Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 102 Horas de Titorías: 6 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Didácticas Aplicadas
Áreas: Didáctica da Lingua e a Literatura
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
- Analizar e reflexionar sobre os diversos eidos e xeitos de innovación educativa na área de linguas.
- Familiarizar ao alumnado con modelos, instrumentos, orientacións temáticas, técnicas e metodoloxías de investigación na área de linguas.
- Orientar sobre instrumentos e recursos de desenvolvemento profesional na área de linguas.
- Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellorar o labor docente e adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e cooperativa e promovelos nos alumnos e alumnas.
BLOQUE 1: Innovación, mellora e calidade docente na área de linguas.
1. Aproximación á innovación docente.
1.1. Presentación de conceptos básicos.
1.2. Paradigmas para a innovación. A lingua como obxecto de coñecemento, como ferramenta comunicativa e como factor de cohesión social.
2. A innovación dende as accións do Consello de Europa.
2.1. O plurilingüismo e a interculturalidade como obxectivo da innovación.
2.2. Promoción de metodoloxías e enfoques: tratamento integrado das linguas, inclusión das TIC, traballo por proxectos, clases invertidas, comunidades de aprendizaxe...
3. Análise crítica e deseño de experiencias ou proxectos de innovación docente.
BLOQUE 2: Investigación educativa na área de linguas.
4. Aproximación á investigación educativa.
4.1. Presentación de conceptos básicos.
4.2. A investigación-acción na área de linguas.
5. O proceso da investigación educativa.
5.1. Plantexamentos iniciais e enfoques metodolóxicos existentes dende a perspectiva cuantitativa e a cualitativa.
5.3. A elaboración do informe de investigación.
6. A presenza da investigación educativa nas experiencias ou proxectos de innovación docente.
Básica:
Albert Gómez, M.J. (2007). La investigación educativa: claves teóricas. Madrid: McGraw Hill.
Brown, T. y Jones, L. (2001). Action Research and Postmodernism. Philadelphia: Open University Press.
Vergara Ramírez, J.J. (2016) Aprendo porque quiero. El Aprendizaje Basado en Proyectos (ABP), paso a paso. Madrid: SM
Chen, J.; Moran, S.; Gardner, H. (2009). Multiple intelligences around the world. N.York: Jossey-Bass
Complementaria
Beacco, J.C et al. (2016). Guide for the development and implementation of curricula for plurilingual and intercultural education. Strasbourg, Education Policy Division. Council of Europe
Duhalde, M. A (2009): La investigación en la escuela: un desafío para la formación docente, Madrid, CEP.
Ellis, R. (2012): Language Teaching Research and Language Pedagogy, Chichester: Wiley-Blackwell.
Fernández López, L. (2009): "Los proyectos de investigación del alumnado para la adquisición de las competencias básicas", Aula de Innovación Educativa, 186, pp. 19-22.
Fernández Campos, A.; González Mendizábal, I.; Pérez Gómez, M. (2012). «Callejeros literarios: una propuesta para la educación literaria». Revista Iberoamericana de Educación, 59 (1): 157-167
Forner Martínez, A ; Latorre Beltrán, A. (1996): Diccionario terminológico de investigación educativa y psicopedagógica, Barcelona, EUB.
Gewerc Barujel, A. (2009): Políticas, prácticas e investigación en tecnología educativa, Barcelona, Octaedro.
García-Valcárcel Muñoz-Repiso, A. (coord.) (2008): Investigación y tecnologías de la información y comunicación al servicio de la innovación educativa, Salamanca, Universidad de Salamanca.
Imbernón, F. (coord.) (2002): La investigación educativa como herramienta de formación del profesorado. Reflexión y experiencias de investigación educativa, Grao, Barcelona.
Juan Lázaro, O. (2010): "Las TIC en el aula de español: la competencia digital y la autonomía del estudiante", Mosaico: Revista para la promoción y apoyo a la enseñanza del español, 25, pp- 4-11.
Latorre Beltrán, A. et al. (2003): Bases metodológicas de la investigación educativa, Barcelona, Experiencia.
Latorre, A. (2007). La investigación- acción. Conocer y cambiar la práctica educativa. Barcelona, España: Grao
Moreno Cabrera, J. C. (2006): De Babel a Pentecostés. Manifiesto plurilingüista, Barcelona, Horsori.
Núñez Delgado, P.; Alonso Aparicio, I. (eds.) (2015). Innovación docente en didáctica de la lengua y la literatura: teoría e investigación. Barcelona: Octaedro.
Rovira-Collado, J. (2017). «Booktuber y booktrailer como herramientas LIJ 2.0 para desarrollo del hábito lector». Investigaciones sobre Lectura, 7: 55-72
COMPETENCIAS XERAIS
CG12 – Participar na avaliación, investigación e innovación dos procesos de ensinanza e aprendizaxe, comunicando as conclusións e as razóns que as sustentan á comunidade educativa e aos outros profesionais da educación.
CG17 – Desenvolver hábitos e actitudes de aprender a aprender ao longo da posterior etapa profesional.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
CE-E11 – Coñecer e aplicar propostas docentes innovadoras no eido da especialización cursada.
CE-E12 – Analizar criticamente o desempeño da docencia, das boas prácticas e da orientación empregando indicadores de calidade.
CE-E13 – Identificar os problemas relativos á ensinanza e á aprendizaxe das materias da especialización e plantexar alternativas e solucións.
CE-E14 – Coñecer e aplicar metodoloxías e técnicas básicas de investigación e avaliación educativa e ser capaz de deseñar e desenvolver proxectos de investigación, innovación e avaliación.
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS
CT-1 – Empregar bibliografía e ferramentas de pesquisa de recursos bibliográficos xerais e específicos, incluíndo o acceso a Internet.
CT-2 – Xestionar de forma óptima o tempo de traballo e organizar os recursos dispoñibles, establecendo prioridades, camiños alternativos e identificando erros lóxicos na toma de decisións.
CT-3 – Potenciar a capacidade para o traballo en entornos cooperativos e pluridisciplinarios.
A metodoloxía da materia baséase nos seguintes principios:
• Partir das experiencias e coñecementos previos sobre a adquisición das linguas do alumnado.
• Asegurar a construción de aprendizaxes significativas, modificando os esquemas de coñecemento do alumnado.
• Propiciar una intensa actividade e interacción baseada na investigación de novas metodoloxías.
• Fomentar a reflexión e o interese por aprender a aprender ao longo da vida profesional.
Combinarase a exposición e reflexión sobre teorías, métodos e enfoques relacionados co ensino-aprendizaxe das linguas, especialmente en contextos plurilingües, e a súa proxección práctica en propostas de intervención plurilingüe.
En cada apartado dos distintos bloques de contidos proporanse actividades para realizar polo alumnado de forma individual e colaborativa. Estes, tras ser entregados nos prazos establecidos, serán revisados e comentados individualmente, promovendo posteriormente o debate crítico e a interacción dentro do grupo aula.
Así, nas clases interactivas utilizarase o debate e análise de casos concretos en pequenos grupos. Tamén ocupará un lugar destacado o desenvolvemento de propostas didácticas propias e a exposición e comentario por parte do alumnado de determinados temas relacionados cos contidos do programa. Nestas tarefas teredes as instrucións que se lle proporcionarán tanto dentro como fóra da aula.
Nas titorías aclararanse posibles dúbidas individuais que non puideron ser resoltas no contexto das aulas comúns, e orientarase nas tarefas de investigación individuais e grupais.
PRIMEIRA OPORTUNIDADE:
A avaliación das aprendizaxes estará guiada polos obxectivos e polas competencias recollidas neste programa.
Combinarase a avaliación continua cunha tarefa final. Os instrumentos e a súa ponderación na cualificación final serán os seguintes:
- Participación (asistencia e participación individual e de grupo): 10%
- Traballos individuais de aplicación de métodos de innovación e Investigación educativa; de síntese e reflexión sobre os contidos tratados ou investigados: 45%
- Traballos colectivos de aplicación de métodos de innovación e Investigación educativa; de síntese e reflexión sobre os contidos tratados ou investigados: 45%
Para superar a materia deberase conseguir puntuación nos tres apartados. O control de asistencia ás sesións de clase rexerase polas normas xerais do Máster.
O alumnado que obteña no traballo individual unha cualificación inferior a 5 puntos poderá presentarse a unha proba final, cuxa cualificación será o 50% da cualificación final.
O profesorado que comparte esta materia dará as instrucións específicas sobre a avaliación. En todo caso, non se fará a nota media no caso de materia compartida se a cualificación obtida en calquera das partes é inferior a 4.
Os traballos deben entregarse a través da aula virtual.
En aplicación da Instrución nº 1/2017 da Secretaría Xeral sobre dispensa da asistencia a clase nas circunstancias establecidas no punto 2, o alumnado ao que lle sexa de aplicación, deberá
a) entregar os traballos de reflexión e investigación referidos aos tópicos do apartado de contidos (40% da cualificación) no mesmo número ca o alumnado presencial
b) realizar un traballo de aplicación de métodos de innovación e Investigación Educativa (60% da cualificación).
Para obter cualificación final positiva débese ter unha cualificación en cada apartado que supoña o 50% correspondente.
ALUMNOS CON DISPENSA
En aplicación da Instrución n.o 1/2017 da Secretaría Xeral sobre a dispensa a clase nas circunstancias establecidas no punto 2, o alumnado ao que sexa de aplicación deberá
a) Entregar os traballos de reflexión e investigación relacionados cos temas da sección de contidos (40% da nota) no mesmo número que o alumnado presencial.
b) Realizar traballos de aplicación de métodos de innovación e Investigación Educativa (60 % da nota).
Para obter unha cualificación final positiva é preciso ter en cada apartado unha cualificación que represente o 50% correspondente.
SEGUNDA OPORTUNIDADE:
Conservarase a cualificación obtida no apartado de participación da primeira oportunidade e poderase recuperar os traballos mediante una proba sobre métodos e enfoques relacionados co ensino-aprendizaxe das linguas, coa ponderación que proceda segundo o escenario.
“Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
TRABALLO PRESENCIAL NA AULA
-Clases expositivas presenciais: 15 horas
-Clases interactivas: 24 horas
-Titorías en grupo mediano: 3 horas
-Titorías en grupo pequeno: 6 horas
TRABALLO PERSOAL DO ALUMNO
-Estudo e traballo autónomo individual ou en grupo: 60 horas
-Escritura de exercicios, conclusións ou outros traballos: 35 horas
-Actividades de biblioteca, lecturas e pesquisas bibliográficas: 7 horas
TOTAL VOLUME DE TRABALLO: 150 horas
Para o bo desenvolvemento do curso, recoméndase que o alumno participe das seguintes actividades e actitudes:
(a) Asistencia activa e participativa
(b) Lectura da bibliografía recomendada.
(c) Implicación nas actividades prácticas propostas.
(d) Reflexión sobre a importancia da propia actitude lingüística.
Respecto da última recomendación sinalada é necesario salientar que a propia actitude lingüística constituirá no futuro exercicio docente o modelo de lingua para o alumnado de educación secundaria, e que como tal debe ser non só un exemplo lingüístico axeitado gramaticalmente e rico lexicamente, senón a expresión de actitudes lingüísticas de valoración dos distintos códigos.
Responsabilidade medioambiental:
En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia cómpre ter en conta as seguintes indicacións: - Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios. - Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encanutillados. - Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”. - Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes. - Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista.
Obriga de usar a conta de correo electrónico de rai.
Obriga de utilizar ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365 e outras ferramentas proporcionadas polo profesorado e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade (Lifesize, etc.).
Non se pode usar o teléfono móbil, agás cando se usa como instrumento de traballo seguindo as instrucións dadas polo profesor, sendo o alumnado o responsable das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse do uso indebido do mesmo.
Ten en conta que o ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é un proceso privado, entendido como privado como un proceso de comunicación e intercambio entre o profesor e os alumnos matriculados na materia.
Cumprimento obrigatorio da normativa de protección de datos
https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
Maria Del Mar Fernandez Vazquez
Coordinador/a- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Lingua e a Literatura
- Teléfono
- 881812010
- Correo electrónico
- mariadelmar.fernandez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución redución docencia
Aránzazu Fuentes Ríos
- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Lingua e a Literatura
- Correo electrónico
- arantxa.fuentes [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOSU
Martes | |||
---|---|---|---|
19:00-20:30 | Grupo /CLIS_01 | Castelán, Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 23 |
Mércores | |||
19:00-20:30 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 24 |
Xoves | |||
19:00-20:30 | Grupo /CLIS_01 | Galego, Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 22 |
27.05.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | (CAMPUS NORTE) - AULA 24 |
03.07.2025 18:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | (CAMPUS NORTE) - AULA 21 |