Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 76.5 Horas de Titorías: 4.5 Clase Expositiva: 13.5 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía
Áreas: Psicoloxía Social
Centro Facultade de Psicoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Cada estudante, ao finalizar esta materia deberá:
• Adquirir os fundamentos científicos no campo do emprendemento.
• Identificar os campos de aplicación da iniciativa emprendedora.
• Estar sensibilizado/a cara todo tipo de iniciativa emprendedora.
• Coñecer os elementos críticos para o éxito dun proxecto de emprendemento.
• Coñecer as ferramentas e experiencias necesarias para a creación de novas empresas e servizos públicos.
• Adquirir as habilidades necesarias para desenvolver unha aprendizaxe autodirixida nas áreas de estudo do Máster.
• Adquirir un compromiso ético que lles permita desenvolver a súa actividade profesional e investigadora desde a defensa e prosecución dos dereitos fundamentais e do principio de accesibilidade universal e igualdade entre homes e mulleres.
1. Emprendemento e actitude emprendedora.
2. Focos de innovación para o emprendemento.
3. Xestión do emprendemento.
4. Habilidades sociais para emprendedores/as.
5. Oportunidades para o emprendemento en contextos de investigación e de intervención, nos sectores público e privado.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
• Baum, J. R., Frese, M., & Baron, R. A. (Eds.). (2014). The Psychology of Entrepreneurship. Psychology Press. [SIGNATURA: PS15 958]
• Olson-Buchanan, J. B., Bryan, L. L. K., & Thompson, L. F. (Eds.). (2013). Using Industrial-Organizational Psychology for the greater good: Helping those who help others. Routledge. [SIGNATURA: PS15 1059]
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
• Castro-Abadecéns, I., y Rufino-Rus, J. I. (2015). Creación de empresas para emprendedores: Guía para la elaboración de un plan de negocio. Pirámide. [SIGNATURA: A1X0 12]
• Gómez-Gras, J. Mª, Fuentes-Fuentes, M. M., Batista-Canino, R. M., y Hernández Mogollón, R. (2011). Manual de casos sobre creación de empresas en España. McGraw-Hill. [SIGNATURA: EMP 560]
• González Domínguez, F. J. (2009). Creación de empresas: Guía para el desarrollo de iniciativas empresariales (3ª Ed.). Pirámide. [SIGNATURA: EM 899]
• Jiménez-Quintero, J. A. (Coord.) (2012). Creación de empresas: viabilidad estratégica en la práctica. Pirámide. [SIGNATURA: PS15 538 1]
• Medina, A. (2007). Ideas para tener ideas. Pirámide. [SIGNATURA: PN4.P8 270]
• Observatorio Ocupacional UMH (2002). Manual para la creación de empresas por universitarios. Universidad Miguel Hernández. [Dispoñible en liña]
• Robbins, S. P., & Judge, T. M. (2017). Comportamiento Organizacional (17ª Ed.). Pearson. [SIGNATURA: Q9 422| Dispoñible en formato eBook]
RECURSOS ELECTRÓNICOS
• www.ipyme.org
• www.womanemprende.org
• www.bicgalicia.es
• www.igape.es
• www.cextec.com/
• www.eusumo.gal/
OUTROS RECURSOS
• Guía PMBOK® del PMI®, generado por el Project Management Institute.
• ISO 21500:2012. Dirección y gestión de proyectos.
A súa vez, as/os estudantes terán a súa disposición, no Campus Virtual, diferentes seccións de apoio á docencia, nas que atoparán multitude de ferramentas e recursos.
BÁSICAS E XERAIS:
• CB7. Ser capaz de aplicar os coñecementos adquiridos e de utilizar a capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidas dentro de contextos más amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa área de estudo.
• CB9. Saber comunicar as súas conclusións –e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan– a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
• CB10. Posuír as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
• CG4. Saber formular propostas de investigación, pertinentes e actualizadas documentalmente, a partir do coñecemento da disciplina, da práctica profesional e das necesidades sociais, e levalas a cabo desde un punto de vista científico e innovador.
• CG6. Saber establecer e manter relacións con outras persoas e organizacións relevantes para a disciplina.
• CG7. Saber deseñar e xestionar a prestación dos servizos, ben como empresa autónoma ou como parte dunha empresa privada ou institución pública, incluíndo o manexo de aspectos de xestión de persoal, de planificación e de organización.
TRANSVERSAIS:
• CT1. Demostrar capacidade de manexo de fontes documentais, selección, análise e síntese de información relevante de textos ou documentos científicos.
• CT3. Demostrar capacidade de reflexión e razoamento crítico.
• CT4. Demostrar capacidade para traballar en equipo e colaborar eficazmente con outras persoas.
• CT5. Saber actualizar e desenvolver os coñecementos e as habilidades adquiridas, de acordo cos cambios da disciplina, os estándares e requirimentos da profesión, e a normativa aplicable.
ESPECÍFICAS:
• CE2. Saber identificar as necesidades e os recursos dispoñibles para definir a actuación psicolóxica propia dos ámbitos de máster, a partir da integración dos coñecementos adquiridos, e da súa aplicación en contornas novas e/ou definidos de forma imprecisa.
• CE6. Ser capaz de avaliar a eficacia das estratexias aplicadas a partir de criterios éticos e de calidade.
• CE7. Desenvolver habilidades de dirección e xestión de programas, ou proxectos, servizos, equipos e centros nos ámbitos de especialización do máster.
A docencia da materia se desenvolverá a través de diversos tipos de metodoloxías docentes, a saber:
1) Clases expositivas, que están orientadas á capacitación das/dos estudantes respecto á adquisición dos coñecementos relativos aos tópicos incluídos no programa.
2) Clases interactivas que, á súa vez, serán de dous tipos: (a) As de carácter "expresivo", orientadas a experimentar e demostrar empiricamente algúns dos procesos ou efectos explicados; e, (b) as de carácter "instrumental", que teñen por obxecto dotar aos/ás estudantes das competencias profesionais necesarias para aplicar en situacións reais as habilidades tratadas a nivel teórico.
3) Titorías, que supoñen unha relación directa e presencial, para un asesoramento continuo e o afondamento nos contidos teóricos expostos polo profesor, o seguimento da aplicación dos contidos prácticos incluídos nos traballos dos/das estudantes, así como atender dúbidas.
4) Actividades de avaliación. As actividades de avaliación continua, xunto coas titorías individuais e/ou grupais, permitirán a retroalimentación do progreso de cada estudante ao longo do semestre. A avaliación final valorará o nivel de coñecementos adquirido respecto dos contidos do programa da materia.
Ademais, cada estudante terá a súa disposición, no Campus Virtual da USC, unha e-aula de apoio á docencia presencial.
A avaliación da adquisición de habilidades e actitudes realizarase de modo continuo, en función da asistencia, a participación e o desempeño dos/das estudantes nas tarefas programadas ao longo do semestre (p. ex., seminarios, estudos de caso, simulacións, etc.).
A avaliación de competencias relacionadas coa adquisición dos coñecementos teóricos presentados nas sesións presenciais (expositivas e interactivas) da materia, realizarase mediante unha dobre vía: (1) Un exame escrito (tipo "test"), que deberán realizar todos/as os/as estudantes matriculados/as na mesma; e (2) a presentación dun proxecto final individual ou grupal, que será avaliado atendendo á calidade do mesmo (v.g., estrutura, orixinalidade, viabilidade, e calidade da presentación).
A cualificación final da/do estudante na materia (máximo de 10,0 puntos) resultará do sumatorio das cualificacións obtidas en cada un dos criterios propostos, segundo a seguinte táboa de valores:
• Avaliación continua: 2,5 puntos.
• Proxecto Final: 5,0 puntos.
• Exame: 2,5 puntos.
As condicións de avaliación da materia na segunda oportunidade e para estudantes repetidoras/es serán as mesmas que as fixadas para a avaliación final da convocatoria de xuño. No caso das/dos repetidoras/es, a puntuación obtida na avaliación continua gardarase durante outro curso académico máis.
As/os estudantes con dispensa da obriga de asistencia terán dereito á docencia e á titorización correspondente de forma non presencial, atendendo ás especificidades da materia. Para verificar a adquisición das competencias previstas, deberán acceder de forma periódica ao campus virtual e realizar as actividades de avaliación continua programadas, respectando o calendario de actividades proposto.
NOTA: Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Do total de 112,5 horas de traballo previsto para que cada estudante poida superar a materia, 36 horas se destinarán a actividades de tipo presencial, as restantes 76,5 horas dedicaranse a actividades non presenciais distribuídas seguindo o seguinte plan de traballo:
ACTIVIDADES PRESENCIAIS:
• Clases expositivas: 12 horas.
• Clases interactivas: 18 horas.
• Titorías personalizadas: 3 horas.
• Exposición de traballos: 2 horas.
• Exame final: 1 hora.
ACTIVIDADES NON PRESENCIAIS:
• Lecturas previas ás clases interactivas e/ou expositivas: 6,5 horas.
• Elaboración de informes e/ou traballos: 55 horas.
• Preparación de exames: 15 horas.
A asistencia ás clases presenciais facilita a comprensión e asimilación dos contidos da materia; aportando tamén unha gran cantidade de exemplos, referidos a diferentes contextos de intervención, sobre as aplicacións e implicacións prácticas dos contidos teóricos tratados.
A asistencia ás clases prácticas resulta esencial para, na medida en que o escaso tempo do que se dispón o permita, adestrar habilidades específicas e experimentar con algúns dos modelos, técnicas e conceptos necesarios para a intervención profesional eficaz.
Recoméndase non deixar para última hora a elaboración do proxecto, coa finalidade de poder entregalo dentro do prazo fixado (que é inamovible). Se o mencionado traballo non se planifica e executa con tempo suficiente, ao final a carga de tarefas asignadas ao estudantado polas diferentes materias que conforman o semestre pode resultar excesiva.
Para o desenvolvemento da materia, cada estudante contará, en todo momento, co apoio e a titorización que necesite para a correcta realización das tarefas que lle sexan encomendadas; tanto en horario de clases como fóra delas. Así pois, recoméndase que o/a estudante, tanto individualmente como en grupo, utilice de modo frecuente as posibilidades que lle ofrecelle ofrece o horario de titorías:
*Carlos Montes Piñeiro (Despacho 91 - 2º piso, Módulo B): Luns, martes e venres, de 10 a 12h.
NOTA: Para un mellor aproveitamento da docencia impartida nesta materia, sería desexable que as e os estudantes matriculados/as tamén cursen a materia "Habilidades sociais e directivas para a intervención en Psicoloxía Social e Comunitaria".
O idioma vehicular da materia será o castelán.
Carlos Montes Piñeiro
Coordinador/a- Departamento
- Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía
- Área
- Psicoloxía Social
- Teléfono
- 881813803
- Correo electrónico
- carlos.montes [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Andrea Velandia Morales
- Departamento
- Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía
- Área
- Psicoloxía Social
- Teléfono
- 881813849
- Correo electrónico
- andrea.velandia [at] usc.es
- Categoría
- Investigador/a: Programa Juan de la Cierva
Martes | |||
---|---|---|---|
18:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 10 |
Mércores | |||
16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 10 |
Xoves | |||
16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 10 |
22.05.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 10 |
20.06.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 10 |