseñar en las instituciones de educación secundaria. Graó.
Monereo, C. (2011). Docentes en tránsito: incidentes críticos en secundaria. Graó.
Paricio, J. (2020). Diseño por competencias, ¿era esto lo que necesitábamos? REDU, 18, 1, 47-70.
Pérez Gómez, A. (2012). Educarse en la era digital: la escuela educativa. Morata.
Pozo, J. I. (2015). Aprender en tiempos revueltos: la nueva ciencia del aprendizaje. Alianza.
Rodríguez Espinar, S. (2011). Un MIR en Secundaria: ¿es necesario, es posible? Organización y gestión educativa: Revista de Fórum Europeo de Administradores de la Educación, 19(6), 18-22.
Santos, M. (Coord.) (2009). Escuelas para la democracia. Kluwer.
Trillo, F. (2005). Competencias docentes y evaluación auténtica, Perspectiva Educacional, 45, 85-102.
Trillo, F. (2021). Los estudiantes y la evaluación para la emancipación. En Trillo, F. (Coord.). Repensando la educación superior. Narcea.
Vaillant, D. y Marcelo, C. (2015). El ABC y D de la formación docente. Narcea.
Zabalza, M.A. (2022). Coreografías didácticas en educación superior. Madrid: Narcea.
Zabalza Beraza, M. A. e Zabalza Cerdeiriña, M.A. (2012). Profesores y profesión docente. Entre el ser y el estar. Narcea.
Zeichner, K.M. (2010). La formación del profesorado y la lucha por la justicia social. Morata.
COMPETENCIAS XERAIS
Ao finalizar esta materia o estudante será capaz de:
(CG2) Coñecer ocorpo de coñecementos didácticos en torno aos procesos de ensino e aprendizaxe respectivos.
(CG3) Planificar, desenvolver e avaliar o proceso de ensino e aprendizaxe potenciando procesos educativos que faciliten a adquisición das competencias propias das respectivas ensinanzas, atendendo ao nivel e formación previa dos estudantes, así como á orientación dos mesmos, tanto individualmente como en colaboración con outros docentes e profesionais do centro.
(CG5) Contextualizar o currículo a implantar nun centro docente participando naa planificación colectiva do mesmo.
(CG6) Deseñar e desenvolver metodoloxías didácticas tanto grupais como persoalizadas, adaptadas á diversidade dos estudantes.
(CG7) Deseñar e desenvolver espazos de aprendizaxe, con especial atención á equidade, á igualdade de dereitos e oportunidades entre homes e mulleres, á formación cidadán e o respecto aos dereitos humáns que
faciliten a vida en sociedade, á toma de decisións e á construción dun futuro sostible.
(CG8) Adquirir estratexias para estimular o esforzo do estudante e promover a súa capacidade para aprender por si mesmo e con outros e desenvolver habilidades de pensamento e de decisión que faciliten a autonomía, a confianza e iniciativas persoais.
(CG9) Coñecer os procesos de interacción e comunicación na aula e dominar destrezas e habilidades sociais necesarias para fomentar a aprendizaxe e a convivencia na aula e abordar problemas de disciplina e resolución de conflitos
(CG12) Participar na avaliación, investigación e a innovación dos procesos de ensino e aprendizaxe, comunicando as súas conclusións y as razóns que as sustentan á comunidade educativa e outros profesionais da educación.
(CG13) Coñecer a normativa e organización institucional do sistema educativo e modelos de avance da calidade con aplicación ós centros de ensino.
(CG16) Traballar en equipo con outros profesionais da educación, enriquecendo a súa formación.
(CG17) Desenvolver hábitos e actitudes para aprender a aprender ó longo do seu posterior desenvolvemento profesional.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
(CE-G3) Elaborar propostas baseadas na adquisición de coñecementos, destrezas e aptitudes intelectuais e emocionais.
(CE-G4) Identificar e planificar a resolución de situacións educativas que afectan a estudantes con diferentes capacidades e ritmos de aprendizaxe.
(CE-G5) Coñecer os procesos de interacción e comunicación na aula e no centro, abordar e resolver posibles problemas.
(CE-G9) Participar na definición do proxecto educativo e nas actividades xerais do centro atendendo a criterios de avance da calidade, atención á diversidade, prevención de problemas de aprendizaxe e convivencia.
(CE-G10) Relacionar a educación co medio e comprender a función educadora da familia e a comunidade, tanto na adquisición de competencias e aprendizaxe como na educación no respecto dos dereitos e liberdades, na igualdade de dereitos e oportunidades entre homes e mulleres e na igualdade de trato e non discriminación das persoas con discapacidade.
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS
(CT-1) Utilizar bibliografía e ferramentas de procura de recursos bibliográficos xerais e específicos, incluíndo o acceso por Internet.
(CT-2) Xestionar de xeito óptimo o tempo de traballo e organizar os recursos dispoñibles, establecendo prioridades, camiños alternativos e identificando erros lóxicos na toma de decisións.
(CT-3) Potenciar a capacidade para o traballo en contornos cooperativos e pluridisciplinares.
O desenvolvemento desta materia, seguindo a dinámica xeral do master, estará dividido en sesións expositivas e interactivas, para o que articulará diversas opcións metodolóxicas:
1. Método expositivo, para a transmisión de coñecementos
2. Estudo de casos, mediante a análise de prácticas reais ou simuladas de ensino- aprendizaxe
3. Aprendizaxe orientada a proxectos para aplicar o coñecemento á solución de problemas.
Máis pormenorizadamente, procurarase a persoalización do coñecemento mediante a interpelación das novas ideas e conceptos desde a experiencia persoal de cada estudante; especialmente nas sesións interactivas nas que se requirirá unha participación activa e argumentada no debate.
Para todo isto contarase con diversos documentos de letura imprescindibles, que estarán dispoñibles no Campus Virtual da materia.
Establecida a obligatoriedade da asistencia ás actividades de aula, para emitir un xuizo de valor sobre o logro das competencias estimarase ponderadamente:
-a participación dos estudantes na aula (10%),
-a realización do traballo ou traballos de curso (50%)
-e o resultado logrado no exame (40%).
Os alumnos con dispensa de clase xustificada, realizarán similares traballos e os mesmos exames que os asistentes.
Actividades formativas co seu contido en horas do alumno:
TRABALLO PRESENCIAL DO ALUMNADO:
- Clases expositivas: 13,5 h.
- Clases interactivas: 18 h.
- Titorías co profesor, 4 h.
TRABALLO PERSOAL DO ALUMNO
Estudio autónomo individual: 25 h.
Lecturas a realizar fóra da aula: 20 h.
Realización de traballos da materia: 20 h
Preparación de debates ou exposicións, búsqueda bibliográfica. 10
Fronte a unha memorización pasiva, entender a lóxica do que se presenta e, sobre todo, atribuir sentido aos temas que se estudan, mediante a personalización do coñecemento ou a aprendizaxe significativa resulta inescusable. Desde esa perspectiva , convén saber que o desenvolvemento das competencias implica estar en condicións de utilizar o coñecemento (resolver tarefas) máis aló do contexto académico, é dicir, en contextos reais da práctica profesional. Nesta dirección, desenvolver unha aprendizaxe autorregulada que reforce unha motivación intrínseca ben enraizada na vontade (vocación) de ser profesor ou profesora é moi conveniente. As actitudes como predisposición para actuar poden e deben ser reguladas intencionalmente mediante o desenvolvemento dos proceso metacognitivos e unha especial atención á dimensión emocional da aprendizaxe.
A USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria.
Nos casos contemplados na normativa da Facultade, o alumnado poderá solicitar a exención oficial de docencia. Para iso o alumnado debe porse en contacto co profesorado ó obxecto de coñecer as directrices apropiadas para o cumprimento do programa e a superación da materia.
A efectos de comunicación por medios dixitais convén lembrar:
- - Obrigatoriedade do uso da conta de correo Rai da USC.
- - Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola Facultade e autorizadas como ferramentas institucionaies pola universidade (Lifesize, etc).
- - Non se poderá empregar o teléfono móbil salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse dun uso non axeitado do mesmo.
- Ter en conta que a ensinanza-aprendizaxe (clases/titorías), como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia, esixe o respecto á privacidade.
- Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos https:/ www.usc.gal/es/p olitica-privacidad-proteccion-datos
Jose Felipe Trillo Alonso
Coordinador/a- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Didáctica e Organización Escolar
- Teléfono
- 881813826
- Correo electrónico
- felipe.trillo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Cristina Varela Portela
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Didáctica e Organización Escolar
- Teléfono
- 881813837
- Correo electrónico
- cristina.varela [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Carmen Denebola Alvarez Seoane
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Didáctica e Organización Escolar
- Teléfono
- 982821012
- Correo electrónico
- carmen.alvarez.seoane [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Axudante Doutor LOSU
Martes | |||
---|---|---|---|
16:00-18:00 | Grupo /CLE_03 | Galego | AULA 10-11 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
16:00-18:00 | Grupo /CLE_04 | Galego | AULA 5 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
17:30-19:30 | Grupo /CLIS_01 | Galego | AULA 9 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
19:00-21:00 | Grupo /CLIS_02 | Galego | AULA 17 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
Mércores | |||
16:00-18:00 | Grupo /CLE_02 | Galego | AULA 17 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | AULA 9 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
17:30-19:30 | Grupo /CLIS_03 | Galego | AULA 2-3 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
17:30-19:30 | Grupo /CLIS_04 | Galego | AULA 5 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
Venres | |||
16:00-18:00 | Grupo /CLIS_02 | Galego | AULA 17 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
16:00-18:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | AULA 9 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
18:00-20:00 | Grupo /CLIS_03 | Galego | AULA 10-11 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
18:00-20:00 | Grupo /CLIS_04 | Galego | AULA 5 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
16.12.2024 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 9 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
16.12.2024 18:00-20:00 | Grupo /CLE_02 | AULA 17 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
19.12.2024 16:00-18:00 | Grupo /CLE_03 | AULA 10-11 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
19.12.2024 18:00-20:00 | Grupo /CLE_04 | AULA 5 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
16.06.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_03 | AULA 10-11 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
16.06.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 9 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
16.06.2025 18:00-20:00 | Grupo /CLE_02 | AULA 17 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
16.06.2025 18:00-20:00 | Grupo /CLE_04 | AULA 5 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |