Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía
Áreas: Psicoloxía Social
Centro Facultade de Psicoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | (Si)
• Coñecer o marco conceptual, as normas reguladoras e os principais modelos explicativos da participación social, o apoio social e o voluntariado
• Deseñar e saber aplicar instrumentos de investigación cuantitativa e cualitativa fiables e válidos para a análise e a investigación sobre participación social.
• Coñecer e saber aplicar as principais técnicas de dinamización da participación e o apoio social, incluíndo o deseño de grupos de apoio.
• Deseñar e saber aplicar as principais técnicas psicosociais para a captación, selección, formación, e supervisión dos/ as voluntarios/ as.
• Coñecer os límites e os principais problemas éticos e dilemas sociais en relación á intervención con voluntarios.
• Conseguir a capacitación necesaria para poder investigar de forma eficaz e eficiente os procesos de participación social.
Participación cidadá. Normas reguladoras. Variables e Modelos teóricos da participación. O proceso de participación en organizacións comunitarias. Apoio social, redes sociais e grupos de apoio. Aplicacións e Programas de Intervención Psicosocial. Voluntariado en Intervencións Psicosociais: Perfil do Voluntariado e Normas reguladoras. Variables no inicio e a permanencia do voluntariado. Xestión do Voluntariado: Captación, Selección, Formación e Supervisión.
Bibliografía básica:
Avilés Hernández, M., & Marín Gómez, I. (Coord.). (2021). Nuevos enfoques de participación ciudadana. [Re] Construyendo comunidades sostenibles. Tirant Humanidades.
Ley 45/2015 de Voluntariado. Boletín Oficial del Estado, Madrid, España, 14 de octubre de 2015.
Pérez Bilbao, J., & Martín Daza, F. (1999). NTP 439: El apoyo social. Ministerio de Trabajo y Asuntos Sociales.
Sabucedo, J.M., Dono, M., Grigoryev, D., Gómez-Román, C., & Alzate, M. (2019). AxiologicalIdentitary Collective Action Model (AICAM): A new integrative perspective in the analysis of protest. PloS one, 14 (6), e0218350
Bibliografía complementaria:
Blanco, A. y Rodríguez, J. (2008). Intervención Psicosocial. Madrid: Pearson Educación.
Hombrados-Mendieta M.I., (2013). Manual de Psicología Comunitaria, (pp 1-249). Síntesis.
Bermejo García, A. (2002). Manual de Gestión de Voluntariado. Madrid: Médicos del Mundo.
Díaz Huici, A. (2019). Nuevos canales de comunicación como herramientas de participación e implicación ciudadana. Madrid: Ediciones Trea. https://elibro-net.ezbusc.usc.gal/es/ereader/busc/113285?page=1
Chacón, F., Vecina, M.L. y Dávila, M.C. (2007). The three-stage model of volunteers’ duration of service. Social Behavior and Personality, 35, 627-642.
Cooney, N. (2015). Cambio en el corazón. Madrid: Editorial Plaza y Valdés.
Dávila, M.C. y Chacón, F. (2004). Factores psicosociales y tipo de voluntariado. Psicothema, 16, 634-345.
Fernández Sedano, I., Morales Domínguez, J.F. y Molero Alonso, F. (2011). Psicología de la intervención comunitaria. Bilbao: Desclée de Brouwer.
Maya, I. y Holgado, D. (2007). Los recursos de apoyo social para el enfermo mental en Andalucía: la Fundación andaluza para la integración social del enfermo mental (FAISEM). En I. Maya, M. García y F. Santolaya (Eds.), Estrategias de intervención psicosocial (pp. 201-204). Madrid: Pirámide.
Vecina, M.L., Chacón, F., M. Sueiro (2009). Satisfacción en el voluntariado: estructura interna y relación con la permanencia en las organizaciones. Psicothema, 21, 112-117.
As referencias son accesibles de forma libre ou, nalgúns casos, a través do servidor proxy da USC.
BÁSICAS E XERAIS
CB6. Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
CX2. Saber elixir unha estratexia apropiada para manexar os problemas da disciplina, que se axuste ao contexto e ás competencias que uno/a mesmo/a posúe.
CX3. Ser capaz de establecer obxectivos de actuación que sexan aceptables eticamente, realizables, e susceptibles de ser avaliados posteriormente.
CX5. Demostrar capacidade para axustarse ao código ético e deontolóxico da psicoloxía, así como aos principios de igualdade de oportunidades e respecto á diversidade.
CX7. Saber deseñar e xestionar a prestación dos servizos, ben como empresa autónoma ou como parte dunha empresa privada ou institución pública, incluíndo o manexo de aspectos de xestión de persoal, de planificación e de organización.
TRANSVERSAIS
CT1. Demostrar capacidade de manexo de fontes documentais, selección, análise e síntese de información relevante de textos ou documentos científicos.
CT4. Demostrar capacidade para traballar en equipo e colaborar eficazmente con outras persoas.
ESPECÍFICAS
CE1. Adquirir coñecementos avanzados e desenvolver capacidade de valoración crítica dos métodos e as técnicas psicolóxicas propias dos ámbitos do máster para o afrontamento de problemas novos en contextos complexos.
CE2. Saber identificar as necesidades e os recursos dispoñibles para definir a actuación psicolóxica propia dos ámbitos do máster, a partir da integración dos coñecementos adquiridos, e da súa aplicación en contornas novas e/ou definidos de forma imprecisa.
CE3. Saber identificar e seleccionar técnicas e instrumentos propios dos ámbitos de especialización do máster de acordo cos obxectivos expostos.
CE4. Saber adaptar e utilizar as técnicas e instrumentos propios da Psicoloxía para afrontar situacións específicas da práctica profesional nos dominios de coñecemento do máster.
CE5. Ser capaz de analizar e resolver situacións complexas, nos ámbitos específicos do máster, mediante o deseño, a programación e a implementación de estratexias para a solución de problemas.
• Lección-explicación
• Lectura e análise de textos e documentos
• Taller/Seminario
• Proxecto de Aprendizaxe-Servizo
O alumnado, durante o transcurso das sesións serán avaliados pola súa participación en actividades e talleres para ilustrar o proceso de participación, apoio social e voluntariado. (30%)
Así mesmo, deberán elaborar un traballo sobre algún dos aspectos específicos do curso e presentalo publicamente na aula. Valorarase tanto a profundidade como a súa exposición. (70%)
En caso de dispensa de docencia: a parte teórica pódese preparar atendendo aos materiais e tarefas que se incluirán no campus virtual e nas lecturas recomendadas de bibliografía básica, tendo que realizar un traballo final similar ao proxecto de aprendizaxe-servizo que realicen as compañeiras de forma presencial.
ACTIVIDAD FORMATIVA
Clase expositivas
Horas 10
Presencialidade 100
Clases interactivas de seminario
Horas 7
Presencialidade 100
Realización de traballos
Horas 3
Presencialidad 100
Exposición de traballos
Horas 3
Presencialidade 100
Titorías individuais e/ou en grupos reducidos
Horas 1
Presencialidade 100
Traballo persoal del alumno
Horas 51
Presencialidade 0
Participación activa
Horario de tutorías:
Lunes, miércoles y jueves de 8h a 10h
Cristina Gómez Roman
Coordinador/a- Departamento
- Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía
- Área
- Psicoloxía Social
- Teléfono
- 881813796
- Correo electrónico
- cristina.gomez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor