Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía
Áreas: Psicoloxía Social
Centro Facultade de Psicoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | (Si)
• Coñecer os marcos teóricos e lexislativos na análise da violencia de xénero
• Tomar conciencia da relevancia do problema, e das súas consecuencias persoais e sociais
• Aprender a detectar situacións de violencia de xénero
• Analizar críticamente as medidas e programas de actuación
• Saber diseñar intervencións en distintos contextos de violencia de xénero
1.O marco social da violencia contra a muller. Conceptos teóricos e legais da violencia contra a muller.
2.Acoso en contextos laborais e noutros ámbitos de interacción. Protocolos e modelos de prevención e intervención.
2.Violencia nas relacións de parella. Abusos e violencia sexual. Identificación de factores de risco. Protocolos e programas de intervención.
3.Prostitución e trata de mulleres e nenas. Trauma asociado á prostitución e a trata: programas de intervención.
Básica:
Bosch-Fiol, E. y Ferrer-Pérez, V. A. (2012). Nuevo mapa de los mitos sobre la violencia de género en el siglo XXI. Psicothema, 24, 4, 548-554.
Meneses Falcón, C. (Coord.) (2015). Apoyando a las víctimas de trata. Madrid: delegación del Gobierno para la Violencia de Género. Ministerio de sanidad, Servicios Sociales e Igualdad
Roca Cortés, N. et alt. (2015). Recuperación de las mujeres en situación de violencia machista de pareja. Barcelona: Universitat de Barcelona
Complementaria:
Alba Roblesa, J. L.; Navarro Pérez, L. y López Latorre, M. J. (2015) La violencia de pareja entre adolescentes: revisión de los programas preventivos actuales y propuesta de intervención. Revista de Derecho y Ciencias Sociales, 9, 69 – 86
Almeda, E. (2003). Mujeres encarceladas. Barcelona: Ariel
Hirigoyen. M. F. (2006). Mujeres maltratadas. Los mecanismos de la violencia en la pareja. Barcelona: Paidós.
Kempadoo, K. (Ed.) (2012) Trafficking and Prostitution Reconsidered. New Perspectives on Migration, Sex Work and Human Rights. London: Paradigm Publishers
Larrauri, E. (2007) Criminología crítica y violencia de género. Madrid: Trotta
Martínez Gómez, J. A. y Rey Anacona, C. A. (2014). Prevención de violencia en el noviazgo: una revisión de programas publicados entre 1990 y 20121 Pensamiento Psicológico, 12, 1, 117-132
MacKinnon, E. (2011). Trafficking, Prostitution and Inequality. Cambridge: Harvard University Press.
O’Donohue, W. (Ed.) (1997) , Sexual harassment: Theory, research and treatment. Needham Heights, MA: Allyn & Bacon
Roca Cortés, N. y Júlia Masip Serra, J. (editoras) (2011). Intervención grupal en violencia sexista: experiencia, investigación y evaluación. Barcelona : Herder
Rodríguez-Carballeira, A., Almendros, C., Escartín, J., Porrúa, C., Martín-Peña, J.,Javaloy, F. y Carrobles (2005). Un estudio comparativo de las estrategias de abuso psicológico: en pareja, en el lugar de trabajo y en grupos manipulativos. Anuario de Psicología, 36, 299-314.
Thomas, A.M. y Kitzinger, C. (eds) (1997). Sexual Harassment. Contemporary Feminist Perspectives, Buckingham: Open University Press.
BÁSICAS E XERAIS
CX1. Ser capaz de realizar unha análise da realidade con base nos criterios e coñecementos científicos da Psicoloxía
CX2. Saber elixir unha estratexia apropiada para manexar os problemas da disciplina, que se axuste ao contexto e ás competencias que uno/a mesmo/a posúe. .
CX3. Ser capaz de establecer obxectivos de actuación que sexan aceptables eticamente, realizables, e susceptibles de ser avaliados posteriormente.
CX4.Saber formular propostas de investigación, pertinentes e actualizadas documentalmente, a partir do coñecemento da disciplina, da práctica profesional e das necesidades sociais, e levalas a cabo desde un punto de vista científico e innovador.
CX5. Demostrar capacidade para axustarse ao código ético e deontolóxico da psicoloxía, así como aos principios de igualdade de oportunidades e respecto á diversidade.
CB7. Saber aplicar os coñecementos adquiridos e mostrar capacidade de resolución de problemas en entornas novas ou pouco coñecidas dentro de contextos mais amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa área de estudo
CB8. Ser capaz de integrar coñecementos e de afrontar a complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
CB9. Saber comunicar as súas conclusións –e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan– a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
TRANSVERSAIS
CT1. Demostrar capacidade de manexo de fontes documentais, selección, análise e síntese de información relevante de textos ou documentos científicos.
CT3. Demostrar capacidade de reflexión e razoamento crítico.
CT4. Demostrar capacidade para traballar en equipo e colaborar eficazmente con outras persoas.
ESPECÍFICAS
CE2. Saber identificar as necesidades e os recursos dispoñibles para definir a actuación psicolóxica propia dos ámbitos do máster, a partir da integración dos coñecementos adquiridos, e da súa aplicación en contornas novas e/ou definidos de forma imprecisa.
CE5. Ser capaz de analizar e resolver situacións complexas, nos ámbitos específicos do máster, mediante o deseño, a programación e a implementación de estratexias para a solución de problemas.
CE6, Ser capaz de avaliar a eficacia das estratexias aplicadas a partir de criterios éticos e de calidade.
SESIÓNS EXPOSITIVAS: nas que se presentan e explican os contidos teóricos do programa.
SESIÓNS INTERACTIVAS: nas que se incidirá mais específicamente sobre algúns dos principais contidos da materia, utilizando: análisis de textos e documentos (incluindo visionado de materiais gráficos específicos), análisis de casos, e análisis de programas de prevención e intervención.
REALIZACIÓN E EXPOSICIÓN DE TRABALLOS: os/as estudiantes realizarán un traballo de elaboración e/ou avaliación dun programa de prevención ou intervención nas temáticas da materia. Preferentemente será realizado en pequenos grupos, co obxetivo de favorecer a aprendizaxe colaborativa.
TITORÍAS: Individuales, e ou grupais
Os materiais de apoio gráfico utilizados nas clases e os guións das mesmas estarán a disposición dos/as estudantes a través do Campus Virtual da USC.
Tal como se recolle na memoria do título, sempre que sexa posible, na materia contarase coa colaboración de profesores e/ou profesionales expertos que, ben presencialmente, ou por videoconferencia, participarán como ponentes nas sesións formativas relacionadas coa sua especialización.
A avaliación do aprendizaxe inclúe:
•Participación e realización de actividades nas sesións interactivas (suporá un 20% da nota final)
•Realización e presentación dun traballo, preferentemente grupal, sobre algún dos tópicos do programa (suporá até o 50% da nota final).
•Exame, na modalidade de informe, individual, sobre os contidos da materia (suporá até o 30% da nota final)
A actividade presencial da materia inclúe 24 horas totales, das que 21 corresponden a clases expositivas e interactivas, e 3 a titorías.
O traballo personal do/a alumno/a, non presencial, supón un total de 51 horas.
María Lourdes Mirón Redondo
Coordinador/a- Departamento
- Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía
- Área
- Psicoloxía Social
- Teléfono
- 881813922
- Correo electrónico
- marialourdes.miron [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade