Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 102 Horas de Titorías: 6 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Didácticas Aplicadas
Áreas: Didáctica das Ciencias Sociais
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
OBXECTIVO XERAL:
- Presentarlle ao estudante do Máster os aspectos máis relevantes dos procesos de ensino-aprendizaxe da xeografía na educación secundaria.
OBXECTIVOS ESPECÍFICOS:
- Familiarizar ao futuro profesorado coas ideas e teorías que permitan cuestionar as prácticas docentes de "sentido común" no ensino da xeografía e das ciencias sociais, e fomentar hábitos de reflexión que conduzan a un cambio didáctico.
- Analizar criticamente os contidos que forman parte dos currículos de xeografía e ciencias sociais na educación secundaria obrigatoria e no bacharelato, identificando os enfoques disciplinares e didácticos que os inspiran.
- Coñecer e reflexionar sobre as peculiaridades e especificidades propias do proceso de ensino-aprendizaxe da xeografía e as ciencias sociais: dificultades de aprendizaxe; estratexias, materiais e recursos para o ensino-aprendizaxe; sentido e instrumentos para a avaliación.
- Analizar e valorar materiais e textos escolares para o ensino-aprendizaxe da xeografía e das ciencias sociais, utilizando criterios rigorosos e congruentes cos resultados da investigación didáctica neste campo.
- Coñecer o potencial educativo dos diferentes recursos didácticos utilizados no proceso de ensino-aprendizaxe da xeografía e das ciencias sociais, e ser quen de formular propostas educativas concretas que contemplen o uso doutros recursos e fontes de información.
- Analizar criticamente prácticas e instrumentos de avaliación de xeografía e ciencias sociais e propoñer alternativas para unha avaliación formativa e integrada no proceso de ensino-aprendizaxe.
Bloque I. MODELOS DIDÁCTICOS EN XEOGRAFÍA: XEOGRAFÍA DESCRITIVA, XEOGRAFÍA ACTIVA, XEOGRAFÍA REFLEXIVA-CRÍTICA E FORMACIÓN DE CIDADÁNS
Bloque II. CARTOGRAFÍA TEMÁTICA E OUTROS MATERIAIS PARA A ENSINANZA E APRENDIZAXE DA XEOGRAFÍA. FONTES, FERRAMENTAS E RECURSOS TIC
Bloque III. DESEÑO E ANÁLISE DE PROPOSTAS DOCENTES EN XEOGRAFÍA: ANÁLISE CURRICULAR, ANÁLISE DE MANUAIS ESCOLARES, INVESTIGACIÓN E INNOVACIÓN
Bibliografía básica:
GARCÍA DE LA VEGA, A. (Editor) (2018). Contribución didáctica al aprendizaje de la geografía. Madrid: Universidad Autónoma.
SOUTO GONZÁLEZ, X. M. (1998). Didáctica de la Geografía. Problemas sociales y conocimiento del medio. Barcelona: Ediciones del Serbal.
Bibliografía complementaria:
BROOKE-HITCHING, E. (2017). El Atlas fantasma. Grandes mitos, mentiras y errores de los mapas. Barcelona: BLUME.
BUZO SÁNCHEZ, I. (2015). Los SIG como herramienta para el estudio del paisaje cultural. ÍBER Didáctica de las Ciencias Sociales, Geografía e Historia, (81), 37-40.
CALLE DE LA, M. (2016). Aprendizaje basado en proyectos (ABP): posibilidades y perspectivas en ciencias sociales. ÍBER Didáctica de las Ciencias Sociales, Geografía e Historia, (82), 7-12.
DE MIGUEL GONZÁLEZ, R. (2016). Espacio digital y educación geográfica: El Atlas Digital Escolar. En López Facal, R. VII Simposio de Didáctica de las Ciencias Sociales en el ámbito Iberoamericano (pp. 1148-1159). Santiago de Compostela.
GARCÍA DE LA VEGA, A. (2019). Perspectivas de futuro en el aprendizaje del paisaje. Didáctica Geográfica, (20), 55-77.
LEE, K., & GARCÍA DE LA VEGA, A. (2020). Walking tour como estrategia de aprendizaje en geografía aplicada a Sargadelos (Lugo). Didáctica Geográfica, (21), 97-123.
LICERAS RUÍZ, A. (2016). La Geografía, el paisaje y los mapas. En: Liceras Ruíz, A. & Romero Sánchez, G. (Coords.). Didáctica de las Ciencias Sociales. Fundamentos, contextos y propuestas (141-161). Madrid: Pirámide.
MATEO GIRONA, M. R. (2020). Las concepciones sobre el paisaje en la formación inicial del profesorado. Didáctica Geográfica, (21), 41-74.
MARRÓN GAITE, M. J. (2011). Educación geográfica y formación del profesorado. Desafíos y perspectivas en el Nuevo Espacio Europeo de Educación Superior (EEES). Boletín de la Asociación de Geógrafos Españoles, (57).
SEBASTIÁ ALCARAZ, R., & TONDA MONLLOR, E. M. (2015). Investigación e innovación en la enseñanza de la Geografía a partir del Boletín de la Asociación de Geógrafos Españoles: análisis bibliométrico. Boletín de la Asociación de Geógrafos Españoles, (68).
SOJA, E. W. (2014). En busca de la justicia espacial. Valencia: Tirant Humanidades.
SOUTO GONZÁLEZ, X. M. (2011). Los recursos y las estrategias didácticas para la enseñanza de la geografía. En: Prats, J. (Coord.). Didáctica de la Geografía y la Historia (159-171). Barcelona: Graó.
WILLIAMS, G., METH, P. e WILLIS, K. (2009). Geographies of developing areas. The Global South in a changing world. Londres: Routledge.
Enlaces de interese:
Congresos nacional e ibérico de didáctica da xeografía (acceso aberto a todas as actas)
http://didacticageografia.age-geografia.es//index.php?m=4
Revista Didáctica Geográfica
http://didacticageografica.age-geografia.es/index.php/didacticageografi…
Revista Scripta Nova (ten artigos específicos en didáctica da xeografía)
http://www.ub.edu/geocrit/nova.htm
Revista Boletín de la Asociación Española de Geografía (ten artigos específicos en didáctica da xeografía)
https://bage.age-geografia.es/ojs/index.php/bage
Revista REIDICS
https://mascvuex.unex.es/revistas/index.php/reidics/issue/archive
Revista Enseñanza de las Ciencias Sociales
https://www.raco.cat/index.php/EnsenanzaCS/index
Revista Didáctica de las Ciencias Experimentales y Sociales
https://ojs.uv.es/index.php/dces
Revista Iber: Didáctica de las Ciencias Sociales, Geografía e Historia (só se pode acceder dende unha IP da USC)
https://www.grao.com/es/iber?gclid=Cj0KCQjwsYb0BRCOARIsAHbLPhH9g_evhEt3…
Journal of Geography (só se pode acceder dende unha IP da USC)
https://www.tandfonline.com/loi/rjog20
Journal of Geography in Higher Education (só se pode acceder dende unha IP da USC)
https://www.tandfonline.com/loi/cjgh20
COMPETENCIAS XERAIS
• (CG1) Coñecer os contidos curriculares de xeografía e ciencias sociais.
• (CG2) Coñecer o corpo de coñecementos didácticos en relación cos procesos de ensino e aprendizaxe da xeografía e das ciencias sociais.
• (CG3) Planificar, desenvolver e avaliar o proceso de ensino e aprendizaxe potenciando procesos educativos que faciliten a adquisición das competencias propias do ensino da xeografía e das ciencias sociais, atendendo ao nivel e formación previa dos estudantes, así como á orientación dos mesmos, tanto individualmente como en colaboración con outros docentes e profesionais do centro.
• (CG4) Buscar, obter, procesar e comunicar información (oral, impresa, audiovisual, dixital ou multimedia), transformala en coñecemento e aplicala aos procesos de ensino e aprendizaxe da xeografía e das ciencias sociais.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS ASOCIADAS AO MÓDULO ESPECÍFICO
• (CE-E5) Coñecer os desenvolvementos teórico-prácticos do ensino e aprendizaxe da xeografía e das ciencias sociais.
• (CE-E6) Transformar os currículos de xeografía e ciencias sociais en programas de actividades e de traballo.
• (CE-E7) Adquirir criterios de selección e elaboración de materiais educativos para as materias de xeografía e ciencias sociais.
• (CE-E8) Fomentar un clima que facilite a aprendizaxe e poña en valor as achegas dos estudantes.
• (CE-E9) Integrar a formación en comunicación audiovisual e multimedia no proceso de ensino-aprendizaxe.
• (CE-E10) Coñecer estratexias e procedementos de avaliación e entender a avaliación como un procedemento de regulación da aprendizaxe e estímulo ao esforzo.
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS
• (CT-1) Utilizar bibliografía e ferramentas de busca de recursos bibliográficos xerais e específicos, incluíndo o acceso por Internet.
• (CT-3) Potenciar a capacidade para o traballo en contornos cooperativos e pluridisciplinares.
As clases expositivas consistirán basicamente en leccións impartidas polo profesorado, dedicadas á presentación do marco teórico, conceptual e metodolóxico da materia.
As clases interactivas procurarán unha maior implicación do alumnado mediante o desenvolvemento dunha metodoloxía docente centrada no estudante e baseada na análise de prácticas docentes; na procura, selección e traballo con materiais, fontes e recursos TIC; na realización de informes derivados de pequenas investigacións e noutras actividades que o profesorado considere convenientes. Nestas sesións promoveranse as relacións persoais e o traballo cooperativo.
Nas sesións de titoría atenderase aos estudantes para comentar cuestións concretas en relación coas súas tarefas ou para tratar de resolver calquera outra dificultade relacionada coa materia.
A docencia expositiva e interactiva será presencial.
Na medida do posible, o alumnado terá acceso online á bibliografía básica e complementaria da materia, así como aos titoriais e/ou outros documentos de interese que serán facilitados polo profesorado da materia a través do Campus Virtual da USC.
As titorías serán fundamentalmente de carácter presencial, se ben poderán realizarse parcialmente de xeito virtual.
Prevese a avaliación continua formativa como único criterio de avaliación.
As directrices de avaliación son as seguintes:
PRIMEIRA OPORTUNIDADE
a) A asistencia e participación tanto nas sesións expositivas coma nas interactivas é obrigada, e o alumnado deberá asistir a un mínimo do 80% das sesións para superar a materia. O control da asistencia realizarase a través de diferentes instrumentos de rexistro. A asistencia e participación terán un peso do 10% na cualificación final.
b) Realización de dous traballos prácticos, en grupo, de investigación e innovación en didáctica da xeografía que inclúe a súa exposición, defensa e debate co grupo clase. Terá un peso do 90% na cualificación final.
O alumnado que dispoña de EXENCIÓN OFICIAL DE DOCENCIA (atendendo ás normas ditadas na instrución número 1/2017, da Secretaría Xeneral da USC, sobre dispénsaa da asistencia a clase en determinadas circunstancias), deberá acordar un plan específico de traballo co profesorado que incluirá a asistencia a dúas sesións de titoría. A avaliación destes estudantes realizarase da seguinte forma:
a) Asistencia obrigada a dúas sesións de titoría. Terá un peso do 10% na cualificación final.
b) Realización de dous traballos de investigación e innovación en didáctica da xeografía . Terán un peso do 90% na cualificación final.
SEGUNDA OPORTUNIDADE
O alumnado que non supere a materia na primeira oportunidade disporá dunha segunda para entregar todos os traballos pendentes e/ou mal valorados (por debaixo do 5). Queda excluído desta posibilidade o alumnado que non tivera asistido a un mínimo do 80% das sesións durante o desenvolvemento da primeira oportunidade. Este alumnado específico só poderá superar a materia a través dunha proba escrita (exame final) que representará o 100% da cualificación final.
Horas de traballo presencial na aula: 48
Horas de traballo persoal do estudante: 102
Recoméndase aos estudantes que realicen e sigan, baixo a supervisión do profesorado e desde o comezo do semestre, un plan traballo. Non é recomendable pretender resolver a materia nas últimas semanas do semestre nin presentar traballos que non teñan sido orientados e supervisados polo profesorado.
TRABALLOS
Os traballos escritos e orais seguirán as normas establecidas polo profesorado.
TRABALLOS PLAXIADOS
Calquera traballo plaxiado, aínda que sexa parcialmente (por exemplo, un parágrafo sen citar), representará un suspenso da materia e afectará a todos os membros do grupo de traballo. Calquera fragmento, idea, ou texto que se teña incorporado a un traballo e que non sexa de autoría propia é obrigado que leve a referencia bibliográfica concreta. Para efectos avaliativos, un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, salvo que se programasen de forma coordinada.
TIC
Recoméndase a familiarización inicial coas TIC para seguir con éxito o desenvolvemento do curso, así como para facilitar a comunicación co profesorado.
LINGUA
Esta materia impártese en lingua galega e aléntase a que os traballos realizados polo alumnado utilicen este idioma.
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL
En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia cómpre ter en conta as seguintes indicacións:
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encadernación.
- Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
PERSPECTIVA DE XÉNERO
En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace:
http://www.usc.es/export/sites/default/gl/servizos/oix/descargas/lingua… cado_WEB_USC.pdf
COMUNICACIÓN
O alumnado empregará necesariamente o correo electrónico da USC (conta rai) na súa comunicación co profesorado.
Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade (Lifesize, etc).
Non se poderá empregar o teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
Ter en conta que o ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é un proceso privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
Francisco Rodriguez Lestegas
- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica das Ciencias Sociais
- Teléfono
- 982821039
- Correo electrónico
- f.lestegas [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Emérito LOU
Andres Dominguez Almansa
- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica das Ciencias Sociais
- Teléfono
- 982821024
- Correo electrónico
- andres.dominguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Francisco Jose Armas Quinta
Coordinador/a- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica das Ciencias Sociais
- Teléfono
- 881812116
- Correo electrónico
- francisco.armas [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Mércores | |||
---|---|---|---|
17:30-19:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 22 |
22.05.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | (CAMPUS NORTE) - AULA 51 |
30.06.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | (CAMPUS NORTE) - AULA 51 |