Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía
Áreas: Psicoloxía Social
Centro Facultade de Psicoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | (Si)
Saber analizar os factores psicosociais relacionados coa violencia grupal xuvenil (bandas e grupos violentos)
Coñecer os procesos e dinámicas grupais implicados no fenómeno da violencia grupal xuvenil
Saber desenrolar modelos, estratexias e experiencias de prevención e intervención no fenómeno da violencia grupal xuvenil
Coñecer o funcionamento e características dos grupos de manipulación psicolóxica (sectas) e identificar as consecuencias psicolóxicas da inclusión nestes grupos
Saber desenrolar modelos, estratexias e experiencias de intervención para membros destes grupos, e as suas familias e contextos
Contextualización social da delincuencia e a violencia grupal xuveniles: Teorías sociológicas. Teorías psicosociais. Modelos integradores.
Bandas e grupos violentos. Conflicto intergrupal. A construcción social do estigma. O Modelo de Conflicto intergrupal de E. Staub
Modelos e estratexias para a prevención e a intervención na violencia grupal xuvenil.
Grupos de manipulación psicolóxica: características principais e tipoloxías. Procesos de influenza social e técnicas de persuasión coercitiva. Modelos e estratexias de prevención e intervención.
Básica:
Instituto de la Juventud (2003). Aspectos psicosociales de la violencia juvenil. Madrid: INJUVE
Scandroglio, B., López Martínez, J. y Del Carmen San José Sebastián, M. (2008). "Pandillas": grupos juveniles y conductas desviadas. La perspectiva psicosocial en el análisis y la intervención. Electronic Journal of Research in Educational Psychology, 6, 1.
Staub, E. (2003). The Psychology of Good and Evil. Cambridge: Cambridge University Press
Thornton T. N. et alt. (2000) (Comps.). Prácticas óptimas para la prevención de la violencia juvenil: libro de referencia para la acción comunitaria. Atlanta: Centros para el Control y la Prevención de Enfermedades, División de prevención de la Violencia.
Complementaria:
Almendros, C., Gámez-Guadix, M., Carrobles, J.A. y Rodríguez-Carballeira, A. (2011). Abuso psicológico en grupos manipuladores. Psicología Conductual, 19,157-182.
Davies-Rubio, A.; Blanco, A. y Mirón, L. (2017). Hate and revenge in the life of a repented killer. En E. Dumbar et alt. (Eds.) The psychology of hate Crimes. Santa Bárbara, CA: Praeger.
Falkenburger, E. y Thale, G. (2008). Maras centroamericanas: Políticas públicas y mejores prácticas. Revista CIDOB d´afers Internacionals, 81, 45-66.
LeBlanc, L. y Robert, M. (2012). La innovación psicosocial: planificar su implementación y difusion para prevenir la delincuencia juvenil. Universitas Psychologica, 11, 4, 1125-1134.
Paz, M. y Carrasco, M. A. (2006). Intervención psicológica en agresión: técnicas, programas y prevención. Acción Psicológica, 4, 2, 83-105.
Rutter, M. Giller, H. y Hagell, A. (2002). La conducta antisocial de los jóvenes. Madrid: Cambridge University Press.
Zimbardo, P.G. (2012). El efecto Lucifer: el porqué de la maldad. Barcelona: Paidós Ibérica
BÁSICAS E XERAIS
CX1. Ser capaz de aplicar os coñecementos adquiridos e de utilizar a capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidas dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa área de estudo.
CX2. Ser capaz de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
CX3. Ser capaz de realizar unha análise da realidade con base nos criterios e coñecementos científicos da Psicoloxía.
CX4. Saber elixir unha estratexia apropiada para manexar os problemas da disciplina, que se axuste ao contexto e ás competencias que uno/a mesmo/a posúe.
CB7. Ser capaz de establecer obxectivos de actuación que sexan aceptables eticamente, realizables, e susceptibles de ser avaliados posteriormente
CB8. Saber formular propostas de investigación, pertinentes e actualizadas documentalmente, a partir do coñecemento da disciplina, da práctica profesional e das necesidades sociais, e levalas a cabo desde un punto de vista científico e innovador
TRANSVERSAIS
CT1. Demostrar capacidade de manexo de fontes documentais, selección, análise e síntese de información relevante de textos ou documentos científicos.
CT3. Demostrar capacidade de reflexión e razoamento crítico.
ESPECÍFICAS
CE5, Ser capaz de analizar e resolver situacións complexas, nos ámbitos específicos do máster, mediante o deseño, a programación e a implementación de estratexias para a solución de problemas.
CE6. Ser capaz de avaliar a eficacia das estratexias aplicadas a partir de criterios éticos e de calidade
SESIÓNS EXPOSITIVAS: nas que se presentan e explican os contidos teóricos do programa.
SESIÓNS INTERACTIVAS: nas que se incidirá mais específicamente sobre algúns dos principais contidos da materia, utilizando: análisis de textos e documentos (incluindo visionado de materiais gráficos específicos), análisis de casos, e análisis de programas de prevención e intervención.
REALIZACIÓN E EXPOSICIÓN DE TRABALLOS: os/as estudiantes realizarán un traballo de elaboración e/ou avaliación dun programa de prevención ou intervención nas temáticas da materia. Preferentemente será realizado en pequenos grupos, co obxetivo de favorecer a aprendizaxe colaborativa.
TUTORÍAS: Individuales, e ou grupais
Os materiais de apoio gráfico utilizados nas clases e os guións das mesmas estarán a disposición dos/as estudantes a través do Campus Virtual da USC.
Tal como se recolle na memoria do título, sempre que sexa posible, na materia contarase coa colaboración de profesores e/ou profesionales expertos que, ben presencialmente, ou por videoconferencia, participarán como ponentes nas sesións formativas relacionadas coa sua especialización.
A avaliación do aprendizaxe inclúe:
•Participación e realización de actividades nas sesións interactivas (suporá un 10% da nota final)
•Realización e presentación dun traballo, preferentemente grupal, sobre algún dos tópicos do programa (suporá o 60% da nota final).
•Exame, na modalidade de informe, individual, sobre os contidos da materia (suporá o 30% da nota final)
A actividade presencial da materia inclúe 24 horas totais, das que 21 corresponden a clases expositivas e interactivas, e 3 a titorías.
O traballo personal do/a alumno/a, non presencial, supón un total de 51 horas.
María Lourdes Mirón Redondo
Coordinador/a- Departamento
- Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía
- Área
- Psicoloxía Social
- Teléfono
- 881813922
- Correo electrónico
- marialourdes.miron [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade