Créditos ECTS Créditos ECTS: 18
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 434.5 Horas de Titorías: 12 Clase Interactiva: 3.5 Total: 450
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Traballo Fin de Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Química
Áreas: Enxeñaría Química
Centro Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Traballos Fin de Grao e Máster
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
O obxectivo principal do Traballo Fin de Máster (TFM) é a realización dun traballo no ámbito da Enxeñaría Química e Bioprocesos de natureza profesional ou investigadora no que se sinteticen e integren as diferentes competencias adquiridas nas distintas materias que integran a Titulación, contribuíndo así mesmo a complementar a súa formación.
O Traballo Fin de Máster consistirá nun exercicio orixinal realizado individualmente, consistente nun proxecto integral de Enxeñaría Química de natureza profesional no que se sinteticen as competencias adquiridas nas ensinanzas (segundo se establece no BOE de 4 de agosto de 2009).
O proxecto pode consistir nun traballo de investigación, de deseño ou estudos de desenvolvemento científico ou técnico, sempre relacionados coas distintas materias do Máster.
O proxecto poderá realizarse nunha estadía nunha empresa, organismo público, universidade, centro de investigación ou centro tecnolóxico que teña asinado un convenio de colaboración coa USC no contexto do Máster, ou ben nun grupo de investigación da USC. Salvo cando o proxecto se realice na USC, nomearase un titor externo ademais dun profesor titor do Máster.
A bibliografía será a axeitada á tipoloxía e temática do traballo a desenvolver.
Dentro do cadro de competencias que se deseñou para o Máster en Enxeñaría Química e Bioprocesos, e que figura na Memoria do Título, na materia Traballo Fin de Máster (18 ECTS) o alumno adquirirá ou practicará as seguintes competencias xerais e básicas, específicas e transversais:
- Competencias xerais e básicas: CB7, CB8, CB9, CB10, CG1, CG4, CG7, CG8, CG10.
- Competencias específicas: CE1, CE2, CE3, CE4, CE5, CE6, CE7, CE10, CE11, CE12.
- Competencias transversais: CT1, CT2, CT3, CT4.
Non se considera razoable establecer unha metodoloxía xeral válida para todos os TFM, polo que se definirá de forma específica para cada traballo fin de máster a realizar, dependendo das súas características pero garantindo a adquisición de todas as competencias da materia: CB7, CB8, CB9, CB10, CG1, CG4, CG7, CG8, CG10,CE1, CE2, CE3, CE4, CE5, CE6, CE7, CE10, CE11, CE12, CT1, CT2, CT3, CT4.
O/a titor(a) programará sesións de traballo cos estudantes, nas que establecerá a programación das tarefas a realizar e orientará o traballo. Será responsable de expor a cada estudante as características do traballo, de orientalo no seu desenvolvemento e de velar polo cumprimento dos obxectivos fixados.
De acordo co “Regulamento de matrícula, elaboración e defensa dos Traballos Fin de Grao e Fin de Máster na Universidade de Santiago de Compostela”, aprobado polo Consello de Goberno de 10 de marzo de 2016, a avaliación dos TFM farase a través da súa exposición e defensa pública diante dun tribunal.
O(s) titor(es) emitirá(n) un informe preceptivo e confidencial sobre o seguimento do TFM antes da defensa do traballo. Os estudantes elaborarán unha memoria do seu traballo que exporán nunha sesión pública, diante do tribunal de avaliación designado, que estará formado por PDI do Máster. Nesta sesión o alumno defenderá o TFM fronte ó tribunal e responderá a aquelas cuestións que lle fosen formuladas.
Cada alumno será avaliado individualmente, téndose en conta os seguintes criterios:
* Traballo realizado polo alumno, incluíndo a calidade da memoria presentada (50 %) (CE3, CE5, CE6, CE7, CE10, CB8, CB9, CG1, CG7, CG8, CG10)
* Informe(s) preceptivo(s) do(s) titor(es) (25 %) (CT1 (se procede), CT2, CT3, CT4, CE1, CE2, CE4, CE11, CE12, CB7, CB8, CB10, CG4)
* Presentación e defensa do TFM ante o tribunal de avaliación (25 %) (CB9, CT4)
A avaliación de cada un dos criterios farase por medio dunha rúbrica elaborada para ese efecto.
A materia ten unha carga de traballo de 18 ECTS, que equivale a 450 h de traballo total, distribuídas da seguinte forma:
Actividade - Horas presenciais - Horas traballo alumno - ECTS
Seminarios - 3,5 - 48,5 - 2,1
Titorías individualizadas - 11,9 - 360,1 - 14,9
Exame e revisión - 1,0 - 25,0 - 1,0
TOTAL - 16,4 - 433,6 - 18,0
Os TFM entregados só poderán ser defendidos e avaliados unha vez que se teña constancia de que o/a estudante superou todos os créditos necesarios para a obtención do título de máster, salvo os correspondentes ó propio TFM.