Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 4.5 Clase Expositiva: 13.5 Clase Interactiva: 18 Total: 36
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía
Áreas: Psicoloxía Social
Centro Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
O obxectivo xeral da materia é dotar aos estudantes das competencias básicas relacionadas cun desempeño eficaz das denominadas “Habilidades Relaciones e Directivas”; competencias de tipo transversal, non técnico, que lles permitirán incrementar a súa capacidade de empregabilidade e responder, dunha maneira eficaz, a moitas das demandas derivadas do desempeño das súas actividades profesionais. Este obxectivo xeral se operativiza nos seguintes obxectivos específicos:
- Adquirir un repertorio de coñecementos e información sobre os principais procesos implicados na xestión do comportamento organizacional.
- Adquirir unha progresiva toma de conciencia da importancia do factor humano na organización.
- Adquirir unha serie de coñecementos introdutorios sobre os métodos, técnicas, instrumentos, estratexias e procedementos de intervención sobre o comportamento humano nas organizacións.
- Adquirir hábitos de observación, análise, comprensión e interpretación dos problemas sobre os que terá que intervir para contribuír á súa solución.
1. A Comunicación eficaz nas relacións interpersoais e nas organizacións.
1.1. Funcións da comunicación.
1.2. A comunicación interpersoal nas organizacións.
1.3. A comunicación organizacional formal: Os fluxos de comunicación interna na organización.
1.4. A comunicación organizacional informal.
1.5. Redes organizacionales de comunicación.
2. A Motivación laboral.
2.1. A motivación no contexto organizacional: Concepto.
2.2. Teorías de Contido da Motivación.
2.3. Teorías de Proceso da Motivación.
2.4. Aplicación dos principios teóricos á xestión de RR.HH.
3. O proceso de "Toma de decisións".
3.1. Definición, problemas e condicións.
3.2. Modelos normativos da toma de decisións: O Home Económico.
3.3. Modelos descritivos da toma de decisións: O Home administrativo.
4. O Conflito e a xestión dos conflitos.
4.1. O conflito organizacional: concepto.
4.2. O proceso do conflito.
4.3. Estratexias para a xestión do conflito.
4.4. A negociación.
4.5. A mediación e a arbitraxe.
5. O Liderazgo e a Dirección de equipos: A formación dun equipo de alto rendemento.
5.1. Liderazgo organizacional.
5.2. Os equipos de traballo.
5.3. Liderazgo e participación: Modelo de Vroom e Yetton.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
- Robbins, S.P. e Judge, T.A. (2017). Comportamiento Organizacional (17ª ed.). Pearson. [SIGNATURA: Q9 422 | Dispoñible en formato eBook]
- Robbins, S.P. e Judge, T.A. (2010). Introducción al Comportamiento Organizativo (10ª ed.). Pearson. [SIGNATURA: PE 1136 | Dispoñible en formato eBook]
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
- Albadalejo, M. (2007). La comunicación más allá de las palabras: Qué comunicamos cuando creemos que no comunicamos. Graó. [SIGNATURA: 37 5888]
- Hargie, O., & Dickson, D. (2004). Skilled interpersonal communication: Research, Theory, and Practice (4th ed.). Routledge. [Dispoñible en formato eBook]
- Haslam, S. A., Reicher, S. D., & Platow, M. J. (2020). The new psychology of leadership: Identity, influence, and power (2nd Ed.). Routledge. [SIGNATURA: PS17 123]
- Gil, F. e Alcover, C.M. (Coords.) (2014). Introducción a la Psicología de las Organizaciones. Madrid: Alianza editorial. [SIGNATURA: PS15 618 | Dispoñible en formato eBook]
- Gómez-Mejía, L., Balkin, D. e Cardy, R. (2008). Gestión de Recursos Humanos. Pearson-Prentice Hall. [SIGNATURA: Q10 69]
- Luthans, F. (2008). Comportamiento Organizacional (11ª ed.). México: McGraw Hill. [SIGNATURA: PS15 999]
- Munduate. L. e Medina, F.J. (2013). Gestión del conflicto, negociación y mediación. Madrid: Pirámide. [SIGNATURA: PS14 2019 A | Dispoñible en formato eBook]
- Rees, W. D., & Porter, C. (2015). Skills of management and leadership: Managing people in organisations. Macmillan International Higher Education.
- Salas, E., Tannenbaum, S., Cohen, D., & Latham, G. (Eds.). (2013). Developing and enhancing teamwork in organizations: Evidence-based best practices and guidelines. John Wiley & Sons.
- Van-der Hofstadt, C. e Gómez, J. M. (2013). Competencias y habilidades profesionales para universitarios. Ediciones Díaz de Santos. [SIGNATURA: EM 1192]
NOTA: A súa vez, as/os estudiantes terán a súa disposición, no Campus Virtual, diferentes seccións de apoio á docencia, nas que atoparán multitude de ferramentas e recursos.
COÑECEMENTO:
- (CN05) Coñecer as bases do emprendemento e das habilidades directivas no marco da xestión empresarial.
COMPETENCIA:
- (CP07) Dirixir e xestionar a organización do traballo e os recursos humanos aplicando criterios de seguridade industrial, xestión da calidade, prevención de riscos laborais, sustentabilidade, e xestión ambiental.
HABILIDADE:
- (HD03) Comunicar conclusións, xunto con coñecementos e razóns que as sustenten, a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
- (HD05) Desempeñarse adecuadamente no establecemento e desenvolvemento de relacións interpersoais.
- (HD10) Desenvolver capacidades asociadas ao traballo en equipo (cooperación, liderado, escoita activa), e liderar e definir equipos multidisciplinares capaces de resolver cambios técnicos e necesidades directivas en contextos nacionais e internacionais.
A docencia da materia desenvolverase a través de diversos tipos de metodoloxías docentes, a saber:
1) Clases expositivas participativas, que están orientadas á capacitación dos estudantes respecto a a adquisición dos coñecementos relativos aos tópicos incluídos no programa (CN05, HD03).
2) Seminarios e clases interactivas. Os seminarios teñen a finalidade de profundar nalgún dos temas do programa mediante un tratamento máis especializado. Pola súa banda, clases interactivas serán de dous tipos: (a) As de carácter "expresivo", orientadas a experimentar e demostrar empíricamente algúns dos procesos ou efectos explicados; e, (b) as de carácter "instrumental", que teñen por obxecto dotar ás/os estudantes das competencias profesionais necesarias para aplicar en situacións reais as habilidades tratadas a nivel teórico (CP07, HD03, HD05, HD10).
3) Titorías, que supoñen unha relación directa e presencial, para un asesoramento continuo e a profundización nos contidos teóricos expostos polo profesor, o seguimento da aplicación dos contidos prácticos incluídos nos traballos das/os estudantes, así como atender dúbidas (CN05, CP07, HD10).
4) Actividades de avaliación. As actividades de avaliación continua, xunto coas titorías individuais e/o grupais, permitirán a retroalimentación do progreso de cada estudante ao longo do semestre. A avaliación final valorará o nivel de coñecementos adquirido respecto dos contidos do programa da materia (CN05, CP07, HD03, HD05, HD10).
Ademais, cada estudante terá á súa disposición, no Campus Virtual da USC, unha e-aula de apoio á docencia presencial.
A avaliación de competencias relacionadas coa adquisición dos coñecementos teóricos presentados nas sesións presenciais (expositivas e interactivas) da materia, realizarase mediante un exame final escrito (tipo "test"), que deberán realizar todos os estudantes matriculados na mesma.
A avaliación da adquisición de habilidades e actitudes realizarase de modo continuo, en función da participación e do desempeño do estudantado nas tarefas programadas ao longo do semestre (seminarios, estudos de caso, simulacións etc.), tal e como estas queden reflectidas nos informes de prácticas, e nos demais elementos utilizados no mencionado proceso de avaliación contínua.
A cualificación final do estudante na materia (máximo de 10,0 puntos) resultará do sumatorio das cualificacións obtidas durante a avaliación continua (informes de prácticas, gravacións en vídeo, asistencia e participación nas clases e seminarios etc.)/ etc.) e no exame final, de acordo con a seguinte táboa de valores:
• Avaliación Continua: 4,0 puntos (CP07, HD03, HD05, HD10).
• Titorías: 1,0 punto (CN05, CP07, HD10).
• Exame Final: 5,0 puntos (CN05).
As condicións de avaliación da materia na segunda oportunidade serán as mesmas que as fixadas para a avaliación final da primeira oportunidade.
As condicións de avaliación da materia para estudantes repetidores serán as mesmas que as fixadas para a avaliación final da primeira oportunidade.
As/os estudantes con dispensa da obrigación de asistencia terán dereito á docencia e á tutorización correspondente de forma non presencial, atendendo ás especificidades da materia. Para verificar a adquisición das competencias previstas, deberán acceder de forma periódica ao campus virtual e realizar as actividades de avaliación continua programadas, respectando o calendario de actividades proposto.
NOTA: Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
ACTIVIDADES PRESENCIAIS:
* Sesións expositivas (13,5h).
* Seminarios especializados (4h).
* Clases prácticas (14h).
* Titorías (4,5h).
* Avaliación (Exame Final) (2h).
Total de horas de actividades presenciais: 38 horas.
TRABALLO PERSOAL:
* Lectura e preparación do material de apoio ás clases expositivas (10h).
* Lectura previa, análise e discusión (grupal) do material de apoio ás clases interactivas. Elaboración dos informes de prácticas (36h).
* Preparación das titorías (8h).
* Avaliación (Preparación do Exame Final) (20,5h).
Total de horas de traballo persoal do estudante: 74,5 horas
RECOMENDACIÓNS XERAIS
A asistencia ás clases presenciais facilita a comprensión e asimilación dos contidos da materia; achegando tamén unha gran cantidade de exemplos, referidos a diferentes contextos organizacionales, sobre as aplicacións e implicacións prácticas dos contidos teóricos tratados.
A asistencia ás clases prácticas resulta esencial para, na medida en que o escaso tempo do que se dispón permítanolo, adestrar habilidades básicas e experimentar con algúns dos modelos, técnicas e conceptos necesarios para poder intervir eficazmente no contexto organizacional.
Cada estudante terá á súa disposición, no Campus Virtual da USC, unha e-aula de apoio á docencia presencial que se empregará como eixo vertebrador de todas as actividades a realizar na materia.
RECOMENDACIÓNS SOBRE O SEGUIMENTO E A TITORIZACIÓN
Cada estudante contará, en todo momento, co apoio e a tutorización que necesite, por parte do profesor da materia, para a correcta realización das tarefas que lle sexan encomendadas; tanto en horario de clases como fóra delas. Así pois, recoméndase que o estudiantado, tanto individualmente como en grupo, utilice de modo frecuente as posibilidades que lle ofrece o horario de atención a estudantes do profesor, respectando os tempos de todas/os:
*Carlos Montes Piñeiro (Despacho 91 - 2º piso, Módulo B da Fac. de Psicoloxía): Luns, Martes e Venres, de 10 a 12h.
Recoméndase non deixar para última hora a elaboración dos informes correspondentes a cada unha das prácticas ou lecturas realizadas, co obxecto de poder entregalas dentro do prazo fixado (que é inamovible). Se o mencionado traballo non se planifica e executa con tempo suficiente, ao final a carga de tarefas asignadas ás/as estudiantes por as diferentes materias que conforman o semestre pode resultar excesiva.
O estudiantado que presente necesidades específicas de apoio educativo, hao de notificar persoalmente ao Servizo de Participación e Integración Universitaria (SEPIU) para proceder a realizar, no seu caso, a adaptación curricular correspondente.
RECOMENDACIÓNS PARA A DOCENCIA TELEMÁTICA
É preciso dispoñer dun computador con micrófono e cámara para a realización das actividades telemáticas que se programen ao longo do curso. Recoméndase a adquisición de equipos coa contorna MS Windows, xa que outras plataformas non soportan algúns dos programas informáticos dispoñibles na USC.
O idioma vehicular da materia será o castelán.
Carlos Montes Piñeiro
Coordinador/a- Departamento
- Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía
- Área
- Psicoloxía Social
- Teléfono
- 881813803
- Correo electrónico
- carlos.montes [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Mércores | |||
---|---|---|---|
09:30-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula A6 |
10.01.2025 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A6 |
10.01.2025 10:00-12:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula A6 |
17.06.2025 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A6 |
17.06.2025 10:00-12:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula A6 |