Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 2 Clase Expositiva: 12 Clase Interactiva: 10 Total: 24
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía
Áreas: Psicoloxía Social
Centro Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
O obxectivo xeral da materia é dotar ás/aos estudantes das competencias básicas relacionadas cun desempeño eficaz das denominadas “Habilidades de Dirección” ou “ soft skills”; competencias de tipo transversal, non técnico, que lles permitirán incrementar a súa capacidade de empregabilidade e responder, dunha maneira eficaz, a moitas das demandas derivadas do desempeño das súas actividades profesionais.
Este obxectivo xeral operativízase nos seguintes obxectivos específicos:
• Adquirir un repertorio de coñecementos e información sobre os principais procesos implicados na xestión do comportamento organizacional.
• Tomar conciencia da importancia do factor humano na organización.
• Coñecer de maneira introdutoria métodos, técnicas, instrumentos, estratexias e procedementos de intervención sobre o comportamento humano nas organizacións.
• Adquirir hábitos de observación, análise, comprensión e interpretación dos problemas sobre os que terá que intervir para contribuír á súa solución.
1. A comunicación eficaz nas relacións interpersoais e nas organizacións.
1.1. Funcións da comunicación.
1.2. A comunicación interpersoal nas organizacións.
1.3. A comunicación organizacional formal: Os fluxos de comunicación interna na organización.
1.4. A comunicación organizacional informal.
1.5. Redes organizacionais de comunicación.
2. A motivación laboral.
2.1. A motivación no contexto organizacional: Concepto.
2.2. Teorías de Contido da Motivación.
2.3. Teorías de Proceso da Motivación.
2.4. Aplicación dos principios teóricos á xestión de RRHH.
3. O proceso de toma de decisións.
3.1. Definición, problemas e condicións.
3.2. Modelos normativos da toma de decisións: O Home Económico.
3.3. Modelos descritivos da toma de decisións: O Home administrativo.
4. O liderado e a dirección de equipos.
4.1. Liderado organizacional.
4.2. Os equipos de traballo.
4.3. Liderado e participación: Modelo de Vroom e Yetton.
5. O conflito e as estratexias de xestión dos conflitos.
5.1. O conflito organizacional: concepto.
5.2. O proceso do conflito.
5.3. Estratexias para a xestión do conflito.
5.4. A negociación.
5.5. A mediación e a arbitraxe.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
- Robbins, S.P. y Judge, T.A. (2017). Comportamiento Organizacional (17ª ed.). Pearson. [SIGNATURA: Q9 422 | Disponible en formato eBook]
- Robbins, S.P. y Judge, T.A. (2010). Introducción al Comportamiento Organizativo (10ª ed.). Pearson. [SIGNATURA: PE 1136 | Disponible en formato eBook]
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
- Albadalejo, M. (2007). La comunicación más allá de las palabras: Qué comunicamos cuando creemos que no comunicamos. Graó. [SIGNATURA: 37 5888]
- Hargie, O., & Dickson, D. (2004). Skilled interpersonal communication: Research, Theory, and Practice (4th ed.). Routledge. [Disponible en formato eBook]
- Haslam, S. A., Reicher, S. D., & Platow, M. J. (2020). The new psychology of leadership: Identity, influence, and power (2nd Ed.). Routledge. [SIGNATURA: PS17 123]
- Gil, F. y Alcover, C.M. (Coords.) (2014). Introducción a la Psicología de las Organizaciones. Madrid: Alianza editorial. [SIGNATURA: PS15 618 | Dispoñible en formato eBook]
- Gómez-Mejía, L., Balkin, D. y Cardy, R. (2008). Gestión de Recursos Humanos. Pearson-Prentice Hall. [SIGNATURA: Q10 69]
- Luthans, F. (2008). Comportamiento Organizacional (11ª ed.). México: McGraw Hill. [SIGNATURA: PS15 999]
- Munduate. L. y Medina, F.J. (2013). Gestión del conflicto, negociación y mediación. Madrid: Pirámide. [SIGNATURA: PS14 2019 A | Disponible en formato eBook]
- Rees, W. D., & Porter, C. (2015). Skills of management and leadership: Managing people in organisations. Macmillan International Higher Education.
- Salas, E., Tannenbaum, S., Cohen, D., & Latham, G. (Eds.). (2013). Developing and enhancing teamwork in organizations: Evidence-based best practices and guidelines. John Wiley & Sons.
- Van-der Hofstadt, C. y Gómez, J. M. (2013). Competencias y habilidades profesionales para universitarios. Ediciones Díaz de Santos. [SIGNATURA: EM 1192]
NOTA: Á súa vez, as/os estudantes terán á súa disposición, no Campus Virtual, diferentes seccións de apoio á docencia, nas que atoparán multitude de ferramentas e recursos.
COMPETENCIAS BÁSICAS
CB6. Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
CB7. Que as/os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
CB8. Que as/os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
CB9. Que as/os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
CB10. Que as/os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
COMPETENCIAS XERAIS
CG1. Identificar e enunciar problemas ambientais.
CG6. Dirixir e organizar empresas, así como sistemas de produción e servizos, aplicando coñecementos e capacidades de organización industrial, estratexia comercial, lexislación mercantil e laboral, contabilidade financeira e de custos.
CG7. Dirixir e xestionar a organización do traballo e os recursos humanos aplicando criterios de seguridade industrial, xestión da calidade, prevención de riscos laborais, sustentabilidade, e xestión ambiental (boas prácticas).
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS
CT1. Desenvolver capacidades asociadas ao traballo en equipo: cooperación, liderado, saber escoitar.
CT2. Liderar e definir equipos multidisciplinares capaces de resolver cambios técnicos e necesidades directivas en contextos nacionais e internacionais.
CT7. Dominio da xestión do tempo e de situacións críticas.
CT8. Habilidade para as relacións interpersoais.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
CE7. Dirixir e xestionar técnica e economicamente proxectos, instalacións, plantas, empresas e centros tecnolóxicos no ámbito da industria de procesos ambientais e os sectores industriais relacionados.
CE8. Abordar un problema real de Enxeñería Ambiental baixo unha perspectiva científico‐técnica, recoñecendo a importancia da procura e xestión da información existente e da lexislación aplicable.
CE10. Ser capaz de aplicar ferramentas de xestión ambiental (Estudos de impacto ambiental, Análise de ciclo de vida, Ecoloxía industrial, Tecnoloxías limpas, Normas ISO, EMAS) á hora de realizar informes ou proxectos.
A docencia da materia desenvolverase a través de diversos tipos de metodoloxías docentes, a saber:
1) Clases expositivas participativas, que están orientadas á capacitación dos estudantes respecto a a adquisición dos coñecementos relativos aos tópicos incluídos no programa.
2) Seminarios e clases interactivas. Os seminarios teñen a finalidade de profundar nalgún dos temas do programa mediante un tratamento máis especializado. Pola súa banda, clases interactivas serán de dous tipos: (a) As de carácter "expresivo", orientadas a experimentar e demostrar empiricamente algúns dos procesos ou efectos explicados; e, ( b) as de carácter "instrumental", que teñen por obxecto dotar ás/aos estudantes das competencias profesionais necesarias para aplicar en situacións reais as habilidades tratadas a nivel teórico.
3) Titorías, que supoñen unha relación directa e presencial, para un asesoramento continuo e a profundización nos contidos teóricos expostos polo profesor, o seguimento da aplicación dos contidos prácticos incluídos nos traballos das/dos estudantes, así como atender dúbidas.
4) Actividades de avaliación. As actividades de avaliación continua, xunto coas titorías individuais e/ou grupais, permitirán a retroalimentación do progreso de cada estudante ao longo do semestre. A avaliación final valorará o nivel de coñecementos adquirido respecto dos contidos do programa da materia.
Ademais, cada estudante terá á súa disposición, no Campus Virtual da USC, unha e-aula de apoio á docencia presencial.
A docencia telemática, de ser necesaria, realizarase mediante a plataforma Microsoft Teams.
A avaliación da adquisición de habilidades e actitudes realizarase de modo continuo, en función da asistencia, a participación e do desempeño das/dos estudantes en as tarefas programadas ao longo do semestre (p. ex., seminarios, estudos de caso, simulacións, titorías, etc.).
A avaliación de competencias relacionadas coa adquisición dos coñecementos teóricos presentados nas sesións presenciais (expositivas e interactivas) da materia, realizarase mediante unha dobre vía: (1) Un exame escrito (tipo "test"), que deberán realizar todas/os as/os estudantes matriculadas/os na mesma; e (2) a presentación dun proxecto final grupal, que será avaliado atendendo á calidade do mesmo (v.g., estrutura, orixinalidade, viabilidade, e calidade da presentación).
A cualificación final de cada estudante na materia (máximo de 10,0 puntos) resultará do sumatorio das cualificacións obtidas en cada un dos criterios propostos, de acordo coa seguinte táboa de valores:
• Actividades de avaliación continua: 2,0 puntos (CB6, CB7, CB8, CB9, CB10, CG1, CG7, CT1, CT2, CT7, CT8, CE10).
• Titorías: 1,0 punto (CB8, CB10, CG1, CT1, CT2, CE10).
• Proxecto de consultoría: 4,0 puntos (CB7, CB8, CB9, CG6, CG7, CT1, CT2, CT7, CT8, CE7, CE8, CE10).
• Exame Final: 3,0 puntos (CB6, CB8, CB10, CG1, CT7, CE8).
As condicións de avaliación da materia na segunda oportunidade e para estudantes repetidoras/es serán as mesmas que as fixadas para a avaliación final da convocatoria de xuño. No caso das/dos repetidoras/es, a puntuación obtida na avaliación continua gardarase durante outro curso académico máis.
As/os estudantes con dispensa da obrigación de asistencia terán dereito á docencia e á titorización correspondente de forma non presencial, atendendo ás especificidades da materia. Para verificar a adquisición das competencias previstas, deberán acceder de forma periódica ao campus virtual e realizar as actividades de avaliación continua programadas, respectando o calendario de actividades proposto.
NOTA: Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico das/dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Do total de 75 horas de traballo previsto para que cada estudante poida superar a materia, 26 horas destinaranse a actividades dirixidas de tipo presencial. As restantes 49 horas dedicaranse a actividades non presenciais, de traballo autónomo, distribuídas de acordo co seguinte plan de traballo:
ACTIVIDADES PRESENCIAIS:
• Sesións expositivas (12 h).
• Seminarios especializados (4 h).
• Clases prácticas (6 h).
• Titorías (2 h).
• Avaliación (Exame Final) (2 h).
Total de horas de actividades presenciais: 26 horas.
ACTIVIDADES NON PRESENCIAIS:
• Lectura e preparación do material de apoio ás clases expositivas (5 h).
• Lectura previa, análise e discusión (grupal) do material de apoio ás clases interactivas. Elaboración dos informes de prácticas (25 h).
• Preparación das titorías (4 h).
• Avaliación (Preparación do Exame Final) (15 h).
Total de horas de traballo persoal do estudante: 49 horas
RECOMENDACIÓNS XERAIS
A asistencia ás clases presenciais facilita a comprensión e asimilación dos contidos da materia; achegando tamén unha gran cantidade de exemplos, referidos a diferentes contextos organizacionais, sobre as aplicacións e implicacións prácticas dos contidos teóricos tratados.
A asistencia ás clases prácticas resulta esencial para, na medida en que o escaso tempo do que se dispón o permita, adestrar habilidades básicas e experimentar con algúns dos modelos, técnicas e conceptos necesarios para poder intervir eficazmente no contexto organizacional.
Cada estudante terá á súa disposición, no Campus Virtual da USC, unha e-aula de apoio á docencia presencial que se empregará como eixo vertebrador de todas as actividades a realizar na materia.
RECOMENDACIÓNS SOBRE O SEGUIMENTO E A TITORIZACIÓN
Cada estudante contará, en todo momento, co apoio e a titorización que necesite, por parte do profesor da materia, para a correcta realización das tarefas que lle sexan encomendadas; tanto en horario de clases como fóra delas. Así pois, recoméndase que o estudantado, tanto individualmente como en grupo, utilice de modo frecuente as posibilidades que lle ofrece o horario de atención a estudantes do profesor, respectando os tempos de todas/os:
Carlos Montes Piñeiro (Despacho 91 - 2º piso, Módulo B da Fac. de Psicoloxía): Luns, Martes e Venres, de 10 a 12 h.
Recoméndase non deixar para última hora a elaboración dos informes correspondentes a cada unha das prácticas ou lecturas realizadas, co obxecto de poder entregalas dentro do prazo fixado (que é inamovible). Se o mencionado traballo non se planifica e executa con tempo suficiente, ao final a carga de tarefas asignadas ás/aos estudantes nas diferentes materias que conforman o semestre pode resultar excesiva.
O estudantado que presente necesidades específicas de apoio educativo, deberao notificar persoalmente ao Servizo de Participación e Integración Universitaria (SEPIU) para proceder a realizar, no seu caso, a adaptación curricular correspondente.
RECOMENDACIÓNS PARA A DOCENCIA TELEMÁTICA
É preciso dispoñer dun computador con micrófono e cámara para a realización das actividades telemáticas que se programen ao longo do curso. Recoméndase a adquisición de equipos coa contorna MS Windows, xa que outras plataformas non soportan algúns dos programas informáticos dispoñibles na USC.
El idioma vehicular de la materia será el castellano.
Carlos Montes Piñeiro
Coordinador/a- Departamento
- Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía
- Área
- Psicoloxía Social
- Teléfono
- 881813803
- Correo electrónico
- carlos.montes [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Luns | |||
---|---|---|---|
12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula A7 |
Martes | |||
12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula A7 |
Mércores | |||
12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula A7 |
05.06.2025 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A7 |
05.06.2025 10:00-12:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula A7 |
26.06.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula A7 |
26.06.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A7 |