Créditos ECTS Créditos ECTS: 4
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 68 Horas de Titorías: 4 Clase Expositiva: 12 Clase Interactiva: 16 Total: 100
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Departamento externo vinculado ás titulacións, Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
Áreas: Área externa M.U en Atención Sanitaria, Xestión e Coidados, Enfermaría
Centro Facultade de Enfermaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Trátase de unha materia con un contido teórico e práctico que debe capacitar ao alumno para:
1. Recoñecer os síntomas e signos clínicos das enfermedades graves.
2. Identificar os pacientes críticamente enfermos.
3. Coñecer as urxencias mais frecuentes e o seu tratamento.
4. Realizar unha avaliación rápida e a clasificación dos enfermos segndo a gravedade.
5. Recoñecer o fracaso respiratorio e cardíaco, así como a parada cardio-respiratoria.
6. Actuar de forma eficaz nas emerxencias, con coordinación e traballo en equipo.
7. Realizar unha reanimación cardiopulmonar de calidade, adaptada o medio e os recursos disponibles.
8. Aplicar os coidados avanzados da vía aérea, a respiración, a circulación e a situación neurológica en pacientes críticos.
9. Coñecer as técnicas de soporte de funcions vitais, poñelas en marcha e resolver problemas que poideran presentar.
10. Informar de forma adecuada o paciente crítico e a súa familia. Realizar consentimentos informados en situacións urxentes.
11. Recoñecer a morte cerebral, colaborar na solicitude de órganos para donación e realizar os coidados de mantemento do donante de órganos.
Seguridade do paciente en UCI. Programas de vixilancia da seguridade do paciente. BZ, NZ, ITUZ, RZ.
2. Coidados básicos do paciente crítico. Aseo, coidados da pel, boca, ollos, prevención de UPP. Substitución segura.
3. Monitoraxe invasiva e non invasiva. Interpretación de curvas e valores.
4. Coidados do paciente con alteracións cardiológicas.
5. Dispositivos de asistencia circulatoria: MCP, BIAC, IMPELLA, ECMO.
6. Coidados do paciente sometido a ventilación mecánica: VMNI, VMI.
7. Coidados do paciente con alt. Neurolóxica.
8. Shock. Coidados e soporte hemodinámico do paciente. Proxecto “CÓDIGO SÉPSIS”
9. Coidados do paciente sometido a terapias continuas de depuración extrarrenal ( TCDE).
10. Sedación, analgesia e axitación.
11. Soporte vital avanzado. Recomendacións European Resuscitation Council.
Bibliografía básica (accesible para os membros da USC).
Marino, P. L., & Sutin, K. M. El libro de la UCI. Wolters Kluwer/Lippincot Williams & Wilkins. 2008. Signatura: I 33 I 33 A
Acceso on line: http://iacobus.usc.es/search~S1*gag?/YUCI&searchscope=1&SORT=DZ/YUCI&se…
Unidad de cuidados intensivos. Estándares y recomendaciones [documento en Internet]. Madrid: Ministerio de Sanidad y Política Social; 2010. https://www.mscbs.gob.es/organizacion/sns/planCalidadSNS/docs/UCI.pdf
Tamayo Gómez E (editor). Medicina crítica y emergencias. Valladolid : Ediciones Universidad de Valladolid; 2017. A MIU 50 (volumen 1) A MIU 50 (volumen 2)
Castilla Martínez M (director). Manual de cuidados de enfermería en la insuficiencia respiratoria aguda: principios de ventilación mecánica no invasiva y otros tratamientos de soporte respiratorio.
Madrid : Bubook Publishing; 2015. G 442
Asociación y Escuela Internacional de Ventilación Mecánica No Invasiva, editor. Cuidados de enfermería en ventilación mecánica no invasiva. Fundamentos. Murcia : Asociación y Escuela Internacional de Ventilación Mecánica No Invasiva; 2010. I 52
Comisión paritaria sociedad española de medicina intensiva, crítica y unidades coronarias (SEMICYUC) y organización nacional de trasplantes (ONT). Protocolo nacional de mantenimiento del potencial
donante en muerte encefálica. Febrero 2020. https://semicyuc.org/wp-content/uploads/2020/05/Protocolo-Nacional-de-M…
Navarro Arnedo JM, Perales Pastor R (editores). Guía práctica de enfermería en el paciente crítico (2ª ed). Hospital General Universitario de Alicante. Unidad de Cuidados Intensivos; marzo 2012. https://elenfermerodelpendiente.files.wordpress.com/2017/02/manual_crit…
Jameson JL, Fauci AS, Kasper DL, Hauser SL, Longo DL, Loscalzo J. Harrison. Manual de Medicina (20ª ed.). Mac Graw Hill; 2020. https://accessmedicina-mhmedical-com.ezbusc.usc.gal/book.aspx?bookid=29…
Ministerio de Sanidad. Seguridad del Paciente [sede Web]. Plan de Calidad para el Sistema Nacional de Salud. https://www.seguridaddelpaciente.es/es/practicas-seguras/seguridad-paci…
Bibliografía complementaria:
• AACN: American Association of Critical- Care Nurses. A AACN estableceuse en 1969 para axudar á formación das enfermeiras que traballan nas recentemente creadas unidades de coidados intensivos. Esta Asociación Americana de Enfermeiras en Coidados Críticos é a organización máis grande do mundo nunha especialidade de enfemería, con máis que 65.000 membros que representan aos Estados Unidos de América e a outros 45 países. EN: https://www.aacn.org/
• ACCCN. Australian College of Critical Care Nurses. O ACCCN respresenta a máis de 2.500 profesionais de enfermeria australianos dedicadas a coidados críticos. Os seus afiliados traballan en todas as áreas dos coidados críticos (urxencias, atención cardiotorácica, unidades de coidados intensivos xenerais, unidades de coidados intensivos pediátricos, unidades coronarias, etc.), así como nos campos académico e formativo. En: https://www.acccn.com.au/
• ANECIPN. Asociación Nacional de Enfermería de Coidados Intensivos Pediátricos e Neonatales. Dispoñible a través de Internet en: http://anecipn.org/
• NIARTI. ssociazione Nazionale Infermieri dei Area Critica https://www.aniarti.it/
• BACCN. British Association of Critical Care Nurses. https://www.baccn.org/
• CACCN. Canadian Association of Critical Care Nurses. en: http://www.caccn.ca
• SAEEC. Sociedade Andaluza de Enfermería en Coidados Críticos. Fundada en 1999, a Sociedade Andaluza de Enfermería en Coidados Críticos ( SAECC), é unha organización de carácter científico, sen ánimo de lucro, xestada baixo a iniciativa dun grupo de enfermeiros/ as da contorna dos coidados críticos, das áreas asistencial e de xestión. Este equipo multicéntrico xorde como resposta á necesidade de crear un proxecto común dos profesionais andaluces que desempeñan o seu labor no ámbito dos coidados críticos, no que definir o marco conceptual de actuación profesional, co obxectivo fundamental de establecer estratexias de mellora da calidade dos nosos coidados, para así proporcionar á sociedade un referente científico en todo o concernente ao coidado do paciente crítico. Dispoñible a través de Internet en: http://www.saecc.net/
• SEEIUC. Sociedade Española de Enfermería Intensiva e Unidades Coronarias: https://semicyuc.org/
• Sociedade española de cardioloxía [sede web]. https://secardiologia.es/
• Sociedade Española de Medicina Intensiva, Crítica e Unidades Coronarias. SEMICYUC [Web]. https://semicyuc.org/
• European Resuscitation Council (ERC). https://www.erc.edu/
XENÉRICAS
Especialización do estudante na súa formación na atención e manexo do paciente en situación crítica e con compromiso vital
ESPECÍFICAS
Coñecer os aspectos psicosociais do paciente crítico
Coñecer a socioloxía e antropoloxía dos coidados
Coñecer ás distintas unidades de críticos
Coñecer as distintas situacións do paciente en estado crítico
Coñecer os distintos aspectos sociais, familiares e psicosocioloxía do paciente crítico
Realización de técnicas e procedementos de coidados críticos establecendo unha relación terapéutica cos enfermos e familiares
dentro dun enfoque interdisciplinar
Metodoloxía da ensino
Docencia expositiva:
Basearase en leccións teóricas presenciais, expostas polo profesor con axuda dos recursos didácticos dispoñibles. Abriranse quendas de preguntas e pequenos debates.
Docencia interactiva:
Sesións presenciais que tratarán sobre temas específicos, que poden complementar ou desenvolver aspectos específicos introducidos na docencia expositiva ou introducir temas que se abordarán integramente mediante esta metodoloxía. Nestas sesións fomentarase a participación activa dos alumnos, o traballo en grupo e o debate baseado en argumentos racionais e científicos. Tamén se realizarán simulacións e resolución de problemas expóndoos como casos clínicos.
A avaliación incluirá os seguintes apartados:
Proba obxectiva presencial mediante cuestionario tipo test que avaliará tanto os coñecementos adquiridos nas clases expositivas, como interactivas. Ponderará un 70%.
Proba presencial de habilidades prácticas adquiridas durante os seminarios. Propoñeranse casos clínicos e resolución de problemas que se resolverán mediante exame oral. Ponderará un 30%.
Requisitos mínimos para superar a materia:
- Contestar correctamente o 50% das preguntas da proba obxectiva.
- Contestar correctamente ao 50% dos problemas e probas expostas na proba práctica.
TRABALLO PRESENCIAL:
- Aula: 12 horas
- Seminario: 16 horas
- Titoría: 4 horas
Total de traballo presencial: 32 horas
TRABALLO PERSOAL DO ESTUDANTE, NON PRESENCIAL:
- Estudo individual de docencia expositiva: 36 horas
- Lecturas recomendadas, actividades de biblioteca ou similares, para seminarios: 32 horas
Total traballo persoal de estudantes: 68 horas
Total de horas de estudo: 100 horas.
1. Asistencia activa e participación en todas as actividades presenciais.
2. Estudo e preparación dos temas de forma sistemática e continuada.
3. Comentario das dúbidas co profesor.
4. Tratar de interrelacionar os contidos entre si, buscando a súa utilidade e repercusión na práctica profesional.
5. Considerar o estudo como unha ferramenta formativa complementaria ás demais materias e non como un temario que se debe estudar para superar un exame.
6. Acudir de forma regular á biblioteca para coñecer e revisar a bibliografía relevante para cada tema.
7. Visitar as diversas páxinas web suxeridas en cada tema para obter información adicional e ferramentas para resolver as situacións clínicas expostas.
8. Implicarse de forma activa nos seminarios e os laboratorios, como método para obter o maior rendemento das devanditas sesións e adquirir a capacitación que será necesaria na actividade laboral futura.
9. Mediante crítica construtiva, tratar de facer achegas para mellorar o contido e a dinámica da materia.
10. Colaborar de forma interactiva cos compañeiros para potenciar e reforzar o ensino.
É necesario seguir a Instrución Nº 1/2017, da Secretaría Xeral da USC, sobre a dispénsa de asistencia a clase en determinadas circunstancias.
Pode obterse información respecto diso na seguinte ligazón:
http://www.usc.es/gl/centros/cc_ educacion/dispensa_asistencia_clase.html
O alumnado debe utilizar necesariamente o correo electrónico da USC (conta RAI) na súa comunicación co profesorado.
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL
Promoverase la entrega de traballos en formato dixital. De solicitarse para a materia algún traballo impreso, sexa individual ou grupal, teranse en conta as seguintes indicacións:
- Evitar as tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de espirais.
- Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que no teñan referencia directa cos temas tratados nos traballos.
Para obter maís información visitaar o enlace https://www.usc.gal/es/usc/institucional/desarrollo-sostenible
PERSPECTIVA DE XÉNERO
En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso dunha linguaxe non sexista tanto no traballo cotián de aula como nos traballos académicos solicitados. Pode obterse información ao respecto na seguinte ligazón:
http://www.usc.es/export/sites/default/gl/servizos/oix/descargas/lingua…
Tamén se utilizarán outras medidas para aplicar o enfoque de xénero na docencia, tales como o recoñecemento e consideración das situacións particulares das alumnas, a promoción dun clima de interaccións igualitario, a organización paritaria de grupos sempre que sexa posible, a mostra das contribucións científicas e técnicas das mulleres na materia e das propias alumnas, e a introdución do xénero como categoría de análise dos traballos do alumnado.
PROTECCIÓN DE DATOS PERSOAIS
Seguirase a normativa de privacidade e protección de datos persoais dispoñible en https://www.usc.gal/gl/normativa/protecciondatos/index.html
USO DO TELÉFONO MÓBIL
Queda restrinxido o uso do teléfono móbil na aula ao seu emprego como instrumento de traballo, seguindo as indicacións dadas pola docente, responsabilizando ao alumnado das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse dunha utilización non adecuada deste.
Sandra Vidal Martínez
Coordinador/a- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Enfermaría
- Correo electrónico
- sandravidal.martinez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Martes | |||
---|---|---|---|
16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 2.03 |
18:00-20:30 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Laboratorio 4.05 |
Mércores | |||
16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 2.03 |
18:00-20:30 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Laboratorio 4.05 |
17.01.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2.03 |
20.06.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Laboratorio 4.06 |