Créditos ECTS Créditos ECTS: 10
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 170 Horas de Titorías: 10 Clase Expositiva: 30 Clase Interactiva: 40 Total: 250
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Didáctica e Organización Escolar
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Esta materia ten como obxectivo formar ao alumnado en habilidades que lles permitan afrontar o deseño e organización do currículo en F.P.. Esta formación debe proporcionarlles ferramentas e coñecementos para xerar procesos de ensino e aprendizaxe flexibles e globalizados, que lles permitan adaptarse ás diferentes situacións e realidades do centro e discentes, así como integrar as diferentes competencias e contidos dos módulos profesionais da formación profesional. Para iso, propóñense os seguintes obxectivos específicos:
1. Coñecer a organización e a estrutura dos Ciclos Formativos de F.P..
2. Identificar os diferentes niveis de concreción curricular referidos aos módulos da súa especialidade.
3. Deseñar unha Programación Didáctica.
4. Coñecer como implementala no aula, coñecendo estratexias, métodos e recursos, tanto para as actividades de desenvolvemento
como para as relacionadas con procesos avaliativos.
DESCRITORES DA MATERIA:
Organización e estrutura dos Ciclos Formativos. Niveis de concreción curricular. Análise do deseño curricular dos módulos da especialidade. Programación didáctica: deseño e elementos. Selección, deseño e desenvolvemento de actividades formativas, estratexias metodolóxicas, inclusión de TICs e recursos didácticos. Avaliación: obxecto, criterios, métodos e instrumentos.
CONTIDOS DA MATERIA:
Organizáronse tres bloques de contido asociándoos aos obxectivos antes propostos. A secuenciación non obedece a unha prelación por importancia ou relevancia dos contidos, senón pola necesidade dunha introdución gradual na temática que axude á comprensión.
Bloque 1: Organización e Estrutura dos Ciclos Formativos de F.P. (Obxectivo 1)
Bloque 2: O Curriculum na F.P. (Obxectivo 2)
Bloque 3: A Programación Didáctica (Obxectivo 3 e 4)
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA:
Medina, A. e Sevillano, M. L. (2010). Diseño, desarrollo e innovación del currículum. Universitas.
Merma Molina, G. (coord.) (2020). Experiencias de integración de los Objetivos de Desarrollo Sostenible (ODS) en el diseño curricular universitario. Graó.
Lozano Luzón, J. (2018). Cómo realizar la programación didáctica en Formación Profesional. Síntexis.
Solbes i Monzó, R. (2014). Programaciones didácticas para FP. Manual de diseño y desarrollo de una programación didáctica basada en competencias contextualizadas. Nau Llibres.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA:
Camas, F. (2007). La formación profesional en los ámbitos educativo y laboral. Análisis tras la LOE 2/2006, de Educación, y del RD 395/2007 de Formación Profesional para el Empleo. Aranzadi, SA.
Cano, E. (2015). Evaluación de la formación. Algunas lecciones aprendidas y algunos retos de futuro. Revista Educar, 51(1), 109-125. http://dx.doi.org/10.5565/rev/educar.68
Casanova, M. A. (2006). Diseño curricular e Innovación educativa. La Muralla.
Casarini, M. (2004). Teoría y diseño curricular. Trillas.
Domínguez, R. e Lamata, R. (Coords.). (2003). La construcción de procesos formativos en educación no formal. Narcea.
López Camps, J. (2005). Planificar la formación con calidad. CissPraxis.
Medina, A. e Salvador, F. (2009). Didáctica General. Pearson.
Monclús, A. (Dir.). (2000). Formación y empleo: enseñanza y competencias. Comares.
Moriña, A. (2008). ¿Cómo hacer que un centro educativo sea inclusivo? Análisis del diseño, desarrollo y resultados de un programa formativo. Revista de Investigación Educativa, 26(2), 521-538.
Navarro Hinojosa, R. (coord..) (2011). Didáctica y currículum para el desarrollo profesional docente. Dykinson.
Paredes, J. e de la Herrán, A. (Coords.). (2009). La práctica de la innovación educativa. Síntesis.
Raposo Rivas, M., Sarceda Gorgoso, M.C., e Sanjuán Roca, M. M. (2002). Teoría y práctica para la elaboración de programaciones de aula ¿Cómo hacemos una unidad didáctica? Tórculo Artes Gráficas, S.A.
Tejada, J. (2004). Un sistema nacional de competencias profesionales, respuesta a los desafíos de la formación y el empleo. En A.
Rial e M. Valcarce (Coords.). Actas do V Congreso Internacional de Galicia e Norte de Portugal de Formación para o Traballo. Necesidades de formación e deseño curricular por competencias. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela (pp. 55-67). https://www.researchgate.net/profile/Jose-Fernandez-68/publication/2702…
Vázquez Cano, E. (2011). Programar en Primaria y Secundaria. Pearson.
Zabalza, M. A. (2007). Diseño y desarrollo curricular. Narcea.
WEBGRAFÍA:
Consellería de Educación de la Xunta de Galicia dedicada a la Formación Profesional. https://www.edu.xunta.es/fp/conece-fp
Instituto Galego das Cualificacións. http://emprego.xunta.es/cualificacions/
Instituto Nacional de Cualificaciones. http://incual.mecd.es/presentacion
Legislación Formación Profesional (Unión Europea). http://europa.eu/legislation_summaries/education_training_youth/vocatio…
Ministerio de Educación y Formación Profesional. http://www.todofp.es/
Instituto de Tecnologías Educativas del Ministerio de Educación. http://www.ite.educacion.es/
COMPETENCIAS XERAIS
1. Coñecer os contidos curriculares das materias relativas á especialización docente correspondente.
2. Planificar, desenvolver e avaliar o proceso de ensino e aprendizaxe potenciando procesos educativos que faciliten a
adquisición das competencias propias dos respectivos ensinos, atendendo ao nivel e formación previa dos estudantes, así como
á orientación dos mesmos, tanto individualmente como en colaboración con outros docentes e profesionais do centro.
3. Buscar, obter, procesar e comunicar información (oral, impresa, audiovisual, dixital ou multimedia), transformala en
coñecemento e aplicala aos procesos de ensino e aprendizaxe nas materias propias da especialización cursadas.
4. Contextualizar o currículo que se vaia a implantar nun centro docente participando na planificación colectiva do mesmo.
5. Deseñar e desenvolver metodoloxías didácticas, tanto grupais como personalizadas, adaptadas á diversidade dos estudantes.
6. Deseñar e desenvolver espazos de aprendizaxe, con especial atención á equidade, a igualdade de dereitos e oportunidades
entre homes e mulleres, a formación cidadá e o respecto aos dereitos humanos que faciliten a vida en sociedade, toma de
decisións e a construción dun futuro sostible.
7. Deseñar e realizar actividades formais e non formais que contribúan a facer do centro un lugar de participación e cultura na
contorna no que está situado.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS ASOCIADAS AO MÓDULO ESPECÍFICO.
1.Coñecer o valor formativo e cultural das materias correspondentes á especialización.
2. Coñecer os contidos que se cursan nos respectivos ensinos.
3. Coñecer contextos e situacións en que se usan ou aplican os diversos contidos curriculares.
4. Coñecer os desenvolvementos teórico-prácticos do ensino e a aprendizaxe das materias correspondentes.
5. Transformar os currículos en programas de actividades e de traballo.
6. Adquirir criterios de selección e elaboración de materiais educativos.
7. Fomentar un clima que facilite a aprendizaxe e poña en valor as achegas dos estudantes.
8. Integrar a formación en comunicación audiovisual e multimedia no proceso de ensino-aprendizaxe.
9. Coñecer estratexias e procedementos de avaliación, e entender a avaliación como un procedemento de regulación da
aprendizaxe e estímulo ao esforzo.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS ASOCIADAS AO PRÁCTICUM.
1. Adquirir experiencia na planificación, na docencia e na avaliación das materias correspondentes á especialización.
A metodoloxía será activa e participativa, e o desenvolvemento da materia deberá facilitar a actividade de cada alumno/a para que sexa capaz de construír o seu coñecemento, así como propiciar unha aprendizaxe autónoma. Por outra banda, esas características levaranse a cabo coa combinación de diferentes metodoloxías (método expositivo, método de discusión, método de indagación, estudo independente, traballo colaborativo, traballo grupal, etc.…), para ter a oportunidade de implicarse nunha gran variedade de experiencias de aprendizaxe.
1. Desenvolvemento das sesións de aula:
A organización do traballo en cada bloque de contido terá unha estrutura similar:
- Iniciarase cada Bloque de Contido cunha explicación de cal é o seu sentido con respecto ó módulo.
- Cada tema comeza cun diagnóstico de coñecementos previos, para despois iniciar unha exposición dos contidos básicos por
parte da docente en función dos epígrafes establecidos.
- Ademais, dependendo dos temas e do tipo de sesións, realizaranse traballos individuais ou en grupo, que darán lugar a un
posterior debate ou posta en común.
- Para rematar, farase unha exposición e aclaración dos puntos chave para consolidar os coñecementos teórico-prácticos
tratados.
2. Acceso á documentación utilizada no aula e á de ampliación:
A documentación utilizada para a exposición do tema estará a disposición dos/as alumnos/as na Aula Virtual da USC e na biblioteca da Facultade de Ciencias da Educación. Esta mesma dinámica seguirase con calquera material complementario presentado no aula.
3.Traballos a realizar polos alumnos/as:
3.1. Traballo individual:
• Lectura da documentación correspondente a cada bloque, que permitirá unha toma de contacto individual cos contidos, de
maneira que posteriormente poidan realizar achegas, comentarios, expoñer dúbidas, etc.
• Lecturas de obras monográficas para ampliar certos contidos dalgún tema.
• Confección de esquemas e apuntes persoais, que lle facilitarán o repaso posterior da materia e a asimilación dos contidos da
mesma.
• Recopilación bibliográfica e lexislativa sobre algún epígrafe do traballo grupal, para que se vaia familiarizando coas técnicas
investigadoras/docentes.
• Estudo independente.
3.2. Traballo en grupo:
Os traballos grupais a realizar nas sesións interactivas serán de dous tipos:
• Elaboración de informes de seguimento.
• Traballos prácticos de aplicación dos coñecementos da materia que se resume na elaboración das diferentes partes dunha
programación curricular real.
Os equipos de traballo serán estables e estarán compostos por 2 ou 3 alumnos/as, dependendo do grupo xeral e da afinidade
profesional.
Os traballos realizados serán expostos e defendidos na aula o remate da materia.
As pautas para a realización de cada parte do traballo e os criterios para o súa corrección, serán explicados pola docente e
entregados en clase e aula virtual no momento preciso.
4. Proposta de actividades de obrigado cumprimento:
• Elaboración dun apartado específico sobre o marco lexislativo base vixente, vencellado o seu traballo (grupos de 2-3
alumnos/as).
• Procura documental e elaboración dun epígrafe específico cas características do centro e da Familia Profesional e, dentro
desta, do marco curricular do Ciclo Formativo da Especialidade escollida polos alumnos/as que realizan o traballo (grupos de
2-3 alumnos/as).
• Deseño dunha programación didáctica dun módulo concreto e para un curso específico do ciclo formativo escolleito, que
inclúa un tema transversal acorde cos retos e ODS da Axenda 2030 e con perspectiva de xénero (grupos de 2-3 alumnos/as).
5. Medios e Recursos para a realización das actividades:
• Bibliografía e titoriais/guías de deseño curricular.
• Documentos lexislativos; notas e artigos procedentes da prensa ou de medios de comunicación escritos de tipo divulgativo,
xornalístico e especializados.
• Recursos dixitais e informáticos.
A consecución dos obxectivos se avaliará a través de tres dimensións:
- Proba escrita (autoavaliación) e defensa oral do traballo: 40% da cualificación final.
- Realización das actividades suscitadas nas sesións de clase e a implicación dos alumnos/as no desenvolvemento das sesións
(asistencia, seguimento e participación-presencial ou telemática- tamén nos casos de dispensa): Obrigatoria e requisito
indispensable para realizar o traballo grupal, salvo casos xustificados.
- Traballo en grupo sobre un ciclo formativo (Programación didáctica): 60% cualificación final.
A puntuación será sobre 10, estando en 5 o aprobado e sendo imprescindible participar con frecuencia nas tarefas de seguimento e titorización do traballo de aula (presencial ou telematicamente), realizar a defensa oral e entregar en data o traballo grupal (a Programación) e a autoavaliación.
Calquera tipo de circunstancia persoal que poida alterar o normal seguimento da materia por parte do alumnado, deberalle ser comunicada ao profesorado o máis axiña posible, pois de non facelo repercutirá na avaliación continua do rendemento académico. Por iso, a non asistencia xustificada, superando o 20% do total, conduce directamente á realización dunha proba final de exame cun valor do 100% sobre a nota da materia.
As prácticas entregadas na convocatoria ordinaria que obtivesen unha cualificación positiva manterán dita cualificación para a convocatoria de Xullo. Sen embargo, aqueles/as estudantes que acadasen unha cualificación de suspenso nas mesmas, deberán volver a entregar ditas prácticas de novo e/ou reformuladas na convocatoria de Xullo.
As cualificacións obtidas nas diferentes dimensións que constitúen a avaliación no presente curso non se manteñen en cursos posteriores. Os/as alumnos/as repetidores/as ou non presentados en convocatorias anteriores, serán avaliados seguindo os criterios establecidos para o presente curso académico.
Considerando a Instrución 1/2017, da Secretaría Xeral da USC, o alumnado que teña concedida exención de docencia, ou dispensa, será avaliado nas mesmas condicións que o alumnado asistente, pero con criterios de suficiencia distintos. Así pois, o alumnado deberá realizar as actividades prácticas individualmente.
Os traballos grupais, informes de seguimento e probas escritas deberán ser orixinais. Calquera traballo copiado suporá o suspenso da materia na correspondente convocatoria. Para efectos avaliativos un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, salvo que se programasen de forma coordinada.
Actividades presenciais (50 horas):
Clases Expositivas: 20 horas.
Clases Interactivas: 20 horas.
Titoría e Avaliación: 10 horas.
Traballo persoal do estudante (100 horas):
Estudo: 40 horas.
Realización de traballos prácticos: 44 horas.
Titorías e Avaliación: 16 horas.
- En función dos obxectivos e contidos desta materia é aconsellable un traballo continuado na mesma, procurando unha implicación
e participación activa nas distintas actividades que se desenvolvan o longo do curso.
- En relación coas actividades prácticas ou traballos a desenvolverse de xeito individual e/ou grupal, deberán realizarse e
presentarse nos prazos que se determinen para a entrega e a través da aula virtual.
- É recomendable a consulta e lectura de bibliografía básica e complementaria de cara a afondar e favorecer a comprensión dos
contidos abordados en clase, así como facer uso das titorías xa que favorece unha mellora significativa do proceso de aprendizaxe
do alumnado.
Na realización de todos os traballos/ prácticas seguiranse as normas APA -Publication Manual of the American Psychological Association (APA), 7ª ed. APA, 2020-, que poden consultarse no seguinte enlace: http://www.apastyle.org
PROFESORA DA ÁREA DE DIDÁCTICA E ORGANIZACIÓN ESCOLAR (DOE):
Raquel Mariño Fernández (coord.). Despacho Nº 76, 2ª planta, Módulo C2.
Teléfono: 881813833// email: raquel.marino [at] us.es (raquel[dot]marino[at]us[dot]es)
HORARIO DE TITORÍAS: MARTES DE 11:00-14:00 E XOVES DE 11:00-14:00
ACTIVIDADES DE CAMPO:
É posible que no desenvolvemento da materia se realice, de ser viable, unha práctica de campo compartida con outras materias do curso (visita, encontros con profesionais, conmemoracións) na perspectiva dunha actividade interdisciplinar que será realizado e valorado desde cada unha das materias participantes.
ASISTENCIA A CLASE:
O Consello de Goberno de 25 de marzo de 2010 aprobou a Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao EEES
(http://www.usc.es/export/sites/default/gl/normativa/descargas/normaasis…)
A USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, os/as alumnos/as poderán solicitar exención oficial de docencia. No que atinxe á dispensa de asistencia a clase en determinadas circunstancias, atenderanse as normas ditadas na instrución núm. 1/2017, da Secretaría Xeral da USC. Ao respecto, pode consultarse a información correspondente no seguinte enlace: http://www.usc.es/gl/centros/cc_educacion/dispensa_asistencia_clase.html
PROTECCIÓN DE DATOS e COMUNICACIÓN ACADÉMICA:
O ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é un proceso privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos.
O alumnado debe empregar necesariamente o correo electrónico da USC (@rai.usc.es), na súa comunicación vía email co profesorado.
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL:
-Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
-Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encadernación.
-Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
-Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
-Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
PERSPECTIVA DE XÉNERO:
En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados.
Recomendamos a Guía para o emprego dunha linguaxe inclusiva da USC (2018). https://xornalistas.gal/web/uploads/novas_adxuntos/adxunto/fa5/5c013549…
EMPREGO DO MÓBIL:
Queda restrinxido o emprego do teléfono móbil na aula á súa utilización como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas pola docente, responsabilizándose o alumando das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse dun uso non axeitado do mesmo.
FERRAMENTAS TECNOLÓXICAS INSTITUCIONAIS:
Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade
Raquel Mariño Fernandez
Coordinador/a- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Didáctica e Organización Escolar
- Teléfono
- 881813833
- Correo electrónico
- raquel.marino [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Martes | |||
---|---|---|---|
16:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | SEMINARIO 4-2º ANDAR (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
Mércores | |||
18:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | SEMINARIO 4-2º ANDAR (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
Xoves | |||
16:30-18:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | SEMINARIO 4-2º ANDAR (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
20.05.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 6-7 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
30.06.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 6-7 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |