Créditos ECTS Créditos ECTS: 18
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 445 Horas de Titorías: 3.5 Clase Interactiva: 1.5 Total: 450
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Prácticas Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía
Áreas: Metodoloxía das Ciencias do Comportamento, Psicoloxía Básica, Psicoloxía Social
Centro Facultade de Psicoloxía
Convocatoria: Prácticas en Empresas de Grao e Máster
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Esta materia engloba as prácticas externas ou de investigación da Especialidade en Psicoloxía da Intervención Social e Comunitaria e as prácticas de laboratorio da Especialidade en Psicoloxía Experimental. O seu propósito é que, unha vez adquirida unha formación académica suficiente, os/as estudantes entren en contacto directo coa práctica profesional ou a investigación.
Os obxectivos específicos do Prácticum na Especialidade de Psicoloxía da Intervención Social e Comunitaria son:
1. Ser capaz de integrar e trasladar os coñecementos, técnicas e habilidades adquiridos aos contextos reais de intervención.
2. Ser capaz de demostrar, na práctica profesional supervisada, os coñecementos, actitudes e habilidades necesarias para enfrontarse con eficiencia a avaliación, diagnóstico e intervención psicosocial nos ámbitos da Psicoloxía da Intervención Social e Comunitaria.
3. Ser capaz de resolver problemas asociados á práctica da Psicoloxía da Intervención Social e Comunitaria.
4. Ter a capacidade para emitir xuízos mediante a análise crítica, a avaliación e a síntese de ideas orixinais e complexas, en contextos de intervención.
5. Adquirir as habilidades de relación con outros/as profesionais e cos/as usuarios/as dos servizos nos que se realizan as prácticas.
6. Ser quen de integrar e trasladar os coñecementos, técnicas e destrezas adquiridas á resolución de problemas concretos na investigación en psicoloxía social e comunitaria
Os obxectivos específicos do Prácticum na Especialidade de Psicoloxía Experimental son:
1. Ser quen de integrar e trasladar os coñecementos, técnicas e destrezas adquiridas á resolución de problemas concretos na investigación en psicoloxía experimental.
2. Ser capaz de concibir, propoñer e desenvolver ideas orixinais de investigación dentro do ámbito da psicoloxía experimental que contribuan ao desenvolvemento do coñecemento nesta área.
3. Ser quen de comunicar á comunidade científica as conclusións alcanzadas no ámbito da investigación en psicoloxía experimental e as razóns que as sustentan.
4. Ter a capacidade para emitir xuízos mediante a análise crítica, a avaliación e a síntese de ideas orixinais e complexas.
5. Ser capaz de resolver problemas asociados á investigación en psicoloxía experimental.
6. Adquirir as habilidades de aprendizaxe necesarias para poder incorporarse aos estudos de doutoramento da especialidade.
7. Obter as habilidades necesarias para fomentar o avance tecnolóxico, social ou cultural dentro dunha sociedade baesada no coñecemento.
Os contidos específicos do Prácticum da Especialidade en Psicoloxía da Intervención Social e Comunitaria son:
a) na modalidade de prácticas externas:
- Realización de práctica profesional nos ámbitos da Psicoloxía da intervención social e comunitaria.
- Desenvolvemento dos comportamentos profesionais e éticos apropiados para o exercicio profesional.
- Desenvolvemento e posta en práctica das competencias propias do exercicio profesional no ámbito da especialización en intervención social e comunitaria.
b) na modalidade de prácticas de investigación:
- Deseño e/ou realización de proyectos de investigación do ámbito da psicoloxía social e comunitaria relacionados coas liñas desenvolvidas polo profesorado da especialidade.
Os contidos específicos do Prácticum da Especialidade en Psicoloxía Experimental son: deseño e/ou realización de experimentos de laboratorio e participación en investigacións do ámbito da psicoloxía experimental relacionados coas liñas desenvolvidas polo profesorado da especialidade.
A bibliografía será a específica da liña e o ámbito escollidos polo/la alumno/a para a realización do Prácticum.
BÁSICAS E XERAIS
Prácticum da Especialidade en Psicoloxía da Intervención Social e Comunitaria
CX1. Ser capaz de realizar unha análise da realidade con base nos criterios e coñecementos científicos da Psicoloxía.
CX2. Saber elixir unha estratexia apropiada para manexar os problemas da disciplina, que se axuste ao contexto e ás competencias que uno/a mesmo/a posúe.
CX5. Demostrar capacidade para axustarse ao código ético e deontolóxico da psicoloxía, así como aos principios de igualdade de oportunidades e respecto á diversidade.
CX6. Saber establecer e manter relacións con outras persoas e organizacións relevantes para a disciplina.
CB7. Ser capaz de aplicar os coñecementos adquiridos e de utilizar a capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidas dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa área de estudo.
CB8. Ser capaz de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
CB9. Saber comunicar as súas conclusións –e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan– a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
CB10. Posuír as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
Prácticum da Especialidade en Psicoloxía Experimental
CX1. Ser capaz de realizar unha análise da realidade con base nos criterios e coñecementos científicos da Psicoloxía.
CX2. Saber elixir unha estratexia apropiada para manexar os problemas da disciplina, que se axuste ao contexto e ás competencias que uno/a mesmo/a posúe.
CX3. Ser capaz de establecer obxectivos de actuación que sexan aceptables eticamente, realizables, e susceptibles de ser avaliados posteriormente.
CX4. Saber formular propostas de investigación, pertinentes e actualizadas documentalmente, a partir do coñecemento da disciplina, da práctica profesional e das necesidades sociais, e levalas a cabo desde un punto de vista científico e innovador.
CX6. Saber establecer e manter relacións con outras persoas e organizacións relevantes para a disciplina.
CB6. Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
CB7. Ser capaz de aplicar os coñecementos adquiridos e de utilizar a capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidas dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa área de estudo.
CB8. Ser capaz de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
CB9. Saber comunicar as súas conclusións –e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan– a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
CB10. Posuír as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
TRANSVERSAIS
Prácticum da Especialidade en Psicoloxía da Intervención Social e Comunitaria
CT2. Demostrar capacidade de resolver problemas e tomar decisións adaptadas ao contexto.
CT3. Demostrar capacidade de reflexión e razoamento crítico.
CT4. Demostrar capacidade para traballar en equipo e colaborar eficazmente con outras persoas.
CT5. Saber actualizar e desenvolver os coñecementos e as habilidades adquiridas, de acordo cos cambios da disciplina, os estándares e requisitos da profesión, e a normativa aplicable.
Prácticum da Especialidade en Psicoloxía Experimental
CT1. Demostrar capacidade de manexo de fontes documentais, selección, análise e síntese de información relevante de textos ou documentos científicos.
CT3. Demostrar capacidade de reflexión e razoamento crítico.
CT5. Saber actualizar e desenvolver os coñecementos e as habilidades adquiridas, de acordo cos cambios da disciplina, os estándares e requisitos da profesión, e a normativa aplicable.
ESPECÍFICAS
Prácticum da Especialidade en Psicoloxía da Intervención Social e Comunitaria:
CE1. Adquirir coñecementos avanzados e desenvolver a capacidade de valoración crítica dos métodos e técnicas psicolóxicas propias dos ámbitos do máster para o afrontamento de problemas novos en contextos complexos.
CE2. Saber identificar as necesidades e os recursos dispoñibles para definir a actuación psicolóxica propia dos ámbitos do máster, a partir da integración dos coñecementos adquiridos, e da súa aplicación en contornas novas e/ou definidos de forma imprecisa.
CE3. Saber identificar e seleccionar técnicas e instrumentos propios dos ámbitos de especialización do máster de acordo cos obxectivos expostos.
CE4. Saber adaptar e utilizar as técnicas e instrumentos propios da Psicoloxía para afrontar situacións específicas da práctica prorfesional nos dominios de coñecemento do máster.
CE5. Ser capaz de analizar e resolver situacións complexas, nos ámbitos específicos do máster, mediante o deseño, a programación e a implementación de estratexias para a solución de problemas.
CE6. Ser capaz de avaliar a eficacia das estratexias aplicadas a partir de criterios éticos e de calidade.
Prácticum da Especialidade en Psicoloxía Experimental
CE1. Adquirir coñecementos avanzados e desenvolver capacidade de valoración crítica dos métodos e as técnicas psicolóxicas propias dos ámbitos do máster para o afrontamiento de problemas novos en contextos complexos.
CE3. Saber identificar e seleccionar técnicas e instrumentos propios dos ámbitos de especialización do máster de acordo cos obxectivos expostos.
CE4. Saber adaptar e utilizar as técnicas e instrumentos propios da Psicoloxía para afrontar situacións específicas da práctica prorfesional nos dominios de coñecemento do máster.
CE5. Ser capaz de analizar e resolver situacións complexas, nos ámbitos específicos do máster, mediante o deseño, a programación e a implementación de estratexias para a solución de problemas.
Prácticum da Especialidade en Psicoloxía da Intervención Social e Comunitaria:
-Aprendizaxe colaborativa
-Práctica profesional guiada
-Práctica de investigación
-Titorización: cada estudante en prácticas, en centros alleos á Facultade, terá o apoio e o asesoramento dun/a titor/a académico/a na Facultade (que será docente da titulación) e dun/ha titor/a profesional (titor externo) no centro de prácticas. No caso de que as prácticas se desenvolvan con profesionais ou equipos da propia Facultade, a titoría académica e profesional poderá ser desempeñada pola mesma persoa.
-Elaboración e exposición de informes, ensaios e traballos
Prácticum da Especialidade en Psicoloxía Experimental
-Traballo en laboratorio
-Aprendizaxe colaborativa
-Práctica de investigación
-Titorización: a titoría académica e profesional poderá ser desempeñada pola mesma persoa.
-Elaboración e exposición de informes, ensaios e traballos
O/a estudante entregará o/a titor/a académico, ao remate do período de estadía no dispositivo ou no laboratorio de prácticas, unha Memoria do Prácticum (en Modelo dispoñible na web), que deberá conter, cando menos, a descrición do centro de prácticas ou laboratorio, das actividades realizadas para o desenvolvemento das competencias e unha valoración persoal do/a estudante.
O/A titor/a profesional do dispositivo externo ou grupo/laboratorio de prácticas emitirá un Informe de Seguimento atendendo aos coñecementos, desempeño, habilidades e actitudes que exhibe o/a estudante no contexto da práctica profesional ou de laboratorio, e o remitirá ao titor ou titora académico/a (de ser o caso). A valoración deste informe suporá o 75% da nota final na materia.
O/A titor/a académico/a avaliará a memoria presentada polo/a estudante, tendo en conta a capacidade de análise reflectida, así como a comprensión amosada acerca da información e/ou as habilidades adquiridas durante a realización das prácticas, cumprimentando un Informe de Avaliación da Memoria do Prácticum (que suporá o 25% da nota final da materia).
O/A titor/a académico/a tamén outorgará a cualificación global da materia, que será o resultado da suma ponderada das valoracións de ambos informes.
Práctica profesional ou de investigación supervisada: 420 horas
Titorías individuais e/ou en grupos reducidos: 5 horas
Realización e exposición de traballos e informe: 25 horas
O procedemento de asignación de prazas e de xestión xeral do prácticum especifícanse nas guías do prácticum correspondentes a cada especialidade, e poden consultarse na páxina web da Facultade.