Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Didácticas Aplicadas
Áreas: Didáctica da Matemática, Didáctica das Ciencias Experimentais
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
O obxectivo central da materia é identificar as liñas máis relevantes de investigación e innovación nas didácticas das Ciencias Experimentais e da Matemática, e desenvolver a competencia de participar nelas. Pode desglosarse no desenvolvemento destas capacidades:
- Ser capaz de identificar as liñas máis relevantes de investigación e innovación sobre a aprendizaxe e o ensino das ciencias e da matemática, identificar os problemas que abordan e os seus marcos teóricos de referencia.
- Ser capaz de realizar unha procura bibliográfica sobre un problema ou cuestión, tanto nas revistas máis relevantes de cada área, como nas bases de datos educativas.
- Ser capaz de acreditar unha competencia básica no uso de recursos para a investigación e innovación, tanto bibliográficos como electrónicos.
- Ser capaz de propoñer cuestións a estudar, preguntas de investigación sobre problemas da aprendizaxe das ciencias e da matemática.
- Ser capaz de identificar distintas perspectivas metodolóxicas para a investigación en didáctica das ciencias e da matemática e de recoñecer a súa posta en práctica en estudos publicados.
- Ser capaz de analizar traballos de investigación e innovación, e valoralos aplicando criterios contrastables.
- Ser capaz de deseñar ou adaptar un proxecto de investigación ou innovación a pequena escala.
- Ser capaz de seleccionar e analizar datos, e extraer conclusións a partir deles.
- Ser capaz de comunicar, tanto oralmente como por escrito, as súas análises, reflexións, deseños ou resultados, utilizando os xéneros adecuados á comunicación nas comunidades académica e docente.
Contidos: Programa da materia (clases interactivas e expositivas)
1. Investigación e innovación en didáctica das ciencias e da matemática
Obxectivos dos estudos educativos ¿para que? ¿Que é "investigación"? ¿Que problemas son relevantes? ¿que é innovación? Relacións entre ambas.
Coherencia entre as preguntas estudadas, o deseño e os métodos de investigación
Fundamentación teórica e revisión da literatura: as preguntas de investigación e as propostas de innovación fanse desde un marco teórico determinado.
A investigación como proceso de construción do coñecemento ¿ten unhas fases?
2. Liñas relevantes de investigación e innovación en didáctica das ciencias e da matemática
Investigacións sobre a aprendizaxe das ciencias: estudos sobre o desenvolvemento cognitivo e o pensamento formal (1970s); ideas alternativas e cambio conceptual (80s); o “xiro discursivo” dos 90; argumentación e uso de probas (2000); o desenvolvemento de competencias e as progresiones de aprendizaxe (2010).
Investigacións sobre a aprendizaxe da matemática: estudios baseados na psicoloxía cognitiva aplicada a aprendizaxe da matemática. Pensamento matemático avanzado. A didáctica fundamental da matemática: teorías antropolóxicas.
Innovacións no ensino das ciencias: descubrimento guiado; aprendizaxe basada en resolución de problemas; traballos prácticos; ler, falar e escribir ciencias; indagación; problemas auténticos; comunidades de práctica.
Innovacións no ensino da matemática: a resolución de problemas, a práctica matemática como proceso de indagación e de comprensión das matemáticas.
Os proxectos de investigación do alumnado.
3. Revistas, bases de datos e outros recursos en didáctica de ciencias e matemática
Revistas de didáctica das ciencias en castelán e galego: Enseñanza de las Ciencias; Alambique; Boletín de Enciga; tipos de artigos, impacto.
Revistas de didáctica da matemática en castelán e galego: Enseñanza de las Ciencias; Uno; Suma; tipos de artigos, impacto
Revistas das áreas no JCR do SSCI
Bases de datos internacionais: ERIC
Bases de datos nacionais ou latinoamericanas: DICE, IN-RECS, Latindex. Criterios de inclusión e búsqueda.
Outros recursos bibliográficos e electrónicos.
4. Enfoques teóricos e metodolóxicos na investigación
Estudos cuantitativos e cualitativos, obxectivos, complementariedade. Estudos de produtos e de procesos. Validez e fiabilidade.
Deseños experimentais e case-experimentais. Estudos lonxitudinais. Mostraxes e estudos de caso.
Estudos cualitativos: etnografía, estudos interpretativos. Recollida de datos. Ferramentas de análise.
Estudos cuantitativos: deseño, selección das mostras; ferramentas estatísticas.
Análise de exemplos de investigacións en didáctica de ciencias e matemática.
5. A comunicación da investigación e da innovación: escribir artigos
A comunicación como parte do proceso de investigación: obxectivos
Como escribir un artigo de investigación ou de innovación: estrutura canónica, rexistros
O proceso de revisión e publicación
Programa actividades nas clases interactivas
Análise de artigos de investigación e innovación en didácticas das Ciencias Experimentais e da Matemática
Realización de búsquedas bibliográficas en bases de datos
Realización de búsquedas de recursos bibliográficos e da rede para a investigación e a innovación
Prácticas con ferramentas estatísticas
Recensión de artigos
Realización de propostas de problemas a investigar e deseños para levalos a cabo.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Azcárate, C. e Camacho, M. (2003). Sobre la investigación en Didáctica del Análisis Matemático. Boletín de la Asociación Matemática Venezolana
Cohen, L. e Manion, L. (2002). Métodos de investigación educativa. Madrid: La Muralla.na. X (2), 135-149.
Flick, U. (2015). El diseño de la investigación cualitativa. Ediciones Morata.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Chevallard, Y. (1985). La transposition didactique. Du savoir savant au savoir enseigné. Grenoble. La Pensée. Sauvage.
Godino, J. D. Y Batanero, C. (1994). Significado Institucional Y Personal De Los Objetos matemáticos. Recherches en Didactique des Mathématiques, 14 (3): 325-355.
Cajaraville Pegito, J. A. e Labraña Barrero, A. (2005) Liñas básicas para unha didáctica alternativa do cálculo integral. Revista Galega do Ensino, 45, 175–196.
Chevallard, Y.; Bosch, M. Gascón, J. (1997). Estudiar Matemáticas. El eslabón perdido entre enseñanza y aprendizaje. Barcelona. ICE-Horsori.
Jiménez Aleixandre, M. P. (2008). La publicación como proceso de diálogo y aprendizaje: el papel de artículos y revistas en la didáctica de las ciencias. Enseñanza de las Ciencias, 26(3), 311–320.
Jiménez Aleixandre, M. P. e García-Rodeja Gayoso, I. (1997). Hipótesis, Citas, Resultados: Reflexiones sobre la Comunicación Científica en Didáctica de Ciencias. Enseñanza de las Ciencias, 15 (1), 11-19.
Rico, L. (Ed) (1997). Bases teóricas del currículum de matemáticas para Educación Secundaria. Madrid: Síntesis.
Schoenfeld, A. H. (2000). Purposes and methods of research in mathematics education. Notices of the AMS, June / July, 641–649. Descargable en http://www.ams.org/notices/200006/fea-schoenfeld.pdf
McKernan, J. (2001) Investigación-acción y curriculum. Madrid: Morata
Novak, J. D. e Gowin, D. B. (1988). Aprendiendo a aprender. Barcelona: Martínez Roca (capítulo 8).
Simons, H. (2011). El estudio de caso: teoría y práctica. Madrid: Ediciones Morata.
Revistas de didáctica das ciencias en castelán e galego: Enseñanza de las Ciencias; Alambique; Revista Eureka sobre Enseñanza y Divulgación de la Ciencias.
Competencias
Que as e os estudantes sexan capaces de:
Xenerais
- CG12. Participar na avaliación, investigación e innovación dos procesos de ensino e aprendizaxe, comunicando as súas conclusións e as razóns que as sustentan á comunidade educativa e outros profesionais da educación.
Específicas asociadas ao módulo específico
- CE-E14. Coñecer e aplicar metodoloxías e técnicas básicas de investigación e avaliación educativas e ser capaz de deseñar e desenvolver proxectos de investigación, innovación e avaliación.
Transversais:
- CT-1. Utilizar bibliografía e ferramentas de procura de recursos bibliográficos xenerais e específicos, incluíndo o acceso por Internet.
Baséase na participación do alumnado e o seu protagonismo na aprendizaxe en todas as clases, incluso as que pretenden a presentación do marco teórico, conceptual e metodolóxico da materia. Empregarase o estudo de casos, a análise de proxectos e a resolución de problemas relacionados coa investigación e a innovación sobre o ensino e a aprendizaxe das Ciencias e da Matemática en Secundaria. Esta metodoloxía pretende a participación activa do alumnado, constituíndo un modelo para a súa futura actuación como docentes. Emprégase unha variedade de recursos: audiovisuais, informáticos, problemas, estudos de caso, análise de textos e artigos; experiencias de laboratorio.
Todas as tarefas do alumnado (estudo, traballos, uso do computador, proxectos, lecturas, exposicións, exercicios, prácticas?) serán orientadas polos docentes. O alumnado, coa orientación dos docentes, analizará criticamente artigos e proxectos didácticos; realizará propostas de investigación e innovación; levará a cabo procuras en bases de datos.
Ao estar centrada nunha metodoloxía práctica, é moi importante a asistencia á clase, pois a realización, posta en común e avaliación conxunta de exercicios e tarefas é dificilmente substituída polo traballo individual.
Os contidos da parte interactiva forman parte integral da materia. Establecerase comunicación co alumnado a través da aula virtual, onde estarán os materiais e presentacións powerpoint utilizados na clase. Nas sesións de titoría atenderase ao alumnado para resolver as cuestións relacionadas coa materia.
A avaliación comprobará o desenvolvemento efectivo das competencias.
Parte 1. Avaliación continua:
a. Asistencia e participación activa nas actividades individuais e en pequeno grupo desenvolvidas na aula; asistencia ás sesións interactivas e de titoría. Realización escrita de informes e análises.
b. Elaboración dun proxecto persoal de investigación ou de innovación e presentación oral do mesmo, utilizando as TIC.
Parte 2. Proba final
c. Proba final individual dos contidos correspondentes á programación das partes expositiva e interactiva.
Contribución de cada un dos apartado á cualificación final:
Parte 1
- Apartado a: 15%
- Apartado b: 25%
Parte 2
- Apartado c: 60%
Para obter puntuación no apartado a será necesaria a asistencia, como mínimo, ao 80% das clases. A xustificación das faltas terase en conta para non perder o dereito a avaliación continua, mais non proporcionarán puntuación no apartado de asistencia. Na primeira e segunda oportunidade da primeira convocatoria é necesario obter como mínimo un 40% (4 sobre 10) na Parte 2 (apartado c) para que se lle poda sumar a puntuación da Parte 1 ( apartados a e b). O alumnado que non teña puntuación na Parte 1, será cualificado unicamente coa nota da parte 2 (apartado c), que ao representar o 60% do total non será superior a 6.
O alumnado de segunda convocatoria e posteriores así como aquel con exención de docencia deberá falar cos docentes en horario de titorías nas dúas primeiras semanas do semestre no primeiro caso, e na mesma semana de concesión da solicitude da exención no segundo, a fin de concretar o plan de traballo.
Os traballos individuais ou grupais deberán ser orixinais. Calquera traballo copiado supoñerá o suspenso da materia na correspondente convocatoria. Para efectos avaliativos un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, agás que se programasen de forma coordinada.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Avaliación do alumnado con dispensa de docencia.
O alumnado que teña concedida a dispensa de docencia estará sometido á Normativa xeral que corresponda. Con todo, é preciso que se poña en contacto co docente durante as primeiras semanas de máster para concretar a súa situación para establecer, no seu caso, o plan de traballo alternativo. Formarán parte deste plan alternativo os materiais cos que se traballe nas clases presenciais e que estarán dispoñibles no campus virtual, e tarefas sobre as clases interactivas, tamén dispoñibles no CV. O apartado 1.a (asistencia e participación ás clases) será substituído por un traballo individual específico.
Tempo de estudos e traballo persoal que debe dedicar un estudante para superar a materia
Traballo presencial do alumnado: total 21 horas
- Clase expositivas: 9 horas.
- Clases interactivas: 12 horas.
Traballo persoal do alumnado (non presencial): total 54 horas
- Estudo autónomo individual ou en grupo: 15 horas.
- Actividades na biblioteca, lecturas recomendadas, búsquedas bibliográficas: 10 horas.
- Elaboración dun proxecto persoal de investigación ou de innovación: Informe escrito que propoña un tema de investigación ou innovación en Didáctica de las Ciencias Experimentais ou da Matemática, detalle o deseño previsto e inclúa unha selección de referencias relacionadas co tema: 25 horas.
- Preparación da presentación oral do proxecto: 4 horas
Recoméndase a inmersión na bibliografía recomendada, co obxectivo de poder suscitar dúbidas e preguntas nas sesións presenciais. O carácter activo da metodoloxía require o protagonismo do alumnado na súa propia aprendizaxe.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios o probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Entrega de traballos:
Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual.
Responsabilidade medioambiental:
Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encadernación.
Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
Perspectiva de xénero:
Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados.
Obrigatoriedade de uso da conta de correo rai.
Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade (Lifesize, etc).
Non se poderá empregar o teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos Enlace: https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
Francisco Sóñora Luna
- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica das Ciencias Experimentais
- Correo electrónico
- francisco.sonora [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOSU
Maria Salgado Somoza
Coordinador/a- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Matemática
- Teléfono
- 881812078
- Correo electrónico
- maria.salgado [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Martes | |||
---|---|---|---|
19:00-21:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 33 |
30.05.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | (CAMPUS NORTE) - AULA 32 |
02.07.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | (CAMPUS NORTE) - AULA 32 |