Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 136 Horas de Titorías: 14 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Traballo Fin de Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psicoloxía Evolutiva e da Educación, Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía, Pedagoxía e Didáctica, Ciencia Política e Socioloxía
Áreas: Psicoloxía Evolutiva e da Educación, Psicoloxía Social, Didáctica e Organización Escolar, Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación, Teoría e Historia da Educación, Socioloxía
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Traballos Fin de Grao e Máster
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
O Traballo Fin de Grao (TFG) ten como principal obxectivo a acreditación por parte do/a alumno/a dos coñecementos e destrezas adquiridas durante os estudos de grao, a través da elaboración, presentación e defensa dun traballo orixinal centrado nos contidos que se detallan no seguinte apartado.
A través do desenvolvemento do TFG o/a alumno/a logrará:
1. Integrar os coñecementos teórico-práctico adquiridos ao longo da carreira.
2. Demostrar competencias para planificar, avaliar e innovar a práctica profesional.
3. Desenvolver de forma sistemática un traballo orixinal que inclúe como mínimo os seguintes aspectos:
a) Delimitación do tema
b) Formulación de obxectivos
c) Selección, análise e tratamento de información
d) Elaboración de conclusións e propostas de traballo
O TFG supón a realización por parte de cada estudante e de forma individual ou en grupo dun
traballo orixinal baixo a supervisión dun ou máis titores/as académicos. A posibilidade de elaboración grupal do traballo quedará supeditada á súa inclusión na guía do TFG do Grao correspondente, na que se especificarán as pautas para o seu desenvolvemento, informe e avaliación.
A elaboración do traballo implicará -en calquera das tres modalidades que se establecen, tarefas de análise, diagnóstico, valoración e/ou actuacións adaptadas ó seu perfil profesional- que poida entenderse tamén como continuación do traballo desenvolto no Prácticum- e cuxos contidos deben estar relacionados coas funcións dos pedagogos/as sinalados no apartado A) nalgún dos contextos de aplicación do apartado B).
A) Funcións de:
1. Diagnóstico de situacións complexas arredor do desenvolvemento persoal, social e cultural.
2. Análise integral dos aspectos que conforman situación educativas en diferentes contextos formativos.
3. Deseño, desenvolvemento, implementación e avaliación de:
a) acciones, proxectos y produtos educativos e formativos adaptados aos contextos analizados
b) programas de desenvolvemento persoal, profesional e institucional e de intervención educativa
c) tecnoloxías da información e a comunicación en contornas asociadas aos procesos educativos
B) Contextos de aplicación:
1. Ámbitos de formación ao longo da vida.
2. Contornas virtuais de formación e tecnoloxías da información e a comunicación.
3. Servizos e organizacións educativas e formativas.
Ofrécense tres modalidades de traballo:
a/ Traballo de investigación documental
O/a estudante realiza unha investigación que adopta como base a busca documental sobre unha temática específica, analizando con estas fontes o estado da cuestión dun problema ou realidade educativa presentando un informe claro e coherente no que se achegue unha interpretación fundamentada e unha análise reflexiva sobre o obxecto de estudo.
b/ Traballo de iniciación á investigación
O/a estudante deseña e leva a cabo unha investigación na que, tomando como base a revisión da literatura básica sobre o tema ou realidade educativa obxecto de análise, desenvolve un estudo de campo que complementa a perspectiva teórica cos datos empíricos, dando conta no traballo dos elementos habituais nos informes de investigación.
c/ Deseño dun proxecto de intervención ou innovación pedagóxica
O/a estudante desenvolve unha análise diagnóstica dun contexto (centro, aula...) co obxectivo de concretar as necesidades existentes. En base a elas, deseña un proxecto de intervención educativa e/ou deseña estratexias e recursos innovadores para a acción socioeducativa (metodolóxicas, avaliativas, materiais, persoais…), no que se integran aspectos das diversas áreas de coñecemento cursadas no Grao.
Con carácter orientativo, o traballo deberá adoptar a seguinte estrutura:
- Portada exterior na que figuren: denominación do Grao, título do traballo, nome completo de
autor/a, curso académico e convocatoria.
- Portada interior co título en galego, castelán e inglés.
- Compromiso de cumprimento da Lei de Propiedade Intelectual e a Lei de Protección de Datos.
- Índice dos capítulos e apartados.
- Abstract ou resumo (máx. 200 palabras) e palabras chave (5) en galego, castelán e inglés.
- Introdución .
- Desenvolvemento dos contidos en función da modalidade de TFG
-Conclusións
- Referencias documentais.
- Anexos, se procede.
A extensión poderá variar entre un mínimo de 30 páxinas e un máximo de 40, computables desde a introdución ata as referencias documentais.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
American Psychological Association (2020). Publication Manual of the American Psychological Association (7ª Edition). American Psychological Association.
Caro, Mª T., Valverde, Mª T., & González, M. (2015) Guía de trabajos Fin de Grado en Educación. Pirámide.
Melendo Granados, T.; Caldera, R.T.; Melendo Millán, I., & Leizaola, J. (2012). Cómo elegir, madurar y confeccionar un trabajo de investigación para triunfar en "Bolonia". Ediciones Internacionales Universitarias, D.L.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Boeglin, M. (2007). Leer y redactar en la universidad: del caos de las ideas al texto estructurado. MAD.
Castello, M. (Coord.) (2007). Escribir y comunicarse en contextos científicos y académicos: conocimientos y estrategias. Graó.
García Sanz, M. P. e Martínez Clares, P. (Coords.) (2012). Guía práctica para la realización de trabajos fin de grado y fin de máster. Universidad de Murcia.
Vicente, L. (2008). Los caminos del trabajo intelectual: una guía para jóvenes trabajadores intelectuales. Netbiblo, D.L.
Vivanco, V. (2008). El don de la escritura: comunicar con estilo profesional. Paraninfo.
a) Competencias da titulación ás que contribúe a materia
7G Elaborar, xestionar e/ou facer uso directo dos recursos documentais, metodolóxicos e materiais que comporte o desenvolvemento da súa profesión e que poderán concretarse na redacción, e difusión de informes, utilización de estratexias e métodos educativos, equipamentos e infraestruturas, etc.
8
8G Estar en condiciones de tomar decisións relativas á mellora da súa formación e da práctica profesional, con pleno respecto aos principios deontolóxicos aos que se remite a Pedagoxía, tendo como soporte os valores cívicos e os dereitos humanos.
6T Manter unha permanente actitude de formación e actualización respecto do seu desempeño profesional, así como das realidades afectadas pola súa práctica.
7T Demostrar profesionalidade integrando teoría e práctica.
1E Coñecer, comprender e analizar de modo integral situación educativas en diferentes contextos.
2E Planificar e programar accións formativas.
4E Avaliar programas e accións formativos.
b) Competencias específicas da materia
- Poder aplicar os seus coñecementos e comprensión de forma profesional, mostrando a súa capacidade para xerar o soster argumentos e resolver problemas dentro da área propia de estudo.
- Demostrar habilidade para recoller e interpretar datos relevantes en orde a informar emitindo xuízos que inclúan reflexión sobre ámbitos significativos de carácter social, científico ou ético.
- Ser capaz de comunicar información, ideas, problemas e solucións a audiencias tanto se son, como si non son especializadas.
- Haber desenvolvido aquelas habilidades de aprendizaxe que son necesarias para continuar os procesos de estudo e formación nun alto grao de autonomía.
Os TFG serán realizados baixo a supervisión dun titor ou titora que oriente e asista ao/á estudante.
O/a titor/a programará sesións de traballo con cada estudante, nas que establecerá a programación das tarefas a realizar e orientará o traballo. Será responsable de expor ao/á estudante as características do TFG, e de axudalo no seu desenvolvemento, na procura da consecución dos obxectivos propostos; e de emitir un informe do TFG que teña tutelado. A Comisión Académica poderá, excepcionalmente e de forma motivada, nomear un/ha co-titor/a coas funcións que lles asigne.
O titor ou titora será ordinariamente Persoal Docente e Investigador (PDI) das áreas que impartan docencia na propia titulación ou téñaa impartida nos dous cursos anteriores.
Excepcionalmente tamén poderán ser co-titores profesores da USC que se atopen nas situacións indicadas no artigo 5 da Normativa de matrícula, elaboración e defensa dos TFG na USC.
Os traballos poderán desenvolverse parcialmente no marco de convenios con empresas ou institucións. Neses casos a matrícula realizarase na USC pero poderá designarse un co-titor que poderá ser persoal da institución na que se desenvolva o traballo. En todo caso a defensa e
avaliación dos traballos deberá realizarse na USC.
Solicitude de titor/a:
O alumnado matriculado no TFG cubrirá unha solicitude de asignación de titor/a do ordenando as súas preferencias unha vez consultada a relación de temas presentados por cada profesor/a.
O formulario entregarase na Secretaría da Facultade nos prazos fixados a tal fin pola Comisión Académica en cada período de matrícula ordinaria.
Criterios de asignación: tendo en conta como criterio as preferencias expresadas na solicitude e tomando como criterio selectivo o expediente académico do/a alumno/a.
Realizada a asignación cada estudante deberá contactar co/a titor/a a fin de delimitar o traballo a realizar e asinar un compromiso de inicio do TFG, que deberá remitirse á Comisión Académica, a través da Secretaría da Facultade no prazo dun mes desde a aprobación da asignación, coa seguinte información:
a) Título do TFG
b) Resumo da proposta
c) Sinatura do titor/a e do/a alumno/a e data
Comité de Ética:
Tal e como se recolle na Resolución Reitoral 4/2021, sobre propostas de traballos académicos do tipo proxecto de investigación e/ou intervención con seres humanos, as súas mostras e os seus datos, o alumnado que opte pola modalidade de investigación para a elaboración do TFG, deberá contar coa autorización do Comité de Ética da USC para poder recoller os datos precisos para a elaboración do traballo.
A solicitude realizarase a través do/a profesor/a titor/a, que remitirá ao Decanato toda a información necesaria (formulario de solicitude oficial, consentimento informado, declaración responsable e compromiso de confidencialidade, etc.) para o Comité de Ética da Facultade, que revisará e tramitará o informe positivo para enviar ao Comité de Ética da USC, que é quen emite a autorización definitiva que o alumnado debe presentar no centro e/ou ás persoas para recoller os datos para o TFG.
Para poder defender o TFG na modalidade de investigación, onde polas súas características necesita a autorización do Comité de Ética da USC, é necesario contar con esta autorización, que se engadirá ao documento final que o alumnado debe subir á súa Secretaría Virtual no momento de depositar o TFG.
A Comisión Académica aprobará e publicará o calendario de depósito e defensa dos TFG.
Entre o depósito e a exposición do traballo deben mediar, polo menos, 7 días naturais.
O alumnado poderá elixir entre dúas modalidades de avaliación, ámbalas dúas en defensa pública:
1) Avaliación por un tribunal composto por tres profesores/as da USC que impartan docencia no Grao do que non poderá formar parte o titor/a. A cualificación do tribunal poderá ser no intervalo 0-10 puntos, sendo requisito para a mención de “matrícula de honra”
Os membros dos tribunais encargados de avaliar os TFG, serán docentes do grao nese curso académico.
2) Avaliación polo titor/a ao abeiro do artigo 6.7 do Regulamento de matrícula, elaboración e defensa dos Traballos Fin de Grao e Fin de Máster na Universidade de Santiago de Compostela, aprobado polo Consello de Goberno de 10 de marzo de 2016, e pola Xunta de Facultade do 22 de abril de 2016. Neste suposto, o/a Titor/a será o/a encargado/a da avaliación e a cualificación non poderá ser superior a notable (8.0) .
O tribunal poderá invitar ás deliberacións ao/á titor/a, en calidade de asesor, con voz pero sen voto.
En ambas modalidades de avaliación teranse en conta os seguintes criterios:
Presentación escrita: máximo 70% da cualificación.
a) Relevancia do obxecto de estudo seleccionado para a profesión, tanto a nivel de coñecemento científico como de achega á práctica profesional.
b) Suficiencia, relevancia e actualidade das fontes consultadas.
c) Xustificación, pertinencia e coherencia do proceder metodolóxico.
d) Concreción e relevancia dos resultados e conclusións atendendo ao ámbito de estudio, aos obxectivos formulados, á reflexión sobre a profesión e á formación recibida.
e) Presentación escrita: calidade da presentación escrita, adecuación ás normas e aspectos formais requiridos, corrección gramatical, coherencia e claridade na redacción.
Presentación oral e defensa do TFG: máximo 30% da cualificación
a) Calidade, adecuación e capacidade síntese na expresión oral
b) Calidade e adecuación dos soportes empregados na exposición
c) Habilidade no manexo de tecnoloxías e/ou materiais previstos na exposición.
d) Capacidade e calidade de argumentación ás preguntas e observacións que puideran formularse polo tribunal ou titor/a.
A aprendizaxe na asignatura apóiase en:
Lectura detida e reflexiva do programa da materia e da guía para a elaboración do TFG.
- Participación activa nas sesións e/ou seminarios informativos xerais e actividades de aula que se planifiquen.
- Asistencia ás titorías e realización das tarefas indicadas polo titor ou titora.
- Traballo planificado e continuado individual ao longo do curso.
- Presentación en prazo dos traballos encomendados no proceso de elaboración do TFG.
A normativa que regula os TFG na titulación e que deberá terse en conta é:
a) “Normativa de matrícula, elaboración e defensa dos Traballos Fin de Grao e Fin de Máster na Universidade de Santiago de Compostela aprobada polo Consello de Goberno de 10 de marzo de 2017” regula la realización del TFG. Pódese consultar en: http://www.usc.es/export9/sites/webinstitucional/gl/servizos/oiu/descar…
b) Regulamento dos Traballos Fin de Grao da Facultade de Ciencias da Educación, aprobada polo "Consello de Goberno" 31 de xaneiro de 2017.
As tarefas de titorización do TFG adecuaranse ó encargo docente recoñecido polo reitorado de 4 horas no caso dos Graos de Pedagoxía e Educación Social e 5 horas no caso do Grao de Mestre en Educación Infantil e Primaria por alumno/a.
OUTRAS OBSERVACIÓNS:
- A entrega do TFG realizarase a través da Secretaría virtual do/a alumno/a.
- Perspectiva de xénero: Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace:
http://www.usc.gal/gl/servizos/area/igualdade/cultura-institucional
- Obrigatoriedade de uso da conta de correo institucional rai como medio de comunicación entre o profesorado supervisor, o profesorado titor, as coordinacións, etc.
- Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade.
- Non se poderá empregar o de teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
- Ter en conta que o ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é un proceso privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
- Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
ACTIVIDADES FORMATIVAS:
- En colaboración coa Biblioteca da Facultade de Ciencias da Educación realizaranse diversas accións formativas co obxecto de mellorar as competencias informacionais do alumnado e asegurar un axeitado desenvolvemento do TFG.