Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía
Áreas: Psicoloxía Social
Centro Facultade de Psicoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
• Adquirir coñecementos e información actualizada e especializada sobre os principais procesos implicados nas relacións comunicativas e de interacción.
• Ser capaz de crear e xestionar equipos de traballo de alto rendemento.
• Adquirir coñecementos avanzados sobre os métodos, técnicas, instrumentos, estratexias e procedementos para a xestión eficaz de conflitos.
1. Establecemento de relacións interpersonais mediante unha comunicación de apoio: Coaching, Orientación (Consultoría), Escoita.
2. Perspectivas actuais na análise e a xestión dos conflitos. Estilos de xestión de conflitos.
3. Negociación e Mediación: Estratexias e tácticas. Habilidades sociais relevantes para a negociación e a mediación. A eficacia na xestión dos conflitos.
4. O liderado nos equipos de traballo: Perspectivas actuais sobre a conducta de liderado eficaz. Desenvolvemento das habilidades de liderado. Liderado ético e diversidade.
5. O traballo en equipo: A formación de equipos eficaces. Técnicas e habilidades para traballar en equipo. Deseño e xestión de reunións de traballo.
6. Innovación e creatividade na solución de problemas. Ferramentas para favorecer o pensamento creativo.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
VAN-Der HOFSTADT, C. y GÓMEZ, J. M. (2006). Competencias y habilidades profesionales para universitarios. Madrid: Díaz de Santos (dispoñible en formato eBook).
WHETTEN, D. A. y CAMERON, K. S. (2011). Desarrollo de habilidades directivas (8ª ed.). México: Pearson (disponible PDF na web).
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
ARNOLD, J.; RANDALL, R. et al. (2012). Psicología del trabajo: Comportamiento humano en el ámbito laboral (5ª ed.). México: Pearson.
BARÓ, T. (2012). La gran guía del lenguaje no verbal. Barcelona: Paidós.
ESTANQUEIRO, A. (2006). Principios de comunicación interpersonal: Para saber tratar con las personas. Madrid: Narcea.
FUENTE ANUNCIBAY, R. de la y DIEGO VALLEJO, R. de (2008). Estrategias de liderazgo y desarrollo de personas en las organizaciones. Madrid: Pirámide.
HARGIE, O. y DICKSON, D. (2004). Skilled interpersonal communication (4ª ed.). London: Routledge.
HASLAM, S. A., REICHER, S. y PLATOW, M. (2010). The new psychology of leadership. Londres: Psychology Press.
MUNDUATE. L. y MEDINA, F.J. (2013). Gestión del conflicto, negociación y mediación. Madrid: Pirámide. [Dispoñible en formato eBook]
NAVARRO, J. (2011). La inteligencia no verbal. Barcelona: Viceversa.
PORRET GELABERT, M. (2012). Gestión de personas: Manual para la gestión del capital humano en las organizaciones (5ª ed.). Madrid: ESIC Editorial.
ROBBINS, S. P. y JUDGE, T. A. (2010). Introducción al Comportamiento Organizativo (10ª ed.). Madrid: Pearson.
ROCA, E. (2007). Cómo mejorar tus habilidades sociales: programa de asertividad, autoestima e inteligencia emocional. Valencia: ACDE.
SENLLE, A. (2003). Adiós a las reuniones improductivas: Adquiera competencias y habilidades para celebrar reuniones exitosas. Barcelona: Gestión 2000.
VALLÉS, A. (2003). Curso de habilidades sociales, competencia social y asertividad. Valencia: Promolibro.
VALLS, A. (2010). Las 12 habilidades directivas clave (6ª edición). Barcelona: Gestión 2000.
WEST, R. y TURNER, L. H. (2005). Teoría de la comunicación. Analisis y aplicación. Madrid: McGraw-Hill.
YUKL, G. (2008). Liderazgo en las organizaciones. Madrid: Pearson.
Nota: A súa vez, as/os estudantes terán a súa disposición, no Campus Virtual, diferentes seccións de apoio á docencia, nas que atoparán multitude de ferramentas e recursos.
Básicas e xerais: CB7, CB9, CG3, CG6, CG7
Transversais: CT1, CT3, CT4
Específicas: CE1, CE3, CE4, CE7
• CB7. Ser capaz de aplicar os coñecementos adquiridos e de utilizar a capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidas dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa área de estudo.
• CB9. Saber comunicar as súas conclusións –e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan– a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
• CG3. Ser capaz de establecer obxectivos de actuación que sexan aceptables eticamente, realizables, e susceptibles de ser avaliados posteriormente.
• CG6. Saber establecer e manter relacións con outras persoas e organizacións relevantes para a disciplina.
• CG7. Saber deseñar e xestionar a prestación dos servizos, ben como empresa autónoma ou como parte dunha empresa privada ou institución pública, incluíndo o manexo de aspectos de xestión de persoal, de planificación e de organización.
• CT1. Demostrar capacidade de manexo de fontes documentais, selección, análise e síntese de información relevante de textos ou documentos científicos.
• CT3. Demostrar capacidade de reflexión e razoamento crítico.
• CT4. Demostrar capacidade para traballar en equipo e colaborar eficazmente con outras persoas.
• CE1. Adquirir coñecementos avanzados e desenvolver capacidade de valoración crítica dos métodos e as técnicas psicolóxicas propias dos ámbitos do máster para o afrontamiento de problemas novos en contextos complexos.
• CE3. Saber identificar e seleccionar técnicas e instrumentos propios dos ámbitos de especialización do máster de acordo cos obxectivos expostos.
• CE4. Saber adaptar e utilizar as técnicas e instrumentos propios da Psicoloxía para afrontar situacións específicas da práctica profesional nos dominios de coñecemento do máster.
• CE7. Desenvolver habilidades de dirección e xestión de programas, ou proxectos, servizos, equipos e centros nos ámbitos de especialización do máster.
• Lección-explicación: aporta a información necesaria para entender a perspectiva teórica e os fundamentos técnicos dos procedementos empregados na materia. Para a súa impartición utilizaranse materiais audiovisuais, e incluiranse actividades de debate como mesas redondas e videoconferencias con expertos.
• Taller/Seminario: permite a aplicación práctica da aprendizaxe e, polo tanto, exixe que os estudantes poñan en práctica os coñecementos adquiridos, a través da realización de exercicios e traballos, individuais e grupais, baixo a supervisión do profesorado, que serán presentados na aula. Permite avaliar a capacidade de buscar e sintetizar información, comunicala, e traballar en colaboración con outros.
• Aprendizaxe colaborativo: implica que os estudantes, contando co asesoramento do profesor/a, traballen en pequenos grupos nos que se debe crear unha sinerxia tal que o traballo de cada un dos seus membros se dirixa á consecución dunha meta común; ao tempo que durante o proceso se enriquece e mellora a aprendizaxe dos restantes membros do grupo.
A cualificación final na materia (máximo de 10.0 puntos) resulta do sumatorio das seguintes puntuacións parciais:
* Exame escrito (máximo de 2,5 puntos)
* Avaliación continua das actividades realizadas nas sesións presenciais (máximo de 3,5 punto)
* Avaliación de informes e traballos (máximo de 4,0 puntos)
Actividades formativas (Horas/Presencialidade)
Clases expositivas de presentación de contidos (10/100%)
Clases interactivas de seminario (7/100%)
Realización e presentación de traballos (3/100%)
Exposición de traballos (3/100%)
Titorías individuais e/ou en grupos reducidos (1/100%)
Traballo persoal do/a estudante (51/0%)
Co obxecto de aproveitar ao máximo o proceso formativo, recoméndase facer un seguimento estrito das sesións síncronas e/ou asíncronas que se programen, realizar as actividades nos prazos indicados, e recorrer ás titorías, respectando os tempos de todas/os.
O horario de titoría asignado a esta materia é o seguinte:
* Luns, de 10:00h a 12:00h.
* Martes, de 10:00h a 12:00h.
* Venres, de 10:00h a 12:00h.
As condicións de avaliación da materia na segunda oportunidade e para alumnas/os repetidores serán as mesmas que as fixadas para a avaliación final da convocatoria de xuño. No caso das/dos repetidoras/es, a puntuación obtida na avaliación continua gardarase durante outro curso académico máis.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Andrea Velandia Morales
Coordinador/a- Departamento
- Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía
- Área
- Psicoloxía Social
- Teléfono
- 881813849
- Correo electrónico
- andrea.velandia [at] usc.es
- Categoría
- Investigador/a: Programa Juan de la Cierva
Martes | |||
---|---|---|---|
16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 10 |
Mércores | |||
18:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 10 |
26.05.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 10 |
25.06.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 10 |